PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Cine Avenida ( A Guarda)

Apuntes para a súa historia

por José Antonio Uris Guisantes

 

No 11 de xuño de 1960 tiveron lugar dúas funcións nas que se recadaron netas 6.442,90 pesetas. Os empresarios levaron o 25% do total recadado que foron 2.147,60 pesetas. Precios: Butaca, 10 ptas; Anfiteatro, 7 ptas é xeneral, 5 ptas.  

.

            O Teatro Cine AVENIDA volveu a se-lo escenario ideal nos días 11 e 13 de xuño de 1960 con outro “Gran Festival Artístico”, organizado pola Comisión de Festas do Monte, sendo presidente don José Riego Lomba e Alcalde don Agustín Pena Pacheco.

 .

.

Outras dúas funcións no día 13 de xuño de 1960. Cunha recadación total de 9.770 pesetas. O Teatro Cine Avenida levou 2.442,50 ptas (25%)

 

            Presentaba o acto Miguel Torrón Saavedra coa colaboura de don Emilio Alonso Freiría e don Manuel Ferreira Pérez. A dirección musical estaba a cargo de dona Teresa Silva Giestal e don José Marino González de la Concepción “Santeiro”. Maquilaxe e vestiarios a cargo de Juan Cólera Leirado, coa colaboura radiofónica de Marcial Villa Díaz de Radio Reparación; luminoctenia de don Alcides Alonso da empresa “Industrial Guardesa”.

.

Permiso do Goberno Civil para poder celebra-lo festival no Teatro Cine Avenida en 1960

.

           Neste Festival actúan os mesmos dos anteriores coa inclusión de:Juan Antonio Álvarez Otero, de Salcidos; Esteban Doiro Rodríguez, Ignacio Álvarez Álvarez, Ramón Franco Lomba, José Peniza Vicente, Rafael Álvarez González, Eduardo Vicente Rodríguez, Santiago Ruiz Silva, Manuel Martins Portela de Camposancos, Adolfo González González, María Eugenia Sobrino Lorenzo e Milucha Alonso Román.  

 

 

Nesta función o público non acudiu. Total: 1.096 ptas (Avenida 499). Por certo os porteiros cobraban 225 e o taquilleiro 274 ptas

 

Na función do 20 de xullo de 1960 xa acudiu o público. Total: 8.271 pesetas (25% Cine 2.067,75 ptas)

 

Rematan os Festivales máis importantes na historia do Teatro Cine Avenida, tanto polo éxito dos espectáculos, canto pola organizacións dos propios Festivais e cómo no a asistencia dos guardeses e rosaleiros... Recadación 6.474 pesetas. (Cine Avenida 1.618 ptas)

 .

           En 1961 outro Festival no AVENIDA que dá lugar a eloxios no Faro de Vigo (9 de marzo 1961) [....] a la selección de figuras con un vestuario a todo rango (o artista era Juanito Cólera Leirado), correspondió un reparto de adaptación singular, con mayor aplomo, con mayor desenvoltura y una abierta naturalidad, eran las notas destacadas que se ganaban el parabién individual y el aplauso colectivo...      

          Coros como: Candilejas; Maniquí; Madrid; Mustafá; Machicha; San Antón; El niño de las monjas, etc.etc.

 

Cabeceira da factura da casa Lucas Moris de A Coruña onde envían para as funcións do festival (canto) as partituras de piano: “Antonio Romance”, “Maniquí Parisién”, “Nostalgias” e “Volver” que valeron 46 pesetas. O intermediario era o Sr. Gacituaga de Vigo

 .

           No cine (cortos) A Guarda sae en 1966 baixo o título de “Aventuras en las Islas Cíes” do director don  Luís María Delgado, outra en 1969, co título de “Más allá del Miño” de don Ramón Torrado.

 .

           Luís Maria Delgado rodaría “Loca por el Circo” en 1982, con Teresa Rabal como potragonista.  Máis tarde, en 1985, rodaríase a película “La hora bruja” de don Jaime de Armiñán, con Paco Rabal, Concha Velasco, Victoria Abril e Sancho Gracia, entre outros. Varias ducias de guadeses/as fixeron de extras. Rodáronse escenas nas Loucenzas, no Porto, no Pasaxe, en Punta Barbela e no Eido das Bruxas.....

           Sancho Gracia volvería a ser protagonista noutra película  en 1987.

 .

           En 1991 rodaríase “Martes de Carnaval” co-dirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal.

 .

                  En 1997 ródase a película hispano-portuguesa “Viagem ao principio do mundo” do director  Manuel Oliveira, onde no esteiro do Miño podemos contemplar a figura e cara dun canso Marcelo Mastroiani, no río Miño na barra do río, remata a carreira cinematográfica do grande actor italiano Marcelo Mastroiani, sendo esta a última película (número 178), finado dous meses despois... (d.e.p.d.), polo tanto na súa retina levou a auga e a vida do tramo final deste noso grande e eterno río galego...  

.

Estes foron os socios:

 .

D. Mariano Martínez Portela dono da empresa Imprenta Guardesa, sita no local que hoxe ocupa o Banco de Galicia.

 .

Logo da Imprenta y Droguería Guardesa

.

 

Mariano Martínez Portela. Fotografía cedida por Fernando Martínez Vicente.  

 . 

Sinatura de don Mariano Martínez Portela

 

D. Manuel Martínez Español “Polis” dono dunha panadería no lugar de Netos, foi Tte. Alcalde varios

anos.

Manuel Martínez Español “Polis”. Fotografía cedida por José Martínez Álvarez “Polis II”

 

Sinatura de don Manuel Martínez Español “Polis”

 .

D. Alfonso Martínez Peniza dono de Tejidos La Imperial, figurando súa esposa dona Ignacia Troncoso Vicente nos papeis legais. 

  .

Alfonso Martínez Peniza “Alfonso da Imperial”


Cine Avenida     Cine Avenida-1      Cine Avenida-2     Cine Avenida-3