PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Cine Avenida ( A Guarda)

Apuntes para a súa historia

por José Antonio Uris Guisantes

         Outro cantante popular de Boleros foi Antonio Machín (cubano de nacemento) que tamén salía nos Nodos, en 1947 foi cando obtivon o éxito no Salón Novedades de Barcelona coa canción “Angelitos Negros”, e en 1949 no Circo Price estrena “Madrecita”. Terían éxito “Bésame mucho” e “Si yo fuera Rey”.Angelitos negros” e “Madrecita”, serían emblemáticas durante moitas xeneracións de españois. As “maracas” de Machín e o seu son eran inconfundibles.

.

O Director da Unión Musical “Airiños da Terra” envía en 1956 un Saluda a don Mariano Martínez Portela

  ..

         Falando do Cinema, lembro a Sarita Montiel (Antonia Abad) que a comezos dos cincoenta foi unha “fuente de divisas para el estado español”. Lémbrome de ver no Avenida “Locura de Amor” con Aurora Bautista, Fernando Rey e Jorge Mistral, o éxito na Guarda foi de época con esta “Locura de Amor” dirixida por don Juan de Orduña. Esta película, como digo, consagrou como “estrella revelación” a Aurora Bautista. En 1957 vimos “El último cuplé”.

 ..

         O éxito mais grande que eu lembro (anos 50) foi coa película mexicana “El derecho de nacer” do Director Zacarías Gómez Urquiza (estrenada en México en 1951). Na Guarda eran tales as “colas” que a pouco reventan as portas para poder pasar.. A película baseábase nun xove médico que recibe a unha muller tamén xove que desexa abortar para non provocar escándalo na súa familia. O médico, que era fillo de solteira, intenta convence-la para que non o faga contádonlle – o mesmo tempo- a súa propia historia.... Intérpretes: Jorge Mistral e Gloria Marín, entre outros artistas...

    .  .

         Tamén as películas de  Mario MorenoCantinflas” que enchían as localidades do Avenida, e ata un mariñeiro xa falecido levaba o sobrenome de “Cantinflas” por cómo o imitaba.... “Romeo y Julieta” e “Gran Hotel”. María Félix, Greta Garbo, Clark Gable, Hedy Lamar, Walter Pidgeón, Melvyn Douglas, Lionel Barrymore, Spencer Tracy, Mickey Rooney, Laurence Oliver; Fred Astaire e Eleanor Powell en “La nueva melodía de BROADWAY”; Jeanette Mac Donalld; Frank Sinatra, Kathryn Grayson e Gene Kelly en “Levando Anclas”; Katharine Hepburn e Walter Huston en “La Estirpe del Dragón”;Vivien Leigh e Robert Taylor en “El puente de WATERLOO”; Johnny Weissmuller con Maureen O`Sullivan en “El Tesoro de Tarzán”, “Tarzán en Nueva York”,Tarzán y su hijo”.

 ..

         Tamen nos cincoenta poidemos ver a película “Gilda” de Rita Hayworth, artista a quen se lle esporían moitas peliculas na Guarda e no Cine de Pías.

..

.

           Película RAZA, estreada en 1942 con guión do propio Francisco Franco Baamonde, baixo o seudónimo de Jaime de Andrade. Baseada na “idealización” da propia familia do Dictador. Franco figura cómo “Capitán Churruca” e interpretado por Alfredo Mayo...  naturalmente a película atraía a multitudes, na Guarda poidemos ve-la arredor de 1955/56...

  ..

         Logo nos sesenta/setenta: “Lo que el viento se llevó” que era unha superprodución de David O. Selznick, con oito Oscar, onde actuaban Clark Gable, Leslie Howard, Vivian Leigh, Olivia de Havilland e Thomas Mitchell. Esta película endexamais se nos esquecerá... Escarlata O`Hara (Vivian Leigh)... Melania Hamilton (Olivia de Havillad)... Rhett Butler (Clark Gable)... para sempre....

 ..

       “Al Este del Edén” do director Elia Kazam con James Dean e Julie Harris, antes do estreno James Dean faleceu o estrelarse o seu coche Porche contra unha árbore. James Dean o igoal que Marlon Brando representaron a xuventude dos anos 50/60 ...

.

Cartei da versión orixinal en inglés da película “Al Este del Edén”

 .. .   .

              Foi en 1952 cando os comerciantes don Santos Pantaleón Saúl (Modas Pantaléon), don Mariano Martínez Portela (Droguería e Imprenta Guardesa e Teatro Cine Avenida), don Manuel González González (Industrial), don Avelino Rodríguez González (Ferretería) e don Rodrigo Antonio Pantaleón Saúl (mestre e dono da Librería Cervantes), ACORDAN convertirse en Comisión Permanente das Festas do Monte coa colaboración do Sr. Alcalde don Ermelindo Portela Gómez e Secretario do Concello don José Vidal Martínez.

.

.

              As Festas foron nos días 8, 9 e 10 de agosto. Acordando a Comisión que nun futuro as Festas se celebrarían na SEGUNDA SEMANA  de agosto.

 

Actuaron: A Banda de Música de BEADE (Ourense) e SOBRADO DEL OBISPO (Ourense).

 

                Cómo viña sendo tradicional o TEATRO e os actores puxéronse ó servicio das Festas do Monte, colaborando desinteresadamente, e unha Semana antes (sábado e domingo con dúas funcións) das Festas tivo lugar no TEATRO CINE AVENIDA un Extraordinario acontecimiento teatral a beneficio de las Fiestas del Monte de Santa Tecla, representando un cuadro de Declamación Guardés la “farsa cómica en tres actos", original de Adrián Ortega:

 

DON ARMANDO GRESCA

Reparto:

 

Paloma: Sta. Emilia Álvarez ¿??

Matilde: Florita Carrero Vicente¿??¿ (filla de Valentín Carrero “O Carniceiro”)

Aurora: Rosario Fernández Gómez (Filla de Sara a Ganchella)

Armando: Isidro Parada de la Torre (Reloxeiro e logo esposo de Rosario Fdez)

Don Menelao: Ignacio Español (Chito Español)

Ricardo: José Couto González (Pepe Couto)

Mayayo: José Luís Cadilla González (Bazar Cadilla)

Ubaldo: Miguel Torrón Saavedra ( Empregado no Banco Pastor)

Fotógrafo: Ignacio Español.

Director: Manuel Martínez Español “Polis” (Un dos donos do Teatro Cine Avenida)

Transpunte: Laureano Galdó (fillo)

 

FIN DE FIESTA:

 

Para dar mayor realce a este espectáculo, la Srta. Florita Carrero cantará “Princesita” y

 “Meus amores”.

 

El tenor guardés SANTOS VICENTE cantará:

De los Gabilanes: “La salida de Juan” y “Flor Roja”.

del Manojo de Rosas: “Madrileña bonita”.

 

Todo ello amenizado por una orquesta local

 

En los entreactos el joven Ramón Rivera declamará unas poesías [este Ramón Rivera González era de Pintán, coñocido co nome artístico de “Raymon River”, falecido fai poucos anos en Pintán).

.

              Outra película que poidemos disfrutar no teatro Cine Avenida foi “Los Diez Mandamientos” de Cecil B. de Mille (1956) que obtivo un Oscar. Actuaban: Yul Brynner, Charlton Heston, Invonne de Carlo e Anne Baxter. Foi exposta en Semana Santa co Cine Avenida “a tope” e con choros...

 ..

             Do actor Yul Brinner (sempre calvo o igoal que Ronaldo) puidemos ver no Avenida: “Salomón y la reina de Saba”, e “El Rey y yo”.  

 .

Los Diez Mandamientos

..

              “BEN HUR” foi outra película “histórica” na Guarda, contemplada en Cinemascope  no Teatro Cine Avenida. Director William Wyler con Charlton Heston e Jack Hawkins.

.

Ben Hur

         ..

        “Ciudadano Kane”; “Quo Wadis”;“Solo ante el peligro”;El crepúsculo de los dioses”; “El ladrón de bicicletas”; “Robin Hood”; “La Diligencia” con John Wayne, dirixida polo mítico John Ford.... “Casablanca”.

 .

Cartei orixinal da película CASABLANCA.

 .

            Películas españolas: “Muerte de un ciclista” de Bardem; “El batallón de las sombras”; “Camarote de lujo” de Rafael Gil;  (actuaba Xan das Bolas);”Los golfos” de Saura; “Un paso al frente” de Ramón Torrado; “El indulto” de Saénz de Heredia; ”Botón de Ancla” (rodada en Marín); “Viridiana” de Luís Buñuel que obtería a Palma de Oro no Festival Internacional de Cannes; “Franco, ese hombre” (1962), película que foi considerada “película del año” polo Ministerio de Información e Turismo que dirixía o Ministro don Manuel Fraga Iribarne; “Operación embajada” de Fernando Palacios; “Los farsantes” de Mario Camus; “Del rosa al amarillo” de Ramón Bermúdez de Castro; “Campanadas a media noche”(1964) de Orson Welles, etc.etc.

            Logo as de Joselito “El Ruiseñor”.... Marcelino pan y vino”.... chega Marisol etc.etc... e a Televisión....

  .

            Nos anos oitenta o Teatro Cine Avenida foi vendido a don manuel Portela “Portelita” que o remodelou - modernizou en profundidade, o falecer “Portelita” pasa a poder de súa sobriña, Ana Portela, e seu sobriño político, Suso.

            Nesta etapa se expoñen películas modernas e de éxito case que o mesmo tempo que son estreadas en España, pero a Televisión, videos, Canal Plus, etc.etc., restan público, polo que a estas alturas  do mes de marzo/05 vai pecha-las portas, posiblemente para sempre.

.

            O Teatro Cine Avenida foi un local emblemático para moitas xeracións de guardeses e rosaleiros ou do Baixo Miño, é unha referencia tamén para moitos grupos musicais, de baile e de teatro que sabían das cualidades acústicas e de aforo deste local.

            A presión inmobiliaria nestes últimos anos é demasiada para “aguantar” un local que non dá as gañancias de cualquiera outro negocio, máxime si está no centro da Vila.

            Subliñar o feito real de que tanto don Manuel Portela “Portelita” , cuanto seus sobriños, SEMPRE COOPERARON GRATUITAMENTE coas distintas Asociacións sen ánimo de lucro da Bisbarra. Eiquí se celebraron conferencias e charlas ecolóxicas, sociais, politicas..... Mitins dos distintos Partidos Políticos, Información sobre drogas, sobre vacinacións, sobre saúde escolar.... Teatro, Festivais, Grupos de Baile e de Gaitas... incluso ata se celebraron Misións relixiosas cómo refire o amigo Joaquín Fernández Gómez.... aquelas Misións con cregos que tiñan unha labia... ¡que os rapaces de 10 a 12 anos¡ acongoxaban...! ¡por non dicir outra cousa...¡el Infierno y el Purgatorio..!

.            O Teatro Cine Avenida podemos dicir que ¡ LATEXABA E LATEXOU DURANTE DÉCADAS A VIDA DE A GUARDA E BISBARRA....!   

.

 José Antonio Uris Guisantes.

FIN


Cine Avenida     Cine Avenida-1      Cine Avenida-2     Cine Avenida-3