www.galiciasuroeste.info

Arsenio Álvarez Sobrino – Benigna Mercedes Vicente Vicente

Por José A. Uris Guisantes

 

 

Benigna Mercedes Vicente Vicente e Arsenio Álvarez Sobrino o día do casamento

-----------------------------

 

Arsenio nace no Barrio do Castro en 1917, fillo de Generoso e Ermelinda. Irmáns: Jorge; Francisco; Arsenio e José Álvarez Sobrino.

 

Mercedes nace en 1920 na Guarda, filla de Casimiro Vicente Peniza  e María Vicente Rolán, donos da Casa de Baños La Iniciadora. Irmáns: Plácido; José; Mª Dolores; Guadalupe; Santos Vicente e Antonio Vicente Vicente.

 

Casan na parroquial de Sta Mª da Asunción da Guarda en 1944. Tiveron os seguintes fillos: Paulino; Filomena; Ermelinda; Yolanda e Pilar Álvarez Vicente (nacida en 1962). Arsenio faleceu o 17 de agosto de 1980.

 

Arsenio era un home moi popular no barrio de Ribadavila, primeiro traballou nas telleiras e logo mercou un carro e un cabalo ao que lle puxo de nome Lindo para traballar como carreteiro, velahí o sobrenome de Arsenio do Carro. Mercedes foi ama de casa, traballaba as leiras e o mesmo tempo axudaba nos labores domésticos aos seus parentes María Victorina e Filomena Español PortelaAs Menas que vivían na casa indiana da rúa Puerto Rico nº 12, propiedade de seu pai Agustín Español Lomba. Hoxe sede da sociedade Recreo Artístico Guardés. Traballou, tamén, na casa de baños, sendo ela a que preparaba os baños e pasando todo o día bombeando a agua que viña desde o mar ata un depósito, para despois quentala e, a través dunha tubarías chegar ás bañeiras. Outra das faenas era traer as algas do mar.

 

Ermelinda Sobrino do barrio do Castro nai de Arsenio

------------------

 

Mercedes sentada nunha butaca  na parte traseira da casa das súas parentes Maruja e Filomena Español Portela sita na rúa Puerto Rico propiedade do pai destas últimas don Agustín Español Lomba

------------------------------

 

 

Fiestas de Primavera en febreiro de 1964. Paulino Álvarez Vicente co cabalo Lindo

tirando dunha carroza alusiva aos muiños de vento abandonados no desfile que comezaba na prazoleta de San Bernardo e remataba na Alameda de San Pedro (topónimo antigo da Alameda). No interior, movendo as aspas do muíño ía Antonio

--------------------------

 

Romaría do Trega en agosto de 1964. De dereita a esquerda, Filomena; Yolanda; Pilar; Arsenio e Mercedes.

------------------------------

 

De esquerda a dereita: Jorge; Francisco; Arsenio é José Álvarez Sobrino en 1980. José exercía de Policía Local, popularmente O Xé; Francisco estaba traballando en Gijón e Jorge non me lembro. José antes de ser Policía Urbano foi  Vigilante de Arbitrios en 1967 cun salario de 28.467 ptas.

 

Buceando no meu arquivo atopei que José Álvarez Sobrino (q.e.p.d.) debeu vir de volta da telleira en 1941 porque vin unha orden de traslado da cartilla de racionamento: […] 16 de outubro de 1941. Comisaría General de Abastecimientos y Transportes- Delegación de Piedralaves (Avila). En el día de la fecha y por trasladarse a La Guardia (Pontevedra) ha sido dada de baja la Cartilla nº 672 a nombre de: José Álvarez Sobrino de 3ª categoría A-2.009. La Guardia  tiene 2.154 habitantes...

 

 

Arsenio asinando no libro parroquial de casamentos no día da voda de súa filla Pilar Álvarez Vicente, era  en 1979.

---------------------------

 

Benigna Mercedes Vicente Vicente asinando no libro parroquial no casamento de súa filla Pilar Álvarez Vicente en 1979

-------------------------------

 

O único fillo varón, Paulino Álvarez Vicente, no Servicio Militar. Hoxe xubilado, despois de traballar moitos anos en Madrid xunto a súa esposa

-----------------------

Yolanda, Paulino e Pili

---------------------

 

María Portela, popularmente a  Jarjarexa con Mercedes e a neta Laura. María era esposa do Garda municipal Paulino González Martínez

------------------------------

Yolanda Álvarez Vicente

--------------------

E aquí remata unha breve semblanza desta familia do Barrio de Ribadavila, debendo dar as gracias a Mercedes que segue cunha excelente memoria sobre persoas, acontecementos e vivencias persoais que me comentou e sobre a Casa de Baños La Iniciadora sita preto da praia de Aldramán dentro do Porto da Guarda, traballo que publicarei despois do actual.

Decembro de 2012.

José A. Uris Guisantes.