PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

   

Banda de Música Unión Musical de Mougás

1880 – 2006

por José A. Uris Guisantes

Compoñentes da Banda de Músicas Unión de Mougás, en 1968, na Guarda co seu Director Alsirio Fernández  Rodríguez. (Foto propiedade de Alfredo González Domínguez).

 

Están, entre outros, Elio (Tabagón);Marcial (Mougás); José (Mougás); Luciano Durán “Tito” (Mougás); Manuel Durán (Mougás); Delfín Souto (ex Alcalde do Concello de Tomiño); Antonio Fernández “Tornas”(Tomiño); Manuel Otero “O Calán” (O Rosal); José Pousa Méndez (Tomiño); José Miniño (Mougás); Gabriel Rodríguez Rodríguez ca caixa (Actual Director);Alfredo González Domínguez cos “platillos” (A Guarda); José Flores (O Rosal); Victorio Abril “fillo” (San Miguel de Oia); José Baz Mauri “Seli” (A Guarda); Indalecio (Mougás); Heliodoro Fernández Rodríguez.

 

Neste ano 2006 os veciños/as de OIA parroquia de Mougás van celebrar o CXXV Aniversario da Fundación da Banda de Música “a súa Banda”.

 

Nace esta Banda Musical no mes de setembro de 1880 na parroquia de Mougás (OIA).

 

Dende aquelas datas levan formándose musical e profesionalmente ducias de mozos e mozas da Bisbarra.

 

Comeza a actuar nas Festas do Monte Santa Tegra un venres 16 de agosto de  1946, e dende aquelas datas vén sendo contratada máis ou menos cada dous anos.

O nome é a persoa de Alsirio – podemos afirmar- están intimamente “ligado” a esta Banda. Nace este home un 26 de marzo de 1924, sendo o máis novo de cinco irmáns, no seo dunha familia labrega<>mariñeira (como case que tódalas familias de Oia por aquelas datas). Comeza dende a escola e por meo do seu irmán Heliodoro a estudiar música, chegando Heliodoro a comentar aos demais “Non teño máis nada que lle ensinar, porque xa sabe máis que eu. Aquí temos madeira de mestre musical”. E así foi compoñente da Banda de Música Unión de Mougás aos 15 anos.

Cando debe face,lo Servicio Militar obrigatorio, xa está como solista de clarinete nas obras importantes que interpretaba na Banda Musical do Rexemento de Murcia Nº 42 de Vigo, ¡ cando aínda era un músico de 3ª!. Rematado o “servicio militar”, casa en 1949 con dona Xosefina Dobarro Amado,  nacendo dous fillos Xesús e María do Carme Fernández Dobarro.

Banda de Música Unión Musical de Mougás en 1980 con Alsirio cómo Director.

 

Alsirio Fernández comeza a dirixi-la Banda Unión Musical de Mougás en 1950 “a súa Banda”, porque está totalmente entregado a ela é  aos alumnos aos que dá clases de música e solfexo.

 

Como curiosidade temos na man un “Contrato de Trabajo”  do Sindicato Local del Espectáculo de La Guardia (Sindicato Vertical do Movimiento Nacional), onde o 1 de xuño de 1960 o presidente das Festas do Monte (José Riego Lomba) asina o contrato ca  “Orquesta IRIS” que dirixía Alsirio, que pasaría cobrar 1.137,71 pesetas pola actuación no luns 15 de agosto (desde las 7 de la tarde).

 

No reverso podemos ler os músicos que figuraba: Acordeón: Alsirio Fernández; Saxo: José Fernández; Saxo: Jesús Pérez; Trompeta: Luciano Durán; Trompeta: Heliodoro Fernández (irmán de Alsirio); Trombón: José Durán; Jazz: Faustino Alonso.

 

Como comparación digamos que a Orquesta FLORIDA de Pontevedra por actuar dous días (20 e 21 agosto 1960) cobrou 18.000 pesetas con gastos de estancia e comidas aparte.

 

Un dos alumnos que lembramos foi ó cantautor guardés José Baz Mauri “Seli”, ao actual director Gabriel Rodríguez Rodríguez quen ata que colleu a batuta da Unión de Mougás estivo dirixindo a Banda de Música de Brántega e dando clases na Bisbarra do Deza. Tamén seu fillo, Jesús, recibiu clases de música sendo autor de obras como “Finisterre-Bayona”; “O Caramuxo”; “Rompeolas”; “Recuerdo cruel”; “Negrita mía” e “Daniel” (pasodobre que interpretou na T.V.G. a Banda de Música da Serra de Outes-A Coruña).  A Victorio Abril de San Miguel de Oia (Vigo) logo Director da Banda de Música “Escuelas Nieto” de Vigo.

 

Alsirio deixou obras moi importantes creadas por el mesmo: “Espérame”; “Na rúa do Porto”; “Te fuiste”; “Javier”; “Carlitos”;”Islas Cíes”; “Como quiere mi novia”; “Mambo Lola” “Santa Eugenia”; “A mi me gusta el mambo”...e o  “Himno a Mougás” estreado co motivo da  homenaxe que a Banda lle rendeu a Alsirio en 1989, cando xa estaba gravemente enfermo.

 

E o 3 de xuño de 1990 o corpo de Alsirio foi despedido por centos de viciños/as, amigos e coñocidos, así como polos compoñentes de Unión Musical de Mougás ó pe do palco do Eirado de Mougás e ao son dunha marcha fúnebre.

José Marino González de la Concepción “Santeiro”. Portada dunha publicación sobre a súa vida editada en 1995

 

Por decisión dos compoñentes da Banda de Música Santeiro pasa a ser Subdirector en 1984. 

 

Santeiro comezou na Unión de Mougás en 1966 como instrumentista xunto a Manuel Otero (O Calán); José Flores (de Claudio); Luís Rodríguez (Gabiño); os irmáns Delfín e Jesús Souto; Antonio Fernández (Tornas); José Pousa Estévez (Méndez) e José Mª Rodríguez (O Vintetrés).

.

O carismático director da Unión Musical de Mougás durante corenta anos foi o eximio Alsirio Fernández Rodríguez finado un 3 de xuño [Festividade en OIA da Virxe do Mar, Patrona do Concello] de 1990, queda cómo “Director en Funcións” o músico guardés José Marino González de la  Concepción “Santeiro” ata que o 25 de novembro de 1990 “Día de Santa Cecilia” colle a “batuta” don Gabriel Rodríguez Rodríguez (antigo alumno de Alsirio).

 

Nese mesmo día “Santeiro” recibe unha placa de agradecemento polo seu labor da man do novo director en nome de tódolos compañeiros [....] “De la Banda de Música de Mougás a D. José Marino por su labor como músico, compañero y Director”. Mougás, a 23 de noviembre de 1990.

..

.

O Director entrante fai entrega da batuta ao Director saínte José Marino en 1990. Festa de Santa Cecilia, lugar Eirado da parroquia de Mougás.

.

.

Gabriel Rodríguez Rodríguez actual Director da Banda de Música Unión de Mougás, dirixe esta formación musical desde o 23 de novembro de 1990. Gabriel Rodríguez foi desde a nenez membro da Banda de Música Unión de Mougás, cando era director Alsirio Fernánez  Rodríguez.

.

.

..

..

.

En novembro de  1994 na praza do Eirado de Mougás foi descuberto un pequeno monumento na lembranza de Alsirio Fernández Rodríguez, encargado pola Comisión veciñal de Mougás e feito polo escultor José Antúnez Pousa. No acto foi interpretado (entre outra pezas) o Himno a Mougás, unha das derradeiras composicións do eximio director. Participaron neste emotivo acto: a Coral da Terceira Idade de A Guarda, dirixida polo músico (antigo director e compañeiro de Alsirio) José Marino González de la Concepción “Santeiro” e o cantautor guardés José Baz Mauri “SELI”, antigo alumno de Alsirio.

En palabras do Alcalde de OIA, don Alvaro Miniño Rodríguez, “ Alsirio es uno de los hombres que deja huella en la historia de un pueblo y esta historia se plasma en esta placa”.

A placa di: “Mi ilusión, una próxima composición. La banda de música y su pueblo agradecidos. 1990"

Alfredo González Domínguez, natural de Mougás, cos “platillos” no adro da igrexa parroquial da Guarda un 29 de maio de 2005. Semana Santa. Fotografía de Antón Ferreira Lorenzo.

Alfredo González Domínguez nado en 1933 na parroquia de Mougás, comezou a tocar os “platillos” dende os 14 anos como alumno de Alsirio quen lle indicou que seu instrumento serían os “platillos”. Casa na Guarda con Angelines García Fajar. Emigrante en Francia onde botou oitos anos de albanel, regresa á vila guardesa para traballar na firma de José Riego Lomba, logo na empresa Martínez Cividanes e, finalmente, volta a incorporarse  á Banda Unión de Mougás onde permanece.

José a. Uris Guisnates