|
|
Mércores, 7 de abril de 2010 O paro baixou en dúas persoas no Baixo Miño o pasado mes de marzo O paro baixou en dúas persoas na comarca do Baixo Miño o pasado mes de marzo ata situarse nos 5.331 desempregados. Por concellos o comportamento foi desigual. Así en Tui hai 40 parados máis, do mesmo xeito que na Guarda o número de persoas sen emprego incrementouse en 5, e en Oia hai 7 novos desempregados. Porén a cifra baixou de xeito significativo en Tomiño con 53 parados menos, e no Rosal hai un parado menos. A nivel comarcal o paro afecta a 2.541 homes e a 2.790 mulleres. Mentres a distribución por sectores é a seguinte. Do total de 5.331 desempregados 2.412 pertencen ao sector servizos, 1.008 á construción, 995 á industria, 554 ao colectivo sen emprego anterior, e 362 á agricultura e pesca.
Xoves, 1 de abril de 2010 Mañá a totalidade do Baixo Miño recibirá unicamente o sinal de televisión via TDT Mañá, 2 de abril, A Guarda, Tomiño, Tui e O Rosal, incorpóranse definitivamente á televisión dixital, o que significa que para recibir o sinal os receptores terán que dispor dun aparato TDT e adaptar á antena, de non facelo non se poderá acceder ás distintas canles de televisión. Nesta comarca foi o concello de Oia o primeiro que accedeu a televisión dixital terrestre, o día 2 de marzo para Acevedo, Loureza, Sta Comba, Refoxos, e o 5 nas Mariñas. Curiosamente na publicidade institucional que apareceu en distintos medios de comunicación o pasado 21 de marz,o a Xunta de Galicia obviou o topónimo oficial da Guarda xa que se refereriu a este concello coa denominación de A Garda, topónimo que aínda se le tamén na rotonda de Goián, á altura do desvío á Ponte da Amizade.
Xoves, 25 de marzo de 2010 A Deputación destina 11.071 euros a axudas a asociacións de comerciantes do Baixo Miño A Deputación de Pontevedra, reunida onte en Xunta de Goberno, aprobou as bases de axudas públicas destinadas a mellorar a competitividade e a capacidade de innovación dos pequenos comercios da provincia. Este proxecto, no que entidade provincial investiu 11.071 euros no Baixo Miño, vai dirixido ao financiamento de actividades de promoción e introdución das novas tecnoloxías no traballo diario das asociacións e a implantación nelas de sistemas de xestión electrónica. Os destinatarios destas axudas son as asociacións de comerciantes ou colectivos sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades cuxos beneficiarios en último termo sexan os pequenos comercios da provincia de Pontevedra. Polo que se refire á comarca de Baixo o Concello de Tui recibiu 6.631 euros, dos que 4.111 euros se destinan á Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEBAM) para actualización dos seus equipos informáticos, e 2.520 euros dstínanse á Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui para as campañas de Nadal, dos Namorados e do Día do Pai. A colectivos do concello A Guarda irán 4.440 euros distribuídos entre a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (ABACO), que terá unha axuda de 1.500 euros para a elaboración dunha páxina web, e a Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU), con unha axuda destinada á campaña de Nadal, por 2.940 euros.
Luns, 22 de marzo de 2010 O programa de teleasistencia domiciliaria cofinanciado pola Deputación prestou axuda no fogar a 65 usuarios do Baixo Miño en 2009 A Comisión Informativa de Benestar Social e Muller da Deputación, deu o visto bo á memoria do programa de “Teleasistencia Domiciliaria 2009”, un proxecto destinado a ofrecer atención domiciliaria a maiores, enfermos ou persoas con algún tipo de discapacidade, que se vén prestando dende 1999 gracias a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Pontevedra. Segundo o informe redactado pola entidade provincial, no pasado ano 2009 na comarca do Baixo Miño o municipio que rexistrou un maior número de usuarios, foi Tui con 39, seguido de Tomiño con 18 beneficiarios; Oia con 6, e, por último, A Guarda e O Rosal con un único usuario en cada un dos concellos. Teleasistencia A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo que, durante as 24 horas do día e ó longo dos 365 días do ano, a través da liña telefónica e cun equipamento informático situado no centro de atención e no domicilio do usuario, permite a enfermos ou persoas con algún tipo de discapacidade, entrar en contacto cos operadores do centro de atención mediante o simple mecanismo de pulsar un botón dun dispositivo (medallón ou pulseira). Así, profesionais capacitados daranlle resposta á crise presentada ou mobilizarán recursos humanos ou materiais. Son susceptibles de seren usuarios deste servizo as persoas que viven soas, que conviven con outra de máis de 65 anos, que padecen enfermidades, ou calquera persoa en situación de risco.
Sábado, 20 de marzo de 2010 A Deputación aproba proxectos do PID para a comarca do Baixo Miño pola suma de 654.290 euros A Xunta de Goberno da Deputación deulle o visto bo a proxectos para a comarca do Baixo Miño do Plan de Investimentos que suman un total de 654.290 euros. Para o municipio da Guarda aprobáronse os proxectos de pavimentación de rúas no concello por un orzamento de 166.125 euros e a urbanización da rúa Cal, fase II, por 231.913 euros. A Día de hoxe a Deputación Provincial de Pontevedra xa lle deu o visto bo ó 75% das obras solicitadas polo concello de A Guarda con cargo ao Plan de Investimentos 2009-2011. Esta iniciativa investirá neste municipio un total de 859.732,70 euros. Oia Para a sinalización das parroquias do interior do concello de Oia, investiranse 34.800 euros, ademais da adquisición dun camión para a recollida de lixo, por 76.480 euros. O Plan de Investimentos da Deputación investirá no municipio de Oia un total de 775.382,70 euros no período 2009-2011. Ata o momento foron aprobados o 50% dos proxectos solicitados entre os que se poden mencionar a construción dun depósito de abastecemento en Lourenza, a pavimentación de camiños en Calvete, Bullariza e Burgueira; e a construción do pontón de Vilar-Pedornes. Tomiño Finalmente, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou o proxecto de pavimentación de camiños en Tomiño no que serán investidos 144.972,55 euros. Neste municipio o PID prevé a execución de obras por un importe total de 1.541.219 euros no período 2009-2011. A día de hoxe foron aprobados o 66,6% dos proxectos presentados polo concello no marco deste plan. Ademais en Tomiño executaranse accións como a mellora do acceso á igrexa de Sobrada, a pavimentación dos camiños de Carregal de Arriba a Taborda, e o acondicionamento da fonte da Salgosa, entre outras. O PID 2009-2011, dirixido a colaborar e fomentar o desenvolvemento dos concellos da provincia, achegará en total uns 70 millóns de euros destinados a acometer máis de 520 obras na provincia e posibilitarán máis de 3.000 postos de traballo. As cantidades asignadas aos concellos do Plan de Investimentos da Deputación repartíronse tomando como criterio o 50% de poboación e o 50% de superficie. Segundo informou Figueroa “a Xunta de Goberno leva aprobados xa 38 millóns de euros o que supoñen preto do 76% do PID e esperamos aprobar perante o mes de marzo o 100% dos proxectos e adxudicacións o que significará unha inversión de 50 millóns de euros”.
Sábado, 13 de marzo de 2010 A información pública o estudo comparativo do tramo II da VAC O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución do 9 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se somete ao trámite de información pública o estudo comparativo de alternativas da vía de alta capacidade Tui-A Guarda,treito II: enlace PO-350-enlace Goián. Este estudo sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, é dicir, dende hoxe sábado, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito perante a Dirección Xeral de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Dirección Xeral de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra e no Concello de Tomiño. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/portal/ cidadan/lang/gl/pid/2199), atópase á disposición dos interesados un documento resumo do estudo. A Xunta inclínanse pola alternativa Sur no tramo II da VAC A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se somete a información publica o estudo comparativo entre as alternativas propostas para o trazado da VAC Tui- A Guarda, no segundo treito, enlace PO-350 (Areas-Tomiño)–enlace de Goián. A opción norte, plantexada polo anterior Goberno da Xunta e desbotada polo actual executivo autonómico, contempla un trazado de 14 km que discorre polo Concello de Tomiño, de este a oeste, cuxo orixe está no enlace coa estrada PO-350, punto final do primeiro tramo. O trazado da opción sur, que é o elixido polo actual executivo recuperando a alternativa de 2005 que xa conta con declaración de impacto ambiental, e que foi rexeitada polo bipartito, desenvólvese polo Concello de Tomiño, tendo a súa orixe no enlace coa PO-350. Esta alternativa discurre ao longo de 10 km ata o pq 14+300, onde enlaza co tramo 3 da VAC na glorieta do enlace de Goián. Cómpre sinalar que tras levar a cabo dita comparación, o goberno galego conclúe que a alternativa sur é a mais favorable, xa que presenta unha serie de vantaxes en canto a capacidade de tráfico, parámetros medioambientais ou rentabilidade para os usuarios. No que respeta ao planeamento, as dúas alternativas discorren na súa totalidade dentro do termo municipal de Tomiño, concello regulado polo PXOM. Non obstante, resulta desfavorable a opción norte pola súa maior afección a solo rústico de protección ecolóxica e de zonas agrícolas. A vía descartada afecta a 400.000 m2 de solo rústico protexido fronte aos 175.000 m2 da opción sur. Así, en cifras totais, a alternativa norte incide sobre 930.000 m2 e a sur afecta a 730.000 m2, 200.000 m2 menos para a última opción. Por outra parte, cabe citar que na alternativa norte, vense afectadas diversas edificacións no entorno do enlace coa PO-344 (Forcadela- Couso). En referencia ao tráfico, a alternativa sur é máis vantaxosa en canto á capacidade, presentando niveis sensiblemente mellores aos da norte. Este feito provocará que a opción norte presente mais problemas de tráfico. Así, en planta, ambos trazados son semellantes, ainda que a circulación pola alternativa sur resultará máis cómoda por contemplar parámetros máis uniformes. En alzado, a sur mostra un deseño mellor, xa que as pendentes máximas son do 3% fronte ao 5% da norte. Ademais, a permeabiliade transversal da alternativa sur é máis beneficiosa, xa que repón de forma directa case o 50% dos camiños interceptados pola traza fronte ao 30% da outra opción. En relación aos aspectos medioambientais, a alternativa sur é claramente preferible á norte, especialmente na incidencia sobre as augas continentais e na permeabilidade faunística, onde a opción norte é manifestamente deficitaria. Pola contra, a alternativa sur é compatible en calidade de aire incidencia acústica de obra, sobre o relevo, comunidades vexetais, hábitats de interese humano, humedais e patrimonio cultural. A Xunta de Galicia tamén considerou como puntos en contra da opción norte a incidencia directa desta sobre o xacemento arqueolóxico de O Castelo, discurrindo ao longo da súa área de cautela case 500 metros. Tamén afecta á área de protección integral do xacemento arqueolóxico das Torres, desenvolvéndose ao longo de preto de 500 metros no seu interior. A alternativa sur supón unha importante vantaxe en canto á rentabilidade das obras de cara aos usuarios, xa que presentan valores sensiblemente mellores aos da norte, entre eles un menor trazado para facer o mesmo percorrido. Non obstante, é preciso explicar que o custe económico da alternativa sur é un 22% máis elevado (102 millóns de euros fronte a 80) porque o orzamento está condicionado polos viadutos dispostos no LIC Baixo Miño co fin de acadar melloras medioambientais. Estas infraestruturas, que conlevan á consecución de vantaxes, supoñen máis do 51% do presuposto total da alternativa. O trazado da opción sur terá forma de autovía cunha lonxitude de 10 km Segundo na memoria do estudo comparado o trazado da opción Sur, pola que aposta a Xunta, desenvólvese polo Concello de Tomiño, de leste a oeste, tendo a súa orixe na ligazón coa estrada PO-350 (PK 3+900 para dar continuidade ao o PP.KK. do tramo 1), punto final do Tramo 1 da V.A.C. Tui - A Guarda. Esta alternativa discorre ao longo de algo máis de 10 quilómetros, até o PK 14+300, onde enlaza co Tramo 3 da V.A.C. Tui - A Guarda na glorieta da Ligazón de Goián. O trazado desta alternativa está deseñado para unha velocidade de proxecto de 100 km/h. Explican que a alternativa SUR dispón sección de autovía, con dúas calzadas separadas por mediana estrita de 2,00 m e dous carrís por calzada de 3,50 m cada un. As beiravías interiores son de 1,50 m e os exteriores de 2,50 m. O tramo iníciase no PK 3+900 en ligazón coa PO-350, correspondendo ao Tramo 2 unicamente dous ramais do mesmo. O trazado avanza cara ao oeste, salvando mediante os viadutos dá Furnia, a Ponche e Hospital as primeiras canles que se atopa ao seu paso mentres se achega á estrada PO-552 que discorre pola marxe esquerda da autovía, próxima ao río Miño. No PK 9+000 proxéctase a Ligazón de Tomiño, tipo diamante, que inclúe o viario de conexión con esta localidade na intersección coa estrada PO-344. O trazado continúa achegándose ao río Miño e uns 2 quilómetros despois alcanza a PO-552, sobre a que cruza mediante o viaduto do Pego. Este viaduto, de 1.260 m de lonxitude, salva a estrada PO-552, os núcleos de vivendas das parroquias de Costa e Sobre a Veiga e as zonas encharcables que bordean o LIC do Baixo Miño na marxe do río. Desde este punto, a vía discorre en recheo, salvando mediante un novo viaduto o río Dos Bravos e finalizando na nova glorieta proxectada como Ligazón de Goián, no PK 14+300, onde conecta co Tramo 3 da V.A.C. Tui-A Guarda, coa estrada PO-552 e co acceso á Ponte Internacional de Goián (ademais doutras vías de menor entidade). O Goberno de Tomiño lamenta non ter recibido información sobre a aprobación provisoria do estudo comparativo do tramo II da Vac O goberno municipal de Tomiño lamenta profundamente a falla de información por parte da Xunta de Galicia en relación á aprobación provisional, o pasado día 5, do Estudo Comparativo de alternativas da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, no segundo treito (enlace PO 350-enlace Goián). Os representantes do goberno local decatáronse da mencionada aprobación a través do DOGA do día de hoxe, así como de que a partir de mañá comeza o período de exposición pública, sen que ata ese momento tiveran ningunha información ao respecto, e recibindo unha copia do devandito estudo comparativo a media mañá do día de hoxe na Casa do Concello. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, así como os portavoces dos demais grupos que forman o goberno tomiñés, coincidiron en cualificar esta falla de información como “ocultismo intencionado por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que implica un desprezo absoluto polos veciños e veciñas de Tomiño e polos seus representantes”. O goberno local anunciou que presentará as alegacións que considere oportunas e salientou que “lamenta este novo mal comezo e que non se teña en conta á Administración Local nun tema de tanta envergadura coma este”.
Venres, 12 de marzo de 2010 74 agrupacións do Baixo Miño participan no Plan Cultural da Deputación no que se invisten 600.000 euros A Deputación de Pontevedra reunida en Xunta de Goberno aprobou favorablemente a lista de grupos acollidos ó seu Plan Cultural 2010. Nesta ocasión, foron 73 agrupacións da comarca do Baixo Miño as que poderán desfrutar dunha achega económica coa que a entidade provincial busca impulsar e fomentar a cultura popular nas súas múltiples a variadas expresións artísticas. Entre os beneficiarios da comarca do Baixo Miño atópanse: 11 grupos de Tomiño, 15 de A Guarda, 28 de Tui, 10 do Rosal e 9 de Oia. A natureza destas agrupacións é moi variada: animación infantil (1 grupo), baile moderno (2), ballet (3), bandas de gaitas (1), bandas de música (5), clásicos (4), grupos de gaitas (8), grupos de playbacks (4), grupos folclóricos (10), grupos folk (6), masas corais (9), majoretters (4), pandeiretas (8), roldas (1), teatro (8) e grupos de maxia (2). Plan Cultural 2010 O Plan Cultural da Deputación constitúe a liña de colaboración máis importante que a institución ofrece cada ano co obxectivo de impulsar e fomentar a cultura popular nas súas múltiples e variadas expresións artísticas. No 2009 tomaron parte nesta iniciativa máis de 800 entidades da provincia pero, tendo en conta que cada ano aumenta a participación entre un 5 e un 10 por cento, este ano alcanzáronse case as 1.000 agrupacións participantes. O investimento provincial neste proxecto ascende a 400.000 euros. A este importe hai que sumarlle a colaboración de Caixanova que anualmente participa neste programa con 200.000 euros. Segundo establecen as bases cada actuación dos grupos será retribuída cos seguintes importes: bandas de música 600 euros (grupo A); 500 euros (grupo B) e 450 euros (grupo C); masas corais 270 euros (grupo A) e 240 euros (grupo B); grupos folclóricos 270 euros (grupo A); 210 euros (grupo B) e 170 euros (grupo C); música tradicional 240 euros para bandas de gaitas, 170 para grupos de gaitas, 240 para roldas e 270 para folk; música clásica 240 euros (grupo A); 210 euros (grupo B) e 340 euros (grupo C); teatro 500 euros (grupo A); 375 euros (grupo B) e 300 euros actividades de maxia; as actuacións de ballet e danza 240 euros; e finalmente, os humoristas 210 euros. As restantes actuacións que non estean integradas nestes grupos (animación infantil, poetas, cantautores, outros folclores) retribuiranse con 210 euros. Á hora de seleccionar as actuacións valorouse cun 40% a adecuación da actuación ó interese provincial; cun 20% a importancia do acto a desenvolver; cun 20% o número posible de beneficiarios do evento; e, finalmente, cun 20% a dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación. Colectivos subvencionados
Mércores, 11 de marzo de 2010 Comeza o apagado analóxico no Baixo Miño A terceira e última fase do apagado analóxico comezará hoxe mércores, 10 de marzo, en Galicia e rematará o vindeiro 2 de abril, afectando a preto de 1.300.000 galegos. Hoxe mesmo procederase ao apagado nos emisores de Oia e Oia II que afectará ao concello de Oia. Mentres o apagado na área técnica de Domaio realizarase o día 2 de abril co cese analóxico dos emisores que dan servizo a Tui, A Guarda, O Rosal e Tomiño.
Solicitada a creación dun indicativo de calidade para a pesca do Miño A deputada socialista e portavoz de Medio Ambiente, Carmen Gallego, vén de presentar para a súa tramitación parlamentaria unha proposición no de lei na que se insta a creación dun distintivo de calidade para o meixón, lamprea e sábalo do río Miño. Na súa argumentación Carmen Gallego sinala que mais de 250 pescadores traballan hoxe no río, de xeito que a actividade económica xerada contribúe a paliar o paro na Comarca. A pesar da calidade recoñecida do produto desta pesca, ata agora non hai ningún recoñecemento oficial de mesma. A creación dun distintivo de calidade contribuiría sen dúbida á mellor comercialización e control desta pesca. Carmen Gallego tamén presentou outra proposición para desenvolver a potencialidade económica do río, instando a elaboración conxunta con pescadores, concellos e axentes económicos da zona dun programa de actividades vinculadas a pesca como actividades de pesca-turismo, promoción gastronómica da zona ou a divulgación do valores ambientais e de biodiversidade do río a través dos pescadores que son os que mellor o coñecen. Para poder garantir a sostibilidade destas actuación é necesario ten un coñecemento que permita corrixir, conservar e planificar. Por este motivo tamén se solicitou no parlamento a realización dun estudio científico rigoroso, coa participación de equipos multidisciplinares, no que se solicite a colaboración doutras Administracións incluídas as autoridades portuguesas e dos propios pescadores do Miño, a fin de determinar a situación actual do río e planificar actuación futuras que permitan preservar os seus ecosistemas, a súa biodiversidade e a actividade tradicional da pesca.
Martes, 10 de marzo de 2010 Chegan as mensaxeiras da primavera As primeiras anduriñas, que anuncian a proximidade da primavera, comezaron achegar ao Baixo Miño. Na Gándara víronse xa os primeiros exemplares o pasado venres, día 5, na casa familiar de Francisco Daniel Vicente, que fotografou a estas fieis, e tamén esperadas, visitantes que teñen tres niños nesta casa onde son recibidas con ledicia.
Xoves, 4 de marzo de 2010 El Ministerio de Exteriores se compromete a iniciar trámites para que los pescadores del río Miño puedan participar en la Comisión Permanente Internacional de Límites En una reunión mantenida el pasado martes en Madrid con el diputado socialista por Pontevedra en las Cortes Generales, Luis Piña, el presidente de la Comisión de Límites con Portugal y Francia que depende del Ministerio de Asuntos Exteriores, Álvaro Alabart, se comprometió a que el Ministerio inicie los trámites oportunos para constituir un grupo de trabajo en el seno de la Comisión Permanente Internacional de Límites en el que pueda tener participación el colectivo de pescadores del río Miño. La participación en esta Comisión es una de las principales reivindicaciones de los pescadores del Miño, dado que en ella se podrán tratar muchos de los asuntos referidos a su actividad como pueden ser la regulación de la pesca, la tramitación administrativa de las embarcaciones y las condiciones medioambientales del río Miño. Al ser esta una Comisión Internacional entre España y Portugal, el país luso debe aprobar asimismo la decisión de crear este grupo de trabajo, en el que también participarían los pescadores portugueses. Además, durante la reunión en el Ministerio, Piña puso sobre la mesa toda la problemática relacionada con los pescadores del río Miño y se analizaron otras cuestiones demandadas por los mismos como la realización de un estudio de la situación de la pesca y la creación de un estatuto propio de la actividad. El propio colectivo de pescadores fue el que el pasado sábado trasladó al diputado socialista sus inquietudes y reivindicaciones en una reunión que mantuvieron con Piña en la comarca del Baixo Miño. Respecto a estas demandas, el presidente de la Comisión de Límites del Ministerio se comprometió ayer asimismo a analizarlas en profundidad durante las próximas semanas, encauzarlas para procurar su solución y trasladarlas a los Ministerios o Administraciones pertinentes según cada caso. Tras la reunión, Piña se mostró satisfecho y agradeció “la sensibilidad, buena disposición y ganas del presidente de la Comisión de Límites para acometer estos temas”, por lo que asegura estar “convencido de que todo lo planteado llegará a buen puerto”.
Actos do BNG no Baixo Miño con ocasión do “Día Internacional das Mulleres” Con motivo do 8 de marzo, que este ano coincide co Centenario da Instauración desta data como Día Internacional da Muller Traballadora e o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, precursora do pensamento feminista en Galicia, o BNG está a presentar en todos os concellos do país mocións que teñen un sentido reivindicativo e visualizador da situación de discriminación que aínda padecen as mulleres en xeral, e as galegas en particular. A análise sobre a situación das mulleres en Galicia, ao igual que no resto do mundo, evidencian a persistencia da discriminación de xénero. No ámbito laboral as mulleres padecen taxas de paro elevadas, teñen unha maior temporalidade e precariedade e cobran salarios inferiores que os varóns. Noutros ámbitos seguen a seren maioritariamente mulleres quen abandonan os seus postos de traballo ante a necesidade de atender a menores ou persoas dependentes. Estas situacións non están sendo abordadas polo goberno do país. A chegada do PP á Xunta de Galicia está a supor un retroceso no desenvolvemento de políticas públicas de igualdade e o desmantelamento dos servizos que se estaban a implantar (eliminación dos equipos de igualdade das Oficinas de I+B, dos Puntos de información á Muller, parálise de prazas de gardería pública, supresión do servicio de Kanguros, nulo desenrolo da Lei Galega contra a Violencia de Xénero, etc.). O venres 5 de marzo de 2010 ás 21.30 no Centro Social de Estás (Tomiño), a responsable de muller de Tomiño, Linda Granada, presentará o acto conmemorativo do Día Internacional da muller e a proxección de dúas curtametraxes: Mamasunción (Chano Piñeiro Martínez, 1984) e Lentura (Plácida Baranda Valeiras e Manuel Iglesias Marín, 2003). O luns, 8 de marzo, ás 20.30 horas, no Museo municipal de Tui, Ofelia Chicote, responsable de Muller en Tui, presentará a súa vez este acto e a proxección de dúas curtas: Lentura (Plácida Baranda Valeiras e Manuel Iglesias Marín, 2003) e Quérote mal (Mireia Giro, 2005). O 12 de marzo, no Instituto da Sangriña (A Guarda), Hortensia García, responsable de Muller na Guarda, presentará o acto do Día Internacional da muller dando paso a un recital poético sobre textos de Rosalía de Castro.
Mércores, 3 de marzo de 2010 O paro subiu en 96 persoas no Baixo Miño en febreiro ata os 5.333 desempregados O paro na comarca do Baixo Miño acada os 5.333 desempregados logo de que no pasado mes de febreiro se rexistrasen 96 parados máis que en xaneiro. Por sexos hai 2.527 homes sen emprego e 2.806 mulleres. Por sectores está á cabeza no número de persoas sen empregos o sector servizos con 2.446 desempregados, seguido da construción con 1.001, a industria con 986, o colectivo sen emprego anterior con 528 e por último hai 372 parados na agricultura e gandería. Por concellos o paro subiu en Tui en 55 persoas no mes de febreiro ata acadar os 1.816 parados. En Tomiño o paro sitúase nos 1.576 persoas logo dun incremento de 46 novos desempregados. Na Guarda hai 8 novos parados co que a cifra total ascende a 970 persoas. E por contra o paro baixo en Oia en dez persoas ata os 297 parados, e no Rosal hai 3 desempregados menos ata situarse nos 674.
Martes, 2 de marzo de 2010 Balance de Danos no Baixo Miño polo temporal O temporal afortunadamente en Tui non deixou grandes danos. As principais incidencias foron a caída de árbores, e algún muro de peche segundo explicaba o alcalde, Antonio Fernández Rocha. En Pexegueiro unha árbore afectaba ao tendido eléctrico cortando o subministro. O rexedor agradecía o labor de Protección Civil, dos operarios municipais e da Policía Local. O que sí afectaba era a solta de auga dende a presa de Frieira que elevaba o caudal do Miño ao seu paso por Tui. Isto deixaba anegada unha zona de Caldelas preto do Balneario. A falta de información sobre o desembalse de auga a 3.600 m3/s, non se entenden dende o Concello que presentará unha protesta formal pola falta de información, e unha vez valorados os danos demandarase o seu importe. En Tomiño os principais efectos do temporal foron a caída de árbores, algún sobre un transformador na zona de Barrantes, así coma o levantamento da cuberta do instituto. Precisamente por iso non hai clases do IES de Tomiño, xa que chove nalgunhas aulas, segundo explicaba a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Onte á mañá a rexedora falaba co Xefe Territorial de Educación cuxas previsións para poder abrir de novo o instituto dependerá en parte da choiva. Informarase oportunamente. Na Guarda o rexedor José Manuel Domínguez Freitas explicaba que non houbo danos destacados coma consecuencia do paso do Xynthia. O principal foi o desbordamento do Miño na zona da desembocadura principalmente na Pasaxe. No Rosal as principais incidencias segundo manifestaba o seu alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, foron sobre todo a caída de árbores, postes de telefonía, e invernadoiros cuxas plantacións quedaron anegadas pola auga. En Oia o alcalde, Alejandro Rodríguez, explicaba onte a mañá na Radio Municipal de Tui que foron moitas as árbores caídas sobre camiños que unen barrios e na propia estrada, pero que todas quedaron retiradas na noite do sábado. Amais as parroquias de Loureza, Burgueira e Torroña estiveron sen subministro eléctrico dende ás 12 do mediodía e ata ás 21.30h. A isto hai que engadir tamén segundo o mandatario municipal que coma consecuencia dos fortes ventos voaron varias chapas de uralita de garaxes.
Sábado, 27 de febreiro de 2010 O BNG a favor de que os pescadores do Miño estean presentes na Comisión España-Portugal que regula a pesca no río A parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, vén de presentar unha serie de iniciativas polas que lle esixe ao Goberno Central que realice as xestións necesarias para que os pescadores do Miño estean presentes na Comisión Internacional Estado Español-Estado Portugués que regula a pesca no río. Na súas iniciativas, a deputada do BNG lembra que o pasado 14 de febreiro os pescadores galegos e portugueses concentráronse para estaren presentes na devandita comisión. “Critican –asegura Davila- que esta Comisión lexisla sobre a pesca no río sen escoitar e ter en conta as súas reivindicacións”. Así, a deputada nacionalista lembra que os pescadores demandan máis lúas de pesca de angula para adaptar as horas autorizadas de pesca –actualmente utilizan a tela unha media de 150 horas ao ano- ao estado e dispoñibilidade do recurso”. Ademais, salienta que “demandan unha actuación máis decidida contra a contaminación no río, especialmente a procedente do Louro; un control das presas hidroeléctricas para que permitan a suba dos peixes para o desove, regular a apertura das comportas ou controlar a superpoboación de especies depredadoras”. “A presenza dos pescadores é posíbel e necesaria” Olaia Fernández Davila subliña que “a presenza dos pescadores nesta comisión é posíbel, é necesaria e sería positiva”. Neste sentido, lembra que en resposta a unha iniciativa do BNG, o Goberno respondeu o 31 de marzo de 2009 que “no regulamento de Pesca no Tramo Internacional do Río Miño establécese que a proposta dos presidentes da Comisión Permanente os pescadores poden estar representados a través de grupos de traballo para trataren diversos temas”. No caso español, o responsábel de propoñer a creación destes grupos de traballo sería o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Ademais, Olaia Fernández Davila salienta que na resposta do Goberno “se recoñece tamén que para modificar os membros da Comisión e incluír aos representantes dos pescadores habería que modificar o regulamento da Comisión, de xeito bilateral do Goberno portugués, unha iniciativa que neste caso lle correspondería ao Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación”. Proposición non de Lei do BNG Ante esta situación, a deputada do BNG vén de presentar unha proposición non de lei que será debatida no Congreso dos Deputados e pola cal se insta ao Goberno a “adoptar as medidas necesarias para crear na Comisión Permanente Internacional do Río Miño un grupo de traballo con representantes dos pescadores galegos e portugueses que aborde as cuestións que propoñan os pescadores tanto de regulación dos períodos autorizados de pesca, como de protección dos recursos e calidade das augas”. A iniciativa do BNG inclúe un segundo punto no que se lle demanda ao Goberno Central que “como solución a longo prazo, promova a modificación do regulamento da Comisión para que entre os seus membros tamén se inclúan a representantes dos pescadores galegos e portugueses”.
Os proxectos estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural inviste 318.399,57 no Baixo Miño Os proxectos estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural inviste 318.399,57 no Baixo Miño. O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, asinou onte cos alcaldes de Tui, Tomiño e A Guarda, e de outros 6 concellos da provincia, os convenios sobre estes proxectos. O obxectivo fundamental destes convenios é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas áreas rurais de Galicia. Nos PEIM Rural 2009-2010 colaboran este Ministerio e a Consellería do Medio Rural co fin de levar a cabo actuacións de desenvolvemento rural e establecer un marco xeral de cooperación en materia de infraestruturas. O Concello de Tui recibirá deste plan 89.894,49, o de Tomiño percibirá 89.995,64 e o da Guarda 63.527,93.
Xoves, 25 de febreiro de 2010 Incidencias polo temporal O temporal que comezou onte a mediodía deixou numerosas incidencias en Tui e na comarca do Baixo Miño. A intensa choiva e o vento provocaron anegamentos e caída de árbores. En Tui dous coches quedaron atrapados nun embolsamento de auga, o primeiro un BMV baixo a coñecida coma Ponte de Magnolia, e o segundo unha Renault Express baixo a ponte da autovía, en Randufe. Amais os membros de Protección Civil tiveron que intervir para a retirada de árbores caídas sobre o peche dunha casa en Caldelas, e houbo tres árbores máis caídas no barrio da Ponte en Paramos que cortaron o acceso cara Guillarei. Protección Civil de Tui tivo que retirar tamén unha pancarta publicitaria na Avenida da Concordia. En Tomiño a principal incidencia segundo o 112 foi o anegamento dunha garaxe no número 21 da rúa República Arxentina, e o anegamento do Pavillón Municipal.
Mércors, 24 de febreiro de 2010 O Baixo Miño incluído no plan de transporte público transfronteirizo que promoven entes de Pontevedra e norte de Portugal Alcaldes e representantes de 16 concellos pontevedreses, de 5 cámaras portuguesas e da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia fixaron onte en Valença do Minho (Portugal) a metodoloxía para elaborar un Plan de Transportes Públicos do Vale do Minho Transfronteirizo. Na xuntanza, acordouse o calendario de realización do devandito Plan, que concluirá coa súa presentación a finais de outubro deste ano, e os seus obxectivos específicos. Entre estes últimos figuran crear redes de transporte entre zonas rurais e os principais núcleos da Eurorrexión, interligar as redes e os modos de transporte mediante estacións intermodais, proporcionar completa información ós potenciais pasaxeiros, dotar de versalitidade ó transporte, crear liñas interurbanas especiais que atendan fluxos xerados por eventos como feiras, concertos e outros que non respondan a ningunha regularidade, e dotar, finalmente, de liñas nocturnas que cubran rutas hacia lugares que concentren actividades de ocio. 2.700 traballadores cruzan a fronteira a diario O Plan de Transporte Público Transfronteirizo afectaría, en primeiro lugar, ós 16 concellos pontevedreses integrados na asociación Uniminho (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, Porriño, Salceda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Covelo, Salvaterra, As Neves, A Cañiza, Arbo e Crecente) e as cinco cámaras portuguesas de Vilanova da Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monçao e Melgaço. No devandito territorio, según o Eurex Transfronteirizo, cruzan a diario a frontera natural do Miño entre 1.500 e 2.500 traballadores de Portugal hacia España, e entre 600 e 800 de España para Portugal. A xuntanza dos alcaldes e representantes do territorio transfronteirizo tivo lugar o pasado luns en Valença, na sede de Uniminho, na avenida Miguel Dantas número 69. Na xuntanza participaron tamén representantes da Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal, Xunta de Galicia, Asociación de Transportistas portugueses, Federación galega de asociacións de transporte de viaxeiros en autocar e membros das Universidades de Porto e Vigo.
Sábado, 20 de febreiro de 2010 Elexidos os membros da Xunta Electoral da Cámara de Comercio de Tui O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial de Industria, Ignacio Rial, participaron onte a mañá, xunto ao secretario da Cámara de Comercio de Tui, no sorteo dos membros da Xunta electoral do ente cameral. Na elección resultaron electores: Mecanizaciones del Aluminio, SL (suplentes: Arte Bronce Findición, SL e Aluporta, SL.); Garvi Electricidad, SL (suplentes: Nortap Ingenieros, SLP e Juan R. Font, SL.); e Café Amadeus, SL (suplentes: Adolfo Araujo Páramos e Telmo Import, SL.). Continuando co proceso o 23/02/2010 constituiráse a Xunta electoral da dita cámara na sede desta e quedará aberto o prazo para a presentación de candidaturas. No ano 2010 celebraranse as eleccións para a renovación dos órganos electivos das cámaras oficiais de Comercio Industria e Navegación de España. Dentro dese proceso, e para velar polo correcto desenvolvemento do mesmo, en cada cámara débese constituír unha Xunta electoral, composta por: 3 representantes do electorado da cámara respectiva, 2 representantes da Administración que tutela as cámaras (Consellería de Economía e Industria) e un secretario. As funcións da Xunta electoral veñen recollidas no artigo 21º do Regulamento de réxime electoral das cámaras de oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 431/2009, do 19 de novembro (DOG núm. 239, do 9 de decembro). Estas funcións son as de comprobar o cumprimento dos requisitos esixidos para a presentación de candidaturas e resolver as alegacións e reclamacións presentadas; proclamar as persoas candidatas; elixir, mediante sorteo, as persoas candidatas que faltan cando o número das que se presenten sexa inferior ao de membros que se van elixir e resolver as reclamacións contra a denegación de peticións de voto por correo. Ademais, tamén teñen como responsabilidade a de custodiar os votos recibidos por correo; resolver, por proposta do comité executivo da cámara, o número de mesas electorais que se constitúan dentro de cada colexio e designar, mediante sorteo, ás persoas electoras que deben formar as mesas electorais e as súas suplencias; resolver as alegacións das persoas electoras designadas para formar parte das mesas e resolver en alzada as reclamacións que se formulen ante as mesas electorais. Finalmente tamén terán que verificar o resultado das eleccións e declarar ás persoas candidatas elixidas.
O BNG solicita que Seprona que investigue o verquido de miles de pezas de plástico ao Miño A parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que investigue os vertidos na desembocadura do Miño, e en concreto o último tramo, de miles de pezas de plástico. A deputada nacionalista lembra que os pescadores que estes días rematan a tempada da angula “están recollendo nas súas telas miles de pezas de plástico, especialmente entre Goián e A Pasaxe”. “Os pescadores presentaron mostras na Comandancia Naval do Miño para que se investigue o vertido pero aínda non se coñece nin onde se produciu nin quen foi o autor do mesmo”, engade. Neste sentido, a deputada do BNG pídelle ao Goberno que investigue este vertido para determinar a súa orixe e autoría e que, de confirmarse, se impoña unha sanción ao autor do mesmo.
Xoves, 4 de febreiro de 2010 A Deputación subvenciona con máis de 143.000 euros aos concello de Oia e O Rosal A Deputación de Pontevedra aprobou na xunta de goberno celebrada onte sendas subvencións para os concellos de Oia e O Rosal por un importe total de 143.814 euros. As axudas aprobadas corresponden ó Plan de Investimentos que, cunha contía de 70 millóns de euros, a Deputación vén concedendo aos distintos concellos da provincia co criterio de reparto de poboación e territorio. As subvencións que recibirán os concellos mencionados as ascenden a 82.030 euros para o do Rosal, para saneamento dos lugares de Ponte de Carros e Cumieira, e a 61.784 euros para o concello de Oia para construír un depósito de abastecemento de augas en Lourenza.
Mércores, 3 de febreiro de 2010 O paro na comarca creceu un 2,77% e chega aos 5.237 parados O paro da comarca do Baixo Miño situouse o pasado mes de xaneiro nos 5.237 desempregados cun incremento de 141 novos parados con respecto ao mes de decembro, isto é un 2,77% máis. No que respecta ao paro interanual, de xaneiro de 2009 a xaneiro de 2010 o incremento é do 13,26% ao pasar de 4.624 persoas sen emprego ás 5.237 actuais. Por sectores o maior número de parados concéntranse no sector servizos con 2.392 persoas, seguidas da construción con 986 e da industria con 959. Mentres no colectivo sen emprego anterior o número de parados é de 529 persoas, e de 371 na agricultura. Analizando os datos por sexos no Baixo Miño hai 2.466 homes sen traballo e 2.771 mulleres. Por concellos Tui ten un total de 1.761 parados, cun incremento de 8 desempregados con respecto ao mes de xaneiro. En Tomiño o paro ascende a 1.530 persoas, 43 máis que en decembro. No Rosal o número de desempregados é de 677, 36 máis que o mes anterior. Xa na Guarda rexistrouse un incremento de 43 parados máis ata os 919. Por último en Oia o número de parados é de 307 persoas, 11 máis que en decembro. Deste xeito en Tui foi onde menos creceu o paro en xaneiro, con 8 parados novos, e onde máis o fixo foi en Tomiño e na Guarda con 43 novos desempregados. Xa fóra da comarca do Baixo Miño o paro no Porriño ascende a 2.094 persoas, cun incremento de 99 con respecto a decembro. En Salceda o paro acada as 908 persoas, cun descenso de 5 persoas con respecto ao mes anterior. A cifras de paro no Baixo Miño están por baixo da media galega. A nivel comarcal o incremento en xaneiro foi dun 2,77, mentres que en Galicia a suba foi dun 3,94%. A nivel interanual, de xaneiro de 2009 a xaneiro de 2010, no Baixo Miño o paro creceu nun 13,36%, e en Galicia subiu nun 15,06%.
Martes, 2 de febreiro de 2010 Os pescadores do Miño mobilízanse o día 13 O sábado, día 13 de febreiro, ás catro da tarde os pescadores do Miño vanse reunir fronte ao embarcadoiro de Goián para amosar a súa disconformidade porque non se lles teña en conta á hora de tomar decisións sobre o río Miño, cando é un medio que lles atañe. Amais queren expresar deste xeito o seu malestar polo que consideran “unha persecución” que están a sufrir por parte da Policía Marítima de Portugal. Así o explicaba Samuel Martínez Otero, presidente da Asociación de Pescadores do río Miño, na Radio Municipal de Tui. Unha serie de feitos foron os que colmaron o vaso da súa paciencia, xa que consideran que ao ser unha parte implicada no río Miño se lles debe ter en conta e escoitar cando se toman decisións sobre o mesmo coma por exemplo a continuidade da tela para a pesca do meixón que se está a estudar. A isto engaden os problemas que están a ter coa Policía Marítima Portuguesa que está a facer unha “persecución” das embarcacións españolas. A Policía Marítima Portuguesa está a comprobar as artes de pesca que leva cada embarcación, non permitíndolles levar máis dunha e incautándose daquelas que superen esta cifra. Para recuperalas os pescadores contan coa mediación da Comandancia Naval do Miño. Na mobilización do sábado día 13 agardan reunir a 250 embarcacións para amosar que lles preocupa o Miño.
Mércores, 20 de xaneiro de 2010 As mocidades do BNG chaman ao estudantado a secundar a folga xeral no ensino e anuncian que “a loita contra o decreto só rematará cando a Xunta o retire” “Este decreto é unha burla ao pobo galego” así cualificou Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova o decreto do galego impulsado polo PP na Xunta de Galicia. “Na actualidade aproximadamente un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego e continúa decaendo o número de falantes de galego entre as xeracións máis novas. A este estado de saúde de por si preocupante únese un elemento aínda máis grave: as medidas regresivas do actual goberno do PP dende os primeiros días da lexislatura no ámbito da lingua, como este decreto”. Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, denuncia a pretensión por parte do goberno galego do PP de aprobar un decreto sobre o uso do galego no ensino que é un claro ataque á nosa lingua. Segundo Iria Aboi, “este disparate bautízase como decreto do plurilinguísmo coa intención de tentar confundir á opinión pública con falacias como a implantación do inglés, co único obxecto de darlle unha navallada de morte ao galego reducindo a súa presenza no ensino do 50% ao 30%. Iria Aboi advertiu que “a loita contra o decreto só vai rematar cando a Xunta de Galicia o retire” porque o que está en xogo é se o galego ten dereitos como lingua propia de Galicia ou non. A xente nova está comprometida co futuro da lingua galega, só precisamos tranformar esa defensa do idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, en mobilización e resposta social en favor daquilo que nos une e identifica e nos sitúa a galegas e galegos no mundo, en igualdade con outros pobos: a nosa lingua”. As mocidades do BNG non ficarán pasivas perante un goberno que incumpre coa responsabilidade que ten co idioma galego, que debería protexer e fomentar. A responsábel de lingua de Galiza Nova, Noa Presas, declara tamén: “Galiza Nova estase a implicar activamente na mobilización do estudantado cara a folga do día 21 convocada por Queremos galego, trasladando en reunións de delegados e delegadas nos centros de ensino a demanda que aparece no lema do noso material “Nas aulas da Galiza, Queremos Galego””. Galiza Nova agarda que a mobilización do día 21 sexa un éxito e animaron ás mozas e mozos a que ademais de apoiar a folga acudan á manifestación a Compostela. O Responsábel Comarcal, Xosué Campos apuntou que Galiza Nova na comarca está a manter actos nos institutos da zona a fin de explicar as motivacións da folga. Para isto celebráronse asembleas con delegados ou xuntanzas no IES San PAio de Tui e no IES da Sagriña. O Responsábel Comarcal sinalou que as previsións que se manexan na comarca son boas, aínda que se sigue traballando para que a folga sexa masiva. O responsábel comarcal volveu facer un chamamento á mocidade da comarca para que se sume a Queremos Galego e recordou que existen autobuses para trasladarse a Santiago dende O Baixo Miño cos seguintes horarios: ás 9:00h, saída da Alameda da Guard; 9.15h. Parada de autobuses de Goián; 9.20h. Instituto de Tomiño e 9.35h. Corredoira de Tui. Os que o desexen pódense anotar no teléfono: 679 986 290.
Martes, 19 de xaneiro de 2010 O Plan Provincial de Cooperación destina más de 388.000 euros á comarca do Baixo Miño Os concellos das comarcas de Baixo Miño e Val Miñor disporán dun orzamento de 627.369 euros do Plan Provincial de Cooperación (PPC) que xestiona a Deputación de Pontevedra en 2010. Esta liña de axudas, que se aprobará no vindeiro pleno provincial do mes de febreiro, está cofinanciada polo propio ente provincial, polos concellos beneficiarios e por achegas económicas do Ministerio de Administracións Públicas, que este ano 2010, indican desde a Deputación provincial, recortou sensiblemente as súas axudas: 168.000 euros menos que en 2009. Os concellos do Baixo Miño recibirán, as seguintes cantidades: A Guarda, 62.297,03 euros; Oia, 66.348,80 euros; O Rosal, 60.839,53 euros; Tomiño, 98.119,93 euros, e Tui, 94.660,77 euros. O PPC diríxese a calquera tipo de obra de competencia municipal nos concellos de menos de 50.000 habitantes, e a Deputación distribúe os fondos existentes empregando como criterio obxectivo unha porcentaxe do 60% para o peso poboacional do municipio e do 40% para o criterio de superficie. Ademais o Plan Provincial de Cooperación conta, para toda a provincia, cunha partida engadida de 1,4 millóns de euros para acometer obras nas estradas de titularidade provincial que executa directamente a Deputación de Pontevedra en colaboración co MAP, a partes iguais. As obras do PPC irán dirixidas, nos municipios con máis de 5.000 habitantes, a parques e bibliotecas públicas, mercados e tratamentos de residuos; e en áreas de máis de 20.000 habitantes para protección civil, prevención e extinción de incendios, instalacións deportivas e servizos. Non obstante, hai actuacións que se poden realizar a través deste programa en todos os municipios como alumeado público, cemiterios, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga potable, sumidoiros e pavimentación de vías públicas. As obras incluídas nestes plans selecciónanse a partir das propostas formuladas polos concellos, que teñen de prazo ata o 30 de xaneiro para presentalas, delegando a Deputación nos respectivos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras.
Xoves, 14 de xaneiro de 2010 O martes recolléronse 58,8l/m2 no Aloia e 32,8 en Oia O pasado martes recolléronse 58,8 l/m2 na estación meteorolóxica do Parque Natural do Monte Aloia. Está é a terceira cifra máis alta de choiva recollida dende o pasado mes de outubro. O día de máis choiva foi o 5 de decembro con 89,9 l/m2, seguido do 5 de outubro con 60,6 l/m2. Mentres en cuarto lugar en litros recollidos está o 15 de novembro con 57 litros por metro cadrado. Na outra estación meteorolóxica da comarca situada en Castro Vicaludo en Oia o martes recolléronse 32,8 l/m2. Neste caso esta é a cuarta cifra máis alta de choiva dende o 1 de outubro. O día que rexistra a cifra máis alta en Oia foi o 5 de decembro con 52,9 l/m2, seguido do 5 de outubro con 44,3l/m2 e en terceiro lugar 35,6 l/m2.
Sábado, 9 de xaneiro de 2010 Turismo Rías Baixas realizará a presentación de 25 eventos da provincia de Pontevedra en Fitur Turismo Rías Baixas difundirá 25 eventos da provincia de Pontevedra na Feira Internacional de Turismo Fitur que se celebrará en Madrid entre o 20 e 25 de xaneiro. Segundo informou o responsable do organismo autónomo dependente da Deputación, José Manuel Figueroa. Polo que respecta á comarca do Baixo Miño, no stand de Turismo Rías Baixas estarán presentes, entre outras referencias, o Camiño Portugués pola Costa, a Feira do Viño do Rosal e a Rosca de Xema de A Guarda.
Venres, 8 de xaneiro de 2010 Exposicións no Baixo Miño As exposicións que se pode visitar na comarca do Baixo Miño agora mesmo son, en Tui, hoxe é o último día para disfrutar na Sala de Exposicións Municipal da Área Panorámica da mostra de pintura de Nuria Figueiredo e ata ata o 24 está aberta na Galería de Arte “Trisquel e Medulio”, na rúa Antero Rubín, a Exposición Colectiva de Nadal que se pode visitar de luns a venres de 17 a 21h, e sábados de 11 a 14 e de 18 a 21h. En Tomiño, na Casa de Cultura, permanece aberta até o domingo a exposición do I Concurso de Beléns. Por último pecha na Galería Arte Bronce da Guarda a Exposición colectiva e fondo de obra. |
|
|