PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Bomba gasolina

por José a. Uris Guisantes

    

A esquerda Bomba de Gasolina manual na rúa Ezequiel Ordóñez en 1925. A dereita Hotel del Tecla de Rafael Rodríguez Álvarez.

Esta bomba de gasolina era da marca HARDOLL, propiedade de Abilio Franco, debaixo da beirarúa tiña un depósito de gasolina de 80 octanos con capacidade para 3.000 litros.

Abilio Franco solicitara o permiso ao Concello un 17 se setembro de 1925, sendo Alcalde don Manuel Álvarez Vicente e Secretario don Adolfo Mosquera Castro. Nembargantes o permiso a Obras Públicas foi solicitado por Isaac González.

Detrás estaba un taller mecánico, onde moitos anos máis tarde tamén estaría o taller da empresa de autobuses SARACHO, hoxe ATSA (Automóviles de Tuy Sociedad Anónima).

Fronte a bomba de gasolina á dereita estivo moitos anos un taller de bicicletas propiedade de Onésimo Rolán Montenegro, onde se podía alugar por horas unha bicicleta nos anos corenta e cincuenta. No piso superior estaba a Peluquería Pazos de Julio Pazos.

Hoxe está o edificio da antiga Cafetería Óscar e unha discoteca.

Como tamén esta relacionado coa gasolina podemos falar algo dos transportes:

O 4 de outubro de 1923 foi dada de alta a empresa de transporte de viaxeiros de D. Adolfo Casa Peiteado, “propietario de la Línea de Automóviles de la Guardia a Vigo y viceversa”.

No 11 de decembro de 1924 a empresa de autobuses plasmada na Sociedad Lorenzo Álvarez y Cia deu contas do estado económico, desde novembro de 1920 a 31 de decembro de 1922.

Obtiveron 8.259,40 pesetas de beneficios netos. Polo que os socios tocaron a:

Isidro Giraldez Martínez: 2.753, 13 pesetas.

Lorenzo Álvarez: Idem.

Angel de la Gándara: Idem.

O 31 de decembro de 1925. O Gobernador Civil solicita ao Alcalde da Guarda unha copia da escritura de constitución da Sociedad de Lorenzo Álvarez y Cia[1], de la cual es gerente Aguinaldo Álvarez, y dígase si este Aguinaldo es menor. 

Tamén, “relación de los empresarios que se dedican  y se han dedicado al transporte de viajeros y mercancías desde esta Villa a Vigo y regreso”.

Adolfo Casal Peiteado: La Guardia<>Vigo de alta desde el 4 de octubre de 1923.

Amelia Álvarez: La Guardia<>Vigo de alta desde 7 de octubre de 1923.

Francisco González Gabiño: La Guardia<>Bayona<>Vigo de alta el 19 de julio de 1924 y BAJA el 31 de abril de 1924.

José A. Uris Guisantes

abril de 2008

----------------------------------------------------------------

[1] Socios Amelia Álvarez e Lorenzo Álvarez.