www.galiciasuroeste.info

Familias de Ribadavila ou relacionadas co barrio

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior          seguinte

  

Familia Vicente Rodríguez Tafonas

 

Ramón Vicente Rodríguez, nace en Ribadavila un 11 de setembro de 1908, finou o 25 de novembro de 1997 en Madrid. Estudou co grande mestre don Manuel Rodríguez Sinde (medalla de Alfonso X El Sabio) emigrando a Madrid con 15 anos para traballar …de mozo de mostrador en un negocio propiedad de su tío Manuel Rodríguez Portela  Martinillo. Logo pasa a ser representante comercial ata 1936. Cando estala a guerra incivil e fraticida, atópase en Vigo, pasando a vivir na casa familiar da Guarda. O igual que meu pai José Uris Pena, con 17 anos foron enrolados na Falanxe a partir de agosto de 1936, pasando o fronte de guerra en Asturias de seguido.

 

Ramón, unha vez rematada a Santa Cruzada de Franco por la Gracia de Dios, volve a Madrid a traballar na empresa de seu tío Manuel Rodríguez Portela, onde en 1942 casa con Pilar Aisa Fernández natural de San Sebastián. Seis anos máis tarde marcha da empresa para dedicarse  particularmente a outros negocios. O matrimonio tivo tres fillos, Ramón (meu informante e amigo), Mº Pilar e Francisco Javier de Vicente Aisa. Este último finou en 2005 …dejándonos hundidos en la más amarga tristeza.

 

Seu tío Manuel Rodríguez Portela Martinillo ou tío Manolo,  irmán de Concepción e Avelina  Rodríguez Portela, emigrou a Puerto Rico (aprox. 1880), casou  con  María Portilla.

 

En Puerto Rico traballou de vendedor de calzado, como era moi emprendedor e aforrador fíxase que o automóbil vai en auxe, e  en 1910 abre unha tenda cos aforros de recambios e reparacíón de coches e camionetas, a que lle reportou importantes beneficios. Torna a España para residir nun edificio señorial (onde entraban os antiguos carruaxes) en Madrid na rúa Caracas nº 10. Tiña o costume de recibír tódolos días a  un mestre barbeiro.

 

Como estaba retirado e aburrido, en 1920 monta un negocio de venta de recambios do automóbil na rúa Génova nº 9, preto da sede actual do Partido Popular. Como seguía tendo contactos comerciais con Puerto Rico é EE.UU. consigue ser representante importador para España das buxías Champion, caixas de cambios, embragues, etc, incrementando a súa fortuna.

 

Folleto de Propaganda no ABC de 1947.

-----------------------

En 1923 reclama a seu sobriño Ramón Vicente Rodríguez que quedara orfo daquela con 14 anos e seis irmáns máis na Guarda. Tamén traballaron con el Juan Portela Portela Juanito, fillo de Marítimo Portela Rodríguez e de Antonia Portela Portela e outros sobriños máis como Domiro Riego Portela. Os sobriños nos primeiros anos pasaron un calvario traballando en Madrid, de mozos de mostrador, e debían dormir no solo da tenda a cambio dun miserable soldo que lles daba Martinillo.

 

Ramón Vicente Rodríguez pasou a ser representante da firma Rodríguez Portela para o Norte de España ata a sublevación militar fascista  de 1936, momento en que obligatoriamente debe incorporarse a filas por estar pasando uns días en Vigo. Unha vez rematada a guerra segue na empresa ata 1947 , ano no que se independiza por desavenencias con seu primo Domiro…

 

Manuel Rodríguez Portela formou parte da Junta para a construcción do Hospital Casa Asilo da Guarda, documento feito en Madrid o 30 de Mayo de 1922, diante do notario don Jesús Castro.

 

Manuel Rodríguez Portela, casado con María Portilla y  del Comercio y vecino de esta Corte (Madrid), con domicilio en la c/ Caracas nº 10, provisto de cédula personal de 4ª clase, nº 690, dada en Madrid en 8 de Junio del año próximo pasado.....

 

María Portilla  Tita e seu sobriño Ramón Vicente Rodríguez con pajarita negra. Abaixo de luito a filla Marita Rodríguez Portilla e unhas amigas. Foi tirada no Pasaxe de Camposancos. A única filla do matrimonio Marita, refire meu amigo Ramón de Vicente Aisa  …fría y distante por haber nacido rica y además muy mal educada por sus padres… contrajo matrimonio con Florentino Carrera Rolán Chin  de San Miguel de Tabagón, persona que siempre me calló muy bien por su sencillez, simpatía y cariño, al igual que su hermano Aurelio Carrera. Marita y Chin tuvieron tres hijos, Florentino, Maria Manuela Marianela y José Manuel Carrera Rodríguez.

 

Segundo refire Juan Miguel Villa Álvarez no seu traballo Las Villas Indianas. Florentino Carrera Rolán retornou retirado de Puerto Rico en 1952 e mercou a  casa dos herdeiros de Anselmo Lores González. Fotografía cedida por Ramón de Vicente Aisa.

 

Inauguración do novo local do Casino da Guarda. A esquerda Manuel Herrera, a seu carón Aurelio Carrera Rolán, casado con  Alicia Domínguez López (unha das fillas de Don Eloy Cruz Domínguez Veiga) en 1968. Fotografía cedida por  Francisco Ferreira

-----------------------------

 

Ramón Vicente Rodríguez estudou na escola pública do mestre don Manuel Rodríguez Sinde. Esta é una folla da libreta persoal de problemas, ten data do 27 de marzo de 1923. Cedida polo seu fillo Ramón.

-------------------------------

Ramón Vicente Rodríguez en 1928, cando levaba oito anos no comercio de seu tío Manuel Rodríguez Portela Martinillo en Madrid.

---------------------------

 

Carné de socio do Círculo de Bellas Artes de Ramón Vicente Rodríguez en 1946

------------------------

 

Ramón de Vicente Aisa no meo das duas raparigas na Alameda da Guarda en 1948

------------------------

Cruceiro das Loucenzas. Ramón Vicente Rodríguez con seu fillo Ramón. No verán de 1948.

--------------------------------

Ramón trinta anos despois de estar con seu pai no Cruceiro das Loucenzas.

-------------------------

Ramón Vicente é súa esposa Pilar Aisa nun baile no Hotel Pazo Santa Trega en 1958. Fotografía cedida polo seu fillo Ramón de Vicente Aisa.

------------------------

Ramón Vicente Rodríguez, chamado pola familia Franquillo pola semellanza co dictador.

---------------------------------

Carné de socio nº 15606 do Real Madrid en 1954

-------------------------

 

Ramón Vicente Rodríguez con boina en 1957 na Area Grande. O mozo dáme a impresión que era Miguel Angel Álvarez Vazquez fillo do alcalde republicano Brasilino Álvarez Sobrino (fusilado o 9 de decembro de 1936). Fotografía tirada por Olimpio Sobrino Rodríguez, nunha das frecuentes visitas á súa vila natal dende Puerto Rico, cedida por Ramón de Vicente Aisa.

-------------------------

Ramón Vicente Rodríguez, nunca deixou de achegarse a súa vila natal, aquí nunha vella gamela do tío Benito Mauri Pisotes na praia da Area Grande en 1957

--------------------------------

 

Marcelino Vicente Rodríguez de padriño e Pilar Aisa Fernández no bautizo de Mª Pilar Vicente Aisa. Fotografía cedida por Ramón de Vicente Aisa.

 

Marcelino Hipólito Vicente Rodríguez, naceu en Ribadavila (rúa Calvario) o 13 de agosto de 1911, finou o 8 de novembro de 1959. Con 12/13 anos marchou a Madrid para traballar no comercio de seu tío, Manuel Rodríguez Portela Martinillo. Casa  en Madrid con Asunción Rodrigo López, tiveron catro fillos: Teresa, Luís, José Carlos e Rafael Vicente Rodrigo. Seu irmán Ramón Vicente Rodríguez foi  padriño de voda. Marcelino finou de repente por un problema cardíaco.

 

Segundo me refire o amigo Ramón …era una bellísima persona y le quise con locura. Vivía muy cerca de nuestra casa, en un hotelito con sótano y dos plantas, rodeado de un precioso jardín. Allí pasé muchas horas de mi niñez. Su muerte fue un golpe muy fuerte para mí, y jamás olvidaré su sepelio (al primero que asistí en mi vida pese a la oposición de mi madre). Su hija Mª Teresa sigue viviendo en el mismo hotelito, y nuestro contacto se reduce a felicitarnos por Navidad. Luis nació con un problema físico (sordomudo), no obstante eso no fue un problema, ya que le enseñaron a hablar y posteriormente estudió Ingeniería de Telecomunicaciones. José Carlos es aparejador, y el más pequeño Rafael está en un silla de ruedas a consecuencia de una trombosis cerebral, e ingresado en una clínica de Guadarrama...

 

Enrique Vicente Rodríguez, nace na rúa Calvario un 29 de outubro de 1913, falece en xullo de 1970. Tamén foi para Madrid a traballar xunto a seus irmáns no negocio de seu tío Manuel Rodríguez Portela Martinillo. Segundo Ramón … mi tío fue una buenísima persona, y un segundo padre para mí. Le gustaba el mar, la naturaleza y todos los domingos salía de excursión con su familia, y yo no podía faltar… enseñó a nadar a sus hijos, cosa que no hizo mi padre conmigo, quien solamente se limitó a pagarme una escuela de natación. En el verano de 1957, estuvo en La Guardia con su familia, y yo pasé más tiempo con ellos que con la mía propia...

 

Casara con Mª Antonia Cerrada Jurado tía Maruja, tiveron catro fillos: Enrique ingeniero de obras públicas que vive en Valencia, Fernando (mi mejor amigo de la adolescencia que ocupó un alto cargo en INVES, grupo informático del Corte Inglés). Casou ca poetisa guardesa Oliva Mª Pereira González, actualmente Fernando vive en Rosentes (A Guarda), …por casualidades de la vida se conocieron en un aeropuerto esperando un vuelo que traía demora, y en la conversación salió a relucir A Guarda... Antonio y el benjamín Carlos Vicente Cerrada. La última vez que ví a mis primos fue el año 2006 con motivo del fallecimiento de su madre Mª Antonia…

 

 

Capela da Guía en 1948. De esquerda a dereita José Estévez Silva, natural de Pías-O Rosal, esposo de Consuelo Vicente Rodríguez; con traxe  a raias súa filla Sofía Estevez Vicente Sofi, casada en  1961 con Emilio Lorenzo Rodríguez Pestana. De loito Serafina Sobrino Rodríguez (filla do tío Silverio); Pilar Aisa Fernández; Salomé Vicente Rodríguez, co traxe estampado. A seu carón José Ramón Estévez Vicente e Mª Pilar Vicente Aisa con15 meses nos brazos. O neno da esquerda é Ramón de Vicente Aisa xunto a seu curmán Juan Ramón Cons Vicente.

 

Consuelo, Mª Dolores e Mª Salomé eran irmás de Rafael, Ramón, Marcelino  e Enrique Vicente Rodríguez, familia popularmente coñecida como Os Tafonas. Ramón era pai do amigo que me enviou estas fotografías, Ramón Vicente Aisa. De  Pepe Estévez  Silva lembro que viña moitas veces á Vila da Guarda como chofer da Delegación Provincial de Sanidad de Pontevedra, moi amigo do médico don Ermelindo Portela Gómez. 

 

anterior          seguinte