Índice

www.galiciasuroeste.info

 

A XUNQUEIRA – A RIBEIRA

ORNITOLOXÍA- CAZA

por Victoriano Rodrígue

 

anterior     portada

 

 A principios dos oitenta, comeza a preocupación da preservación deste espazo natural, por colectivos socias. En 1982 crease  a A.C.G. ( Agrupación Cultural Guardesa), sendo elexido presidente J.A.  Uris Guisantes; entre as súas Seccións, está a Ecolóxica e Medio Ambiente, da que é responsable  Agustín Ferreira, que  comeza a defensa do Esteiro do Miño, considerándoo Parque/Reserva Natural; xunto coa Comunidade de Montes de Salcidos, e outros colectivos, opóñense á construción do complexo hostaleiro do cámping, e que se fomente o atractivo turístico  da zona, en base  aos seus valores faunísticos e paisaxísticos deste rico ecosistema, sin afectarlle a su biodiversidade. Faríase neses inicios, unha ampla divulgación do coñecemento da importancia do  lugar e a necesidade da súa conservación, que aínda  sigue a día de hoxe promovida por ANABAM (Asociación Naturalista “Baixo Miño”).  Agustín Ferreira funda e legaliza  ANABAM en 1985, a que se define como ecoloxista-naturalista,  e os seus principios son de observación, estudio, defensa, divulgación e conservación do Patrimonio Natural do BAIXO Miño e do Estuario do río Miño, abarcando pola parte galega a marxe dende Oia hasta  Tui,  e dende Moledo a Valença en Portugal.  Está sendo ANABAM a defensora e divulgadora deste espazo natural en todo o relacionado coa  flora e fauna do estuario, principalmente no tema ornitolóxico, con estudios, censos ,exposicións, charlas-conferencias, visitas didácticas guiadas,  publicacións divulgadas en varios medios…

 

 

Illas e zona marismeña do Estuario do Miño. (foto Vitoriano)

 

Hasta principios dos oitenta, o lugar fora utilizado polos veciños como lugar de todo tipo de aproveitamentos de gran utilidade para as precarias economías existentes, como a caza, distintas artes de pesquerías, pastoreo, recollida das distintas herbas: (xuncos, boallas, canas, tonas…),  tanto para alimento dos gandos, como para as súas camas, extracción de barros e areas, corta de amieiros e salgeiros para leña, como lugar de exparcemento: pesca a cana e a man, baños, xogos  de pelota… Curiosamente, con toda esta actividade humana  na zona, pervivían en maior cantidade as especies faunísticas ca hoxendía nese hábitat. Non quere dicir que as medidas tomadas na preservación da flora, fauna e paisaxística  foran en contra  da súa biodiversidade, senón a outros factores como o cambio climático, as contaminacións… que inflúen na menor chegada de aves migratorias e na merma da fauna local; tamén ao non haber a necesidade  de aproveitamentos por parte da poboación  ribeireña, está dando a lugar á invasión dos canaverales/carrizales en toda zoa marismeña e a de salgueiros nas zonas cultivables, as cales limitan os asentamentos de aves migratorias limícolas.

           

            Valoremos, disfrutemos e defendamos  esta  fortuna de flora, fauna e paisaxística que temos na nosa Xunqueira, no ecosistema do Estuario do pai  Miño.

 

Victoriano Rodríguez