www.galiciasuroeste.info

 

Alfonso Mauri Alonso-Maruja Silva Adrover

Por José A. Uris Guisantes

 

Voda de José Silva Gabiño O Cámara e Gloria Adrover Rey

 

Alfonso era fillo de Armindo Mauri González Mauribe e de Josefa Alonso Pacheco; María ou Maruja como é chamada,  filla de José Silva e Gloria Adrover Rey. Casaron en 1958 na igrexa parroquial da Guarda, celebrando o ágape na casa da avoa María Rey en Mazaracos (hoxe rúa Rosal) preto do muiño de O Penedo.

 

Voda de Alfonso Mauri González con María Silva Adrover en 1958. En pleno as familias Adrover e Mauri. Do matrimonio naceron, Armindo, Guillermo, Mª José e Alfonso Mauri Silva. Fotografía cedida por Mª José Mauri Silva.

-------------------------------------

 

Ano de 1958 á esquerda Dolores Gabiño Vila nai de José Silva Gabiño O Cámara o lado Alfonso Mauri Alonso co fillo Guillermo, o fillo Armindo é súa nai Maruja  Silva Adrover e  avoa Gloria Adrover Rey con  Mª José Mauri Silva no colo. Fotografía cedida pola mesma. Foi tirada dentro da antiga casa de dona Vicenta Rodríguez Cachada onde no baixo tiñan a tenda popularmente coñocida como Tenda do Cámara e moitos anos antes fora o primeiro colexio das carmelitas..

 

 José Silva era de oficio zapateiro e no tempo de lecer xogaba de garda redes no Deportivo Guardés foi protexido pola súa madrasta chamada Dolores Gabiño Vila á que lembramos vendendo rosquillas e golosinas na entrada do Teatro Cine Avenida ó lado da Lanchona.

 

Sendo alcalde do Glorioso Movimiento Nacional o fotógrafo Mariano Jiménez Hueto lle denega unha  axuda familiar para poder seguir mantendo a seu fillo, debido a que seu home tivera que fuxir para Portugal para non ser fusilado ou paseado, acolléndose a que tiña a nacionalidade portuguesa.

 

No arquivo municipal figura:  …27 de enero de 1938. Dolores Gabiño Vila. Se lée escrito de súplica de Dolores Gabiño Vila, vecina de La Guardia donde solicita ayuda para su familia a la que se le niega por estar usted trabajando  como empleada en Auxilio Social y su esposo Francisco Silva súbdito portugués  fugado a Portugal...

 

 O 4 de xaneiro de 1957 estaba a nome de Gloria Adrover Rey a licencia de Abacería en c/ Calvario. Antigüedad: 1950. Vta. Menor de ultramarinos, pan, leche, vinos, frutas, detergentes. Licencia nº 1843-A. 0036.

 

En 1963, Gloria Adrover Rey debeu facer fronte a declaración de ruína parcial do baixo porque a nova dona da antiga casa de dona Vicenta R. Cachada, logo doada ás monxas Carmelitas de la Caridad foi mercada por Marcolina Mauri Alonso así o solicitara ao Concello. Isto foi o que acordou a Comisión Municipal Permanente o 8 de marzo de 1963, …Oficio nº 328 del alcalde de La Guardia, José Luís García Pérez a Marcolina  Mauri Alonso.

 

…Tengo el honor de comunicarle que la Comisión Municipal Permanente de este Ayuntamiento, en sesión ordinaria celebrada el pasado día 13 de febrero de 1963, acordó, entre otros, el siguiente acuerdo:

 

Recurso de Reposición de Gloria Adrover Rey.- A continuación se dá cuenta del recurso de Reposición, que interpone Gloria Adrover Rey, contra el acuerdo adoptado por la Comisión Municipal Permanente de 16 de enero pasado, por el que se declaraba la ruína parcial del inmueble nº 20 de la c/ Vicenta R. Cachada, propiedad de Marcolina Mauri Alonso, a cuya instancia se había iniciado el correspondiente expediente contradictorio de Declaración de ruína parcial.

 

La Corporación, oído en informe del Letrado del Ayto y de los Técnicos Municipales, por unanimidad de todos los asistentes y al amparo de lo establecido en el artº 369 de la vigente Ley de Régimen Local, acuerda declarar que no procede declarar la ruína parcial de la casa nº 20 de la c/ Vicente R. Cachada, ya que no se halla encuadrada, en las condiciones necesarias  para su declaración de ruína, y que por un error material en el dictámen técnico, impulsó al Ayto a estimar tal decisión.

 

Que en su virtud, procede estimar en todos sus efectos el Recurso de Reposición, interpuesto por  Gloria Adrover Rey con fecha 8 de febrero, al que acompaña el informe del Aparejador Pedro de la Fuente Alvarez, anulando el expediente y declarando en consecuencia que no procede la declaración de la ruína parcial de la citada casa.

 

Lo que tengo el honor de comunicarle a los efectos que procedan, manifestándole así mismo que este acuerdo es firme, que el expediente se ha iniciado a instancia de parte, y que contra el mismo podrá Vd interponer Recurso Contencioso Administrativo ante la Sala de lo Contencioso de la Audiencia Territorial de La Coruña, en un plazo de dos meses, contados desde el siguiente al de la notificación del rpesente acuerdo y en virtud de los dispuesto en el párrafo 1º del artº 58 de la Ley de la Jurisdición Contencioso Administrativa de 27/12/1956. Sírvase firmar el duplicado del presente acuerdo en prueba d ehaber sido notificada. Dios guarde a V muchos años. La Guardia a 8 de marzo de 1963.  

 

Gloria Adrover Rey obtivera para esa tenda  na  c/ Calvario, esquina Vicenta R. Cachada licencia como Abacería el  4 de enero de 1957. Nas Abacerías podía venderse case que todo, o nome derivaría en Tienda de Comestibles o de Ultramarinos.

 

Na estadística de 1975 Gloria Adrover Rey figura como …establecimiento dedicado a la Venta Menor de Ultramarinos, pan, leche, vinos, frutas, detergentes. Licencia nº 1843-A. 0036 en  c/ Calvario. Antigüedad: 1950.

 

Súa irmán Manuela tamén tiña outra tenda a nome de seu esposo Juan Antonio Barbosa Fernández Peixefrito na  …c/Méndez Núñez. Comestibles. Licencia dada el 2 de julio de 1948. Anos máis tarde pasarían o establecemento para a c/ Calvario nº 1, bajo del Hostal-Bar Argentino do difunto Francisco Lloret Gándara (fusilado o 9 de decembro de 1936 por ser republicano).

 

Juan Antonio e Manuela tiveron os seguintes fillos: Agustín; José; Pedro; Tinita e Jaime Barbosa Adrover.

 

-Agustín alcumado Pastrán nacera o 21 de xullo de 1927, foi pescador toda a vida, sendo un dos primeiros, xunto a seu parente Alfonso Mauri en ir á pesca de altura nos barcos de Pescanova. Casou o 20 de xaneiro de 1951 con María Costa Parcero, natural do barrio de Abelendo (Moaña), filla de Antonio e Cándida, nacida o 27 de abril de 1931, pasando a vivir na rúa/ Méndez Núñez nº 18 da Guarda.

 

-José Pepe tamén foi pescador e logo emigrante en Alemania.

 

-Pedro que padecía unha minusvalía foi xastre, finado o 27 de xaneiro 2012 aos 83 anos.

 

-Tinita, casada con Antonio Pacheco Pérez Toural. Tiveron os seguintes fillos:  Mª del Carmen; Luís Antonio e Manuela Pacheco Barbosa. Non sei  se  Carmiña (filla de Pedro Barbosa Adrover) leva os mesmos apelidos que as anteriores, pero dende poucos meses foi recollida por Tinita, sendo unha filla máis.

 

-Jaime casado con Graciela Garabal Cividanes, finada o 28 de febreiro 2012 despois dunha longa enfermidade. Tiveron estes fillos: Chelo, Alicia, Carmen e Jaime Barbosa Garabal.

 

Súa parente, Marcolina Mauri Alonso, dona da casa onde tiña a Tenda tamén abrira un establecemento de Venta Menor de Comestibles, vino y detergentes. Licencia nº 1843-D. 5600 en c/ Concepción Arenal. Antigüedad: 1967. Os clientes bautizaron o establecemento como Tenda do Alpiste.

 

Xuño de 1958 Festa de San Pedro, Armindo e Guillermo vestidos de cardenales preto da Casa dos Alonso Martínez  que daba para a rúa/ Méndez Núñez. Consuelo Melón Alonso era a depositaria de ducias destes traxes que eran prestados aos nenos para tal festividade. Fotografía cedida por Mª José Mauri Silva.

 

Alfonso Mauri Alonso  Cantinflas, nun buque de pesca de Pescanova en Cape Town (Suráfrica). Nos anos setenta. Fotografía cedida pola súa filla Mª José Mauri Silva

 

Alfonso Mauri Alonso na parte traseira do actual domicilio familiar na rúa/ Calvario a primeiros dos oitenta. Fotografía cedida pola filla Mª José Mauri Silva.

 

Amigos de Guillermo Mauri Silva Gila. De dereita a esquerda: Tomás Cadilla Lomba; Buenaventura Lomba Núñez; Bernardo O Pinillos; Daniel Alonso Uris Goli; Guillermo Mauri Silva Gila; Generoso Cadilla Lomba; Rafael Castro. Fotografía cedida por Mª José Mauri Silva.

 

O párroco de San Miguel de Tabagón don Arturo Martínez Martínez, natural de O Rosal e Guillermo Mauri Silva nunha voda na terraza do restaurante O Muiño do Forte (Camposancos) nos anos oitenta. Fotografía cedida por Mª José Mauri

 

Guillermo Mauri Silva foi uns dos fundadores da banda Mariñeira banda Roja. Eiquí os podemos ver  na Praza Nova en 1970.

 

José a. Uris Guisantes