Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Antonio Jiménez Gallud “Pichón

 

Por José A. Uris Guisantes

Antonio Giménez Gallud

Antonio Giménez Gallud da saga dos “Pichón” de Torrevieja, fillo de Vicente Giménez Sánchez e de Antonia Gallud Calderón, nacido el 28 de setembro de 1883 en Torrevieja (Alacante).

Traio aquí a este patrón de cabotaxe debido a que estivo o mando do pailebote de tres paus Constantino Candeira, construído no estaleiro de Candeira Hnos no Pasaxe de Camposancos.

Botadura do pailebote Constantino Candeira no Pasaxe de Camposancos en 1918.

Antonio foi o patrón de cabotaxe mais novo de España, de seu tempo, sendo o primeiro patrón en obter o nomeamento de Patrón de Primeira Clase, e o primeiro patrón en navegar a Galicia ó mando do bergantín goleta María Asumpta.

O pailebote María Asumpta a pleno trapo

Estivo o mando dos seguintes buques: pailebote Rosario; María Asumpta; moto veleiro de tres paus Cala Gat; bergantín goletas, Los Emilios e Clotilde; balandra María Giménez, bergantín redondo Frasquito; pailebotes de tres paus, Granada, Constantino Candeira e Eduardo Weibel.

O pailebote María Asumpta de proa.

O pailebote María asumpta foi construído en 1858 por Nicolás Pica i Vila en Badalona para o capitán e armador Isidro Isert de Masnou.

Desde 1898 a 1913 estaba rexistrado en Vilagarcía para armadores desa localidade no transporte de madeiras exóticas desde portos do Caribe con destino a serrería da empresa Candeira Hnos no Pasaxe de Camposancos, levando todo tipo de mercadurías para aqueles Portos.

En 1918 pasa a propiedade da empresa Candeira Hnos para o transporte de diversas mercadurías, entre elas tablilla para envasado de pasas, viño, cal para a construción preparada en envasada nos Fornos de Cal de Candeira Hnos,etc, de regreso cargaba caixas de pasas, vidro, cemento  e sal de Torrevieja.  

En 1927 o pailebote estaba o mando o patrón de cabotaxe José Lustres de Santa Uxía de Ribeira. Un ano antes Candeira Hnos vendeu a un armador de Ibiza que foi matriculado co nome de Pepita, seguindo a facer cabotaxe con Cadeiras Hnos.

En 1932 pasa a ser propiedad de Magin Marquez Fiol de Palma de Mallorca, sendo rexistrado como Ciudad de Inca. En 1956 pasa a propiedade da Compañía Española de Transportes en Ibiza.

En 1981 varios socios de China Clippers Society mercaron o barco, sendo restaurado en Cádiz. En 1982 foi levado para Inglaterra como Ciudad de Inca. En 1986 volve a levar o nome de María  Asumpta, pero o 30 de maio de 1995, navegando desde o porto de Swansea ao porto de Pastdow, bordeando a costa de Cornualles. O mando estaba  o capitán Mark Litchfiel, o vento era moi forte polo que o capitán ordena poñer en marcha o motor que non funcionou polo que o pailebote foi contra as rochas onde quedou desfeito. Dos 14 tripulantes finaron tres mais o maquinista e dúas mulleres que ían a bordo.  

Praca na memoria dos afogados/as no pailebote María Asumpta.

Os derradeiros anos de Antonio Giménez Gallud os viviu en Vigo onde vivía súa filla Concha Giménez Mercader, casada con un patrón de cabotaxe de Torrevieja, Francisco Imbernón que estaba o mando dun buque petroleiro de base en Vigo.

Antonio Giménez Gallup falecería en Vigo o 25 de maio de 1969 aos 85 anos.

Fontes: Arquivo Municipal

Ignacio Sá. “Háblame de Barcos”.

Francisco Rebollo “Historias de Torrevieja” 

José A. Uris Guisantes