www.galiciasuroeste.info

Antonio Domínguez Pacheco

Manuela Baz Domínguez

Por José A. Uris Guisantes

Manuela Baz Domínguez e Antonio Domínguez Pacheco na fotografía oficial de casamento, cedida pola neta Mª Lucía Domínguez Costoya

-------------------

Antes de entrar a destacar o que me interesa diste guardés  vou facer unha pequena introducción sobre o contexto no que os tristes sucesos, afectaron a familia composta por Antonio Domínguez Pacheco e esposa Manuela Baz Domínguez.

Diante da barbarie e orxía de sangue, levada a cabo contra los rojos, nos primeiros meses da sublevación militar na Guarda, o medo, o terror  e a represión por parte dos militares, organizacións de extrema dereita e fascistas, fixo que moitos traballadores se alistaran na CONS (Central Obreira Nacional Sindicalista), na Falanxe Local, ou como voluntarios no fronte de guerra, integrados na Lexión ou Tercio, nas distintas Bandeiras da Falanxe Galega e na División de Voluntarios ou División Azul, que combatían no exército nazi de Hitler contra Rusia e os comunistas. Estes  voluntarios, xunto a todos aqueles mozos recrutados a forza, non tiveron mais remedio que pasarse al otro bando ou sexa ao Glorioso Movemento Nacional, se querían salvar a vida, a que ademais algúns perderon.

A oposición feroz contra todo o que significaba a república comezou no mesmo 14 de abril de 1931  e continuou crecendo días, semanas e meses despois, por iso foi aprobada a Lei  para Defensa da República (Gaceta de Madrid 28/10/1931) que de pouco serviu.

O 27 de xullo de 1936, a Falanxe local da Guarda dispuña dunha lista de persoas republicanas que debían ser presas tan pronto entraran as tropas na Vila.O lugar de reunión, de adestramento e conspiración, ata antes da sublevación militar contra a República, foi o interior do forte de Santa Cruz, onde tamén se forxara o partido único  de Unión Patriótica na ditadura de don Miguel Primo de Rivera marqués de Estella e pai do fundador de Falanxe, José Antonio Primo de Rivera.

A partir das 15 h. dese mesmo día 27 de xullo, foron casa por casa, detendo a todos aqueles que figuraban nesa lista, agás algúns que foron avisados e puideron agocharse por un tempo, pero tamén foron detidos, por denuncias dos mesmos veciños, ou porque os detiveron  in situ, caso de Manuel Noia Xil que foi denunciado por veciños da mesma rúa.

O único que puido fuxir durante tres anos foi seu irmán, Xoán Noia Xil ata que se  entregou a autoridades franquistas na Delegación de Orden Público en Vigo tres anos mais tarde.

Como digo, os presos republicanos que figuraban nesa lista feita pola Falanxe Local que presidía Manuel Franco Cadilla (o que foi superado polos acontecementos e suplantado totalmente nas actuacións directas polos membros da Escuadra del Amanecer, dirixidos dende Tui por José Mª Salgado Méndez Núñez e Miguel Saez Mon).

Os republicanos e sindicalistas guardeses presos foron levados en quendas separadas por días, para o antigo colexio dos  xesuítas portugueses no Pasaxe de Camposancos, instalacións que estaban incautadas polo Estado dende febreiro de 1932, despois de obrigar a marchar a Portugal aos xesuítas portugueses nun prazo dunha semana. Uns cantos presos (os mais significados ou dirixentes), serían levados directamente a prisión do Partido Xudicial en Tui.

Tamén varios veciños guardeses, pasados ao Bando Nacional, perderon a vida no fronte de guerra, uns cantos figuraron seus nomes nas fachadas das igrexas como mártires da Patria, outros, aínda hoxe, non apareceron nin os corpos, e outros moitos xa non puideron facer nada contra os sublevados porque xa foran pasados polas armas…, polos representantes do Glorioso Movimiento Nacional por la Gracia de Dios. Dende rapaz sempre me preguntei, …que Deus será ese que permitía matar e asasinar no seu nome?.

A verdade é que a maioría dos falecidos no fronte de guerra non tiñan nada que ver ca ideoloxía da Falanxe nin moito menos cas directrices do Exército Salvador da Patria, simplemente cando se alistaron fora para non ser represaliados[1] porque os obrigaran, ou porque mobilizaran súa Quinta uns anos antes. Uns poucos dos alistados, pasaron de ser uns conspicuos activistas políticos de esquerda a furibundos falanxistas, mais sanguinarios que os verdadeiros falanxistas.

Cinco dos presos internos na prisión provisional do Pasaxe foron tirados por falanxistas e militares os poucos días, por orden do capitán da Garda Civil, Joaquín Teresa Pomares e do tte. de Carabineiros, Salvador Buhigas Novo e asasinados ou paseados, como lles dicían os asasinos, no lugar de Paraños – A Sangriña, a poucos centos de metros da prisión. Outros serían fusilados meses mais tarde e outros mais pasarían a sufrir prisión ou irían obrigados ó fronte de guerra. 

Os primeiros cinco asasinados foron metidos nunha camioneta propiedade do industrial guardés Isaac González Costal e que conducía Oscar Rodríguez González, fillo de Manuel e Angela, con domicilio no Pasaxe de Camposancos.

Entre eses cinco asasinados estaba Antonio Domínguez Pacheco, cuñado do líder político local Juan Noia Xil. Estes que figuran abaixo foron os detidos mais salientados da lista da Falanxe local:

Ángel Domínguez Pacheco, de 35 años, pescador, fillo de José Bernardo Domínguez Lomba e María Luz Pacheco Videira, natural da Guarda, casado con Purificación González Alonso, deixou dous fillos, Olga e Senén Domínguez González.

                               […] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública.  (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña).

Xosé Bernardo e María Luz tiveron estes fillos: Manuel, Dolores, Ángel, Antonio, Jesús, Francisco e Elvira Domínguez Pacheco. 

Estes tamén estaban na listas de Falanxe:

Jesús Domínguez Pacheco (irmán dos anteriores preso e xulgado, varios anos  incluído nun Batallón de Presos Trabajadores)

José Rodríguez Rodríguez  (xulgado en condenado a prisión)

Francisco Lloret Gándara (xulgado e condenado a pena de morte, fusilado na Alameda de Tui)

Julio Saavedra Galiñanes, de 26 anos, xornaleiro, fillo de José e María, veciño de Salcidos. Libro 35. Folio 96 do Rexistro Civil. […] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública.  (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña).

 Herminio Domínguez Pérez, de 22 años, xornaleiro, fillo de Emilio e Benita, natural da Guarda. […] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública. (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña).

José  Manuel Alonso Portela (a) Mero, de 24 anos, chofer, fillo de Juan e María, veciño da Guarda. (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña).   […] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública.

Camilo Carrero Lorenzo, emigrante retornado da República Dominicana, tte. de alcalde e dirixente socialista (xulgado, condenado a pena de morte, fusilado na Alameda de Tui)

Basilio Carrero Lorenzo, propietario, presidente da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Camposancos (xulgado e condenado a 30 anos de prisión, falecido de enfermidade na Colonia Penitenciaría da illa de San Simón (Redondela)

Joaquín Rodríguez Rodríguez Capitanciño, empregado municipal (xulgado e condenado a 16 anos de prisión)

José Benito Rodríguez Rodríguez (irmán do anterior, xulgado e condenado a 16 anos de prisión, anos mais tarde aparecería degollado nas Laxes sen que a policía descubrira os asasinos, circulando a versión oficial que fuera en una pelea que ninguén creu )

Celestino Álvarez Vicente (carreteiro de Salcidos, xulgado e posto en liberdade ca obriga de presentarse no cuartel da Garda Civil un tempo)

Segundo Fernández Alonso, natural do Rosal, labrego e músico (xulgado e condenado a prisión, 16 anos)

Avelino Barbosa Pérez (ingresou voluntario no Tercio para non ser detido e xulgado por auxilio a rebelión)

Manuel Barbosa Pérez (ingresou no Tercio para non ser detido e xulgado por auxilio a rebelión, faleceu ou foi axustizado polas costas no fronte de guerra, quedou o interrogante)

Isaac Besa González Moure (xulgado e condenado a prisión, ingresado en Batallóns Disciplinarios)

Eloy González Moure (irmán do anterior, xulgado e condenado)

Juliano Díez Álvarez, carteiro e dirixente sindical (fusilado na Alameda de Tui)

Pacífico Fernández Cividanes, xastre e enfermeiro no Centro Sanitario da Guarda- Centro de Higiene Rural, (xulgado e condenado a prisión na illa de San Simón)

Brasilino Álvarez Sobrino, emigrante retornado,propietario, ex alcalde da Guarda e presidente do Partido Galeguista da Guarda (fusilado na Alameda de Tui)

José Rodríguez González. (xulgado e condenado a prisión, indultado)

Isidro Rodríguez Cividanes.

Hermelindo Martínez Martinelli  de Camposancos (xulgado e condenado a prisión)

Manuel Vicente Portela Manoto, (fusilado na Alameda de Tui) 

Areses Rodríguez.

Juan Alfonso González

Adelaido Barredo Sueiro, garda rural no Rosal  (fusilado na Alameda de Tui

E outros dos que non poño o nome porque foron postos en liberdade en poucos días.

--------------------------------

… Los autores de los asesinatos, he aquí la acusación de Hugh Thomas: […] De los que dirigían los pelotones de ejecución, unos eran simplemente jóvenes que disfrutaban matando. Otros, sin duda, creían que tenían el deber de extirpar las turbias herejías del liberalismo, el socialismo, el comunismo, el anarquismo y la masonería; y cuanto más duraba la guerra, más graves se consideraban estas ideologías[2]

Antonio Domínguez Pacheco

--------------------

Como dixen o 10 de agosto de 1936 sería asasinado - paseado  Antonio Domínguez  Pacheco de 22[3] anos, pescador, fillo de Xosé Bernardo Domínguez Lomba e María Luz Pacheco Videira, …con domicilio en La Guardia nº 9-1º[4]. (Libro 35 Páxina 96 do Rexistro Civil da Guarda) …muerto por la fuerza pública en el lugar de Paraños – Sestas, casado con Manuela Baz[5], no dejando sucesión.

Executado polo pelotón de militares e falanxistas que mandaban o capitán da Garda Civil, Joaquín Teresa Pomares e o tte. de carabineiros, Salvador Buhigas Novo.

O día 11 de agosto de 1936 foron rexistradas no Rexistro Civil da Guarda as mortes dos  republicanos paseados no día anterior que foran tirados da prisión do Pasaxe polos militares e falanxistas, este é o texto oficial: […] fuerza pública de militares y los falangistas locales..

[…] Severo Sobrino Vicente, Anselmo Fernández Estevez, Fernando Jiménez Varela (a) Fernandito,  Oscar Rodríguez González, Severino Fernández, Abd El Krim y algún otro más[6]

[…] a la media noche se personó en la casa del sepulturero Piñeiro el médico José Jurado Romero[7], obligándole a que le acompañase al cementerio para observar si alguno estaba aún con vida para rematarlo. José Jurado no pudo llevar a cabo sus satánicos propósitos, porque todos eran cádaveres. El bueno de Piñeiro, impresionadísimo por las escenas escalofriantes que estaba obligado a presenciar en esos fatídicos meses, sobrevivió poco tiempo…

Como dixen antes, todos os que interviron estaban baixo o mando do capitán da Garda Civil  Joaquín Teresa Pomares[8] e do tte. de Carabineiros, Salvador Buhigas Novo. Era xuíz no Xulgado da Guarda don Adolfo Rivas Baz[9] e Secretario, Emilio Areal Crespo.

 Manuela Baz Domínguez levaba no ventre o fillo de ambos Antonio Amado Domínguez Baz Toñito, finado no 2004.

Manuela protexida por María Álvarez Álvarez das Auroras e súa nai Aurora Álvarez Álvarez (As Auroras).

María republicana de pro que se dedicaba a ensinar as primeiras letras aos nenos/as probes da veciñanza estivo a punto de ser fusilada por roja, o final tivo que tragar aceite de rícino, rapado de pelo a cero, ca prohibición tallante de cubrie a cabeza como castigo e queima en praza pública de tódolos libros que posuía.

Manuela tamén tivo que sufrir o asasinato - paseo por parte da Falanxe de seu irmán Antonio Baz Domínguez (a) Mariana o 24 de setembro de1936  … de 38 años de edad, natural de La Guardia, vecino de Estás (Tomiño), electricista, casado con Gloria Rodríguez González de La Guardia…. Seu corpo apareceu tirado na vía pública en Xinzo (Ponteareas).

Membro da familia dos Pildiricos da Guarda.Tirado da prisión de Tui pola Falanxe Escuadra del Amanecer e executado. Deixou sete fillos, entre eles, Antonio; Mª Gloria; José Benito; Josefina; Ernesto; Avelino (a) Li e Amador Baz Rodríguez (a) Amado.

Tamén era irmán de Juan Antonio, Benito, Antonio, José Benito, Manuel, Dolores e Jesús Baz Domínguez, popularmente familia dos Pildiricos.

Contra o que  se di nos distintos informes sobre a profesión de Antonio como pescador a realidade é que seu oficio era de fogueiro nos barcos (bous) en que se enrolou movidos a vapor. Título que tirara cando serviu por súa Quinta na Mariña de Guerra.

No ano 1931, traballaba como fogueiro no buque bacallaeiro movido a vapor de nome Mistral da Pysbe (Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España SA).

A Pysbe foi fundada en 1919 por don Luís Legasse de Bigot de Pasajes e don Grandioso Celaya Zabalza de Rentería para dedicarse a pesca en xeral pero en 1927 pasan a especializarse na pesca, preparación e venta de  bacallau A sede social estaba na Avda. de la Libertad nº 12,1º (apartado de Correos nº100).

Os dous primeiros bous bacallaeiros foron construídos en Francia co nome de Alfonso XIII[10] e Euskal Erría. En 1928 encargaron outros dous bous nos estaleiros escoceses Hall Ruseell Co Ltd. (Aberdeen) de 1.200 Tb. En 1929 entraron en funcionamento o Mistral e Tramontana de 1.252 Tb. O Mistral cando en 1931 se embarcou Antonio Domínguez estaba recen botado (1929), tiña unha eslora de 64 m; manga, 10,50 m; calado 5,83 m; velocidade de 11 nus e a tripulación podía variar de 42 a 50 tripulantes.

Cando Antonio traballaba nos anos trinta como fogueiro no Mistral os buques traballaban de xeito individual (o bou) nos bancos de pesca de Groenlandia, Islandia, Terranova, Labrador, Norte de Islandia e Norte de Noruega e preto da Isla de los Osos e Mar de Barents

Na guerra civil o goberno vasco incautouse de cinco bous da empresa Pysbe para preparar bous armados co fin de defender as costas e protexer os convois de barcos mercantes que transportaban víveres, armas, carbón, pezas de recambio ect. O Mistral foi rebautizado como Guipúscoa, combatendo contra a armada franquista en distintas batallas navais ata que  28 de agosto de 1938 foxen  a Francia, desembarcando nese día no porto de Bordeos onde a Mariña francesa se incautou do barco.

En 1931 o bou fanaba no mar libre de Islandia, a 2 de maio dese ano a esposa de Antonio recibía por xiro postal 125 ptas. de salario como fogueiro e así varios meses ata que deixou o mar para tentar obter un posto en terra como direi.

Mentres Antonio estaba embarcado súa esposa Manuela estaba na casa de María e Aurora Álvarez Álvarez na praza da Constitución (logo os nacionais lle porían Plaza de España).

O 20 de maio de 1931 a esposa de Antonio recibe un telegrama do capitán do bou (a través da empresa ) comunicando que o bou cambiara de lugares de pesca, atopándose neses días pescando sen novidade preto da Isla dos Osos.

O 22 de xuño de 1931 a esposa recibe outro telegrama do capitán do Mistral comunicando que a tripulación se atopaba sen novidade pescando preto da Ila dos Osos. Lembro que  segundo os vellos mariñeiros con os que me informei Antonio Domínguez Pacheco tiña o alcume de Amuxo. E seu irmán Francisco tamén de oficio pescador era coñecido como Pixota.

O 16 de xullo de 1931 recibe un telegrama do capitán do barco (a través de Pysbe) no que comunicaban que o bou estaba en rumbo a Pasaxes desde o luns 13, esperando a chegada o porto o 24 ou 25 do mesmo. O que non sei é se unha vez descargado o bacallau os tripulantes tiñan algún tanto por cento das ganancias.

Despois de 1931 e unha vez comeza a rexer a república en España faise necesario acadar os títulos de distintos oficios para traballar en empresas.

En novembro de 1933, Antonio se dirixe por escrito ao vicealmirante xefe da Base Naval principal de Ferrol,

                                            […] Antonio Domínguez Pacheco, inscripto al folio 26/919 del Distrito de La Guardia… que en enero de 1927 fue   licenciado de la Armada, donde venía desempeñando plaza de fogonero preferente y deseando engancharse como tal en una campaña voluntaria, con arreglo a lo que determinan los reglamentos de Fogonero y de enganches… se digne acceder  a la solicitud del certificado… adjuntando certificado de antecedentes penales, de buena conducta y dos fotografías…

Sinatura de Antonio Domínguez Pacheco

Certificado de penais de Antonio Domínguez Pacheco. Cedido por Mª Lucía Domínguez Costoya.

-----------------------------

Debido a que Manuela no estaba de acordo en que navegase polo mares do Norte e menos a pesca do bacallau tentou de que deixara de ir a pesca, polo que con data 16 de setembro de 1933 Antonio dirixe escrito ao director do Centro Sanitario de Higiene Rural (Centro Sanitario) da Guarda,

[…] Antonio Domínguez Pacheco de 29 años de edad, casado, sin hijos, sabiendo leer y escribir, Suplica de Vd se digne aceptarlo como aspirante para cubrir la plaza de portero de ése Centro.No dudando de su recto criterio se dignará aceptarlo. La Guardia, 16 de septiembre de 1933. Non foi escollido e tivo que seguir como fogueiro.

Certificado de boa conduta asinado polo alcalde guardés don Antolín Silva Vicente. Copia cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.

------------------------

Non foi aceptado polo que debeu de embarcar nos barcos de pesca guardeses. Unha vez asasinado a viúva Manuela pasa a transportar e vender peixe no Berbés, pero as Auroras non a deixan seguir e pasa a coser a tea e encher de lá colchóns que vendían no establecemento que as Auroras tiñan na Praza do Relo, así como axudar na sucursal da Compañía La Fe, confeccionando o mesmo tempo ramos e coroas.   

Portada da Causa General contra  la Dominación Roja, ordenada por Decreto de 26 de abril de 1940, que se seguiu para depurar as responsabilidades delictivas que se cometeran no transcurso da guerra civil española.

[…]Que Dios guarde al Caudillo en la providencial misión que le tiene encomendada y nos depare el seguro tino con que hemos de conducirnos para que a ninguno de nosotros nos caiga de la mente el nombre y concepto de España, en cuyo honor todos sabremos ser mejores. Fdo. Eduardo Aunós[11].

Esta Causa General contra a República tiña un efecto directo sobre a cidadanía tratando de xustificar a rebelión militar contra un estado lexitimado polas urnas, como foi a Segunda República española. 

                                         […] recopiló información sobre hechos ocurridos durante la contienda en la zona republicana, fueran de individuos normales o de representantes municipales, fuerzas armadas, sindicatos o partidos políticos.

La información serviría para acusar y abrir innumerables procesos judiciales del aparato represor que acabaría con miles de españoles en la cárcel, y, además, fue utilizado para legitimar la sublevación del 18 de julio de 1936 que acabó con el gobierno republicano, sobre todo en un momento en el que el régimen de Franco sufría un acoso internacional (las potencias aliadas lo condenaron en la conferencia de Postdam de 1945 y en febrero de 1946 la ONU ventaba el ingreso de España).

En vigor hasta los años sesenta del siglo XX, Franco promulgó una ley en 1969 por la que prescribían los delitos cometidos con anterioridad al 1 de abril de 1939 Año de la Victoria.

 

En 1943 o secretario do xulgado da Guarda, Emilio Areal Crespo, oficia ao Alcalde que […] informe sobre la situación económica e social de los individuos que al margen se expresan.

Pero resulta que no propio xulgado e ademais polo mesmo secretario (que non era tolo) foran asentados no Libro de Defuncións do Rexistro Civil que el mesmo levaba, os asasinatos de varios dos que se solicitaba informe, polo que con tirar unha copia de que era inútil o informe de: Camilo Carrero Lorenzo; Basilio Carrero Lorenzo (finado no Penal da illa de San Simón de enfermidade debido as penalidades sufridas); Antonio Domínguez Pacheco; Ángel Domínguez Pacheco; Brasilino Álvarez Sobrino; Juliano Díez Álvarez; Elidio Álvarez Silva (afogado no Miño cando fuxía a Portugal) e Manuel Noya Gil.

Lugar onde están as cinzas dos irmáns Domínguez Pacheco, esposas e algún fillo, así como as Auroras  e cuñada no cemiterio de Sestas.

----------------------------------

O Director da Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela oficia ao Alcalde da Guarda comunicando a liberdade definitiva de Xesús Domínguez Pacheco irmán do asasinado Antonio, o 14 de maio de 1943.

Concepción Andrés García e Manuel Domínguez Pacheco, cuñada e irmán de Antonio.

-------------------------

María  é Aurora Álvarez Álvarez

Cédula persoal de María Álvarez Álvarez, das Auroras. Copia cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya

---------------------------- 

María Álvarez Álvarez das Auroras en 1917. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya

----------------

María das Auroras era unha muller guardesa, solteira, autodidacta, gran lectora de toda clase de libros, tamén daba clase gratuíta a nenos e nenas, de primeiras letras, escritura, facía de mediadora entre a Biblioteca Circulante e os mesmos alumnos, para que puideran ler nos fogares os libros mais axeitados a súa idade en tempo nos que non había cartos nin para comer.Todo elo sen cobrar unha peseta. O mesmo tempo xunto a súa irmán Aurora rexentaban unha sucursal da Funeraria La Fe sita na Praza da República (hoxe Praza do Relo).

María Álvarez Álvarez en 1919. Fotografía cedida por Mª Lucía  Domínguez Costoya.

---------------------

Aurora Álvarez Álvarez en 1939. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.

------------------------

Xunto a súa nai Aurora Álvarez Álvarez, e súa cuñada María González Zarandón, acubillaron no seu fogar a Manuela Baz Domínguez viúva de Antonio mais a seu fillo Antonio Amado Domínguez Baz. 

 

María González Zarandón en 1939, cuñada de Aurora Álavarez Álvarez. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.

----------------------------------

Manuela Baz Domínguez. Fotografía cedida pola neta Mª Lucía Domínguez Pacheco.

-------------------------------

Manuela figura no Rexistro Civil como María, por iso dona Josefa García Segret fala da acollida  que tivo na casa de  María . Posiblemente confundido o nome co de María das Auroras de quen era a casa e onde estaba acollida Manuela.

María das Auroras, se chamaba exactamente Mª Concepción Álvarez Álvarez, nacida o 7 de outubro de 1898, filla de Manuel e Aurora.

Foi presa nos primeiros momentos da entrada das tropas na Guarda (27 de xullo de 1936), sendo obrigada a tomar unhas racións de aceite de rícino, rapado de  pelo a cero en acto público na Praza do Relo, ca obriga de non cubrir a cabeza, co fin de que servira de mofa e escarnio como así foi. Mais tarde sería desterrada a Salvaterra.

María Concepción Álvarez Álvarez en 1926 (Marías das Auroras). Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya

---------------------

Queimaron seus libros na Praza da Constitución[12] en acto público e en presencia de militares, falanxistas mulleres das que viñan de misa, co fin de …purificar y que se alcen en las plazas públicas de todos los pueblos de la Nueva España las llamas justicieras de fogatas, que al destruír definitivamente los tóxicos del espíritu almacenados en librerías y bibliotecas, purifiquen el ambiente, librándolo de sus mismos contaminadores

 El franquismo fue un régimen represivo de exclusión ideológica y social. La represión afectó a todos los aspectos de la sociedad española durante casi cuarenta años. Aunque es más conocida la represión política por los últimos estudios sobre consejos de guerra, campos de concentración, y el sistema penitenciario, también fue destacada la represión cultural basada en la quema de publicaciones, la censura y en el control de la información[13].

La dictadura militar persiguió todo aquello que representara la Anti-España: eliminó y encarceló personas, ilegalizó organizaciones y asociaciones, destruyó publicaciones, depuró bibliotecas, y prohibió obras en un intento de borrar las ideas de los enemigos de la sociedad española. La represión cultural formó parte de la represión generalizada de los militares sublevados y fue un capítulo más de la violencia ejercida por la dictadura franquista. Había que limpiar, purificar el país de las ideas subversivas que habían adulterado las esencias españolas. Se trataba de suprimir el pensamiento de los vencidos e imponer el de los vencedores[14]

O final da súa vida e de acordo con súa nai as Auroras legaron todo o que tiñan a Manuela Baz Domínguez quen no seu día dera a luz un fillo de nome Antonio Amado, non sabendo o pai  cando o tiraron da prisión para asasinalo, súa esposa xa levaba no ventre o fillo de ambos.

Como lembranza a seu home, o fillo levou o nome de Antonio Amado Domínguez Baz (reloxeiro e empregado de banca, falecido fai uns anos). A madriña de bautizo foi a propia María Concepción Álvarez, autorizada polo párroco don Saturno Gómez Vila  e a que recolleu dalgún xeito (non tiña mais remedio a interesada) en el redil de las ovejas descarriadas… lembremos que fora unha mujer roja…

María Concepción Álvarez Álvarez nos anos cincuenta. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.

---------------------------

A mesma María Álvarez das Auroras convenceu a Antonio Amado para que se preparase en contabilidade para poder ingresar nunha sucursal bancaria, como así foi ingresando no ano 1958 na do Banco Pastor, para en 1962 pasar a central en Vigo do Banco de Santander, trasladándose a Vigo ca esposa Ascensión Costoya Franco e as fillas, María Lucía e Antonia Domínguez Costoya..Antes Antonio Amado tivera no baixo da casa das Auroras unha reloxería.

DNI e fotografía de María Álvarez Álvarez correspondente a 1965. Documento cedido por Mª Lucía Domínguez Costoya.

---------------------------------

Manuela Baz Domínguez por medio da prensa se informa de que o goberno de  Adolfo Suárez por maioría no Congreso viña de aprobar unha lei sobre o recoñecemento de pensións, asistencia médica - farmacéutica e asistencia social a favor de viúvas, fillos e demais familiares dos españois falecidos como consecuencia ou con ocasión da pasada guerra civil.

A pensión sería de 8.172 ptas. mensuais, con efecto retroactivo desde o 1º de maio de 1976. 

Antonio Amado Domínguez Baz Toñito na fotografía cedida por Emilio Rolan Mosquera o nº 3 de garabata. No campo do Codesal en Camposancos.

-----------------------

Certificación literal da morte de Antonio Domínguez Pachec. Documento cedido por súa neta Mª Lucía Domínguez Costoya.

------------------------

Primeiro falecería Aurora, logo María e mais tarde María González Zarandón.

[…] Todas las guerras son crueles, pero las civiles son sumamente crueles porque dividen familias, suscitan odios, enfrentan a hermanos en el campo de batalla y prolongan en la posguerra los odios y permanece para muchos años la división de las familias.Los gobiernos culpables de las democracias occidentales que abandonaron a su suerte a la República Española, no fueron ni llevados a Consejo de Guerra ni obligados a dimitir; la historia los juzgará. Pero eso no resucitará a los muertos[15].

Salientar meu agradecemento pola achega de datos a neta de Antonio Domínguez Pacheco e Manuela Baz Domínguez, Mª Lucía Domínguez Costoya.

 

Joxé A. Uris Guisantes

----_________________________

[1] Polo menos os que estaban  na famosa Lista de Falanxe.

[2] Cita de Hug Thomas (Madridejos 1978).

[3] Idade que pon  no Rexistro Civil. Libro 35.

[4] No Rexistro non pon o nome da rúa, pero era Baixo Muro nº 7.

[5] No Rexistro Civil figura María Baz Domínguez.

[6] Juan Noia Xil en el libro Fuxidos de su autoría edición de Venezuela de 1976.

[7] Membro da 1ª xestora municipal como Síndico que chegaría a ser alcalde de Tui (1951-1957)

[8] El Capitán de la Guardia Civil de Vigo, Joaquin Teresa Pomares. Pag. 368. Los Rojos de la Guardia Civil.2006. Autor: José Luís Cervero.

[9] Como los militares y falangistas lo tenían fichado como republicano le dieron las actas hechas.

[10] Na república levaba o nome de Hispania

[11] Ministro de Xustiza cando se publicou o libro en 1943.

[12] De inmediato puxeron Plaza de España, hoxe Praza do Relo.

[13] Casanova J.Morir, matar,sobrevivir.La violencia en la dictadura de Franco.Crítica.2002.

[14] Vid.Richards,M.Un tiempo de silencio.La guerra civil y la cultura de la represión en la España de Franco,1936-1945.Crítica.barcelona.1999.

[15] Cita de Arthur Koestre