www.galiciasuroeste.info

AQUILINO VÁZQUEZ VILLA

“Aquilino do Pasaxe”

 

por José A. Uris Guisantes

 

 

 

Aquilino é un personaxe popular de lenda,  ducias de xeracións de mozos e mozas, da Bisbarra do Baixo Miño e doutros lugares, trataron a Aquilino do Pasaxe de Camposancos.

 

O pasado 29 de maio cumplíu CEN anos de vida, en plenas facultades mentais e cunha memoria a toda proba. Leva anos vivindo na casa que ten no “Picadero” de Mougás, o ex-alcalde de Oia Alvaro Miniño Rodríguez.

 

Fillo de Bienvenido Vázquez e Aurora Villa, e irmán de José e Antonio. Na tenda de Bienvenido  vendían de todo, súa nai era unha execelente cociñeira que preparaba a lamprea como nadie, segundo me conta o amigo Basilio Moreira.

 

Quen se esquece daquelas tazas de viño tinto a granel de  Haro (Rioxa), na “Tenda de Aqulino”, servidas por el o por seu seu irmán Antonio. O introductor do viño de Haro fora o Policía Nacional D. Luís Gil Galdámez, destiñado durante a meirande parte da súa vida na Guarda, onde finou.

 

Aquilino Vázquez na actualidade, aos seus CEN anos cumplidos o 29/05/2009.

Como dicía Agustin Ferreira Lorenzo, presidente de ANABAM, o 29 de maio, día da súa homenaxe por parte da Agrupación Cultural Guardesa, as homenaxes, honras, medallas, etc., deben  concederse e celebrarse en vida, pois unha vez morto, os únicos que se enteran son os familiares.

 

Aquilino ten unha memoria histórica que funciona perfectamente, puidémolo comprobar cando  a curtometraxe de www.memorialdecamposancos.com, como se lembraba da represión na Guarda e Camposancos durante a sublevación militar contra a II República, as calamidades dos presos e familias, así como o acontecido con fusilados e paseados da bisbarra.

 

Seu pai, Bienvenido Vázquez, tivo negocios importantes no Pasaxe de Camposancos, comerciando durante moitos anos con Portugal, directamente ou por medio das “raianas”. Foi dono dunha panadería a comezos do século XX. Tamén Bienvenido Vázquez foi Alcalde de Barrio de O Pasaxe dende 1905, alternándose con Florencio Melero Carrero.

 

Aquilino en 2006

 

No ano 1914 Bienvenido Vázquez debeu de adoptar o Sistema Métrico Decimal, Pesos e Medidas. Polo tanto podemos considerar a Tenda<>Taberna da familia Vázquez como unha das máis antigas do Concello da Guarda.

 

Aqulino contou sempre con ducias de amigos…e amigas… pois de mozo e xa de maduro tiña moito éxito entre o sexo feminino, dando paseos románticos polo esteiro do río, chegando ata as Aceñas, nunha lancha a motor nos anos cuarenta, levando e traendo de Portugal pasaxeiros  

 

Gran afeccioado ao deporte da bicicleta dende novo, algún guardés puido velo subir nos domingos ao Trega en bicicleta en idade madura. Acudía a tódolos festexos da bisbarra para bailar ao son das orquestras o bandas de música, por certo tamén foi un excelente bailarín

 

Conta Basilio que […] por encima de todo, “Kilito” fue y sigue siendo una buena persona.

José A. Uris Guisantes

 

Selección fotográfica de Victoriano Rodríguez