PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Cine Avenida ( A Guarda)

Apuntes para a súa historia

por José Antonio Uris Guisantes

Aspecto actual do Teatro Cine Avenida. Fotografía de Antón Ferreira Lorenzo.

 

                 Enterado da posible desaparición do Teatro Cine Avenida debido a presión inmobiliaria xordida neste novo Milenio vamos lembrar “por riba” a pequena historia deste emblemático local.

.

ANTECEDENTES:

 

                 As primeiras películas de Cine Mudo foron expostas na Guarda polo empresario don Juan Lomba, “o tío Juan Lomba do Curuto”· a comezo do século XX, tiña como base o baile coñocido cómo “Baile da Trangallada” na rúa Puerto Rico –fronte ao local actual da Sociedade Recreo Artístico Guardés -  [nome popular posto, anos má

is tarde, ao baile que se celebraba no “Salón Parque Avenida”, ou “Salón Park Avenida”].

.

 

Folleto de propaganda do Salón Ideal, tempada 1934/35

 

               As distintas películas da época continúan expoñéndose no Cine IDEAL propiedade de don Arturo Fernández del Valle e don Ricardo González, os que a súa vez venden a don Adolfo Builla [xefe de Correos na Guarda] e a don Juan González González, popularmente “don Juan o vúelvase burra”. Este Cine estaba na rúa Ezequiel Ordóñez, logo rúa Pontevedra é hoxe rúa Galicia [onde está o restaurante Pizzicatta], lindeiro co Bar Deportivo Guardés de Juan Noia Xil, traspasado máis tarde. Nos anos cincoenta aparece cómo asinante das facturas Cándido Parada, pero co  nome de Café- Bar CELTA.

 

Cabeceira das facturas do comercio de Viúda de Arturo Fernández del Valle en 1960. Facturas de materiais empregados nos distintos Festivais de 1960 no Teatro Cine Avenida a beneficio das Festas do Monte. A viúda era dona Herminia Estévez.

 Café-Bar Celta- “Restaurante”, “Mariscos del día”, “Tapas variadas” e “Vinos de El Rosal”

 .

         Na tempada 1934/35 a empresa do Cine Ideal edita un folleto que indicaba:

[....] “ para poder obsequiar a su distinguido público con localidades gratis todo el año, hemos acordado sortear entre nuestros favorecedores, todos los meses, un palco con siete entradas, lo cual para mayor garantía del público haremos en combinación con la Lotería Nacional que se celebra en Madrid el primero de cada mes bajo las condiciones siguientes:

 

1ª .- El premio será un palco con siete entradas valederas para otras tantas personas mayores de 18 años y por el tiempo de un mes, los cuales tienen derecho a asistir a la función de MODA, que se verifica todos los Domingos a las siete o siete y media de la tarde, no pudiendo usar este premio en las demás funciones que se celebren el mismo día ni las que se celebren fuera del día Domingo si las hubiere....

 

2ª.- Los números para el sorteo van intercalados entre los anuncios y lectura del presente folleto, para lo cual  el distinguido público deberá guardar estos durante el mes para ver cuando venga la lista oficial si le ha correspondido el premio, y en este caso presentará el folleto premio en las oficinas de GOFIO TRAVIESO de esta localidad donde le serán canjeados por los siete billetes para tener derecho a la entrada y uso del palco, el cual para no sufrir errores llevará un cartel que dice: PREMIO IDEAL CINEMA.

 

 A empresa que patrocina o agasallo era:

El Golfo Travieso estaba na Praza de “A Fariña”, oficialmente Praza de Ignacio Sobrino hoxe, no edificio onde estaba a taberna popular MAU MAU, hoxe soamente existe o solar...

 

         O Cine Ideal rematou despois da guerra civil sendo pechado polos anos cincoenta ao mercalo e dedicalo a almacén de materiais para a construcción don José Riego Lomba. Na década dos setenta aparece o CINE ALVI (Familia de don Arturo Alonso), sito na rúa Rosalía de Castro, máis tarde convertido en Discoteca e hoxe pechado, local que non tivo nunca a trascendencia do Teatro Cine Avenida. 

 

Logo do Iº Noticiario Nacional proxectado en tódolos cines de España o 4 de xaneiro de 1943. Non sei se o proxectaron no Teatro Cine Avenida porque tampouco sei en que mes se abríu o público neste 1943.

O lema era: “El mundo entero al alcance de todos los españoles”.  

 

                A empresa Teatro Cine Avenida nace un 20 de agosto de 1943 [ Ignacia Troncoso Vicente S.L.] cando tres empresarios  guardeses se poñen de acordo para abrir un local asinando unha escritura no Notario de Vigo don Fernando Poveda. O local ten unha superficie de 660 m2, é o proxecto do Teatro Cine Avenida foi feito polo arquitecto Sr. Cominges, sendo a apertura oficial un 27 de marzo de 1943, inauguración con obra de Teatro e non con película cómo sería de supoñer, tamén era obligatorio antes das películas expoñe-lo NO DO [Noticiario y Documentales].Os datos das datas exactas da constitución foron feitos por don Fernando Martínez Vicente.  

 

Logo  do NO-DO en 1955 para facturación.

 

Logo do novo NO - DO

 

               Este é o logo de NO-DO que contemplábamos no Cine Avenida antes da película, naturalmente non correspondía nunca a semana actual, sempre se expoñía con semanas de retraso, pero o que máis fastidiaba era que se repetía o mesmo durante semanas... E sempre salía Franco e os ministros, o Val dos Caídos, os Embalses inaugurados, as Festas de Educación e Descanso o Auxilio Social, os Campamentos de Verán da Falanxe, e xefes do Glorioso Movimiento Nacional, cómo José Antonio Girón de Velasco, os Plans de Desenrolo, pero nunca a realidade dos anos corenta que eran de AUTÉNTICA E XENUÍNA FAME, pero FAME DE VERDADE., etc. etc....

 

            Pero tamén salía o Real Madrid, Barcelona F.C. Atlético de Madrid; Valencia F.C. etc. etc. que era o que máis nos interesaba porque non era o mesmo oír os partidos que ver as “figuras” en pantalla, aínda que fose con semanas de retraso.

 

            Había o NODO (A) é NODO (B) sendo eleborados e gravados por profesionais de Radio Nacional de España. A voz do locutor que escoitábamos nos Nodos era a de José Hernández Franch. (parece que o estou escoitando con aquela voz e entonación tan particular....). Estiveron dirixidos por Joaquín Soriano, traballaron e falaron: Ignacio Mateo, Luís Figuerola, Rafael Simancas Juan LLopis, Alberto Reig e un logo etc. de profesionais da radio.

 

           En 1951 A Guarda saíu no NODO nº 456-A cando Francisco Franco Baamonde vistou o Tecla. Saíndo tamén A Guarda, no NODO nº 1172-A, cando a botadura da Nao “Olatrane San Lúcar” do capitán Etayo Elizondo, dende os asteleiros de Joaquín Castro Barcia.

 

           O NODO e a Radio foron os medios informativos cos que contabamos os españois, ata que en 1956 chegou a Televisión, é adiós ao NO-DO.

 

           A Guarda ten o privilexio de saír nun programa de RTVE titulado “Nuestros Ríos” do director José María Alcaine.

 

            En 1959 estaba en pleno éxito o programa “Buscando Artistas” de La Voz de Vigo, dirixido por  don Andrés de Sendra. Programa que percorría a provincia, gravaba as actuacións para emitilas máis tarde, ou tamén en directo dende o local que se escollera para dar a coñocer os “artistas” da localidade... humor, canto e baile maioritariamente.

Gastos dos Grupos de Danza da Sección Feminina de Marín e Baiona desplazados á Vila de A Guarda co motivo do Festival celebrado no Teatro Cine Avenida de A Guarda, o 17 de agosto de 1960.

A Rexidora Provincial de Cultura, María del Carmen González.

 ..

Factura dos autobuses da empresa Martínez Hnos. S.R.R. de Vigo polos dous autocares contratados para ida e volta dos Grupos de Educación y Descanso de Vigo que actuaron no Festival celebrado en agosto 1960 no Teatro Cine Avenida nas Festas do Monte

 .

Cabeceira dos impresos de cartas de don Andrés de Sendra, locutor de La Voz de Vigo.

 ..

Sinatura de Andrés de Sendra.

 .

           Naturalmente o espectáculo tivo lugar no emblemático e popular “Avenida” un 27 de setembro de 1959, tendo que repetir varios días as actuacións. O éxito foi total...

           Facéndose eco do éxito local, un grupo de entusiastas de ámbolos sexos deciden facer, no mes de abril de 1960, un Festival Benéfico [impulsado dende a Comisión de Festas de San José Artesano] feito e protagonizado por xoves artesáns guardeses que demostraron estar tan preparados cómo os “artistas” profesionais....  

 

            O acto fora presentado por Miguel Torrón Saavedra [persona cercana a Acción Católica] e José Luís Lomba Alonso “Salero” [cómo director musical ó piano e órgano]. Foi posto en escena o Sainete Cómico “La niña de Juana o el descubrimiento de América” . Intérpretes: Julia Mª de la Purificación Sobrino González ,“Julita”; Teresa Pena Álvarez e Isidro Parada de la Torre “Parada” (q.e.p.d.). Os monologuistas eran Enrique Silva Silva e Xan D`outeiro que se revelaron como uns excelentes “cuentistas enxebres”.

            Actuou nos entreactos o Grupo Folclórico Rexional composto por: “Os Albariños” de Novás (O Rosal); “Las hermanas Mon” de A Guarda que puxeron no Festival Benéfico unha nota de colorido é alegría.

 

            Enrique Silva Peniza con armónica e Jesús Alonso Lomba “Bambino” con obras de música clásica deron unha excelente nota.

 

            Los dos payasos” a cargo de Juanito Cólera Leirado e Manuel Gil Vicente, xunto a actuación do “Coro Femenino” ca peza “El Marinero” a tres voces puxeron un punto moi alto no “Avenida” ese día.

 

            Na parte dedicada a “Grandes canciones para grandes voces”, actuaron: Gloria Baz Alonso (q.e.p.d.); Julia Sobrino González; Teresa Pena Álvarez; María Trinidad Alonso Alonso; María Josefa e María del Carmen Matos Costa; Gloria Silva Peniza; Hortensia Martínez Vicente; Gelucha González Ferreira e os xoves Jesús Alonso Lomba, Antonio Pereira Portela “Toniño”, Joaquín Estévez Alonso e Santiago Estévez González.

 


Cine Avenida     Cine Avenida-1      Cine Avenida-2     Cine Avenida-3