Banda Negra

()    ()  ()   ()

por José Antonio Uris Guisantes

                 As Bandas Mariñeiras [ou Treboadas por aquilo do forte ruído dos bombos que se asemella máis a unha auténtica treboada] xorden na Guarda con motivo do Desfile Folclórico Tradicional do sábado das Festas do Monte  é da Romaría Enxebre do Monte Tecla en 1970 ¡a mellor de Galicia ! Antes, en 1969, acudían unha serie de Peñas de amigos/as con pandeiretas, algunha gaita, cunchas etc. etc. gorros e viseras do “Tío Papas” e moita alegría; home tamén había garrafóns xa daquela [cheos de tinto do Mau Mau, Elías ou Ligero].

                 A Peña que máis destacou neste 1969 foi a Peña JUDE [JUARDESES], peña que acudía a tódolos encontros de fútbol do Sporting Guardés na Guarda, acompañada do “tío MARDOMINGOS” vestido de frac e con badeira branca cómo distintivo. Tamén se formou a Peña de LOS PEQUES.

          Aspecto da Peña JUDE en Grada de Fondo do Estadio do Tecla en 1968. Esta era a mesma Peña que logo acudía a Romaría do Monte Tecla en agosto, mais os mariñeiros que chegaban do mar, porque ése día naquelas datas era sagrado estar nas Festas do Monte. Fotografía de José Antonio Uris Guisantes.

Este é outro aspecto da Peña JUDE o día da Romaría Enxebre no Monte Tecla en 1969. Moitos deles e delas se sumarían a Banda NEGRA en 1970. A meirande parte hoxe xa son avós e avoas. ¡Que tempos aqueles!. ¡Cómo se troulaba!. Fotografía de José A. Uris Guisantes

Mardomingos. Fotografía de José A. Uris Guisantes

              O tío Mardomingos [o mariñeiro de A Cruzada don José Bernardo Verde Rodríguez] era no ano 1970 un personaxe popular na Marina e na Vila, acompañaba a Peña JUDE os domingos para animar ao Sporting, naturalmente non podía subir o Trega neste 1970 ca Banda NEGRA ou cas Peñas.....

              Esta fotografía foi quitada en 1970 por José Antonio Uris Guisantes no Parque do CANCELÓN, cando o tío Mardomingos “daba unha pasada ca bandeira” , antes da cea. Bandeira “frac” e “bombín” ¡todo un personaxe do barrio mariñeiro do que nos queda un bo recordo!. . Finou un 17 de abril de 1974.

Damas de Honra no Desfile Folclórico do sábado de 1978.

 Fotografía de Luís Cadilla González. Propiedade de José A. Uris Guisantes.

              Xorden estas Bandas Mariñeiras debido a que a xuventude non se divertía cómo desexaban o ter que esperar para “troulear” polas Treboadas “Los Terribles” ou “La Bravesca”, ámbalas dúas de Tomiño. Unha porque se facían os remolóns para “mallar” nos bombos, cobrando a algún “señorito” se era que quería mallar naqueles bombos enormes.....

            As gaitas idem do mesmo, despois de tocar toda a mañá, ao chegar aos postres entráballe a “pregriza” e non tocaban....

             Entón uns cantos mozos do Barquiño e outras tabernas guardesas [juardesas queren dicir algúns amigos] puxéronse de acordo para facer un grupo, vestidos todos iguais, con “ferramentas” adecuadas para ir por primeira vez no Desfile Folclórico Tradicional do sábado e no día seguinte organizarse para subir o Tegra.

             Neste  1970  xorde a primeira Banda Mariñeira que foi A BANDA NEGRA, sendo os primeiros organizadores Manuel Lomba Baz “Manolo Caji”; José María Lomba Baz; Isaac González González “das gaseosas”; Antonio González Lomba “Escucha”; Constante Baz Alonso “Tante” [finado no 2000, era o director en funcións co pito de dar ordes nos beizos, é a quen todos obedecían]; Antonio Adrover Pérez “Caelo”; Manuel Adrover Pérez “Lolito”; Antolin Baz “Tolin O Pote” seu irmán Manuel Baz “Manolo O Pote”; Luciano Alonso González “Luciano” [finado tamen no 2000], é un longo etc.etc. que faríase longo é ademais sempre quedarían alguns compoñentes no olvido.

Ano de 1969, o compoñente dunha Peña de Mariñeiros na Baixada do Monte. Fotografía de Luís Cadilla González propiedade  de José A. Uris Guisantes

           É a que abre o desfile no sábado, e a que ten a honra de facela XURA [ás 13 horas en punto despois de que “estampen” as bombas de palenque]  no “pousa andias” da Praza dos Cregos no Monte Tecla, subíndose á pedra e “empinando” o garrafón mentres redoblan os bombos......

             As primeiras camisetas foron doadas un ano por Domiro Riego Portela que tiña unha empresa en Madrid; por Urbano Vicente, de Seguros Adriática, é alguns mais que se me esquecen....

              Os primeiros instrumentos mercados pola Banda Negra foron propiedade de don Serafín Álvarez González “O tío LANCHA” [un gaiteiro emblemático do barrio de A Cruzada, finado en 1977] un bombo, a caixa e unha gaita, todo elo pola suma de 7.500 pesetas. Parece ser que o motivo de poñer o nome de BANDA NEGRA [Banda Nejra] foi que ó estar a ensaiar na Vía cos bombos...

              .......¡malla que te malla!, unha muller...gritou dicindo ¡arrenéjote pecado! ¡xa pareceis os nejros facendo ruido!.... e Banda Negra... [outros din que era debido a que os dous irmán Potes (Manolo e Tolín) como eran moi morenos....lle puxeron nejra ]... Esta versión non a creo.

              O lugar de saída era dende o restaurante Alborada no Porto, tendo como lema: “estar sempre alegres”... “EN LA BANDA NEGRA SIEMPRE REINA EL BUEN HUMOR, NO  CAMBIAREMOS DE CARÁCTER NINGÚN DÍA, AUNQUE NOS DEAN UN MILLÓN”.

 

A Banda Negra  en 1970. Con vestimenta branca e boinas negras.

 PRIMEIRO UNIFORME DA BANDA NEGRA.

Fotografía de Luís Cadilla González.

 Propiedade de José A. Uris Guisantes

 Era presidente da Comisión de Festas don Francisco Sobrino Rodríguez

A Banda Negra no Estadio do Tecla en 1971. Fotografía de Luís Cadilla González. Propiedade de José A. Uris Guisantes. Era presidente da Comisión de Festas don Francisco Sobrino Rodríguez.

 

A Banda Negra en 1973.

 Fotografía de Luís Cadilla González.

 Propiedade de José A. Uris Guisantes.

Presidente da Comisión de Festas don Francisco Sobrino González

PÁXINA SEGUINTE