|
|
Xoves, 29 de xullo de 2010 “IV Festa Gastronómica do Caramuxo” e Festas Patronais de Pedornes 2010 A Asociación de Veciños “A Muruxeira” de Pedornes (Oia) organiza a IV Festa Gastronómica do Caramuxo (Mincha ou Bígaro), coa colaboración da Asociación Cultural “San Mamed”, do concello de Oia, e dos veciños de Pedornes. Esta festa celebrarase os vindeiros días 31 de xullo e 1 de agosto, a partir das 12 da mañá no terreiro e no Centro Cultural de Pedornes (praza do Calvario). Nela preténdese dar a coñecer un produto típico da nosa comarca e de exquisito paladar, que foi tradicionalmente consumido pola xente das poboacións ribeireñas. Os caramuxos poderanse degustar cocidos, en empanada ou nun arroz mariñeiro. Ademais, tódolos asistentes poderán degustar “Polbo a Feira”, empanada de polbo, zorza, luras ou chocos á prancha a prezos populares, nas mesas instaladas para tal fin baixo unha gran carpa, habendo tamén un servizo de cantina que funcionará os dous días. Este ano tamén haberá doces para a sobremesa. O sábado día 31 de xullo, a partir das 20.00 horas a festa estará animada polo Grupo “Os Beiramiño” de Tomiño. O domingo, día 1 de agosto, a partir das 13.00 horas actuará o Grupo “Airiños do Tamuxe” de Loureza (Oia). E durante os dous días actuarán o grupo “A Muruxeira” de Pedornes. As festas de Pedornes rematarán o sábado día 7 de Agosto honrando ao seu patrón “San Mamed” cos actos e actividades organizadas pola Asociación Cultural “San Mamed”. Cun programa que se inciiará ás10.00 horas co percorrido polas rúas do pobo da Banda de Música Municipal de Redondela; ás 12.30 horas, Misa solemne cantada polo Grupo Anduriña de Baiona; ás 20.30 horas, Concerto da Banda de Música Municipal de Redondela, e ás 22.00 horas gran verbena a cargo dos grupos Chévere e Acirema.
Mércores, 14 de xullo de 2010 A Consellería de Medio Ambiente destina preto de 92.000 euros para arranxar a estrada Vigo-Tui, no concello de Oia, en Pontevedra A Xunta de Galicia destina preto de 92.000 euros para levar a cabo a reposición do asfaltado e execución de beirarrúas con pavimento na estrada Vigo-Tui (PO-552), no concello de Oia. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, asinaron onte á mañá en Santiago o acordo de colaboración técnico-financeira para o arranxo da estrada que vai de Vigo a Tui, no seu paso polo concello de Oia. O Goberno galego, a través da Dirección Xeral de Infraestruturas, achega un importe de preto de 92.000 euros para a execución destas obras. O departamento que dirixe Agustín Hernández constatou a necesidade de levar a cabo estas reformas para a mellora da seguridade viaria e por acreditar razóns de interese público. As actuacións previstas de reposición do asfaltado e construción de beirarrúas con pavimento efectuaranse na estrada Vigo- Tui (PO-552), concretamente no punto quilométrico 33,600.
Luns, 12 de xullo de 2010 6ª Romería do Monte da Virxe da Magdalena (Monte da Pedrada)
Parroquias de Barrantes, Burgueira e Tomiño
17 e 18 de Xullo do 2010
PROGRAMA:
SABADO 17: Serán Monte Pedrada a partir das 21.00 horas. Gran sardiñada e empanadas “Precios Populares”.
DOMINGO 18: A partir das 10.30 horas. Poderá degustarse a precios populares Polbo á Feira, Carne ao Caldeiro, empanadas, etc. Gran Carpa con mesas e cadeiras. As 12.30 horas, Misa Solemne con Procesión acompañada polos Grupos “Os Beiramiño”, “Airiños do Tamuxe” e Escola de música de Acordeóns da Comunidade de Montes da Parroquia de Tomiño, música todo o día.
Anímate e vén ao Monte da Pedrada e participa nunha romería distinta con unhas vistas excepcionais a 519 m de altitude sobre o nivel do mar.
Organizan: Comunidade de Montes de Barrantes (Tomiño). Comunidade de Montes de Burgueira (Santa María de Oia). Comunidade de Montes de Tomiño.
Colaboran: Concello de Tomiño Concello de Oia.
Martes, 6 de xullo de 2010 A Xunta concede unha motobomba ao concello de Oia para previr e controlar os incencios forestais O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, firmou onte a tarde co alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, a concesión dunha motobomba para este municipio. No acto, celebrado na casa consistorial de Oia tamén estiveron presentes o xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti Enrique, o xefe do servizo de prevención de incendios forestais, Manuel Francisco Gutiérrez, o xefe en funcións do servizo de montes, Guillermo Vega e o xefe do distrito forestal de Vigo-Baixo Miño, Fernando Castro Hernández. Tal e como recordou durante o acto Cores Tourís, o concello de Oia, da man do seu alcalde, Alejandro Rodríguez Rodríguez, solicitou á Consellería de Medio Rural a cesión dunha motobomba comprometéndose así a colaborar na loita activa contra os incendios. Dita concesión é froito do PLADIGA (Plan de Loita Contra os Incendios Forestais de Galicia) que recolle os medios humanos e materiais necesarios para a loita contra o lume, así como a súa distribución territorial e o procedemento operativo a seguir segundo o risco de lumes. Os obxectivos de PLADIGA son a redución da superficie queimada por lume, a defensa das masas arborizadas ou a defensa dos espazos protexidos entre outros moitos. “A Xunta é consciente de que para levar a cabo esta labor os concellos precisan de medios de defensa e extinción de incendios forestais dos que carecen e, por iso, estamos hoxe aquí, renovando este importante convenio, co obxectivo de colaborar activamente coas entidades locais para a prevención e extinción de incendios, mediante o préstamo de bens materiais”, explicou o delegado territorial. O distrito Vigo-Baixo Miño conta cunha superficie de 93.595 hectáreas, das que máis da metade son superficie forestal, "concretamente 60.500", segundo avanzou José Manuel Cores Tourís. "Esto demostra o carácter principalmente forestal deste distrito que conta con persoal estable conformado por un xefe de distrito, tres técnicos, 25 axentes forestais e seis traballadores administrativos". Ademais, tamén traballan neste distrito unha equipa que realiza traballos preventivos e de extinción e que se atopa conformada por oito brigadas e dez condutores motobombas que contan con once camións que traballan practicamente todo o ano. Tamén contan con dúas casetas de vixilancia en Oia con dous vixiantes fixos. "Estas dúas casetas se atopan en Burgueira e Mougas", explicou o delegado territorial. Tal e como engadiu o responsable da Delegación Territorial, "a cesión do vehículo implica a incorporación activa dentro do dispositivo de extinción do Distrito en aras de dar un servizo máis rápido e eficaz na prevención e extinción dos lumes nos montes desta comarca". Así, Cores Tourís valorou "moi positivamente" o paso dado polo concello de Oia de entrar na programación do operativo de incendios "como fan moitas outras entidades locais". Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén aproveitou esta visita para coñecer as obras que se están a realizar neste concello con cargo á Consellería de Medio Rural de cara a previr incendios forestais. Neste ámbito, estase a executar un nivel de obra preventiva e inversora na comarca do Baixo Miño cun investimento de 521.218,49 euros, repartida en 65,3 quilómetros para a mellora de pistas forestais, tratamento de biomasa en laterais destas estradas (281,80 hectáreas) e a creación de dous puntos de auga novos. En concreto, no concello de OiA investiranse 135.203,96 euros realizando unha mellora de pista forestal ao longo de case cinco quilómetros, desbrozándose a área de cortafogos manual que ocupa 40,90 hectáreas así como na área de cortafogos mecanizada (48 hectáreas) e na faixa auxiliar mecanizada que supón outras cinco hectáreas. O delegado territorial destacou “a necesidade de dotar ós concellos galegos dos recursos necesarios para a prevención dos incendios forestais na época estival, esperando que sirvan para rebaixar as hectáreas de solo galego ardido nos últimos anos”.
Luns, 5 de xullo de 2010 A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordena a demolición dunha estrutura de formigón, en Oia A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordenou a demolición dunha estrutura de formigón, no concello pontevedrés de Oia. A estrutura atopábase nunha zona de protección do Dominio Público Marítimo Terrestre, polo que incorría nunha infracción en materia de protección de Costas. A primeira resolución ditada efectuouse no ano 2007 a través da Delegación Provincial de Pontevedra. Esta resolución foi ratificada polo secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes un ano despois. Finalmente, o responsable da construción procedeu de forma voluntaria á súa demolición, tres anos despois da resolución ditada pola APLU en primeira instancia; polo que non foi preciso impoñer ningunha multa coercitiva. Ordenación urbanística A Xunta de Galicia está a impulsar o traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e continuará a facelo no futuro, consciente do importante papel que desempeña na ordenación urbanística da comunidade. A Axencia debe ser un elemento ao servizo da legalidade urbanística, pero tamén de leal e estreita colaboración cos concellos que a conforman e tamén co resto dos municipios da comunidade autónoma. Con esas prioridades vén traballando a Xunta de Galicia, que considera a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística unha peza clave para o desenvolvemento da ordenación territorial e dunha adecuada planificación urbanística.
Martes, 22 de xuño de 2010 Cruz Vermella pon en marcha un taller de ximnasia para persoas maiores en Mougás-Oia A Asemblea Local de Cruz Vermella Baixo Miño pon en marcha un novo proxecto, de carácter gratuíto, que co título “Ponte en forma! Actívense!”, vai dirixido ás persoas maiores de Oia e arredores que desexen practicar exercicio. As sesións durarán unha hora e media (10.30 a 12.00 horas) e realizaranse os martes no centro cultural de Mougás, comenzando estas actividades o 6 de xullo e rematando o 31 de Agosto. As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de Cruz Vermella da Guarda ou nos Servicios Socias do Concello de Oia. As prazas serán outorgadas por riguroso orden de inscripción. Este proxecto busca proporcionar ás persoas maiores actividades, exercicios, dinámicas e xogos que faciliten un benestar corporal e mental, mellorando a súa calidade de vida. Entre os seus obxectivos están o facilitar o intercambio de coñecementos, promover as relacións interpersoais e potenciar a autoconfianza e a autoestima, que a cotío se ven afectadas nestas idades. Para máis información ou inscricións as persoas interesadas poden dirixirse á Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño, rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo, A Guarda, ou chamar ao teléfono 986 61 46 09 / 606 34 84 71.
Martes, 15 de xuño de 2010 Cores Tourís anuncia en Oia as obras das beirarrúas, o arranxo das pistas de parapente e o ensanche de dous pontóns O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na tarde de onte o concello de Oia para anunciar ao alcalde, Alejandro Rodríguez, a execución de varias obras tanto de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas como de Medio Rural que se executarán en breve dende a Delegación Territorial. Durante a visita, o delegado territorial estivo acompañado do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal. Cores Tourís transmitiulle a Alejandro Rodríguez o investimento de 345.000 euros para a mellora e ancheamento de catro pontóns na PO-354, dous deles correspondentes ao concello de Oia e outros dous ao de O Rosal. “O obxectivo é inicialas canto antes para aproveitar o bo tempo do verán”. O obxectivo destes traballos será o ensanche da plataforma da calzada para que pase a ter 8 metros, “e deste xeito poñer fin aos problemas de tráfico xa que esta estrada ten moito volume de vehículos e xéranse constantes atascos xa que non caben dous coches á vez por estos pontóns”, explicou Cores Tourís. A maiores, tamén anunciou o delegado territorial a contratación inmediata da construción das beirarrúas situadas en Santa María. “Trátase de dous tramos cunha lonxitude global de 400 metros en Riña e Vista Alegre, na PO-552. Nestes intres atópase na fase de licitación”, engadiu Tourís. Ademais, dende a Xefatura de Medio Rural estase a elaborar o proxecto de arranxo das pistas de parapente. “Contamos xa con tódolos permisos é só falta rematar o proxecto”, explicou o alcalde da vila. Neste mesmo sentido, tamén destacou o delegado territorial a aportación dun coche bomba para loitar contra os incendios. “O convenio xa está redactado é só falta a firma. Sabemos que Oia é unha zona quente en relación cos fogos e por eso, ao igual que ocorre en Agolada, necesita un coche destas características”. Alejandro Rodríguez aproveitou a visita para solicitar que a Consellería de Sanidade se faga cargo dos gastos de mantemento do centro de saúde mentres se constrúe o novo edificio que será licitado en breve, segundo avanzou Cores Tourís. “Trasladareille esta solicitude á Conselleira e non creo que atopemos problemas para manter o centro durante o tempo que se tarde na execución do novo”. Finalmente, tamén avanzou o alcalde da vila que en breve o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acudirá a Oia para avanzarlle os detalles sobre o proxecto da futura traída municipal. “O PXOM esíxenos que contemos con esa traída por iso é tan importante que se de un impulso á mesma dende a Consellería”.
Martes, 8 de xuño de 2010 Medio ambiente investirá case 215 mil euros nunha actuacións hidráulica en Oia A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar unha actuacións en materia hidráulica no Concello de Oia por un importe que ascende a 216.695euros. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financiará a posta en marcha de obras de saneamento e abastecemento, así como de mellora das estacións de tratamento de augas pluviais neste Concello O principal obxectivo destas obras é, no caso das obras de Oia, eliminar as verteduras de augas residuais ao mar dende os núcleos que se atopan no borde do litoral. En canto ao inicio das obras destas actuacións, en Oia serán ao longo do mes de agosto As obras na rede de saneamento nas proximidades da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia foron adxudicadas á empresa Agrupconsa, S.L, que ten un período de catro meses para a execución das obras. Esta actuación hidráulica ten por obxecto dotar de saneamento ás vivendas de recente construción situadas ao longo da estrada PO-552, que veñen vertendo augas residuais ao mar pola inexistencia dun colector que chegase ata esa zona e, en definitiva, preténdese dar servizo aos núcleos que se atopan no borde do litoral. A obra consistirá na instalación de dous novos colectores que terán unha lonxitude de 602,5 metros de lonxitude e 315 mm de diámetro cada un. Estes colectores conectarán coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Pedornes. Será preciso, tamén, instalar dúas cámaras de bombeo con capacidade para depurar 126 metros cúbicos de auga por hora. Esta actuación está prevista no Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015 que establece que os núcleos de máis de 100 habitantes deben dispoñer dun sistema adecuado de saneamento que estableza as condicións básicas para o desenvolvemento territorial deste.
Martes, 11 de maio de 2010 Curso de secretario/a O Concello de Oia vai impartir o curso de formación para o emprego de Secretario/a a través das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas (AFD). Este curso, subvencionado pola Consellería de Traballo, ten unha duración de 910 horas e é requisito mínimo de acceso estar en posesión do título de bacharelato ou FP1, rama administrativa. Para máis información as persoas interesadas poden pórse en contacto coa AEDL (Raquel) do Concello no teléfono 986 362 125.
Xoves, 6 de maio de 2010 O BNG esixe explicacións á Xunta pola desfeita de xacementos arqueolóxicos en Oia A deputada do BNG, Carme Adán, presentou diversas iniciativas no Parlamento Galego nas que lle esixe explicacións á Xunta de Galicia pola desfeita de xacementos arqueolóxicos en Oia, no lugar do Alto do Sobral e na parte sur de Boaventura e O Lombo Ancho. Carme Adán lembra que nese lugar había un xacemento catalogado coa clave GA 36036154 co nome de Petróglifo de Mouta e tamén un xacemento con abundante material romando catalogado coa clave ACH36036008. Porén, a deputada do BNG denuncia que unha empresa privada á que a comunidade de Montes de San Pedro da Burgueira lle cedeu os terreos “estragou totalmente estes xacementos para facer unha plantación de kiwi, coa conivencia do alcalde”. En concreto, o alcalde obviou as dúas ordes de paralización e mesmo asegurou en declaracións posteriores á prensa que “o único que pode paralizar as obras é o alcalde e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser un obstáculo para que se poida producir ou non”. Pola súa parte, o tenente alcalde, que tamén é presidente da Comunidade de Montes da Burgueira, vixilante da torreta da Madanela e concelleiro de urbanismo “comunicoulle el mesmo á empresa a existencia dos xacementos e o que fixo foi acelerar as obras; aplanando o lugar do xacemento romano e destruíndo totalmente o petróglifo”. Responsabilidades da Xunta de Galiza Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle á Xunta de Galiza se coñece que o alcalde non paralizou as obras a pesar de dous avisos; de que tamén dubida publicamente de que existan xacementos arqueolóxicos e de que mesmo ameaza con denunciar ás persoas e colectivos que, como o Instituto de Estudos Miñoranos, así o veñen demostrando. Ademais, pregúntalla á Xunta se a parcela ten todos os permisos pertinentes e conta co estudo de impacto ambiental necesario para facer a plantación de kiwis. Carme Adán tamén pregunta se a Xunta coñece que un funcionario seu tendo coñecemento do problema sen embargo non tomou as medidas pertinentes. Iniciativa para que a Xunta faga unha escavación arqueolóxica e realice unha nova catalogación dos xacementos na Serra da Groba Por outra parte, a parlamentaria nacionalista tamén presentou unha proposición non de lei na que lle demanda á Xunta de Galiza que “realice a escavación arqueolóxica no xacemento romano, que ocupa varios centos de metros cadrados e todo indica a existencia dun asentamento agrogandeiro ou vinculado á riqueza aurífera das serras da Groba e do Argalo hai uns 1.800 anos”. Asemade, a iniciativa do BNG insta á Xunta a “realizar unha nova catalogación arqueolóxica na Serra da Groba, onde hai máis de 100 xacementos sen catalogar”.
Mércores, 7 de abril de 2010 Rafael Louzán reúnese coa Xunta local de Oia para coñecer de preto o seu funcionamento e as súas necesidades Coñecer de preto o funcionamento e as necesidades das distintas agrupacións locais do PP na provincia, escoitar as súas suxestións e demandas e intercambiar opinións sobre o día a día do partido é o obxecto das xuntanzas que a dirección provincial do PP en Pontevedra vén mantendo desde inicios de ano cos membros desta formación política en todos e cada un dos concellos da provincia. Nesta ocasión, serán os populares de Oia os que reciban a visita do presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán; da secretaria xeral desta formación, Begoña Estévez; e do secretario de Organización, José Juan Durán, nun encontro que terá lugar ás 21.30 horas no restaurante Roca Brava. O contacto permanente coas bases do partido e cos representantes locais debe ser sempre, segundo o presidente provincial, “un dos principios básicos para manter a viveza e a unidade que caracteriza ao PP e que sería imposible sen a fortaleza que lle dá a súa estrutura municipal”. Para a dirección provincial, as agrupacións locais desempeñan un “papel primordial” tanto na difusión das ideas e principios dos populares como, sobre todo, achegando ao partido as demandas dos habitantes de cada municipio e actuando como verdadeiros executores do proxecto político do PP. Na xuntanza de hoxe coa Xunta Local de Oia, que preside Alejandro Rodríguez, o presidente provincial e os demais membros da dirección provincial terán ocasión de escoitar as inquedanzas dos populares nesta localidade, onde o PP adoita acadar uns resultados moi satisfactorios. De feito, nas últimas catro citas electorais, máis da metade dos votantes de Oia deron o seu apoio ao PP, que pasou do 50% das municipais de 2007, ao 56% e o 58% nas autonómicas e europeas de 2009, respectivamente.
Luns, 29 de marzo de 2010 Cores Tourís coñece o proxecto de reforma e mellora do Alto da Magdalena no concello de Oia O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Oia para coñecer o proxecto de reforma e mellora do alto da Magdalena (A Pedrada) onde se pretende executar unha zona de esparcimento. O alcalde do municipio, Alejandro Rodríguez trasladou ao delegado territorial a solicitude de mellora deste entorno que terá un custo duns 50.000 euros. “O concello presentará o proxecto de reforma desta área recreativa á Consellería de Medio Rural, xa que o noso obxectivo é que poida contar cun pozo de barrena para que recollan auga as motobombas de cara a loitar contra os fogos”, engadiu o rexedor. O concello tamén pretende dotar a esa zona de diversos servizos como varanda de madeira para o mirador ou mesas que permitan mellorar la celebración da romería que celebran neste entorno tres comunidade de montes dos concellos de Tomiño e Oia. Por outra banda, o concello de Oia tamén lle presentou ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra un proxecto para o acondicionamento das pistas do monte Pedornes. “Trátase dun lugar onde diaramente transitan numerosas personas, en especial, os amantes do parapente, polo que consideramos que é necesario mellorar o acceso a esta zona”, explicou o rexedor. Neste caso a axuda que solicitará o concello do Baixo Miño á Consellería de Medio Rural será de 24.000 euros para actuar sobre catro quilómetros. José Manuel Cores Tourís comprometeuse a trasladar estas peticións aos departamentos correspondentes da Xunta de Galicia unha vez que o municipio entregue cadanseu proxecto.
Venres, 26 de marzo de 2010 Cores Tourís visita Oia para recoller varias demandas do municipio en relación a beirarrúas e mellora de pontóns O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Oia onde recolleu a solicitude do alcalde da vila, Alejandro Rodríguez, en relación coa construción das beirarrúas dos lugares de A Riña e Vistalegre. Trátase dunha actuación en cerca de 400 metros lineais na PO-552 nos que se construirán as beirarrúas, instalaranse pluviais e tamén alumeado. “O saneamento non será necesario instalalo xa que na actualidade xa existe nestes puntos”, asegurou Cores Tourís. O delegado territorial estivo acompañado nesta visita polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal, quen engadiu que “no proxecto incluiranse aparcamentos naqueles puntos nos que sexa posible a súa inclusión así como se manterá a actual parada de autobús”. Estas obras serán incluídas no plan de inversión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o seu orzamento rondará os 250.000 euros. A maiores, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén tivo oportunidade de recoñecer sobre o terreo o estado de dous pontóns de moi estreito ancho situados nas parroquias de Loureza e Fornelos. “Trátase de dous pontóns moi estreitos situados na PO-354 que necesitan dunha ampliación urxente xa que se producen continuos colapsos cando teñen que ser atravesados por autobuses ou camións”, explicou Alejandro Rodríguez. “Agora o concello enviará a Delegación Territorial o proxecto de obra para que sexa remitida canto antes á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a súa aprobación”, concluíu o rexedor quen agradeceu o interese de José Manuel Cores Tourís pola situación desta estrada así como pola visita realizada hoxe ao municipio do Baixo Miño.
Sábado, 20 de marzo de 2010 Finou o ex alcalde de Oia, Álvaro Miniño Álvaro Miniño, alcalde que foi de Santa María de Oia desde 1978 a 2003, finou onte inesperadamente no seu domicilio. O concello oiense emitiu unha declaración institucional asinada polo rexidor Leandro Martínez, e decretou dous días de loito polo que as bandeiras ondean a media asta nos edificios públicos. O velatorio do cadáver está no Tanatorio Val Miñor-Sabarís e o enterro será hoxe, 20 de marzo, saíndo o cortexo fúnevre ás 19.30 horas do Tanatorio á igrexa parroquial de Santa Uxía de Mougás, onde ás 20.00 horas se oficiará unha misa polo seu eterno descanso. O luns, día 22, ás 17.30 horas oficiarase o funeral.
Declaración de Leandro Martínez, alcalde de Oia, no pasamento de Álvaro Miniño Martínez D. Álvaro Miniño Rodríguez, comenzó su actividad política en 1976 ejerciendo como teniente de alcalde en el ayuntamiento de Oia. A principios de 1978 entró como alcalde cuando dejó de serlo el anterior, D. Manuel García Vázquez. Ganó las primeras elecciones locales democráticas celebradas en 1979, siendo alcalde de este ayuntamiento de Oia hasta el 15 de junio de 2003. Debo decir que no lo tuvo fácil, sin embargo, quiero destacar el trabajo realizado con un esfuerzo descomunal por su parte en la consecución de objetivos que irían en beneficio de la ciudadanía. Pongo por ejemplos: los miles de metros cúbicos de hormigón que empleó en las decenas de caminos que discurren por nuestras parroquias, ya que los pocos vehículos que había en aquel momento no llegaban a sus casas. El alumbrado público de todo el municipio que supo gestionar con las Comunidades de Montes y la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Recuerdo la gestión que realizó durante largo tiempo con Teléfonica para conseguir lo primeros teléfonos públicos, colocando uno por parroquia y barrio. Recuerdo también cuando consiguió instalar la farmacia en un local municipal donde hoy se ubica la Guardería Municipal, rebosante de alegría, pues consiguió que nuestros vecinos no tuvieran que desplazarse a A Guarda o a Baiona para la adquisición de fármacos. Puedo también destacar el asfaltado de cientos de km de pistas enlazando y comunicando así nuestras parroquias y barrios. Otro de sus logros fue la construcción de varios depósitos de agua potable y la ayuda económica para las traídas vecinales. Recuerdo también la gestión realizada para la ubicación de los postes de Televisión, tanto públicos como privados. Así mismo, la construcción de campos de fútbol, el Colegio Público de Refoxos-Loureza y otras innumerables obras que nos llevarían mucho tiempo describir. Sin duda, a lo largo de estos 25 años de su vida dedicados al ejercicio público, pudo cometer errores, como cometemos cualquier ser humano, pero sí he de destacar que puesta su gestión en una balanza pesan muchísimo más sus aciertos. Manifiesto también que a lo largo de este tiempo, tuvo que enfrentarse a la toma de decisiones que a ningún alcalde le gusta tomar cuando éstas van en contra de algún vecino. Debemos entender que cuando asumimos la responsabilidad de ejercer como cargo público conlleva obligatoriamente el cumplimiento de la ley. Me permito en su nombre pedir las disculpas correspondientes por alguna agria acción que tuvo que llevar a cabo en su gestión durante su larga trayectoria. Finalmente, quiero desde aquí reivindicar su figura. Puedo dar fe de que trabajo siempre con la mayor intensidad buscando lo mejor para el municipio de Oia. Que conseguirlo fuera o no posible no fue culpa suya sino de las circunstancias políticas y conómicas del momento. Y pasando al campo personal quiero transmitir a su familia nuestro sentimiento de solidaridad y cercanía, y solicito que tengamos hacia quien fue nuestro alcalde durante más de 25 años un recuerdo cariñoso y agradable, pues ha dedicado miles de horas al servicio de los vecinos de Oia. Informarles también que he decretado luto oficial en el Ayuntamiento de Oia durante dos días, lo que conllevará la colocación de banderas a media asta con su correspondiente crespón en señal de duelo y respeto por don Álvaro Miniño Rodríguez. Descanse en paz.
Sábado, 13 de marzo de 2010 Medio Ambiente investirá 250 mil € Oia para eliminar as verteduras de augas residuais ao mar dende os núcleos que se atopan no borde do litoral
O Consello da Xunta aprobou a colaboración técnico- financeira entre a
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o concello de Oia,
en Pontevedra, para levar a cabo a execución da rede de saneamento nas
proximidades da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia. O
departamento de Agustín Hernández, fará unha achega de 251.538 nunha soa partida
neste 2010, para financiar a instalación da nova rede de saneamento. A obra consistirá na instalación de dous novos colectores que terán unha lonxitude de 602,5 metros de lonxitude e 315 mm de diámetro cada un. Estes colectores conectarán coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Pedornes. Será preciso, tamén, instalar dúas cámaras de bombeo con capacidade para depurar 126 metros cúbicos de auga por hora. O concello de Oia comprométese a poñer á disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para a construción da rede de saneamento libres de gravames, asumir as tarefas de mantemento e conservación da instalación e a actualización das tarifas de impostos derivadas da subministración do servizo. A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, terá por obriga executar as obras da nova instalación no prazo acordado para, posteriormente, conectalas coas EDAR de Pedornes. Esta actuación está prevista no Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015 que establece que os núcleos de máis de 100 habitantes deben dispoñer dun sistema adecuado de saneamento que estableza as condicións básicas para o desenvolvemento territorial deste. Cómpre dicir que o Concello de Oia xa empezou a avanzar na tramitación necesaria para executar esta obra, pois xa someteu este proxecto á fase de información pública durante un período de 20 días hábiles posteriores á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia; concretamente o 25 de xaneiro. Deste proceso, non resultou ningunha alegación ao proxecto.
Xoves, 11 de marzo de 2010 O Plan de Infraestruturas provincial prevé investir 775.382,70 euros no período 2009-2011en Oia A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto de construción de vestiarios e iluminación do campo de fútbol de Santa María de Oia. Esta obra terá un importe de 148.567,75 euros. Non obstante, cómpre recordar que o Plan de Infraestruturas prevé investir 775.382,70 euros no período 2009-2011 neste municipio.
Martes, 9 de febreiro de 2010 Charla sobre “Autonomía do neno-Normas e límites” no colexio “Mestre M. García” de Oia o 11 de febreiro O CEIP Mestre M. García, de Oia, informa que o vindeiro xoves, 11 de febreiro, ás cinco da tarde, e dentro do programa “En familia todos contan”, da Asociación Érguete Baixo Miño, haberá unha charla-coloquio no centro sobre “Autonomía do neno/a-Normas e límites”. Faise unha especial invitación aos pais, nais e tituores dos alumnos deste centro a que asistan a este encontro xa que a educación dos fillos é primordial, e as diferentes etapas no desenvolvemento dos nenos requiren que os responsables e auquelas persoas que teñen que ver coa formación e educación dos nenos e nenas, estean á altura das circunstancias.
Xoves. 4 de febreiro de 2010 Oia dispón xa dunha cuarta embarcación no conxunto das insculturas da Grova Cándido Verde Andrés e Fernando Javier Costas Goberna, son os autores do traballo sobre os máis recentes descubrimentos de insculturas rupestres en Oia, presentados baixo o título “Una nova embarcación na costa de Oia? A singularidade da figura dun petroglifo de Mougás e outras novidades da Grova”. Este estudo apareceu publicado no último número do Boletín do Instituto de Estudos Vigueses e nel danse a coñecer estes petroglifos descubertos nas saídas de campo que realiza habitualmente o guardés Cándido Verde Andrés. Costas Goberna, un dos especialistas galegos que máis ten estudado a arte rupestre, e que ten compartido con Verde Andrés as andainas pola serra da Grova, responsabilizouse da parte técnica e documental das gravuras, recollendo as mesmas en calcos e identificando os motivos que aparecían nas distintas estacións atopadas. Unha das máis singulares, e que converten a Oia nun caso único, é a localización dunha nova embarcación, ampliándose ata catro os gravados ata agora coñecidos con este tipo de motivos: tres nas inmediacións do río Vilar (Pedornes), e esta no Alto das Veigas, aínda que con características moi diferentes das anteriores, xa que, segundo se recolle no traballo antes mencionado, considérase un forma de balsa, cun mastro central perpendicular ao plan e coroado por unha media lúa que se interpreta como unha vela recollida, un embolsamento do aire na vela, ou unha árbore con funcións de vela. Este motivo emparéntanno os autores con embarcacións do Mediterráneo oriental baseándose en paralelismos de figuras incisas reflectidas en pezas cerámicas relacionadas coa cultura do Egeo, e mesmo con reproducións “coñecidas na segunda metade do III milenio a.C. nas embarcacións dos vasos exipcios do período Gerzean”. |
|
|