PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Fábrica das Cachadas

seguinte

por José A. Uris Guisantes

  

   

CERÁMICA VIUDA E HIJOS DE LOMBA

 

FABRICA DE CERÁMICA “EL PROGRESO”

 

CERÁMICA JOSE ANTONIO LOMBA CAMIÑA

 

REFRACTARIOS Y CONCEPTOS CERÁMICOS S.A. –RC-2

 

IKF ESPAÑA S.A. LOMBA (IMERYS KILM FURNITURE ESPAÑA S.A.)

 

...........................

Estes son os distintos nomes oficiais da antiga Fábricas de Cerámica Industrial y Artística DAS CACHADAS).

Panorámica da fábrica de Cerámica Artística EL PROGRESO da familia Lomba Camiña. Detalle dos fornos e a cheminea 1920??. (NOTA: esta cheminea non ten que ver coa que se construíu en 1954)

Sinto a obriga de poñer este pequeno traballo en lembranza dunha das fábricas de cerámica mais emblemáticas de Galicia e dos seus iniciadores a familia Lomba Camiña, reflectida sobre de todo nos dous irmáns, José Antonio e Abelardo.

O sábado día 3 de marzo o Grupo Municipal Socialista presentou unha Moción na Sesión Ordinaria de Pleno co obxecto de que se preserve a cheminea antiga da cerámica DAS CACHADAS [Polígono 14 e 15 do Catastro da Guarda da parroquia de Salcidos], ao parecer a sociedade francesa propietaria dende fai uns anos das instalacións pretende eliminar a citada cheminea co obxecto de dedicar a parte máis antiga da cerámica a outros cometidos industriais...

A Moción da preservación da histórica cheminea foi aprobada pola totalidade dos membros da Corporación Municipal coa excepción da concelleira do P.P. dona Teresa de Jesús Cadilla González que non puído asistir polo falecimento da súa nai.

Estou totalmente a favor da preservación do noso patrimonio histórico, sexa cultural, familiar ou empresarial. Un pobo sen historia é como un barco a deriva e sen goberno, e a Guarda, o noso pobo, é un dos Municipios de Galicia con HISTORIA en maiúsculas. As chemineas de telleiras e industriais deberan protexerse así cómo facer unha catalogación detallada e completa da antiga maquinaria industrial, documentación (se existe) para a preservación do Patrimonio Local se é que procede por Lei.

Detalle da cheminea do serradoiro da familia Candeira no barrio de A Pasaxe. Esta cheminea sigue en pé a carón dunha Urbanización, non incidindo para nada no entorno da Urbanización Río Miño, ao contrario dálle un aspecto interesante e peculiar. Fotografía de Basilio Moreira Carrero

En 1930 era do consorcio Serrerías del Miño S.A. Hoxe nun novo Milenio a cheminea segue en pé, mercé a que pertence ao Patrimonio da Guarda.

Imos aló.

O pobo, sabio, coñece dende sempre a fábrica da familia Lomba Camiña como a “fábrica DAS CACHADAS”, e aos fillos de don José Antonio e don Abelardo Lomba Camiña como “Os das Cachadas”. Como escribe don José Luís Lomba Alonso “cachadas” é un topónimo que significa “terrenos incultos” que “se roturaban y preparaban para cultivos”, neste caso nunca puideron ser cultivados porque o solo estaba composto totalmente de “barro” e ademais branco, salvo unha pequena capa superficial de detritos.         

As primeiras referencias que temos os guardeses sobre AS CACHADAS, son orais e transmitidas de xeración en xeración, e que co paso do tempo se van esmorecendo. Hoxe podemos dicir que había varias telleiras (“tejeras”, tamén “tegeras”),  no lugar de As Cachadas en A Xunqueira, A Ribeira  de Salcidos e Forno do Duque (tamén forno para cocer pedra calcaria )

 

Exposición Rexional Galega. Revista “Vida Gallega” nº 15, publicada en febreiro de 1910. Pode verse a cantidade de  artigos de “cerámica artística” fabricados nas Cachadas

Un dos primeiros premios obtidos pola Fábrica “El Progreso” (nunca mellor dito ó de “progreso”) foi en outubro de 1908. A propia Corporación Municipal mostra en sesión oficial súa “ satisfación” polo premio acadado.

12 outubro 1908. Sesión Ordinaria presidida por el Sr. Alcalde don Severiano Martínez Núñez. 

EXPOSICIÓN DE ZARAGOZA.- YNDUSTRIA DEL DISTRITO.- El Señor Alcalde - Presidente manifestó que tenía suma complacencia en participar  á la Corporación un acontecimiento honrosísimo  para la industria del Distrito. En La Exposición de Zaragoza, que todavía continúa abierta, han sido premiados con MEDALLA de ORO, los productos  de la Fábrica  de Cerámica, que en el punto de CACHADAS, de la parroquia de Salcidos tiene establecido don José Antonio Lomba Camiña , laborioso  industrial, hijo de dicha parroquia .

El Ayuntamiento enterado, ACUERDA por unanimidad, y con el mayor entusiasmo, consignar en acta su satisfación, y felicitar  cordialmente  al amigo don José Antonio Lomba, que con su asiduidad  y celo, supo conquistar un señalado triunfo y tan hermosa  recompensa que constituye un timbre de gloria para él y para la localidad. 

Notar que a letra (I)  cando a escriben en maiúsculas sempre é con (Y).

La Hormiga de Oro. Esta reproducción e do ano 1922 (pode atoparse en páxinas de venta por Internet), contiña información semanal da época, artigos de prensa, relatos, poesía, noticias, ecos de sociedade, pasatempos, etc, con numerosas fotografías e gravados.

Os Lomba Camiña recibiron un Gran Premio na “Exposición Internacional de Buenos Aires” (República Arxentina) de 1910, exposición feita co motivo do centenario da liberación da República Arxentina de España, sendo visitada pola infanta Cristina de Borbón [o que non sabemos é si estivo no Pavillón dos guardeses]. En 1911 reciben outro Gran Premio na “Exposición Internacional de Barcelona”.

Segundo o “Indicador Oficial del Pabellón de España” na Exposición Mundial celebrada en 1910 co motivo do Centenario da Independencia de Arxentina, foi publicado pola Cámara Oficial Española de Comercio, Industria e Navegación de Bos Aires..[....] figuran en la Exposición objetos de cerámica de la fábrica El Progreso de La Guardia - Pontevedra (España) que obtienen un Gran Premio......

En 1911 a traxectoria da fábrica quedou reflectida na revista gráfica “La Hormiga de Oro” de Barcelona, saíndo a fotografía dunha ánfora de cerámica artística producida na fábrica.

 

Segundo don Luciano García Alén - médico e investigador etnográfico -, en “La Alfarería en Galicia - La Coruña 1983”. [....] En el año 1926 la Cerámica Lomba está en pleno apogeo de fabricación y ventas....

En 1935 obteñen outro premio na Exposición de Ferrol, anos máis tarde a fábrica pasa a chamarse José Antonio Lomba Camiña S.A. En 1940 a Cerámica Lomba Camiña foi orientada – principalmente - para a fabricación de material refractario e dieléctrico, acadando prestixio internacional, polo que remata a fabricación de ladrillos, cerámica artística, etc.

En 1944 recibiu o título de Expositor de Honra, é un 4 de xullo de 1961 acada en Madrid o Diploma de “Socio Fundador de la Sociedad Española de Cerámica”.

Na Exposición de Cerámica Industrial de Valencia, en 1980, acada o “Alfa de Oro”, en recoñecemento da calidade,

Do Libro Bajo Miño y Costa Sur de Eliseo Alonso Rodríguez 1967. Na copia da fotografía don Alfonso Valentín Gómez Gómez, en pleno traballo artesanal nas Cachadas

 investigación e tecnoloxía. Así mesmo na Feira de Valencia de 1988 volveu a recibir outro “Alfa de Oro”.

En 1994 foi doada por unha descendente de don Abelardo Lomba Camiña unha ánfora - floreiro de cerámica fabricada nos primeiros tempos- ao presidente do Goberno don Felipe González Márquez que agradeceu e se interesou pola historia da Cerámica Lomba Camiña das Cachadas....

Palacio da Moncloa, 19 de decembro de 1994, José A. Uris Guisantes fai entrega da ánfora - floreiro de cerámica artística fabricado a comezos do século XX ao Presidente do Goberno de España, Felipe González Márquez, en nome de María José González Lomba, neta de don Abelardo Lomba Camiña.

Uris explica, o que logo vai contemplar Felipe González, sobre a vida e historia da fábrica das Cachadas e a saga familiar dos Lomba Camiña. Esta foi unha visita institucional dos representantes da Federación Galega de Asociacións de Axuda a Drogodependentes de Galicia (FEGAD).

Panorámica da cheminea do antigo serradoiro dos irmáns Constantino e Matías Candeira González, hoxe patrimonio da Guarda. En 1930 crearon un Consorcio con outros serradoiros do Baixo Miño rexistrado co nome de Serrerías del Miño S.A. Sendo o principal encargado no serradoiro matriz Constante Carrero “O Real Oro”.  Diapositiva doada por Basilio Moreira Carrero.

 Reproducimos un artigo publicado no xornal El Pueblo Gallego no día 5 de outubro de 1935 páxina cero:

Título do artigo:

“La Guardia, por el mundo”.

     “La Cerámica Lomba exporta sus cacharros a toda América”

     [....] Pocos gallegos saben que en La Guardia, Cachadas (Pontevedra), existe, y vive en plena actividad industrial la primera fábrica de cerámica que se ha instalado en España para la fabricación, venta y exportación de botellas, botijos, macetas y demás objetos de fantasía modelados con barro poroso.

   Un gallego racial, don José Antonio Lomba Camiña, fue el héroe que, en 1900, instaló esta fábrica que es orgullo legítimo del trabajo gallego.

“Don José Antonio Lomba Camiña (1869-1956), en su despacho, ordena los pedidos del día y despacha su numerosa correspondencia. Outubro de 1935.(Foto Ksado)”

Una vista general de la famosa fábrica de D. José A. Lomba Camiña- (Foto Ksado). Outubro 1935

   [.....] Ahora, en 1935, don José nos recibe afable a la puerta de su establecimiento. Le acompañan sus tres hijos que, como él recibió a su tiempo de sus mayores, heredarán mañana el producto de su esfuerzo y lo ampliarán y engrandecerán en consonancia con los tiempos en que vivan. Es esta de la cerámica una tradición familiar de los Lomba. El padre de don José puso la piedra inicial, don José levantó el edificio, y sus hijos, estamos ciertos, ampliarán la gran obra que han de recibir a su vez.

     El señor Lomba nos dice: “No están muy buenos los tiempos, y conste que esto no es quejarse por vicio, por hábito. Es la realidad. Mi fábrica tiene capacidad para producir 30.000 ladrillos diarios, y actualmente estoy a media producción: 15.000 ladrillos. No obstante, empleo actualmente 40 obreros, casi todos especializados en su oficio.

La crisis no es tan intensa en la cacharrería, pero así y todo se deja sentir.

    -¿A donde envía usted su producción?.

    -El ladrillo va, casi íntegramente, al mercado provincial. La cacharrería tiene un mercado más amplio; mucha de ella se vende en la región, pero la envío a casi toda España. Del exterior los mercados actuales son: Estados Unidos, Buenos Aires, Puerto Rico y Montevideo. Pero conste que en este ramo también ha sufrido bastante la exportación.

    Hace apenas unos años exportaba casi el doble que en la actualidad. Y conste que mi fábrica está perfectamente equipada y preparada para fabricar toda clase de productos de barro, especialmente de barro poroso, estilo alemán.

    -¿......?

    -Sí. A pesar de todo, tengo tres camiones propios para el transporte de los productos que fabrico, y aún cuando muchos días el trabajo se hace completamente descansado, hay otros en que los tres camiones non dan suficientes viajes en el día.

    Pero en fin, yo creo que ya he dicho todo lo que tenía que decir y que pudiera resultar interesante para los lectores, pero añada usted que además del ladrillo corriente y del refractario, fabrico también tubería gres, baldosín y en general todo cuanto abarca el ramo de esta industria.

Aspecto dunha nave das Cachadas en outubro de 1935. “La foto presenta una amplia nave de la fábrica de cerámica de D. José A. Lomba Camiña. Los cacharros, que logró hacer famosos, esperan en fila el momento de su embarque- (Foto Ksado)”

    Y no se olvide usted de remarcar eso que me parece interesante; En Galicia existe, en plena función y actividad, la primera fábrica que se ha instalado en España para la fabricación y venta de la cerámica artística y útil, en un todo parecida a su similar alemana, de barro poroso.

 

D. José Antonio Lomba Camiña. Fotografía cedida pola familia Lomba González

D. José Antonio Lomba Camiña (1869-1956), estudiara no seminario facendo estudos de Teoloxía. Pasou a ser apoderado xeral da empresa en 1909 ao falecer seu pai; seus fillos, apoiados polos fillos de don Abelardo, levaron adiante a empresa

Segundo o arquivo da familia Lomba Camiña o dono da “Tejera de las Cachadas” en 1868 era don José Manuel Lomba. de Salcidos, máis tarde foi seu fillo don Andrés Martín Lomba Urgal casado con dona Ignacia Camiña Rodríguez.

A fábrica de cerámica artística “El Progreso”, popularmente “Fábrica das Cachadas” comeza a súa andaina na zona das Cachadas - Salcidos en 1900...

Segundo refire o historiador rosaleiro don Xoán Martínez Tamuxe:

[....] podría existir desde 1868/1880 como fábrica de cerámica con el nombre de Viúda e Hijos de Lomba...

Dende 1900 funciona a fábrica baixo a dirección comercial de José Antonio e dirección técnica do seu irmán, don Abelardo Lomba Camiña  [ preparado tecnicamente na Escola de Artes e Oficios de Vigo]. Neste 1900 competían coa fábrica de cerámica artística “La Santa Cruz”, sita no Castelo de Santa Cruz.

seguinte