Alameda da Guarda

(antes Alameda de San Pedro)

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior        seguinte

 

Fotografía da Alameda despois de eliminarse o seto pratando nos anos corenta.  A supresión e colocación de balaustrada de pedra foi obra dos alumnos do Curso de Cantería da Escola Obradoiro Municipal. www.informaticagranada.com

 

----------------------

 

A Alameda foi testemuña da homenaxe que a Irmandade de Doantes de Sangue de Vigo fixo ás mulleres e homes da Guarda e O Rosal, que viñan doando sangue gratuitamente e sendo un exemplo para o resto das bisbarras da provincia.

 

O acto tivo lugar no domingo 27/09/1981 cando se descrubiu unha placa doada pola Irmandade co agradecemento desta. Estaban presentes os alcaldes da Guarda e do Rosal, o presidente da Irmandade, D. Antonio Alvarez Ferreiro, o dinámico Delegado na Guarda e O Rosal Francisco Lomba Trigo e o seu axudante Ramón Otero (ámbolos dous xa falecidos), autoridades locais, párroco da Guarda, concelleiros e representantes da vida cultural e política da Guarda. 

 

Francisco Lomba Trigo. Delegado da Irmandade de Doantes de Sangue durante trece anos.

 

Merece a pena lembrar que dende o ano 1977 chega por primeira vez a Unidade Móbil e que xusto nese día doaron sangue 60 persoas. En 1978 foron 118, en 1979 xa se elevou a 142 e en 1980, 217, é así foron subindo as doazóns ata chegar a etapa actual na que a Unidade Móbil acode con máis frecuencia.

 

Anos máis tarde sería inaugurada a remodelación da estrada de Oia á Guarda na entrada dende os Casás, acordando a Corporación Municipal o nome de Avda. Doantes de Sangue, na honra de todas esas persoas que doaran sangue gratuitamente. 

 

 

Antigua fonte que estaba no centro da Alameda, popularmente “a fonte do chafarís” ata 1989 en que sendo alcaldesa Purificación Álvarez Álvarez, instalou outra con luces e gres que por certo non pegaba no entorno. Hoxe  a fonte do chafarís está no parque da Laxe Grande. Fotografía de José A. Uris.

------------------------ 

 

En 1978 instálase por Unión Fenosa un Transformador eléctrico  de grandes dimensions, soterrado na parte Este da Alameda, co fin de dar servicio ás novas vivendas construídas no fronte da Transversa Troncoso. Era Alcalde Raimundo González Lomba.

 

A recen fundada Asociación Veciñal que presidía José Luís Lomba Alonso[1] opúxose fortemente a tales feitos, con escritos no Concello, para finalmente, convocar e levar a cabo, a primeira gran manifestación da Guarda en plena Transición política.

 

Como quen tiña todo o poder era o Alcalde e Gobernador Civil, aínda hoxe o transformador de elctricidade segue soterrado na Alameda.  O slogan era: “A Alameda é nosa, non de FENOSA”.

 

A todo isto na sesión do 3/02/1982 Manuel Díaz González lograr aprobar unha  Moción personal para efectuar o “Encachotado” da Alameda  con trozos de mármore e que cando caía choiva os paseantes debían ter coidado porque podía sentarse no chan, como mínimo, parecía mesmo unha pista de patinaxe.

 

 

Día das Letras Galegas 1983 na Alameda. Fotografía de Prudencio Martínez Pena

 

------------------------------- 

 

 

Días das Letras Galegas 1983 na Alameda. Fotografía de Prudencio Martínez Pena

 

---------------------------

Cando o día 3/06/1984 o Presidente da Xunta de Galicia D. Gerardo Fernández Albor acudiu ó Baixo Miño os cidadáns desta bisbarra estaban loitando para conquerir un Instituto de Bacharelato Público e Gratuíto. Loita que logrou obter primeiro, un Instituto Municipal Homologado, para logo conquerir o Instituto de BUP, hoxe I.E.S.,da Sangriña, chegando a estar matriculados preto de 900 alumnos/as. Anos máis tarde o Concello de Tomiño puido inaugurar outro Instituto de BUP.

 

Por certo que na paxina web do IES de A Sangriña non atopei por ningures a historia do Instituto, parece como se saíra da nada, fora inspirado polo Espíritu Santo ou non se tivera interese colectivo en que outras xeracions teñan esa información, que xa é, mal que pese, histórica.  

 

Adhesivo distribuído na Manifestación. Autor Xosé Luís Lois

 

 

 

A “avanzadilla” dos manifestantes Pro Instituto de BUP colocándose fronte a Casa Consistorial do Rosal antes da chegada do presidente da Xunta de Galicia o 3/06/1984. Fotografía de Prudencio Martínez Pena.

---------------------------------

 

Como viña dicindo,  ca visita de Dr. Fernández  Albor a Comisión Cidadá Pro Instituto acordou dividir  aos pais e nais que loitaban polo Instituto para que con pancartas e a súa presencia acudisen a Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda con fin de que o presidente e o seu séquito se decatase da “movida” polo Instituto. Na Guarda en concreto inaugurou a Avda. Fernández Albor na saída Sur do Porto e logo foi agasallado pola Corporación cun xantar institucional no Hotel Pazo Santa Trega, xantar ao que asistíu a oposición (PSdeG-PSOE é Grupo Independiente Alagua).

 

Nos postres, deu un pequeño discurso ensalzando o Baixo Miño e A Guarda, pero endexamais se me esquecerá cando lle dixo a Manuel Diaz “Ligero”….

 

“ahora amigo Ligero solamente nos queda conquistar Portugal…”

 

O 9/03/1985 tivo lugar unha grande Manifestación popular a favor do Instituto de BUP na Guarda. Como sempre sucedeu foi na Alameda onde se concentraron familias de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda, para saír ás 12 h, pasando polas rúas principais ata o Concello. Os “slogans” era: “Xunta escoita A Guarda está en loita”; “Instituto Sí, trabas fora, ra,ra,ra, Instituto Xá”.

 

Aspecto da concentración unha hora antes da saída da Manifestación a prol do Instituto de BUP. Fotografía de Prudencio Martínez Pena o 9/03/1985.

--------------------------------------

 

Segundo lemos en Faro de Vigo do 10/03/85 os manifestantes que partiron da Alameda sumaban unha 2.000 persoas, mais ou menos, portando nove pancartas alusivas ao Instituto.

 

Outro aspecto da Manifestación Pro Instituto de Bup para a Guarda e Bisbarra o 9 de marzo de 1985. Fotografía de Prudencio Martínez Pena.

--------------------------

 

O Alcalde D. Raúl González Puebla dispuxera unha forte vixilancia co obxectivo de que ninguén tivera acceso á Casa Consistorial, estaba integrada por números da Garda Civil e Policía Local.

 

Outro aspecto da manifestación diante da Casa Consitorial o 9/03/1985. Fotografía tirada por Prudencio Martínez Pena.

 

---------------------------------

Pese aos requerimentos dos manifestantes, nin o Alcalde e 1º Tte Alcalde “Ligero” sairon a recibir a unha Comisión, nin se comprometeron a nada, cando despois de pasada unha hora de berros e protestas, accederon a  recibir no seu despacho a unha representación da Comisión Cidadá que entregou un escrito onde pedían que o Concello puxera a disposición da Xunta os terreos ofertados para construir o Instituto.

 

--------------------------------------

 

Como quen daba  a cara era “Ligero” que ademais de 1º Tte Alcalde era Concelleiro de Cultura  os manifestantes cabreados gritaton: “Ligero, c., A Guarda está que arde”.

 

Hoxe, consolidada a democracia, segundo a miña opinión personal (e experiencia de doce anos como concelleiro), opinión que pode non coincidir con outras, Raúl foi un Alcalde nefasto para a nosa Vila da Guarda, e menos mal que ainda tiña a “Ligero” ¡¡¡. O que en plena democracia se permitíu ter o “Testamento político de Franco”, na zoa pública do Concello. Menos mal que o concelleiro Pedro Borrajo desprendeu o cadro co “Testamento” entregándollo ao Secretario.

 

O Alcalde montou en cólera ameazando a Borrajo co Xulgado, cuestión que non se atreveu a levar a cabo. Despois dese feito non volveu a ter o atrevimento de volver a poñer o tal cadro.

 

--------------------------------------------------

 

Chegada da cabeza da manifestación á Praza do Reló o 9/03/1985. Fotografía de Prudencio Martínez Pena.

-----------------------------

    

En  agosto de 1991 a Sra. Alcaldesa Purificación Álvarez e os seus compañeiros membros da Comisión de Goberno aproban o plego de condiciós para a contratación “directa” das obras dos Xardins de Ligero (sic) e Xardins da Alameda por un montante de 5.883.628 pesetas.

 

Na sesion do 16/12/1993 a Sra. Alcaldesa volve a levar  a Pleno  a “Rehabilitación da Alameda e dos antigos xardins do Centro Sanitario”, todo elo mercede a unha subvención polo importe de 4.748.695 ptas, con cargo a senllas anualidades de 1991 de 2.185.766 ptas, e de 1992 de 2.562.929 ptas. Todo isto con cargo a un Orzamento total efectuado polo Aparellador Municipal por un importe de 5.833.628 ptas. 

 

Como restaban por gastar 2.562.929 ptas, estas son destiñadas a:

 

Colocación de bancos e mesas de pedra granítica a 85.000 ptas: 680.000.

 

Por suministro e plantación de arborado e arbustos, incluídos desplazamentos e deseño para o Parque do Cancelón: 309.739 ptas.

120 ml de valo redondo de madeira de piñeiro para o Parque do Cancelón a 2.443 ptas: 293.250.

Suministro e colocación de bimbóns, tobogans etc. para os Parques de Laxe Grande, A Guía e Camposancos: 342.125 ptas.

Por subministro e plantación de cinerarias marítimas e xenebreiros horizontais para o centro Cultural: 81.915 ptas.

 

Por colocación de bimbóns, combinado de barca, roda oscilante, pirámide de trepar, balancíns e rodas do peirao no Parque do Cancelón: 425.000 ptas.

Por explanación e acondicionamento da superficie do Parque do Cancelón: 62.121 ptas. Suma total: 2.178.490, 15% de IVE: 384.439. Total íntegro: 2.562.929 ptas.

 

A Alameda tamen vale para a entrega de Trofeos aos gañadores de concursos, festivais culturais etc. Nesta fotografía trofeos para ser entregados aos gañadores do Concurso de Pesca Deportiva organizado pola “Asociación O Buxeiro”. Foto de Antón Ferreira Lorenzo.

--------------------------

 

____________________

[1] Tiña a sede oficial na antiga Casa dos Alonso na Praza do Reló.

 

 

anterior        seguinte

José A. Uris Guisantes