|
|
|
Camilo Carrero por José Antonio Uris Guisantes (Fotos: Arquivo e Antón Ferreira) ROQUE CAMILO CARRERO LORENZO .
Figura cómo “hijo ilegítimo” de
María Carrero Lorenzo de 19 anos de
idade, solteira, de profesión xornaleira. Avoa materna Dona Tecla
Lorenzo. Indicar que naquelas datas os fillos de solteira figuraban no
rexistro con un sólo apelido, e neste caso Roque
Camilo Carrero.
Naturalmente o nome do pai
do recén nacido non figura no rexistro, caíndo todo o peso “moral”??? do
“pecado” na pobre xornaleira con soamente 19 anos. ¡Diante
de todo garda-las formas! nunha sociedade clasista da que en dous anos
xurdiría -debido a moitas situacións vexantes en tantos anos- a
Revolución de 1886 chamada La Gloriosa....[ isto en un inciso].
Emigrante na República
Dominicana, traballa na capital Santo Domingo na firma comercial MUNNÉ
&Co., máis tarde funda a sociedade García
&Carrero [almacén de importación e exportación de artigos
alimenticios], logo Camilo Carrero
Lorenzo asóciase con Vega, Pérez
& Co., [Laureano Vega, Manuel Pérez Carrero e Camilo].
Sinalar que Camilo – solteiro empedernido – tivo outros dous fillos
en Camposancos Generoso [finado fai
pouco en Valencia] e Eloy
[nas Illas Baleares], quen no momento de reparti-la herencia quedaron sen
nada polas supostas influencias de terceiras
persoas.
Esta Casa das Torres fora
edificada despois de chegar Camilo da República Dominicana en 1930, encargando
ao contratista de Camposancos D. Teodoro
Sabariz Pérez [1848-1927], obra que non chegou a rematar D. Teodoro por
discrepancias nos conceptos da edificación, seguindo outro contratista cas
obras.
Un 15 de abril de 1931 A Guarda celebrou a proclamación
da IIª República con unha gran manifestación popular que rematou [despois dos
discursos de rigor] nunha festa-baile na Alameda a cargo da Banda de Música de
Tabagón.
De
seguido a Agrupación Republicana de A Guarda nomea unha Xunta Xestora
[Corporación Municipal] presidida por D. Manuel
Álvarez Vicente como alcalde; D. Celso
Candeira Pérez, Iº Tte.Alcalde; D. Dámaso
Ramón Trigo, IIº Tte. Alcalde; D. Roque
Camilo Carrero Lorenzo, 3º Tte. Alcalde, e D. Antolin
Silva Vicente, como Síndico, pero o 26 de abril o Gobernador Civil nomea
outra Xestora: Alcalde, D. Celso
Candeira Pérez; Iº Tte. Alcalde. D. Honorio
Brasilino Álvarez Sobrino; 2º Tte. Alcalde, D. Roque Camilo Carrero Lorenzo e responsable da Comisión de Obras, D.
Juan
Noia Xil.
A Federación Obreira de A Guarda, dirixida
por Manuel Noia Xil fora
creada en 1.931, aproveitando os dirixentes da federación os bos oficios do
concelleiro socialista D. Roque Camilo
Carrero Lorenzo para presentar preguntas e proposicións nas Sesións de
Pleno.
Un dos enfrentamentos mais grandes sendo Alcalde D. Manuel Álvarez Vicente [que
tamén había sido na Dictadura de Primo de Rivera] foi a negativa da
Corporación Municipal a pagarlle ao Inspector
Farmacéutico Municipal D. Benito Vázquez
Vázquez [sogro de D. Brasilino Alvarez Sobrino, a filla era Carmucha
Vázquez Palacios] unha cantidade fixa anual –prestara ou non seus
servicios- polémica que rematou coa dimisión da Corporación Municipal.
O Secretario da Corporación Municipal daquela, D. Adolfo Mosquera Castro [na foto da esquerda, gran amigo e defensor
de D. Manuel Álvarez], escribiu un artigo no Heraldo Guardés atacando a Camilo Carrero e acusándoo de ser un “hombre funesto”, logo
contestado pola Federación Obreira [presidida por D. Manuel
Noia Xil] como gran persoa e defensor do obrerismo local, quen se limitaba a
leva-los asuntos a Corporación o non te-la Federación representación na
Corporación.
Podemos dicir que D. Roque Camilo Carrero Lorenzo, como persoa e cómo político, está
sen estudiar en profundidade ó igoal que a etapa que vai dende os anos vinte do
século pasado ata 1936 no Municipio de A Guarda.
Fúndase na Guarda o Partido
Pepublicano Radical en outubro de 1932, sendo a figura máis representativa
o propio Alcalde D. Antolin Silva Vicente
gran admirador de D. Alejandro Lerroux
García. Este Alcalde seguíu no cargo incluso despois da caída do Goberno
de Lerroux.
Camilo Carrero era unha persoa preocupada por Camposancos e nesta Sesión
propón o arranxo da fonte-lavadoiro de O Pasaxe [...] que
se haya obstruida desde hace tiempo, saliendo el agua con dificultad...
Tamén apoia a D. Eduardo Pantaléon
Saúl na proposicion de [...] Traída
de Aguas para La Guardia......... O Alcalde D. Antolín Silva Vicente
manifesta sobre o asunto [...]
la carencia de agua en este
Municipio es de todos conocida, no sólo en cantidad sino en calidad...
Eduardo Pantaleón Saúl defende a proposición [...] la
necesidad de la obra de la Traída de Agua es tan indispensable que sin ella,
pasando algún tiempo llegaremos a que no haya forastero que nos visite. Que se
debe ir a ello sin titubeos y hasta llegar al empréstito... Propoñendo
[...] que para el próximo ejercicio se
consigne, por lo menos, una cantidad que no baje de 4.000 pesetas para los
gastos que pueda ocasionar el estudio del Proyecto...
A proposición contou co apoio de D. Antolin
Silva Vicente, D. Roque Camilo
Carrero Lorenzo, D. Juan Álvarez
Portela e D. Agustín
Carrero.
Na Sesión do 10 de agosto de 1.933 aparece o nome de Camilo
Carrero Lorenzo como representante da Comisión
Pro-Turismo de Camposancos, invitando á Corporación Municipal a inauguración
da Praia de Camposancos [hoxe Praia de O Muiño].
O Alcalde D. Antolín
Silva Vicente declina a invitación por ter que acudir a Pontevedra con
motivo da visita á Guarda do presidente do Consello de Ministros D. Alejandro
Lerroux García [xefe do Partido Radical], nomeando a D. Marcial
Rodríguez Rodríguez como representante da Corporación, acordando tamén
contribuír con 100 pesetas para gastos.
Na sesión do 29 de agosto de 1933 Camilo Carrero súmase aos demais
concelleiros para aprobar con gran
entusiasmo a Moción para a construcción [...] de
una Carretera a La Canosa, solicitándo del Sr. Ministro de Obras Públicas con
carácter de urgencia.
O 12 de outubro de 1934 por desexo do Gobernador Civil D. Alberto
Martínez toma posesión dos cargos unha nova Xestora na Guarda:
Alcalde: D. Antolín
Silva Vicente, D. Emilio Álvarez,
D. Manuel Álvarez Vicente,
D. Dámaso Ramón Trigo, D. Brasilino
Alvarez Sobrino, D. Camilo Carrero
Lorenzo, D. Marcial Rodríguez,
D. Eduardo Pantaleón Saúl, D. Norberto
Gándara Álvarez, D. Ricardo Fernández
e D. Rodrigo Pacheco Lomba.
Na Sesión Ordinaria do 31 de maio de 1.935, Camilo
Carrero Lorenzo vota tamén a favor de que as Sesións teñan lugar os
martes as cinco da tarde para que os cidadáns poidan asistir, nestas datas era
Comandante do Posto de Carabineiros de O Pasaxe D. Miguel
Torrón Fernández quen na guerra civil se manifestou acérrimo partidario
das tropas sublevadas contra a IIª República.
O Presidente do Consello de Ministros D. Alejandro
Lerroux (foto obtida en interné) foi recibido en A Guarda o O xantar de confraternidade ten lugar no restaurante de D. Angel Jurado Romero, asistindo “la flor y nata” dos representantes do Partido Republicano Radical do Baixo Miño. Antes o Alcalde de A Guarda D. Antolín Silva Vicente emitira un Bando conxuntamente co alcalde de O Rosal D. Generoso Lagarejos Rivas [outro Lerroxista de pro e dirixente do Partido Radical en O Rosal, así cómo o Sindicato Agrario de “Los Tabagones”], invitando aos cidadáns achegarse ao aerodrómo de A Canosa para recibir con tódolos honores a D. Alejandro Lerroux.
Na Sesión do 29 de agosto de 1935 Camilo Carrero súmase
aos demais concelleiros con gran entusiasmo apoiando a Moción para a construcción...
[...] de una Carretera a la Canosa, solicitándola del Sr. Ministro de Obras Públicas
con carácter de urgencia, obra tan útil como necesaria, que vendrá a
completar las incomparables condiciones de nuestro Aerodrómo...
A Moción fora presentada polo alcalde D. Antolin Silva Vicente e os concelleiros D. Dámaso Ramón Trigo Vicente, D. Juan
Álvarez Portela e D. José Lomba.
Debido a que neste BIENIO NEGRO dimitiran algúns concelleiros e outros
non querían asistir ás sesións, atopamos que nesta sesión soamente asisten:
D. Antolín Silva Vicente, D. Dámaso
Ramón Trigo, D. Agustin Carrrero,
D. Camilo Carrero Lorenzo e D. Juan
Álvarez Portela.
Asiña a acta o secretario da Corporación D. Herminio Amigo Fernández.
O 3 de setembro de 1935 Camilo Carrero figura como 3º Tte. Alcalde,
sendo el quen propón a Moción: “ Carretera de Sestás a Barra del Miño”
[...] Se
acuerda enviar atto. Oficio al sr.
Ingeniero Jefe de Obras Públicas de la Provincia, interesándose por el
alquitranado de dicha carretera, como tiene ya la que de esta Villa va a El
Pasaje, manifestándole a la vez que el arreglo que actualmente le están
haciendo, resulta estéril, dadas las malas condiciones en que lo hacen, al
emplear en el recebo más tierra que piedra, que la convertirá en un lodazal en
cuanto vengan las épocas de lluvias...
Camilo Carrero volve a insistir na sesión do 25 de setembro/35 [...] Carretera
de La Guardia a Barra del Miño.... enterada
la Corporación del Proyecto de Presupuesto para la construcción de la
carretera de esta Villa a la Barra del Miño, acuerda prestarle su aprobación,
comprometiéndose además a hacer entrega del 5% del importe total de la obra
con arreglo a lo dispuesto en el artículo 13 de la Orden Ministerial de 20/ag/35....
Un 3 de outubro/1935 Camilo
Carrero é demais concelleiros presentes: D. Antolin Silva, D. Dámaso Ramón
Trigo González [este ademais era mestre de obras, construíu a capela de
San Roque en 1914 é as Escolas Públicas de A Portela, entre outras obras] e
D. José Álvarez Portela APROBAN
o PROXECTO para a construcción de Escolas Unitarias de Niños y Niñas
y Viviendas de Profesores.... Camilo tamén é protagonista na sesión do 10 de outubro/1935 [...] Estudio del Proyecto para una Traída de Agua ó Acueducto para ésta Villa. La mayor necesidad que actualmente siente el pueblo de La Guardia, es sin duda alguna una traída de aguas y teniendo esto en cuenta la Corporación ACUERDA encargar de hacer el Estudio del Proyecto de Traída de Aguas ó Acueducto para La Guardia, al ingeniero de Caminos D. Casimiro Juanes Diaz Santos, cuyos trabajos del proyecto se pagarán por trimestres con la consignación que figure en presupuesto, comprometiéndose dicho estudio y a entregar además al Ayuntamiento un plano de la Villa que comprenda desde el Coruto a la fuente de los Casás....
Secretario accidental. Teodosio
Sesto.
Camilo Carrero na sesión do 31 de outubro/35 en
calidade de 2º Tte. Alcalde pon no coñocemento dos demais membros da Corporación
Municipal..
[....] según referencias fidedignas el funcionario del Centro Sanitario D. Eduardo
Pantaleón Saúl (*)
ha
sido destituido
de su cargo, sin más explicaciones y sabiendo de su competencia y laboriosidad
y honradez le habían granjeado las simpatías de todos los vecinos del término
municipal, que comentan de manera enérgica dicha destitución.... El Ayuntamiento haciéndo suyas las palabras del Sr. Carrero, ACUERDA telegrafiar al Sr. Secretario de Sanidad, manifestando el disgusto con que esta Corporación ha visto la destitución de un empleado que como el Señor Pantaleón era no solo el funcionario de confianza de todo el cuadro de personal técnico de aquel centro, sino de todos los vecinos que en dicho establecimiento buscan alivio a sus males, y notificar asimismo éste ACUERDO al Señor Inspector Provincial de Sanidad y al Director del expresado Centro Secundario... .
Nesta Sesión a proposta do Tte. Alcalde D. Dámaso
Ramón Trigo acórdase celebra-las sesións os domingos as 10 da maña e as
supletorias os martes as 5 da tarde.
En novembro de 1935 D. Roque Camilo Carrero Lorenzo
figura na
acta da Sesión cómo 2º Tte. Alcalde apoiando ao Presidente e Secretario da
Entidade Menor de Camposancos [D. Basilio
Carrero e D. Bernardo González]
para que a Corporación Municipal recoñeza oficialmente a existencia da Entidade
Menor, cuestión que non logrou ó quedar enriba
da mesa a decisión.
.................................... (*) Nota: D. Eduardo Pantaleón Saúl fora destituído polo Xefe Provincial de
Sanidade Sr. Guisasola a instancias
dos médicos locais D. José Jurado
Romero [personaxe funesto e fundamental nos primeiros meses da represión
falanxista] e D. José Álvarez Novoa
[alcumado “O Cagarrucho”].
...................................
Nuevo Heraldo Guardés recolle:
[....] la arbitraria destitución
de Eduardo Pantaleón produjo en la opinión pública efectos contrarios a los
calculados por los manejos caciquiles.... presentaron la renuncia de sus cargos
los médicos del cuadro de personal del Centro Sanitario (en solidiariedade
con Eduardo Pantaleón), entre ellos D. Julio
Casal Casdell [logo Xefe de Sanidade Exterior en Vilagarcía, fusilado nos
primeiros meses da guerra civil], se suman
a la protesta la Corporación de La Guardia, Oya, El Rosal, Tuy y Tomiño...
En xaneiro de 1936 o Subsecretario de Traballo en Madrid D. José
Varela resolve o asunto e obriga a repoñer no seus cargos a tódolos
represaliados....
En Sesión
do 14 de novembro de 1935 a Corporación era a seguinte: Alcalde: D. Antolin
Silva Vicente, 1º Tte. Alcalde D. Dámaso
Ramón Trigo, 2º Tte. Alcalde D. Camilo
Carrero Lorenzo, 3º Tte. Alcalde D. Marcial
Rodríguez Rodríguez. Concelleiros: D., D. Rodrigo Pacheco Lomba, Agustín
Carrero, D. Juan Álvarez Portela,
D. José Lomba, D. Santiago González,
D. Eduardo Pantaleón Saúl e D. Ricardo
Fernández.
Nesta Sesión permutan os cargos de secretarios dos Concellos D. Antonio Vidal Pérez que estaba en A Baña –A Coruña con D. Herminio
Amigo Fernández que estaba en A Guarda.
A Corporación Guardesa acorda conceder “un voto de gracia” a D. Herminio
Amigo Fernández “por la
laboriosidad y competencia demostrada al frente de su cargo”.
Dende o momento da entrada das tropas na Guarda [27
de xullo de 1936] Camilo Carrero ponse a disposición do Alcalde Brasilino e do Comité
Local de Defensa da República, sendo detido -xunto a outros moitos
republicanos guardeses e do Baixo Miño– nos primeiros momentos, trasladado a
Tui e xulgado por un tribunal militar en consello de guerra sumarísimo [...] acusado
de ser el jefe de los Socialistas y propagandista de tales ideas socialistas,
ser un activo miembro del Frente Popular e haber viajado a Rusia....
O 10 de agosto [xusto despois de xantar no restaurante de Angel Jurado Romero] o capitan Teresa da Garda Civil, o Tte. Salvador Buhigas Novo, presionan ó Alcalde Francisco Antonio Moreno Alvarez e parte da dereita guardesa para que aproben unha lista de mais de trinta persoas que serían “pasadas polas armas”, os presentes asustados consiguen que soamente sexan cinco, e poucas horas despois do xantar, foron fusilados en Paraños-Sestás os representantes da clase obreira D.Antonio Domínguez Pacheco, D. Angel Domínguez Pacheco, D. José Alonso Portela, D. Herminio Domínguez Pérez e D. Julio Saavedra Galiñanes. .
O 25 de agosto de 1.936 foi masacrado polos falanxistas en San Xián (O
Rosal) D. Manuel Noia Xil presidente
da Federación Obrera
da CNT de A Guarda e a primeiros de setembro tamen foi “paseado”
o sindicalista goianés D. Daniel Carrera Martínez.
D. Roque Camilo Carrero Lorenzo [republicano,
católico e socialista]
foi fusilado en Tui o 7 de
decembro de 1.936 xunto a D. Honorio Brasilino
D. Roque Camilo Carrero Lorenzo
era un apasionado socialista e un fervente católico practicante,
defensor da clase obreira e dos máis humildes conveciños, ata tal punto que os
curas e predicadores que acudían a Camposancos eran aloxados sempre na súa
casa, comían e durmían na mesma Casa das
Torres. Camilo daquela era rico
podendo permitirse o luxo de ir a
Rusia para comprobar “in situ” como era realmente a vida social, económica
e política, pero de seguido vai directamente a Roma, ó Vaticano co fin de darse unha idea de como era a
realidade do catolicismo e da cabeza da igresia mundial. . Carta de Camilo Carrero Lorenzo a súa familia dende a prisión de TUI, horas antes de ser fusilado, mellor dito cando estaba "en capilla" como se dicía cando unha persoa era condenada a morte e a sentencia era comunicada oficialmente diante do defensor e a víctima. Melitina Carrero lembraba a carta que Camilo escribira na prisión de Tui antes de ser fusilado o 7 de decembro/1936 [.....] “Próximo a llegar el último momento en que tengo que entregar mi alma a Dios, quiero por medio de estas breves líneas, mandaros un abrazo de entrañable afecto, deciros adiós, y esperar que Éste, en su divina misericordia, nos reúna a todos en otra parte de mayor ventura. Bien sé que cuando leáis estas líneas lloraréis. Si lloráis hacedlo en silencio, sin que nadie se tenga que dar cuenta de ello. Hacedlo siempre con resignación cristiana, pensando que vuestro hermano fue a la muerte con la frente muy alta, sereno el espíritu y el corazón rebosante de amor al prójimo. Hasta para mis enemigos recuerdo las palabras del Mártir del Gólgota: perdónales, Señor, porque no saben lo que hacen. Ahora bien, haced de cuenta que el destino nos tenía reservado este incidente y no pensemos más en ello”. José Antonio Uris Guisantes |
|
|