PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Alumnos do colexio dos PP. Xesuítas da Pasaxe

por José Antonio Uris Guisantes

BACHAREIS

 ANO 1877

 

Julián Cervela Malvar

Ramón Rodríguez Aran

Maximino Blanco Varela

Constantino Barreras López

Joaquin Carsi Rivera

Pedro Maza Agar

Bernardino Cervela Malvar

Gerardo García  Guillén.

Eduardo Carreño Rodríguez

Francisco Javier Cuesta Díaz

Alfredo Souto Cuero

Jerónimo Suárez Quiroga

Victor Naveyra Pato

Manuel Rivadeneira Lage

Saturnino Samaniego Fernández

Silverio Manuel Alvarez González

.

               Nesta época aparecen os xesuítas  Francisco Gárate, Baltasar Merino e Ignacio María Aramburu [este xesuíta chegou a escribir[...] la peor de las herejías es la masonería que es una secta diabólica...], figuras “descollantes” pola súa valía científica e docente.

      

               Dende novembro de 1876 era bispo de Tui  Juan Valero Nicarino. 

 

               En agosto de 1877 créase no Colexio unha Escola Universitaria [que logo se convertería na Universidade de Deusto], dirixida polo padre Tomás Gómez, rector do Colexio ata xullo de 1881. En 1883 esta Escola Universitaria foi trasladada a Valladolid e no Curso 1884-85 soamente quedaban no Colexio de O Pasaxe 17 bachareis. En setembro de 1886 foi inaugurado o Centro Universitario de Deusto.

 

BACHAREIS

ANO 1878

 

Rodrigo Pardo Tenreiro

Vicente Pardo Tenreiro

Gumersindo Meirás Hurtado

Manuel Meirás Hurtado

Félix Lázaro Mú

Ángel Pedreira Lavadíe

Rosendo Feijóo Freire

Juan Pardo Rojas.

               En 1878 o padre Felipe Sorondo, foi o primeiro xesuíta falecido neste colexio, e un dos primeiros alumnos falecidos no colexio foi Antonio Franco Salgado de 13 anos, natural de Ferrol, e parente de Francisco Franco Baamonde, en 1876 cando xa había instalados no Colexio preto de 100 alumnos, dependendo a nivel burocrático de exames e títulos do Instituto de Pontevedra  [...] En el Curso 1876-77 de 229 alumnos matriculados no se presentaron a examinarse 24, suspendiendo solamente un alumno, otros 204 aprobaron con 64 notables y 51 sobresalientes, como se puede ver un auténtico record.....

   

               En 1879 estivo no Colexio Apóstolo Santiago de O Pasaxe-Camposancos o xesuíta Fidel Fita Fernández Guerra, historiador e arqueólogo que estivo estudiando o Esteiro do Río Miño, aproveitando a súa estadía en Santiago, chamado para estudia-las escavacións feitas no interior da catedral compostelá.                    Neste mesmo ano o xesuíta Tomás Gómez Carral creou un Seminario de Pobres, fundando primeiro unha capela para uso do Seminario co nome de San José [hoxe abandonada, onde soamente hai motores de barco, gasóleo, aceite etc.etc.].

.

BACHAREIS

ANO 1879

 

Hilario Hervado González

Francisco Javier Izquierdo Zárate

José Folla Jordi

Calixto Leis Ponte

Victor Barús Lavandeira

Juan María Orue Olabarría

Rogelio Dávila Campo

 

              Este Seminario de Pobres foi inaugurado o día de San Ignacio de Loyola neste ano de 1879, asistiron a Corporación Guardesa e representantes de tódalas parroquias da contorna. Cita do seminarista  Claudio Rodríguez, anos máis tarde canónico tesoureiro da catedral de Santiago  [...] nosotros (os seminaristas pobres) éramos plantas de invernadero. Viviendo en un ambiente del más puro espíritualismo, aislados casi de todo el mundo, sin trato más que con muy contadas personas, sin ir siquiera a nuestras casas en ninguna época del año ¿que extraño que fuésemos buenos si no podíamos ser malos?.

.

Capela de San José dos P.P. Xesuítas en O Pasaxe. O lado o edificio da antiga Aduana.

Fotografía propiedade de José A. Uris Guisantes

.

               Un dos primeiros novicios que entraron no Seminario de Pobres San José en O Pasaxe, foi  José Campoamor Álvarez de A Coruña.

.

Padre José María Campoamor Álvarez finado en Colombia en 1946.

 

           O padre José María Campoamor Álvarez chegou a Bogotá (Colombia) en 1910, debido o seu labor foi chamado o “padre de los pobres”, en 1911 creou o Círculo de Obreros, a Caja Social de Ahorros (hoxe extendida por toda Colombia), o barrio obreiro de Villa Javier, escolas e comedores para nenos, etc.etc., contando para elo cun equipo de mulleres de “extracción popular” coñocidas cómo Las Marías, finou en 1947 este antigo alumno do Seminario de Pobres do Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe.

     

             Tamén foi dos primeiros Observatorios Meteorolóxicos de Galicia o instalado no Colexio no Curso 1879-80, dende se daban os datos recollidos a Madrid, para ser publicados xuntamente cos datos doutras localidades.

 

                O primeiro director deste Observatorio foi o xesuíta Ramón Martínez, logo en 1887 foi o padre Baltasar Merino [nado en 1845 en Lerma-Burgos] que chegara a Camposancos en 1880, lugar onde pasaría a meirande parte da súa vida. Publicou: “Cuadernos del Observatorio Meteorológico del Colegio de la Compañía de Jesús en La Guardia” [engadindo gráficos e ilustracións feitos por el mesmo]; “Un estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia” (1883); “Un estudio sobre la vegetación espontánea y la temperatura de la cuenca del río Miño”(1897). Rematando as observacións persoais en 1906 pero o Observatorio seguiu nas mans de outros xesuítas.

 

BACHAREIS

ANO 1880

 

Juan Alvarado Albo

Manuel Carsi Rivera

José Núñez Rodríguez

Donato Melón Alonso [guardés]

Francisco Novoa Álvarez [guardés]

Severiano Vaqueiro Martínez

Ramón Sanjurjo Meira

Máximino Fernández Pérez [guardés]

Julio Cobos Roa

Manuel Jorge Alonso

César Troncoso González [guardés]

               Tamén destacou no Pasaxe o “hermano” Francisco Gárate, nado en 1857 en Errekañe – Azpeitia - Guipúscoa, chegado a Camposancos a idade de 20 anos como enfermeiro do Colexio, velando pola saúde de mais-menos 200 persoas no Colexio [ó médico nesas datas era don Leonardo Álvarez quen acudía montado a cabalo e a quen os P.P. Xesuítas instalaron o  teléfono dende a liña telefónica da empresa Candeira Hermanos para poder chamalo no caso de emerxencias pois vivía no Curuto], permaneceu once anos no Colexio.

BACHAREIS

ANO 1881

 

Juan Fernández Orosco

Miguel Martínez de la Riva

Vicente Novoa Álvarez [guardés]

Pedro Carvajal Rivera

Rafael Sánchez Guardamino

Nazario Díaz de la Hora y Bañón

Joaquín Álvarez de Toledo y Pérez

César Cancio Bellota

Ramón Portilla Beraza

Francisco Plazaola Bell

José Pardo Montenegro y Pardo Montenegro

Gustavo Borrás Fernández

Julián López García [guardés]

Luís Sobrino Gómez [guardés]

.

MARQUÉS DE COMILLAS <> PADRE TOMÁS GÓMEZ CARRAL

 

Anuncio dos Vapores da Compañía de don Antonio Víctor López López de La Madrid.

 

                Neste ano de 1881 o Rector do Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe, P. Tomás Gómez Carral, deixaba A Guarda para trasladarse a Loyola  co encargo do Provincial de Castela, Rvdo. P. Francisco de Sales Muruzábal, de falar con D. Antonio Victor López López de la Madrid,  Iº Marqués de Comillas, amigo personal do P. Tomás.

 

D. Antonio Victor López López de La Madrid, Iº Marqués de Comillas filántropo do Colexio Apostólico de Comillas, logo Universidade Pontifica de Comillas

   

               D. Antonio Víctor  López López de La Madrid [Comillas-Santander 1817-Barcelona 1883] fora nomeado Iº Marqués de Comillas polo Rei Alfonso XII en 1878, era un dos empresarios máis poderosos de España, dono do Banco Hispano Colonial, da naviera Compañía Trasatlántica e Compañía General de Tabacos de Filipinas, compañías mineiras en Asturias, etc.

.

 

D. Claudio López Brú, IIº Marqués de Comillas que asinou a doazón do Colexio Apostólico de Comillas á Santa Sede en 1891

 

Logotipo da empresa de vapores Antonio López y Cia.

 

              Neste ano de 1881coincide a visita do P. Tomás ca do Rei Alfonso XII a Comillas, con motivo da vista real don AntonioVíctor López López de La Madrid convertíu a Comillas no primeiro pobo de España con luz eléctrica. En maio de 1883 era colocada a primeira pedra do edificio do Seminario ou Colexio Apostólico, rematando as obras en 1889. Levou o nome de Seminario Pontificio de Comillas porque o Ministro de Gracia y Justicia non aceptou que a propiedade pasara as mans da Compañía de Xesús, debendo figurar a doazón de don Antonio López López, asinouna seu fillo don Claudio López Brú (Barcelona 1853-Madrid 1925), IIº Marqués de Comillas por haber falecido seu pai no ano 1883 en Barcelona a nome do Papa, é un 7 de xullo de 1891 o Papa León XIII aproba as modificacións para asina-la escritura de doazón o 10 de xullo de 1891 a favor da Santa Sede da que co tempo sería a Universidade Pontificia de Comillas. O Padre Tomás Gómez Carral fillo de “pasiegos” falece un 2 de marzo de 1898. 

.

Seminario Mayor, Colegio Mayor e mais tarde Universidad Pontificia de Comillas. O Padre Tomás Gómez Carral, antigo Rector do Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe-Camposancos ata 1881, ano no que vista en Comillas a don Antonio López López o mecenas da obra 

.

Logotipo da Compañía Trasatlántica do Marqués de Comillas.

 

               O hermano Gárate tivo a satisfacción persoal en 1887 de inaugura-la nova enfermería do Colexio, habilitada con tódolos adiantos da época, logo pasaría á nova Universidade de Deusto onde estivo 41 anos ata súa morte.

 

               O hermano Domingo Aguirrezabal “Chomin” nado en Azcoitia votou sesenta anos no Colexio, primeiro en Anceis (A Coruña), logo en Camposancos, pasa o edificio de La Molinera en Vigo e finalmente ao Colexio de Bellavista-Vigo. Fixo de porteiro, xastre, gardarroupa e sereno. Finou en Vigo no ano 1932, xusto un día antes de que don Manuel Azaña Díaz asinara a disolución das Ordenes Relixiosas.      

 

               No ano 1880 remataron as obras de acondicionamento do Colexio e segundo escribe don Evaristo Rivera Vázquez [...] el Colegio de Camposancos era el primer gran edificio escolar que levantaban los jesuítas españoles en el siglo XIX.

 

 

Padre Baltasar Merino  

.

               O padre Baltasar Merino incorporouse no Curso 1881-82 para explicar Linguas Clásicas en inglés e dirixi-la Academia en cuestións relixiosas.

(Continuará)

 

Xesuítas     Alumnos     Xesuítas-1    Xesuítas-2    Xesuítas-3