Alameda da Guarda

(antes Alameda de San Pedro)

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior         portada

 

 

Tamén para organizar as Carreiras Pedestres Populares das Festas do Monte.

 

 

Reparto de dorsais para a Carreira Pedreste Popular do 2009, ca axuda inestimabel de “Mobles Bugallas”. Fotografía de José A. Uris.

 

------------------------

 

Dende 1983 vén celebrándose na Alameda o “Magosto Socialista”  con grande éxito, sendo hoxe un acto histórico popular. Ao igoal que as Festas de Carnaval e algún mitin político cando as eleccions, ainda que o máis sonado foi o que enfrontou dialécticamente na Alameda a dous candidatos afiliados ao mesmo Partido Popular.

 

Foi na campaña as eleccions de 1995 cando Raúl González Puebla que encabezaba unha lista independiente da dereita contra Purificación Álvarez Álvarez que encabezaba a lista oficial do partido. O final os dous militantes da dereita local pactaron e todo quedou na casa…

  

  

Outra panorámica das obras da Alameda en setembro de 2009. Fotografía de José A. Uris

---------------------------------

Resumindo un lugar emblemático como a Alameda ben merece ser totalmente renovado e adecualo aos tempos que corren, como en toda obra nova haberá detractores, pero as obras quedan, as persoas pasan e os criterios cambian… co tempo. Esta Alameda como xa dixen data de 1850 (comezo das obras), inaugurada en 1852, e agora soamente quedan as árbores, esperemos poder disfrutar dela moitos anos.   

 

 

Outro aspecto da Alameda de A Guarda a comezos doséculo XX

 

--------------------------------

 

anterior         portada

José A. Uris Guisantes