PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Cine Avenida ( A Guarda)

Apuntes para a súa historia

por José Antonio Uris Guisantes

 

Aspecto interior do Teatro Cine Avenida nunha exposición retrospectiva do Deportivo Guardés en 1956. A parte superior era a clase de “preferencia”

  ..

             Dous anos despois (1945) da inauguración do Teatro Cine Avenida Mariano Martínez únese a varios empresarios guardeses para facerse cargo da Comisión Cidadán das Festas do Monte, festas que ata esas datas organizaba a Sociedade Pro Monte.

 .

Mariano e demais compañeiros facían uso do anagrama de A Guarda nos contratos das Festas do Monte

 .

 .

              D. Avelino Cachafeiro Bugallo de Sotelo de Montes – Pontevedra-, indicaba a Mariano Martínez Portela que o Grupo de Gaitas “dejará de actuar”. Casualmente este don Avelino tamén tiña un CINE, ademais fabricaba “ataúdes” e mobles e vendía gasolina e aceites...

 .

               A Eléctrica Guardesa nos anos cincoenta e sesenta era a encargada de deixarnos sen luz cada vez que había tormenta do mal que estaban as instalacións daquela.

.

Logo das facturas de Industrial Guardesa S.L. popularmente “A Eléctrica”

 .

               Cada función de teatro valía 250 pesetas nos anos cincoenta; por exemplo en agosto de 1954, tres funcións de teatro e a actuación do Coro De Ruada en diario valeron 750 pesetas, pero se a función era en domingo (unha función do Coro De Ruada valeu as mesmas 750 pesetas),valía moito mais, debido a que tiveran que suspende-las tres funcións de domingo.

 .

               Case que tódolos guardeses daquelas datas lembramos ao “taquilleiro” do Avenida Sr. Antonio Rocha, aos “acomodadores”, Juanitoda Campa”; Florindo do Rato” e JoséO Lugés”, é como no o “operador” Sr. Costiñas (algunhas das veces facía Alfonso “da Imperial” de operador....)

 .

          O Cadro de Declamación do Recreo Artístico Guardés en agosto de 1949 estrenou no Teatro Cine Avenida a obra “El Famoso Carballeira”, sendo o Director Gonzalo Rey Flores. A beneficio das Festas do Monte deste ano.

 .

           Nesta mesma función foi exposta unha pequena película sobre a chegada dunha imaxe da Virxe de Fátima para estrena-lo altar que se construíra ex-profeso para ela na parroquia de Santa María de A Guarda. A imaxe procedía do Santuario Mariano de Fátima (Portugal), e depositada na Igresia Matriz de Caminha para ser recollida oficialmente do párroco de Caminha Padre José Vas e traída por río e mar ata a Ribeira, onde en procesión multitudinaria chegaría á parroquia.

 .

           Presentes o Alcalde de A Guarda don Ermelindo Portela Gómez, o Vicario do Bispado de Tui-Vigo en representación do bispo Frei José López Ortiz que estaba no Xapón, o párroco de A Guarda don Saturno Gómez Vila e o cura guardés capelán da Falanxe local e das HH. Carmelitas don Cándido Rodríguez Vicente, que foi o elemento fundamental para que se fixera o altar dedicado á Virxe de Fátima.

 .

              Nestes anos cincoenta a empresa do cine chamábase CINE AVENIDA y SALÓN PARQUE AVENIDA, asinando as facturas tanto don Manuel Martínez Español, canto don Mariano Martínez Portela.

 .

 .

            O Salón Parque Avenida (Salón Park) era outro local sito a vinte metros do Teatro Cine Avenida, hoxe Hostal Celta e Novo Celta. No outro lado estaba o Bar Deportivo, logo Bar Celta....

 ..

            Este Cine Salón Parque Avenida foi inaugurado ca primeira película en CINEMASCOPE que se expuña na Guarda, foi “LA TÚNICA SAGRADA” (Película americana, estrenada a nivei mundial en 1953). Actores: Richard Burton, Jean Simmons, Victor Mature, etc.. En 1953 obtivo un Oscar ao mellor actor (Richard Burton) e outro Oscar á Mellor Película. Argumento: Baseada nos últimos días da vida de Cristo, foi exposta na Semana Santa de 1954.  

 

 

 

Folleto da película La Túnica Sagrada

           

            Mais tarde foi empregado para facer bailes os domingos popularmente coñecido como “baile da trangallada”. “Amenizaban” as tarde dos domingos as orquestras “La Palomita” que dirixía en principio Faustino Rodríguez “O Botabaixo”, e “Dandy”, dirixida por José Marino González de la Concepción popularmente “Santeiro”.

 

 

 

            En 1948 poidemos contemplar nun NODO a Jorge Sepúlveda e Jorge Negrete que actuaban na Sala de Festas de Villa Romana en A Coruña.

.

 

   Tres artistas en Villa Romana en A Coruña en 1948. De gafas: Jorge Halpern que estaba colleitando o éxito coa súa canción “Yo te diré” (salientar que esta canción era a base sonora da película “Los últimos de Filipinas” que poidemos ver no Teatro Cine Avenida anos máis tarde; Jorge Negrete, que estaba na presentación da súa película “¡Que lindo es Jalisco!”, é Jorge Sepúlveda con “Santander” e “Mirando al Mar”

.

                Jorge Negrete viñera ó estreno da súa película “¡Que lindo es Jalisco!”, as admiradoras de A Coruña ata lle cortaron a gravata, os botóns da “cazadora” e cáseque o “linchan” de tanto “apretalo”, foi o ídolo dese ano.

.   

           Jorge Sepúlveda estaba no “cenit” da súa fama cantando boleros..... “Limosna de Amor”, “Monísima”, pero sobre todo “Mirando al mar” e “Santander” [seu grande éxito de sempre], o meu parecer as dúas cancións “cumbres” de Jorge Sepúlveda, o que en realidade se chamaba Luís Sancho Monleón nado en Valencia.

 

           En 1964 a súa popularidade vaise apagando debido á entrada das cancións italianas, pero sobre de todo o rock an roll e os BEATLES.....  

 

 .. “Santander,

eres novia del mar

que se inclina a tus pies

y sus besos te da.

 

Santander,

las estrellas se van,

pero vuelven después en tu cielo a brillar.

 

Yo también

dejaré tu bahía

y un recuerdo en mi vida

que jamás borraré.

 

Santander,

al marchar te diré,

guarda mi corazón

que por él volveré.

Santander....”

 

 

          Este bolero cantado por él... ainda hoxe.... emociona.....(tamén o cantaba o vocalista da Orquestra Dandy, música que nos fácía sentir “algo” cando bailabamos con alguna “noiva” de domingo na “Trangallada” do Salón Park Avenida.....

 

(Continuará)


Cine Avenida     Cine Avenida-1      Cine Avenida-2    Cine Avenida-3