PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

(Viene de la anterior)

           De seguido toma posesión don Baltasar Fagúndez Mestre de Campo portugués ordenándose a reparación e ampliación da Atalaia que foi reedificada en 1797.

Antigua Atalaia na entrada ao porto de A Guarda.

[Grabado de La Ilustracción Gallega y Asturiana]  

 

           A Atalaia era un pequeno forte con base circular sito na parte sur do peirao guardés adicado a defensa do porto, xunto co castelo [dende o baluarte de A Guía] contra os piratas ou corsarios que daquela arrasaban as costas galegas.

 

           A Atalaia figura dende entón no escudo da Vila Guardesa aínda que no ano 1943 [sendo Alcalde don Agustin Lomba González o do Comercio de “Los Muchachos”] foi desfeita totalmente co obxeto de facer morrillo cas pedras e adicalo ó arranxo do propio peirao.

 

           Hoxe volveu a ser construída de novo ubicándoa no paseo marítimo preto da antigua praia de Aldramán [praia de moda a comezos do século XX onde estaba a Casa de Baños “con algas”]

Actual Atalaia ubicada na zoa norte do peirao guardés

[antigua zoa que ocupaba a praia de Aldramán]

                                                                                        Foto: Uris Guisantes

 

           Os militares portugueses deixaron o castelo de Santa Cruz e a Vila de A Guarda o 1º de maio de 1668 o asinarse a Paz entre España e Portugal un 15 de febreiro de 1668.

 

           O castelo estivo a punto de ser derrubado oficialmente, co fin de traslada-las pedras a Barra do Miño – fronte a Insúa – co fin de volver a reconstruí-lo pequeno forte na zoa entre Punta Barbela e o Muíño [existen os topónimos Praia do Forte e Pozo do Forte aínda hoxe ], pero o 13 de agosto de 1668 a Real Orden foi revocada diante das testemuñas feitas polos defensores do castelo no asedio do ano 1665.

.

           Segundo podemos ler en Juntas del Reino de Galicia [....] en 1706 o castelo de Santa Cruz tiña 466 soldados baixo o mando do Gobernador ou Mestre de Campo D. Martín Álvarez de la Estrella.

Escudo oficial de A Guarda en branco e negro

.

Escudo “barroco” de A GUARDA que non concorda ca realidade histórica

           En 1793 o castelo tiña unha guarnición de 25 soldados, sete canóns, capelán, oficiais e gobernador. O último capelán foi don Bernardo Vicente Patiño en 1798 quen faleceu en 1830.

           D. Juan Manuel Pérez González foi o último Mestre de Campo ou Gobernador do Castelo de Santa Cruz.

 

Escudo oficial en color do Concello de A GUARDA

           O Castelo de Santa Cruz foi vendido polo Estado Español en pública subasta por parcelas en 1860, sendo algún dos  propietarios don Juan Puebla e don Angel González Sobrino que foi quen restaurou as murallas, modernizou a zona interior e habilitou outros sectores para cultivos agrícolas.

          Segundo refire don Angel Luís Troncoso Alonso en 1979 existían Libro de Casados [o último matrimonio foi un 2 de maio de 1821, casando  Gabriel Castejón con Benita Ameal], Libro de Bautizados [o último bautizado foi Vicente Ramón María un 12 de decembro de 1822]e Libro de Falecidos [o último falecemento foi o de  Rosa Estévez un 11 de novembro de 1828].

           Detrás do Castelo de Santa Cruz e do baluarte de Santa Tecla [zona de Funchidos] estaba instalado o cemiterio de A Guarda [antes estaba no atrio da Igrexa Parroquial], logo pasou para os terreos ocupados polo antigo Estadio do Tecla para de maneira definitiva pasar a Sestas na área de A Sangriña.

            O día 5 de febreiro de 1809 as tropas francesas ao mando do xeneral Merlé toman posesión da Vila de A Guarda e o domingo día 12 o propio Mariscal Soult pasa revista as tropas, a guarnición do Castelo de Santa Cruz, diante do numeroso exército francés destrúe as municións e pasa a Caminha onde se organiza a Xunta de Defensa de A Guarda [o dirixente era Joaquin Tenreiro Montenegro [logo premiado co título de Primeiro Conde de Vigo], o Gobernador do Castelo de Santa Cruz don Francisco López de Layseca é Alcalde - Xuíz de A Guarda don Juan Portela, don Rafael Ventura Domínguez de O Rosal, don José Español e don Juan Andrés Martínez.  

          Mentres os guardeses levan as mulleres e fillos para os altos do monte Terroso e monte da Groba [Loureza e Buugueira], na capela do castelo os soldados franceses esnaquizaron as imaxes relixiosas a sablazos e obrigando as persoas adiñeiradas pagar unha contribución económica o igual que fixeron cos cartos da Confraría das Ánimas. Parece que foron responsables da queima e desaparición de mutitude de documentos oficiais da Casa do Concello.

          O 10 de marzo as poucas tropas  francesas capitulan diante das tropas de paisanos da Bisbarra [arredor de 3.000] e tropas portuguesas [500 soldados],  dirixidas polo Coronel Serpa. O día 19 as tropas francesas abandonan definitivamente o Castelo e a Vila de A Guarda.

          Estas mesmas tropas galego – portuguesas acudirían a liberar Tui .

 

          De seguido toma posesión do Castelo de Santa Cruz o Tte de Infantería don Francisco López de Layseca que fuxira a Caminha cando os franceses tomaron A Guarda.

 

          Refórzase o poder da Xunta Local de Defensa e tanto o Castelo como a Vila Guardesa pasan a ser  da coroa do Rei de España Fernando VII.

 

           En 1810 a Xunta Local de Defensa divídese en dous Departamentos de Alarma, xuntándose os veciños no lugar de As Cachadas para elixir os representantes, quedando como Comandante Xeral o Xuiz – Alcalde don Juan Portela e de segundo xefe o cura de Camposancos don Domingo Alonso Grova natural de San Miguel de Tabagón.

 

          A primeiros do século XX estaba instalada dentro do Castelo Santa Cruz unha cerámica ou fábrica de louza co nome de La Santa Cruz propiedade de don Juan Antonio Lomba Alvárez Proveedor de La Casa Real, contando no seu haber con grandes exposicións de louza nos anos 1903 e 1911. 

.

          A materia prima [o barro] viña da zona de As Cachadas e da Ribeira de Salcidos e os productos elaborados eran comercializados en Vigo e Cangas.

Antigua cerámica de don José Antonio Lomba Camiña en AS CACHADAS- Salcidos.

 

         Na Dictadura do xeneral don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja [marqués de Estella (1923-1930)], as instalacións do castelo servían para reunións da organización politica Unión Patriótica, constituída polo propio xeneral como apoio a súa politica en España. Esta formación politica contou nas súas filas co propio Alcalde guardés don Manuel Álvarez Vicente [nomeado polo Gobernador Civil, o que na IIª República volveu repetir mandato].

Capela adicada a Virxe da GUÍA no barrio de Ribadavila, intimamente relacionada co Castelo de La Santa Cruz.

 

D. Miguel Primo de Rivera y Orbaneja marqués de Estella.

 

         Un dos máximos dirixentes da Unión Patriótica e dos Somaténs [Somatén foi un corpo civil de paisanos armados nomeados polo gobernardor civil como Defensa Cidadán, que colaboraban cos patróns, na provincia de Pontevedra e na Guarda aínda había Somaténs co nome e apelidos en 1982 en plena Democracia é que foron obligados polo Gobernador Civil de Pontevedra  Virginio Fuentes Martínez a devolve-las armas] foi na GUARDA don Francisco Antonio Moreno Álvarez [sobriño de don Manuel Álvarez Álvarez  e primeiro Alcalde franquista nomeado a dedo polo Tte de Carabineiros  Salvador Buhigas Dono cando un 27 de xullo as duas da tarde entran as tropas sublevadas de Franco [despois de rompe-las defensas republicanas na Curva de A Moura entre O Porriño e Guillarei] na Casa Consistorial de A Guarda]. Paco Moreno tamén foi presidente do Club Deportivo Guardés nos anos cincoenta.

 

               Na IIª República os compoñentes da Unión Patriótica reunidos regularmente no edificio do castelo conspiraban e trataban de desacreditar ao goberno republicano é aos representantes no Concello Guardés.

 

               Respecto das obras de urbanización no Castelo de La Santa Cruz de A Guarda debe de facerse unha mención obligada das opinións recollidas de don Jaime Garrido Rodríguez que figuran nas ACTAS do Iº CONGRESO GALLAECIA de novembro de 1988:

 

                                                                                            [....] Casi todos los castillos fueron catalogados en 1968 en el INVENTARIO de PROTECCIÓN del PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO, como monumentos de arquitectura militar.

 

               Esta catalogación fue realizada por la COMISARÍA GENERAL DE PATRIMONIO ARTISTICO NACIONAL de la Dirección General de Bellas Artes por medio del Decreto de 22 de abril de 1949 “todos los castillos de España, cualquiera que sea su estado de ruina, quedan bajo la protección del Estado, que impedirá toda intervención que altere su carácter o pueda provocar su derrumbamiento”.

 

                La Ley del Patrimonio Histórico Español 16/1985 de 25 de junio, señala en su artículo 1º como integrante del Patrimonio Histórico Español los inmuebles de interés artístico, histórico o arqueológico entre otros.

 

                 En el artículo 15 se define como Monumentos aquellos inmuebles que constituyen realizaciones arquitectónicas o de ingeniería que tengan interés histórico, y como Sitio Histórico el lugar o paraje natural vinculado a acontecimientos o recuerdos del pasado que posean valor histórico.

 

                 La consideración de Sitio Histórico y valor monumental de estas fortificaciones resultan incuestionables y por lo tanto su protección y consolidación son obligadas por parte de la Administración Autonómica, que ya hace años recibió las competencias en la materia.

.

                  Artículos como el 22 y el 25 entre otros, de la citada Ley del Patrimonio Histórico Español señala que cualquiera obra o remoción de terreno en un Sitio Histórico deberá ser autorizada por la Administración competente en materia de Protección del Patrimonio Histórico Español, podrán ordenar su reconstrucción o demolición con cargo al responsable de la infracción.

 

                   E para máis abundamento está o Real Decreto 50/1989 do 9 de marzo polo que se aproba o REGULAMENTO para Execución da Lei 3/1985 do 12 de abril do PATRIMONIO da COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA.

Gamela de A Guarda saíndo para o “xeito” nun atardecer dos anos setenta.

Fotografía de Luís Cadilla González.

 

Fontes Informativas e Literarias:

  • Angel Luis Troncoso Alonso. La Guardia, El Rosal y Oya.1979.

  • Juan Domínguez Fontenla. Nuestra Guerra con Portugal en el Siglo XVII.1997

  • Juan Domínguez Fontenla. La Guardia ante la invasión francesa.1918.

  • Benito Vicetto. Historia de Galicia.

  • Padre Gándara. Mobiliario. Armas y Triunfos de Galicia.1677.

  • Antonio García Lago. Crónica Biográfica de Camposancos y su Entorno.1998

  • Actas do Iº Congreso Gallaecia. A Guarda. Novembro de 1988.

  • Actas Concello de A Guarda.

José Antonio Uris Guisantes