PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Casino Guardés

por José Antonio Uris Guisantes

                    Momento da bendición do novo local propiedade da Sociedade CASINO DE LA GUARDIA. en 1968, sito na Traversa Troncoso. D. Francisco Sáa Aldir párroco de A Guarda; don José Luís García Pérez, Alcalde; don Francisco Ferreira González, presidente da Sociedade; don Francisco Villa Martínez  natural das Eiras, párroco ecónomo de Salcidos 1955-78]; don Angel Luís Troncoso Alonso, correspondente de prensa; don Generoso Alonso, “indiano” do barrio de A Marina; don Antonio Vázquez Palacios, farmaceútico de A Guarda (Fotografía propiedade de Francisco Ferreira González).

 

.

                      Manuel Herrera [oficial de Aduanas, casado con Carmen Gloria Álvarez Vazquez filla do alcalde republicano don Brasilino Álvarez Sobrino e de dona Carmucha Vázquez Palacios], dirixindo unhas verbas aos presentes na inauguración do local social, ao lado don Aurelio Carrera [empresario, casado con Alicia Domínguez filla de don Eloy Domínguez fundador e dono da Cerámica Domínguez de Levante S.A. CEDOLESA e de aserradoiros no Pasaxe]. (Fotografía propiedade de Francisco Ferreira)

.

                      O CASINO  tivo unha primeira etapa, dende 1892 a 1919, e outra segunda etapa dende 1932 ata hoxe, seu local social (en aluguer) estivo primeiro na rúa Vicente Sobrino, no edificio da familia Alonso [construido en 1893 por don Bernardo Alonso Martínez para que a Sociedade Casino de La Guardia tivera elí a súa sede [que se disolveu en 1918] , logo na rúa Puerto Rico (Antigüedades San Marcos, hoxe), máis tarde, en 1968, a Sociedade pasa a un local sito na Traversa Troncoso (zoa Este da Alameda), local propiedade do Casino sendo presidente don Francisco Ferreira González, verdadeiro impulsor dos socios para que cooperasen no labor.

.

                          Outro aspecto da inauguración do novo local para o CASINO.

                         Á esquerda Nolete, alcalde de Gondomar e antigo xogador do R.C. Celta de Vigo, don Emilio Alonso Freiría, representante do Xulgado de Distrito; o médico don Ermelindo Portela Gómez (Alcalde de A Guarda durtante dez anos), padre Orestes Caimotto e don Francisco Ferreira González, presidente do CASINO.  (Fotografía propiedade de don Francisco Ferreira González).

 

                         O Casino fusionouse co CÍRCULO GUARDÉS [chamado tamén Casino de Caballeros en 1888, unha das primeiras sociedades recreativas guardesas], desenrolándose o labor social maiormente no edificio da rúa Puerto Rico, chamado polos guardes@s “a casa de pedra” de don Manuel Alvarez Vicente. Como é sabido don Manuel Álvarez Vicente (1857-1936), era outro “indiano” chegado de Puerto Rico con unha gran fortuna que incrementou a base de negocios en España. Foi Alcalde de A Guarda (dende xaneiro de 1924 ata febreiro de 1930) na dictadura do xeneral don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja marqués de Estella e logo na República (dende xuño de 1931 ata decembro de 1932).                  

                        O enterro de don Manuel no ano 1936 xuntou a toda a Bisbarra do Baixo Miño na derradeira despedida deste grande alcalde.

 

                       O primeiro conserxe/cantineiro do CASINO foi don Manuel Franco Cadilla, logo Julio Pazos, Isidoro Álvarez, de Ribadavila, quen traspasa a cantina [don Mariano Martínez Portela sendo directivo puxo o nome de AMBIGÚ á cantina] e cargo a don Luís Pérez Portela “Mañí” de Camposancos “Luís o do Casino”.

 

                     En 1968 a Xunta Directiva que presidía don Francisco Ferreira González [anos máis tarde presidente da Comisión de Festas do Monte nos anos 1976-77-78 e 79, e concelleiro de Alianza Popular e Grupo Popular anos máis tarde desenrolando a concellalía de Turismo] decide ir á compra do local sito na Transv.Troncoso, local que veñen disfrutando nestes momentos.

 

.

                    Momentos despois da bendición do local, en primeiro termo Padre Orestes Caimotto, da Orden do P.P. Somascos de A Guarda; detrás, don Francisco Sáa Aldir, don Francisco Ferreira González, don Francisco Villa Martínez, parroco de Salcidos [invitado por estar o local social no “territorio” da parroquia], don Generoso Alonso, don Luís “O Dentista” e  outra persoa que non coñocemos. (Fotografía de don Francisco Ferreira González).

(De esquerda a dereita): Carmucha Vázquez; a esposa de Antonio Vázquez, o farmacéutico; Felicita Pazo, Conchita; Marina Rodelgo; Manola, Manola Nandín; a filla de María Martínez, Conchita; filla de Lucía Martínez e Darina, a última non sabemos quen é (Foto e datos de Francisco Ferreira).

.

Fotografía de Francisco Ferreira. Inauguración do novo local para o CASINO de A Guarda.

Na foto: Aurelio Carrera, a súa muller Alicia Domínguez; Orosia Díaz Álvarez, de gafas; Felisita Pazo e o seu esposo Francisco Ferreira, presidente do Casino; José Luís Pereira, e Manuel Herrera xenro do antiguo Alcalde de A Guarda Honorio Brasilino Álvarez Sobrino, fusilado o 7 de decembro de 1936, por ser republicano, Alcalde é boa persona.

Fotografía de Francisco Ferreira. Con "minifalda" Orosia Díaz Sanjurjo; Mª Mercedes Alonso Martínez, seu marido José Luís Pereira, e Francisco Ferreira, presidente do casino coa súa esposa Felisita Pazo.