www.galiciasuroeste.info

Carlos Álvarez Vicente

Por José A. Uris Guisantes

 

 

 

Carlos Álvarez Vicente O Latoeiro[1] en agosto de 1984 no seu taller do Curuto en cuxo baixo estivo a Botica de don Leonardo Álvarez Novoa. Antes estivera no baixo que ocupara a Botica Nova na rúa José Bernardo Alonso Martínez  ou calle de los Sesenta Pasos, logo tasca de Mario Lomba Alfonso Nerón. Fotografía cedida por Manuela Álvarez Carrero.

 

Carlos Álvarez Vicente Vixijo ou Carlos o Latoeiro, nace en Ribadavila en 1908, queda orfo moi novo, polo que pasa a vivir cuns tíos na Guía. Comeza a traballar moi novo como aprendiz co mestre latoeiro Juan Antonio Mamiza.

 

Casa con María Carrero Silva nacendo os seguintes fillos: David; Manuela; Carlos; Alejandro; Juan e Esperanza Álvarez Carrero

 

En 1924 emigra a Cuba, traballando nun Colmado (tenda onde se vendía comestibles e outros productos), unha especie de tenda de todo, soamente pola comida e durmida,  esta última enriba das sacas, sen mantas nin unha simple colchoneta, en horario de cinco da mañá ás doce da noite. Pasa logo a traballar nunha telleira chamada Tejar Toledo, que estaba instalada no municipio de Marianao, provincia de La Habana.

 

Marianao fora fundado como municipio en 1878, sendo nese ano cando existen noticias  da creación de Telleiras (tejares), onde mestres oleiros e fabricantes de productos cerámicos fóronse establecendo, inclusive se chegou a montar unha fábrica de cemento.

Farol de latón en miniatura que alumea con aceite, fabricado polo fillo de Carlos, tamén co nome de Carlos Álvarez Carrero, en exposición que podemos ver no Café-Bar Gabinete na rúa Baiona.

------------------------------------

 

Candil en miniaturra de latón que alumea con aceite, fabricado por Carlos Álvarez Carrero.

-------------------------

En 1936 foi repatriado polo goberno republicano, chegando á Vila guardesa en xullo de 1936. Meses máis tarde debe incorporarse como forzoso ao exército. Cando remata no exército marcha  voluntario a traballar na Alemania nazi  nunha fábrica de tanques e canons.

 

Unha vez de volta pasa a ser carteiro no Campo de Concentración de Camposancos, onde botou catro anos. Volve a retomar o traballo de latoeiro, establecéndose, como xa dixen, na rúa Bernardo Alonso, onde estivera a Botica Nova do Boticario don Manuel Vicente Pérez Suárez, sogro do empresario don Constantino Candeira González, un dos grandes empresarios da Guarda.

 

 

Lámpada de aceite e regadeira de latón en miniatura, fabricadas por Carlos Álvarez Carrero.

----------------------------

 

Carlos pai,  fabricaba ou elaboraba farois de aceite, aceiteiras, chocolateiras, xarras para o leite, moldes para doces e empanadas, baldes, tinas, regadeiras etc, así como colocaba parches en cacerolas e olas. 

 

As ferramentas que dispuñan estes latoeiros eran, tesoiras para cortar a folla de lata; martelos de ferro con cabezas de diferentes formas para moldear ou ou facer pestanas, etc; mazos de madeira planos e redondos usados para moldear ou aovar; compases de distintos tamaños para marcar círculos nas tapadeiras e fondos de baldes, olas, caldeiros etc. A folla de lata era un producto laminado plano composto por aceiro con unha capa de estano, mentres que o latón  está composto por  unha aleazón de cobre e zinc.

Tesoira de latoeiro

-----------------

Bigornia de madeira ou ferro para moldear pestanas de unha ou duas puntas; tranchas ou cizallas para cortar ou marcar a folla de lata.

 

Bigornia

------------------

Antigua cizalla ou trancha para cortar a  folla de lata

-----------------

Cañuteira para moldear os cañutos da folla de lata; punteiros con punta de agulla para cortar, con punta menos punzante para poder facer adornos e filigranas na chapa ou con punta triagular para facer os buratos nos raiadores de pan; teazas de cortar arame de varios tamaños; troqueles de varias formas con filo para cortar as pezas a base de golpes.

 

--------------------------

 

O mais usado era o chamado forné que era un bote de chapa con tres patas que servía para quentar os soldadores de estano que nun principio eran de varilla de ferro con punta de cobre e con mango de madeira, tamén podían derreter chumbo para completar a soldadura de estano, para limpar a punta de cobre e zoa a soldar limpaban con pedra sal-amoníaco, tamen dispuñan de plantillas de folla de lata e moldes de madeira.

Esquema do soldador é da pedra de sal amoníaco

--------------------

Para soldar primeiro se debía limpar ben a zoa con ácido muriático (ácido clorhídrico, sal fuman ou auga forte) e cando o soldador estaba ben quente se fregaba na pedra de sal amoníaco é a soldar. O estano para soldar viña en lingotes  cuia composición era de chumbo e estaño ó 50%.   As pedras de sal de amoníaco o igoal que a estearina (ácido  esteárico) servían e serven para limpar a punta do soldador, esta última era un composto de varias grasas de animais con parafina para limpar os soldadores e zona de soldar que se vendía nas Boticas.

 

 

Balde e cubo de latón en miniatura fabricados por Carlos Álvarez Carrero, os que podemos apreciar na Cafetería-Bar Gabinete.

---------------------------------

 

Nos anos setenta Carlos pasa o negocio ó Barrio do Curuto, ata que Jesús González Puebla Chucho lle deu traballo na fundición da familia que fundara seu pai Manuel González González propietario de Nuevo Garage. Popularmente Os de Puebla.

 

Cando tiña o seu negocio na rúa Bernardo Alonso lembro entrar a levar algún encargo da miña avoa, como foi unha palangana de porcelana a que Carlos furou onde tiña un pequeño buraco e puxo un remache que atornillaba por fora é por dentro, aquilo ainda durou un certo tempo. Usaba folla de lata (latón) para remendar olas, sartens, palanganas, xarros, pinicos,etc, que soldaba con estano. As olas daqueles anos estaban bañadas duna capa de cor marrón escuro (dicían de china) que cando caían ó solo quedaban macadas é en semanas lle saía un pequeño burato, non podendo ser usada para nada, entón era obrigado levala ao latoeiro ou lañador para a arranxar e non ter que gastar os cartos - que non se tiñan - nunha ola nova. Galicia foi unha comunidade onde abondaban os xacimentos de estano, descubertos é explotados polos romanos.

 

 

Antigua palangana semellante ás que Carlos poñía remaches, cando se furaban: Se era unha fonte de porcelana Carlos dispoña dunhas grapas a medida, que aseguraban a rotura da fonte ou do prato, os que  cubría con unha pasta (creo que de abaialde), e logo grapaba con grapas semellantes as se usaban para fixar un corte na pel, ainda que estas eran moito mais pequenas.

 

Fabricaba candiles e farois tamén de folla de lata, moi vendidos nos anos cincoenta para uso doméstico e para poñer farois alumeando nos cemiterios, cando estes non tiñan alumeado eléctrico. Naturalmente os precios eran de miseria o igoal que a vida diaria nos anos da fame.

Outra lámpada ou candil de latón fabricado polo fillo de Carlos o latoneiro o que desexa que a tradicción familiar non se perda nos tempos, para elo se dispuxo a fabricar os mesmos artiluxios que fabricaba seu pai pero en miniatura para coleccionar, os que por certo tamén poden alumear ou no caso da regadaeira, balde e cubo tamén recollen a auga sen que pinguen.

 

José A. Uris Guisantes

[1] Tamén era coñocido como O Vixijo.