PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

CASTELO DE SANTA CRUZ

A Guarda

por José Antonio Uris Guisantes

  

  

Entrada o castelo despois da restauración feita por don Angel González Sobrino

 

              Popularmente O Castillo é unha fortaleza militar do século XVII, foi chamado de Santa Cruz en honra de don Álvaro de Bazán marqués de Santa Cruz de Marcenado, capitán xeneral da Mariña Española finado en 1588 cando trataba de ultima-los  preparativos da saída da Armada Invencible [700 barcos e 28.000 homes que foron derrotados polas galernas case que sen entrar en combate ao mando do Duque de Medina Sidonia], cara as costas de Inglaterra.

 

Vista aérea do castelo de La Santa Cruz nos anos 40.

Fotografía  propiedade de Carlos Martínez Troncoso.  

 

              Construído en tempo record [un ano] en 1663, ano no que tropas portuguesas ocupan o castelo de San Lorenzo [Goian], as obras deste forte guardés estaban dirixidas polos enxeñeiros Carlos e Fernando Grunemberg, empregando a pedra das antiguas murallas de A Guarda para facilitar mais rápidamente a construcción.

 

              Segundo don Aquilino G. Santiso recollido de don Francisco  Ávila y La Cueva [...] el muro de la Villa no es demasiado fuerte y su forma circular y sus dimensiones la tienen por la espalda de las casas del ayuntamiento separándolas del Hospital de Pobres [Hospital de San Marcos], quedando este de la parte de dentro y aquellas de la parte de afuera y de allí corta todo entre casas hacia el mar y va dando vueltas por el corbado que hace frente al monte arriba nombrado [o Tecla], dejando dentro por aquel costado lo más alto de la Villa y de aquí sigue a rematar al sitio donde empezamos, en cuya muralla parece había solo dos puertas , una al costado que mira a la referida montaña y baja por muchas escaleras hacia el Convento de religiosas y de allí a la mar, y la otra desemboca por junto a dichas casas del Ayuntamiento en la plaza principal de la Villa que se halla de la parte de afuera....la fuerza de la población se encuentra fuera toda alrededor de este muro...

 

              O Capitán Xeneral de Galicia don Luís de Poderico certificaba que o 12 de maio de 1664 A Guarda contaba para defensa co forte e que soamente faltaban os cuarteles e a cisterna ou alxibe para auga.

            O castelo ten catro baluartes chamados de Santa Tecla [ zona de Funchidos], A Guía [ zona da Avda. Doantes de Sangue, Santa Cruz [ vendo cara a Cividans], é San Sebastián [ cara  o antigo Colexio das HH. Carmelitas], dentro deste recinto militar había capela, cuartel para as tropas, cuadras, almacéns, polvorín, carnicería, casa para o gobernador e outras dependencias, tiña varias portas de entrada sendo a principal a que sube perpendicular a rúa Porto Rico na estrada Baiona – Vigo, fronte mesmo o antigo Colexio M.R.Sinde.  

Acceso principal ao castelo. Fotografía de don Mariano Jiménez Huete.

 

                  Por certo que varias ducias de cidadáns guardeses carecen de información o respecto, non sabendo nin por onde se entra ó castelo. As persoas que proceden de Baiona poden contemplar hoxe mesmo un baluarte moi ben conservado  fronte a subida da rúa Brasil nos Casas.   

 

             No tomo XIV da Historia de Galicia de don Benito Vicetto (Edicións Galegas SA)..[....] en la Villa de La Guardia se hizo una atalaya, capaz para 50 hombres, con su foso y estacada: costó 12.000 ducados, con gobernador; caballería e infantería...[....] En la barca de Goyán se hizo un fuerte Real con sus fortificaciones: costó 50.000 ducados.

 

            O Padre Gándara [Mobiliario, Armas y Triunfos de Galicia.Madrid 1677] confirma os datos. Galicia aportou a coroa do Rei Felipe IV [dende 1624 a 1659] 30 millóns 69l.000 ducados.

Castelo de Santa Cruz – A Guarda. Baluarte de A Guía.

Detalle do muro e da garita.Fotografía de Mariano Jiménez Huete

 

            Durante a Guerra de Independencia entre Portugal e España [ 1640-1668], un 22 de novembro de 1665 [ en setembro falecera o Rei de España Felipe IV, sucedéndolle seu fillo Carlos II El Hechizado] o Gobernador Militar da provincia portuguesa entre Douro e Miño,don Francisco de Sousa Conde de Prado e Estribero Mayor del Rey de Portugal, ordenou ao xeneral de artillería don Fernando de Sousa Coutinho[ tamén Sarxento Maior de Batalha], atacar a zona sur de Pontevedra con un exército de 5.000 soldados [ hai autores que din 12.000] e 500 cabaleiros [ outros se refiren a 2.500].  

.

            As tropas entraron por Goián, seguen polo Val de O Rosal, Val Miñor e destrúen a vila de Gondomar, pasan o Val do Fragoso queimando a Vila de Bouzas e intentan asediar Vigo, baixan e saquean O Porriño, chegando ata A Guarda o día 14, onde asedian o castelo de Santa Cruz con tropas e artillería, tendo que capitular os defensores do castelo por falta de munición e ameaza de seguir dinamitando os baluartes do castelo. O mando neses sucesos correspondía ao Gobernador  Jorge de Madureira.

Castelo de Santa Cruz – A Guarda.

Pranta actual do castelo de Santa Cruz levantado polo topógrafo don Eduardo Moreiras Barreiro.

 

           Nesas datas a guarnición era de 1600 infantes, dúas compañías de cabalería e dez pezas de artillería, composta por pezas vellas e medio inútiles. Os mandos portugueses renden honores ao Gobernador e os superviventes no momento de entrega-las armas .

 

           D. Jorge de Madureira describe a situación ao Capitán Xeneral de Galicia despois da rendición, [...] repetidas veces he pedido lo que era necesario para la plaza, así municiones como gente, instrumentos de fuego y otras cosas necesarias para que.... resultó remitir una poca de pólvora y balas, de suerte que cuando el enemigo puso en sitio que fue en once de noviembre, me hallaba con unos ciento cuarenta quintales de pólvora y pequeña cantidad de balas... y de noche encargué a algunas personas que hiciesen buscar las balas que caían del enemigo en la estrada cubierta y en la plaza y se les pagaba la docena a cuatro cuartos... haciendo que de unas balas de artillería de plomo se fundiesen para balas....

 

Castelo antes da restauración ordenada por don Angel González Sobrino.

   

           As capitulacións do Castelo de Santa Cruz foron asinadas  polo Conde de San Juan en representación do Conde de Prado e polo Gobernador don Jorge de Madureira [...] toda la guarnición española debía ser escoltada con toda seguridad hasta la Plaza de Tuy... y el lunes 22 de noviembre de 1665 el Gobernador D. Jorge de Madureira con seiscientos soldados de pago y quinientos auxiliares abandonan las murallas del castillo de Santa Cruz...

.

Siguiente