www.galiciasuroeste.info

Familias de Ribadavila ou relacionadas co barrio

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior    portada

  

Familia Vicente Rodríguez Tafonas

 

 

Prazoleta da Guía, porta da casa de Silverio Sobrino (tío político) en 1948. A esquerda Pilar Aisa Fernández, seu fillo Ramón Vicente Aisa Moncho (ca gorra do pai), de loito parece ser Emilia Sobrino Rodríguez, a señora vestido branco e negro (será a esposa de Olimpio?? Que se chamaba Carmen Sara Negroni ¿?), Olimpio Sobrino Rodríguez, Mª Pilar Vicente Aisa nos brazos, de xeonllos miña nai Florinda Guisantes Rodríguez e o rapaz que ten o lado José A. Uris Guisantes con cinco anos.

 

María Dolores Vicente Rodríguez, nace no Barrio de Ribadavila o 30 de setembro de 1915, falece en 1998/99.  …Ya te he hablado de ella y de su marido el Sr. Cons. La ví muy pocas veces en mi vida. O parecer o Sr. Cons nunca foi do agrado da familia Vicente Rodríguez   …Te adjunto foto tomada el año 1.948. Ramón de Vicente Aisa.

 

Fotografía feita en 1948 de María Dolores na Area Grande por seu irmán Ramón, cedida polo seu sobriño Ramón de Vicente Aisa.

 

 

Voda de Mª Dolores Vicente Rodríguez en 1941 en Pontevedra. De esquerda a dereita Ramiro Cons Tobío. súa esposa Mª Dolores Lolita, súa irmán Consuelo e seu irmán Ramón Vicente Rodríguez mi padre, relata Ramón de Vicente Aisa.

 

 

Mª Salomé Vicente Rodríguez Mary. Fotografía cedida polo seu sobriño Ramón de Vicente Aisa, tirada polo seu pai no interior da rampa de subida o chalé de Serafin Flores Sobrino, lindeiro co edificio do Recreo Artístico Guardés.

 

Mª Salomé Vicente Rodríguez, nace no barrio de Ribadavila (rúa Calvario) un 30 de setembro de 1918, era más nova dos sete irmáns. Unica supervivinte neste 2012,  vive no domicilio de Sofía Estevez Rodríguez. Me refire Ramón,  …hasta hace pocos meses hablaba con ella todas las semanas. Ahora no puedo hacerlo pués la pobriña se ha quedado sorda. Mi tía Mary pasó muchos años viniendo a la casa de mi padre en Madrid donde pasaba cinco o seis meses. La considero mi segunda madre, y muchas veces cuando suena el teléfono pienso en lo peor... Te adjunto foto tomada en A Guarda el año 1948, apoyada en la rampa de acceso a la casa de Serafín Flores Sobrino.

 

A dereita, Pilar Aisa Fernández e Julia Lorenzo Portela en Madrid. Fotografía cedida por Ramón de Vicente Aisa.

 

Julia era da Guarda, filla do barbeiro Tomás Lorenzo Maravillas (tivera o local na rúa/ Cervantes, o parecer era a máis moderna nos anos trinta do seculo XX) e de Orosia Portela (falecida atropellada por un automóvil en Madrid), irmá de Delia, Raquel e Tomás Lorenzo Portela. Tomás popularmente Barbeiro de Sevilla foi perruqueiro/barbeiro como seu pai. Montou o establecemento no baixo da casa familiar, rúa/ Hernán Cortés nº 3 en outubro de 1959. En 1973 foi nomeado Consejero Local del Movimiento a dedo polo Jefe Local del Movimiento e alcalde Raimundo Lomba González.

 

Ramón de Vicente Aisa en 1978 no seu despacho. Ramón é da miña xeración de 1943

-------------------------------------

Ramón nunha visita o Barrio de Ribadavila en 1978, di el que ese día había unha nortada …de padre y señor mío.

 

----------------

 

Ramón de Vicente Aisa  en agosto de  1978 na rúa José Antonio. Podemos ver as fachadas da casa de Isaac González Costal  e de Sobrino con azulexos.

------------------------------

 

Ramón de Vicente Aisa a caron da Cafetería Oasis en 1978

------------------------

Desfile Fiesta del Monte agosto1978

--------------

 

Agosto de 1978 Ramón de Vicente Aisa no medio dos xigantes, nun descanso do Desfile das Festas do Monte

-----------------------------------

 

Ramón de Vicente Aisa na Trasversa de Levada con rúa Malteses a Hernán Cortés  en 1978. A esquerda fonte doada por Generoso Alonso Pacheco. Esta fonte xa non existe por haber construído un edificio

 

Inauguración do novo local en propiedade do Casino da Guarda en 1968. En primeiro plano o padre Somasco, Orestes Caimotto; de costas o párroco da Guarda don Francisco Sáa Aldir, de traxe branco o presidente do Casino, Francisco Ferreira, a seu carón o párroco de Salcidos don Francisco Villa Martínez; de traxe e lentes Generoso Alonso Pacheco, sentados o dentista Luís Menéndez e outra persoa que non coñezo. Fotografía cedida por Francisco Ferreira

 

---------------------------

Ramón de Vicente Aisa na actualidade…sen barba ¡¡

--------

José A. Uris Guisantes

Praza da Guía nº 6

 

anterior    portada