PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Breve semblanza histórica sobre as Clarisas de Tui

  

por Rafael Sánchez Bargiela

Nunha data indeterminada do ano 1508 un grupo de mulleres tudenses xuntánse para comezar a vivir en comunidade a súa vocación relixiosa, poñendo en común as súas pertenzas e posesións. Eran aquelas mulleres, segundo recolle o historiador tudense Avila y La Cueva, as seguintes: Ana de la Cruz, Leonor de Cristo, María Francisca, Inés Pérez, María González, Blanca de Cristo, Isabel Agustina, Ana de los Santos, María Vázquez xunto con Dona María Suárez Sarmiento, Vigaria desta comunidade.

A creación deste beaterio segue unha práctica moi estendida en toda Europa nos séculos XV e XVI de creación destas comunidades de mulleres leigas que deciden vivir xuntas unha vida piadosa, austera e ríxida, sometidas únicamente ás normas de convivencia que elas mesmas impóñense, sen adherirse a unha regla relixiosa, levando en moitos casos unha vida máis dura que se estivesen nun convento. Tamén o camiño que seguirá no tempo este beateiro tudense é parello ao que sucede noutros moitos lugares, co tempo acaban converténdose en mosteiros de clarisas, que serán os centros regulares onde a espiritualidade feminina se exprese con máis libertade e plenitude.

Asi pois andando os anos anos este fato de mulleres adoptan a regla de San Francisco, acadando do Papa León X unha bula de 13 de novembro de 1515 pola que se lles concede vivir segundo a Orden Terceira de Penitencia Claustral do mesmo santo, ficando baixo a xurisdicción e obediencia  dos bispos de Tui. Fúndase deste xeito definitivamente o Mosteiro da Nosa Señora da Concepción ubicado daquela  nunha casa, que aínda  se conserva, na propia rúa das Monxas (ou rúa da Oliveira, como era denominada daquela), case fronte a actual igrexa monasterial.  Unha vivenda do século XV, aínda hoxe propiedade das Monxas, e que conserva unhas mensulas decoradas na súa fachada que adoiban de xeito máis evidente este histórico solar.

Posteriormente, o bispo tudense Miguel Muñoz dóalles a igrexa de Santa María da Oliveira e solares anexos en 1540, comezando aos catro anos o derrubo da vella igrexa e a edificación do novo templo e do que chegará a ser o actual misterio, para o que precisan mercar outras propiedades anexas.

Con todo será no 1605, seguindo en todo este proceso a información de Ernesto Iglesias Almeida,  cando contratan co mestre canteiro tudense Melchor Alonso Feal as obras. O treito do edificio conventual da actual rúas das Monxas (entre a Porteria e a Igrexa) é obra do canteiro tudense Gonzalo Pérez que xunto cos carpinteiros Alonso da Presa e Domingo González realízanno en torno a 1629. O outro treito corresponde ao século XVIII segundo a inscrición que conserváse na chamada porta dos carros: “Se hizo siendo abadesa Dª Catalina de San Miguel, año de 1748” ao amezar con ruina o edificio existente. Polo estilo desta zona podemos pensar que a obra foi executada por canteiros portugueses.

En torno a 1688 as Monxas acometen a construcción dunha nova igrexa que seguindo os planos do mestre de arquitectura de Santiago, Domingo de Andrade, unhas das figuras máis egrexias da arte barroca en Galicia. Cuxo contrato de obra asínase cos canteiros Benito de Pintos, de San Miguel de Marcón, Manuel González, de San Cristina de Cobres, e Esteban Cendón, de Pontevedra. Esta igrexa é a principal obra artística deste conxunto monástico, especialmente o seu retabulo central, magnífica obra barroca de principios do século XVIII. Aínda que non se posúe documentación ao respecto atribuiese ao escultor Francisco Castro Canseco a obra deste retabulo así como os das naves laterais deste templo.

As guerras con Portugal, sufridas a mediados do século XVII, afectaron de xeito moi grave ao mosteiro así como posterior a invasión francesa, en 1809, ao despoxar ao convento de moitas pretenzas, en xoias, alfaias, etc,

Nestes edificios desenvolvese a vida monástica destas monxas que viven segundo a regla de Santa Clara, rama feminina dos franciscanos, que caracterizase pola súa vida de oración e traballo en réximen de clausura. De aí o popular nome con que todos os tudenses as recoñecen: “As encerradas”.

Este mosteiro cumpriu durante os séculos da Idade Moderna unha importante función social ao acoller as fillas na nobreza local que tentaba evitar así unha excesiva fragmentación do seu patrimonio (a dote para o convento é menor que a dunha boda). Consecuentemente as familias hidalgas tudenses apoiarán con importantes doazóns a este mosteiro dotandoo dun patrimonio que garanta a súa existencia. Ao longo dos séculos na nómina de mulleres que viviron nesta clausura atopamos senlleiros apelidos da nosa bisbarra: Bermúdez y Castro, Sarmiento, Parcero, Acevedo, Prego de Montaos, Correa, Zúñiga, etc.

Cómpre reseñar dous feitos da vida monástica das clarisas tudenses. Por unha banda, que a vida relixiosa non foi interrumpida en ningun momento, nin pola Exclaustración decretada en 1835 nin polos avatares bélicos do século XIX (guerras carlistas, etc.). Cabe lembrar tamén que este mosteiro acolleu en diversos momentos outras comunidade monásticas que atoparon xenerosa acollida: as franciscanas de Vigo exclaustradas en 1840 e que chegaron a Tui en 1848, fusionándose finalmente ambas comunidades. As clarisas de Pontevedra que viviron neste convento entre 1868 e 1875 ou as Xustinianas de Vilavella – Redondela, acollidas en Tui de 1933 a 1942.

A comunidade das clarisas tudenses ao longo deste cinco séculos de existencia continuada na nosa cidade conforman, a nivel arquitectónico, coa súa igrexa e mosteiro un dos conxuntos patrimoniais de maior entidade, conservando no seu recinto amáis do reseñado anteriormente o maís amplo tramo da muralla medieval que se conserva na actualidade. Amáis a actividade das Clarisas tense especializado na elaboración de doces de amendoa –de tradición medieval e de raigames xudías-, os peixiños de amendoa, hoxe sentidos como o principal expoñente da gastronomia tudense. Finalmente, a propia existencia deste convento é testemuña dunha das carácterísticas sustanciais da nosa cidade, a súa condición de sede episcopal e de cabeza da diocese ao longo dos séculos, cunha ampla nómina de institucións que teñen aportado importantes valores culturais, espituais e de todo tipo á nosa cidade. Entre estas institucións son as Monxas Clarisas ás que posuen unha historia máis dilatada e as que mellor patentizan esta identidade común.

Ao longo dos séculos os veciños e veciñas de Tui teñen colaborado con intensidade na construcción do complexo monástico –mesmo o propio Concello tudense en diversas oportunidades nos séculos XVIII e XIX- ou teñen socorrido á Monxas cando o toque da campá do Convento reclamou a sua axuda.

As nosas clarisas, as monxas “Encerradas” son unha parte da ialma de Tui, elas que están abertas na súa existencia diaria á vida de todos os tudenses a través das súa oracións son merecentes do noso recoñecemento e gratitude ao cumprirse os cincocentos anos da súa fundación.

Rafael Sánchez Bargiela