|
Xentes de Ribadavila por Agustín Ferreira Lorenzo ESTA
SECCIÓN VAI DEDICADA A
TÓDAS AQUELAS PERSOAS QUE
RESIDEN OU RESIDIRON NO BARRIO DE RIBADAVILA CAPÍTULO
I O tío Casimiro (panadeiro) e a tía Amparo
A súa muller, a tía Amparo Portela Fajar, naceu o 4 de marzo de 1894. Era filla de Rafael Portela (xornaleiro) e María del Carmen Fajar, que tiveron ademais outros cinco fillos: Consuelo casada con Alfonso “O Canexa“; Candelaria casada con Emilio, “Cabeza de Ferro”; Avelino “de Barrias“, solteiro; Rafael, casado con Mª Rosa Braga, e Julio, solteiro, que foi carteiro. Amparo morrería o 2 de xullo de 1961, aos 65 anos de idade, logo de permanecer moitos anos inválida. Casimiro e Amparo casaron o 8 de xuño de 1929 na Igrexa parroquial da Guarda, oficiando o Presbítero D. Manuel Álvarez Rodríguez. Contaba Casimiro 31 anos e estaba empadroado en Vila Nova de Cerveira. A súa muller, Amparo, tiña a idade de 36 anos. No primeiro ano de casados residiron naquela vila, pasando pouco despois á Guarda onde fixaron a súa residencia definitiva. Do matrimonio naceron dous fillos: Rosa, (que aparece inscrita como Rosa Portela Pereira, obsérvese que o primeiro apelido é o da nai) probablemente nacida en Vila Nova de Cerveira (tiña nacionalidade portuguesa), morrería na rúa Calvario, por causa dunha bronco-pneumonía cando contaba dous anos (16 xaneiro 1932), e Antonio, máis coñecido como Toniño.
Un ano despois de casar, como dixemos anterioremente, Casimiro e Amparo trasládanse á Guarda, establecendo o seu domicilio nunha casiña da rúa Largo, no barrio de Ribadavila, pouco despois pasarían a vivir na rúa Calvario, a carón da panadería. Cando Casimiro chegou a esta localidade, comezou traballando na panadería de Recaredo, no Coruto, alí estaba outro irmán del, Cándido, que vivía no Castro (pai de Manolo o Caballero). Hacia o ano 1931 establécese pola súa conta, montando a panadería na rúa Calvario, pois nun documento do Sindicato General de Trabajadores de La Guardia y sus contornos, aparece como data de inscrición no mesmo a do 1 de xuño de 1931, polo que se desprende que nese ano xa levaba o seu propio negocio. Por estar afiliado a este sindicato pagaba unha mensualidade de 50 céntimos.
Fotografía do día da voda A panadería e a vivenda familiar eran de aluguer. A primeira, pertencente á familia “dos Brocas”, en tanto que a segunda pertencía o tío Martinillo. Da panadería e da antiga vivenda, hoxe non queda nada. No sitio da primeira se levantou unha vivenda unifamiliar propiedade de José “O Teso” e da súa muller, xa falecidos, e da segunda se construíu un edificio constituido por baixo e dous pisos.
A panadería ocupaba un baixo que, rememorando as miñas lembranzas, antoxáseme hoxe en día “penumbroso”, cunha fiestra enfronte da cal había unha mesa escura e, ao seu carón, sentada nunha cadeira, a tía Amparo, impedida para camiñar, que era a encargada de cobrar aos clientes. Á esquerda da fiestra estaba a porta de entrada. O forno, que era de leña, situábase fronte a esta porta, no fondo do local. A panadería desprendía un agradable recendo a pan quente.
As pás para o forno eran fabricadas
polos carpinteiros da zona, especialmente polo popular Remigio Vicente Conde
(co que traballaba tamén o seu fillo Jesús), que se adicaba a Carpintería y
Mueblería ou Carpinteria y Ebanistería, que así figuraba nos un mango, pala y mangarla (6 pesetas). una pala con su mango 15 pesetas, tapizar cochecito (o carriño que utilizaba Toniño), 5 pesetas. Parte da fariña que recibía a panadería procedía de Vigo. Era traída ata A Guarda pola empresa Transportes Lomba (Servicio de transportes de La Guardia a Vigo y viceversa), sita na rúa Puerto Rico nº 4, como podemos ver nunha factura desta empresa correspondente ao mes de xullo do ano 1939. Nos anos corenta, os panadeiros non podían utilizar calquera tipo de fariña para fabricar o pan. Estabamos na época do “racionamento”, “na época da fame”. Unha das cousas que tiñan prohibido era fabricar sen permiso o chamado “pan de reservista“. Éste era un pan especial, de máis calidade que o que se vendía normalmente, feito con pan de trigo polo que, comparativamente co de elaboración habitual, de centeo, era moi branquiño. A fabricación e venta deste pan, sen permiso previo, estaba penada e supuña unha multa para quen incumprise a prohibición, chegando incluso ao peche do establecemento. As veces a necesidade empuxaba a arriscarse e máis dun panadeiro, o tío Casimiro non foi unha excepción, foron denunciados por esta práctica. De LA GUARDIA (Pontevedra) —— ALCALDIA
“El Excmo. Señor Gobernador Civil de la Provincia, en escrito nº 1281, fecha 30 del pasado mes de octubre, me comunica lo siguiente:
“En uso de las atribuciones que me están conferidas he acordado imponer a Casimiro Pereira, vecino de La Guardia, la multa de VEINTICINCO PESETAS por venta de pan a precio abusivo y elaboración clandestina del mismo, según expediente inhibido de la Fiscalía de Tasas, que deberá hacer efectiva en papel de Pagos al Estado , en término de ocho días a partir de su notificación, pudiendo recurrir en alzada, en igual plazo, ante el Excmo. Señor Ministro de la Gobernación, previo ingreso de la cantidad en la Caja de Depósitos de la Delegación de Hacienda de esta Provincia.-Lo que comunico a V. Para su conocimiento y efectos de notificación en forma reglamentaria al interesado, remitiéndome las diligencias en que así conste.-”
Lo que traslado a V. Para su conocimiento y notificación, sirviéndose devolverme firmado el adjunto duplicado. Dios guarde a V. Mechos años. La Guardia 2 de noviembre de 1944.
Asina o escrito o Alcalde Agustín Lomba.
Temos que lembrar que os funcionarios de Tasas eran bastante temidos polos industriais, tendeiros, panadeiros..., porque “as súas visitas de inspección”, por norma, supoñían sempre algún desembolso. De xeito que, cando se barruntaba a presencia destas persoas no pobo, a voz corría de tenda en tenda, de tasca en tasca, de comercio en comercio, e dilixentemente, cada quen trataba de que estes inspectores non atoparan nada que poidese dar motivo para que os sancionasen, escondendo certos productos que non podían ser vendidos libremente, aparentando unha normalidade absoluta, etc.
Pero “cousas raras” na época da fame producíanse en todas partes e en tódalas familias e clases sociais, como tamén entre os membros da Garda Civil. Así, un destes gardas chamado Manolo, enviou ao tío Casimiro a seguinte nota:
Sr. Panadero, sírvase V. darle a esta chiquilla la ración del carabinero Víctor que me la cede a mi, le da V. la ración sin que se entere la chiquilla de quien es, que no quiere Víctor que se sepa El Carabinero Manolo Me apunte V. las raciones que le devo (sic)
O tío Casimiro era un apaixoado da caza.
Dispuña de Licenza -portuguesa nun principio, española despois-. No ano 1933,
cando xa levaba como mínimo dous anos residindo na Guarda, seguía tendo a
correspondente licenza portuguesa. Co paso do tempo, tal vez porque a súa
afición de cazador diminuíra, ou por verse obrigado a elo, o certo é que o 13
de xaneiro de 1953, vende a escopeta marca Dumenieux, calibre 16, nº
11414 aos señores Español y Pérez pola cantidade de 621’55 pesetas.
Un feito que merece a pena salientar é que o tío Casimiro permaneceu toda a súa vida como súbdito portugués, non querendo nunca nacionalizarse español, así que cada ano tiña que pasar polo Consulado de Portugal, na Guarda, para ter os papeis en regra. Aos 81 anos, pouco antes de morrer –cando xa levaba cincuenta na Guarda- aínda seguía obrigado a solicitar a renovación de residencia en España, como podemos ver por un impreso asinado por D. Luis Losada Sánchez, sargento 1º, Comandante del puesto de la Guardia Civil de La Guardia, no que certifica que vén “observando buena conducta en todos los órdenes“. A Cédula Consular que era obrigado poseela (na Guarda imprimíase na Imprenta Guardesa) era o documento de identidade que outorgaba o citado Consulado aos cidadáns portugueses. Este documento, a modo de libriño do tamaño dun cuarto de cuartilla, contiña unha fotografía do interesado, o nome e apelidos do mesmo, nome dos pais, lugar e data de nacemento, profesión e estado civil. Ademais figuraba anualmente a autorización para residir en España polo plazo dun ano, razón pola que, anualmente, tiña a obriga de renovar o citado permiso Sempre foi un fumador empedernido, e aínda me lembro co pitillo na boca e unha lixeira tos coa que anunciaba a súa presenza cando entraba na tenda do Arsenio (meu pai). Na época do racionamento, podía permitirse o luxo de fumar algo máis da conta, grazas a un sobriño, Lucho, que como non fumaba, pasáballe ao seu tío unha especie de impreso, onde quedaba constancia da entrega de tabaco a cada “fumador“. (Continuará) NOTA:
para envío de información, fotografías, recordos, etc, agfelo@terra.es ou directamente na Academia Ferreira |
|
|