PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

A destrucción da Atalaia da Guarda

por José a. Uris Guisantes

Dende sempre oímos falar que a torre de vixilancia (Atalaia), e defensiva sita no porto de A Guarda fora derrubada por orden dun alcalde en 1945, con fin de poder contentar a alguns armadores que tiñan barcos dedicados a arte da ardora, e que tiñan necesidade de  ocupar moito espacio para seca-las grandes redes...

En varios libros e artigos tamén puidemos ler que foi destruída en 1943, que incluso no propio paredón do “Muelle” perduraba unha “pintada” que dicía “La civilización construyó la Atalaya en el año 1665. Y la barbarie la destruyó en 1943”. 

Construída ao final do reinado de Felipe IV, en 1665 co fin de salvagardar a Vila do desembarco de tropas. Neste 1665 foi o da invasión portuguesa cando as tropas lusas ao mando do Conde de Prado toman a Vila da Guarda despois de oito días de asedio ao castelo de Santa Cruz. Os portugueses estiveron na Guarda ata o 1º de maio de 1668. Segundo cita Ignacio Iglesias Trigo foron os propios portugueses quen ordenaron a construcción da Atalaia que estivo totalmente rematada na primavera de 1666.  

En 1779 foi reconstruída co fin de salvagardar o Porto da entrada de barcos piratas que viñan das costas de África. De 1804 a 1808 o Porto da Guarda serviu para fondear barcos corsarios españois que asaltaban aos buques ingleses que comerciaban con Portugal.   

Chegamos a 1945 é atopámonos con que varios autores acusan ao alcalde don Agustín Lomba Gómez (alcumado polo pobo cómo “O Pernas” e Agustín o “Dos Muchachos) de ser el quen deu a orden de derrube da Atalaia para que se poidesen extender ben as redes da ardora e de paso Obras del Puerto aproveita-las pedras.

Estes datos son erróneos,  pois nestes días atopei nos Libros de Actas do Concello a historia da destrución da Atalaia que demostra que don Agustín foi totalmente alleo ao asunto extendido por un “bulo” histórico.

A historia segundo as actas municipais

Na Sesión Ordinaria da Corporación Municipal do 17 de outubro de 1945, sendo Alcalde don Julio Portela Gómez e Xestores (Concelleiros): Rafael Salcidos Sobrino; Rogelio Vicente Moreno; Braulio Rodríguez Santiago; Manuel Álvarez Signo; Manuel Vicente Portela e Bernardino Martínez Portela, e actuando de secretario don Antonio Vidal Pérez trátase (entre outros) o Punto:

RECONSTRUCCIÓN  de la ATALAYA.- “Teniendo conocimiento la Corporación de que por el Contratista de las obras del Puerto que se están llevando a cabo en el Muelle de esta villa, se está DEMOLIENDO desconsideramente la “Atalaya” que radica en aquellas inmediaciones, utilizando la piedra de la muralla circular, lo cual con verdadera desazón sufre el vecindario amante de aquel tradicional recuerdo construido en tiempo de Felipe IV, cuya antigua fortaleza de defensa del Puerto y que figura como blasón heráldico en el sello oficial que usa este Ayuntamiento desde tiempo inmemorial, por unanimidad se acuerda recurrir en queja ante la Jefatura de Obras de Puerto de esta demarcación a fin de que disponga la inmediata reconstrucción de la aludida “Atalaya”, sensiblemente deteriorada cuando la ejecución de las anteriores obras de dicho Muelle, por ser expreso deseo de esta Corporación se conserve en el mismo ser y estado que antes tenía”.    

TRES ANOS MAIS TARDE.....

Sesión Ordinaria 6 de Agosto de 1948, era Alcalde don Rafael Salcidos Sobrino (que fora 1º Tte. Alcalde con don Julio Portela Gómez na sesión do 17 de outubro de 1945):

DEMOLICIÓN de la ATALAYA.-“Enterado el Ayuntamiento de que no obstante el acuerdo adoptado en Sesión de 17 de Octubre de 1945, recurriendo en queja contra la destrucción de parte de la Atalaya que radicaba en el Muelle de este Puerto, se ha efectuado la DEMOLICÍON TOTAL recientemente de aquel recuerdo tradicional de una fortaleza construída en tiempos de Felipe IV, para defensa de aquella zona del litoral, y que figura como blasón heráldico en el sello Oficial de esta Corporación, cuyo derribo se llevó a cabo por la empresa constructora de las obras del Muelle de esta vill., SIN PREVIA CONSULTA NI AUTORIZACIÓN de esta Municipalidad, que había suspendido en la fecha arriba citada su demolición, con promesa de la Jefatura de Obras del Puerto de la reparación de los daños causados a la sazón.

La Corporación Municipal por unanimidad ACUERDA, hacer constar ante dicha superioridad y ante el Excmo. Sr. Gobernador Civil de la provincia la más enérgica protesta contra tal extralimitación, privando a esta Villa de aquella edificación histórica que desde tiempo inmemorial se conservaba con beneplácito del vecindario”. 

A partir de aquí endexamais se fixo nada, aínda que temos unha copia da Atalaia no lado Norte do porto, sendo Alcaldesa dona Purificación Álvarez Álvarez e 1º Tte. Alcalde Antonio Cividanes Gómez... pero nun é o mesmo; xa non é histórica.

E dende aquí facer xustiza a un Alcalde que nada tivo que ver con grave asunto... “Al César lo que es del César”.

José A. Uris Guisantes