Índice

www.galiciasuroeste.info

 

  

Antonio Medal Carrera

Pintor

Por José A. Uris Guisantes

 

Antonio Medal Carrera no seu estudio en 1925. Arquivo de súa esposa dona Mercedes Rodríguez

 

Naceu en Ponteareas en 1902 faleceu en Arcade en 1985, íntimo amigo do arquitecto Antonio Palacios Ramilo que o invitaba nos veráns a casa da súa sobriña Carmen Vázquez  Palacios Carmucha, casada co emigrante retornado de Puerto Rico, Brasilino Álvarez Sobrino.

 

Tamén estivo na Guarda nos Carnavais de 1931, incluso dentro dunha carroza que representaba a unha góndola veneciana.

 

A carroza dunha góndola veneciana fronte a Alameda en 1931. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto

 

Na súas estadías de verán pintou varios paisaxes e personaxes do pobo, entre eles a dous mariñeiros cuxos cadros figuran na Confraría de Pescadores Sta Trega doados polo guardés do barrio da Cruzada,  Manuel Goyás, emigrante en México, republicano de convicción e con unha grande fortuna, asasinado en Madrid cando entraron as tropas nacionais nunhas horas nas que esperaba subir a un avión que o levase a México. A familia nunca soubo onde quedou o corpo nin o que pasou ca súa fortuna.

 

 

Cadro pintado por Antonio Medal Carrera encargado por Manuel Goyás e doado a Confraría de Pescadores Sta Trega. Figura como marinero con pipa.

Segundo me referiu Emilio Martínez González o mariñeiro era seu bisavó pai de Mercedes Goyás e  nai de  José Manuel Martínez Goyás coñecido como Gustavo na Marina.

 

José Manuel Martínez Goyás casou con Celia González  Lomba, nacendo Gustavo e Emilio Martínez González.

 

Celia González Lomba

 

Seu fillo Gustavo Martínez González  que traballou uns anos, xunto con este que escribe,  na Botica de don Antonio Vázquez Palacios emigraría a República Dominicana onde casou con unha filla do emigrante natural de Camposancos Manuel García Costa que chegaría a R. Domínicana en 1937. Integrándose seguidamente nos negocios da familia ata que unha enfermidade acabou ca súa vida.

 

 

Gustavo no momento de recibir  a Encomienda de la Orden del Mérito Civil de España  “por la labor filantrópica desarrollada en la República Dominicana por don Gustavo martínez” por parte do Cónsul General de España, Manuel Hernández Ruigomez e o Embajador de España na República Dominicana, Diego Bermejo Romero.

 

Gustavo posando ca familia despois do acto.

 

A esquerda xerno, José Manuel Ramos, neto Gustavo Ramos Martínez, súa nai Maripily Martínez García, esposa de Gustavo, Margarita García Arévalo (filla do emigrante camposino, Manuel García Costa), fillo Gustavo Manuel Martínez García e nora, Olga Ortiz.

 

 O difunto de Gustavo, despois de agradecer a distinción dixo unhas verbas “…formo parte de aquella legión de jóvenes, que movidos por las más variadas circunstancias, partimos un día de Galicia y de las demás regiones españolas, hace ya muchos años atrás, en busca de lbrarnos, con nuestro propio esfuerzo, un promisorio porvenir.

 

Hoy quiero compartir esta condecoración con esa generación de españoles, que con legítimo orgullo, han sabido mantener siempre en alto el nombre de su terruño natal, y sobre todo, el de España, nuestra querida  madr Patria…”

 

En outubro de 2010 a Corporación municipal guardesa composta por representantes do PSdeG-PSOE, P.P., BNG e TEGA, co alcalde socialista José Manuel Domínguez Freitas acordaron por unanimidade o recoñecemento en acta do labor do guardés, emigrante na República Dominicana, Gustavo Martínez González, falecido facía uns meses na República Dominicana.

 

Cadro pintado por Antonio Medal Carrera por encargo de Manuel Goyás que legou a Confraría Sta Trega da Guarda.

 

 

 

Cadro pintado por Antonio Medal Carrera co título O Collón.

 

 

 

Mariñeiro. 1959.

 

Catálogo de obras de pintura de Antonio Medal.

 

 

A Insuíña o Illa de Medal sa súa propiedade o fondo da Enseada de San Simón. A familia de Medal a vendería en 2007.

 

 

José. A. Uris Guisantes