PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

 COLEXIO APÓSTOLO SANTIAGO - COLEXIO NUN' ALVRES - CAMPO CONCENTRACIÓN - ESCOLA VOCACIONAL OU SEMINARIO MENOR SAN FRANCISCO JAVIER - CASA DE EXERCICIOS - OBSERVATORIO METEOROLÓXICO O PASAXE - CAMPOSANCOS 

por JOSÉ ANTONIO URIS GUISANTES

Fotos: Antón Ferreira

Un dos xardíns interiores do colexio dos Xesuítas da Pasaxe

                A Orden dos P.P. Xesuítas en España foi expulsada en 1767 reinando Carlos III, sete anos máis tarde (1773), extinguida a Orden en todo o mundo por decisión do Papa Clemente XIV, logo restaurada polo Papa Pío VII en 1814 é en 1.815 Fernando VII tamén a restablece en España.

                O 18 de setembro de 1868 estala a Revolución en Cádiz que se vai extendendo por toda España, foi coñocida como La Gloriosa, é un 12 de outubro de 1868 o Ministro de Gracia e Xustiza don Antonio Romero Ortiz ordena a supresión da Orden na Península e illas adxacentes....

                Os terreos e parte dos edificios que ocupa o Colexio Apóstolo Santiago eran propiedade de don Domingo Español Cividades, fillo de don Juan Español López [finado en 1854], vendido aos P.P. Xesuítas en 1875  por 60.000 pesetas, mediando nesta compra o párroco de Salcidos don Diego Antonio González Rodríguez.

   

                 D. Juan Español López a mediados do século XIX dispuña dunha grande fortuna provinte dos almacéns de importación-exportación que tiña no Pasaxe (que nesas datas era máis importante que o de vigo),  onde constatamos que no ano 1840 viñan atracando grandes barcos de carga procedentes de Vigo e A Coruña, fretados por este comerciante natural de Salcidos. Foi deputado provincial, facendo as xestións necesarias para que a dilixencia e sobre de todo os grandes carromatos de carga puideran pasar pola ponte de O Tamuxe [ata aquela de madeira], xestionando unha nova construcción [que aínda permanece] en pedra [1844-45].

 

                Finado don Juan Español López, segue cos negocios o fillo, don Domingo Español Cividanes, quen chegou a ser o Alcalde máis mozo de A Guarda [1850], ano no que se arranxou a Alameda, lugar cheo de barrocas, augas podres etc.. . Segundo o xesuíta don Evaristo Rivera Vázquez [...] figura descollante de la burguesía de la comarca...  construíu a estrada de comunicación con O Pasaxe [hoxe estrada C-550], as persoas mal intencionadas criticaron ó Alcalde porque –segundo eles – era a persoa mais beneficiada debido aos negocios de O Pasaxe.[La Voz del Tecla nº 133 de decembro de 1913].

                Inaugúrase o ferrocarril en Galicia no ano 1873 ca posta en funcionamento da línea entre Carril (Vigo) e Santiago. En 1881, Vigo-Ourense, que logo enlazaría con Pontevedra dende Redondela. En 1899 empalmaría ca capital Pontevedra. En 1895 A Coruña – Lugo. En 1883, empalma con Ponferrada. No ano 1878 Vigo a Tui empalmando con Portugal pola Ponte Internacional en 1886.

                Coincidindo ca Restauración Monárquica na persoa do Rei Alfonso XII en 1875, e un  7 de decembro de dese ano, foi asinada a compravenda das propiedade de don Domingo Español diante do Notario D. M. de Porto por parte do vendedor e do abade don Diego Antonio González Rodríguez como comprador en nome de  Pedro Iribe Crucelegui [simple hermano coadxutor xesuíta] por orden do Padre Superior Xesuíta  Antonio Zarandona.

                Todo elo levado con sixilo debido a que a Orden Xesuíta fora suprimida [...] en la Península e islas adyacentes... cerrándose en el término de tres días todos los colegios e instituciones...

               Nestes anos a Universidade de Santiago fervía pola chamada segunda cuestión universitaria que culmina ca aprobación, en agosto de 1876, da Institución Libre de Enseñanza (ILE) de Francisco Ginés de los Ríos [xunto a outros profesores universitarios como Eugenio Montero Ríos, Nicolás Salmerón e outros],  que contrastaba totalmente ca ensinanza que nas mesmas datas levaban a cabo os distintos Colexios dos P.P. Xesuítas.

 

                Esta Institución Libre de Enseñanza [foi ademais inspiradora do programa educativo da IIª República Española], levou acabo un importante labor de renovación cultural e pedagóxica sin precedentes nos séculos XIX e XX. [...] La Institución será ajena a todo interés religioso, ideología o partido politico, proclamando el derecho a la libertad de cátedra, la inviolabilidad de la ciencia y el respeto a la conciencia individual...

               Nembargantes a Orden Xesuíta tiña xa catro colexios en España [Camposancos, Sevilla, Porto de Santa María e Orduña en Vizcaia] con preto de 230 alumnos segundo escribe  Evaristo Rivera Vázquez.

                Nesta época aparecen os xesuítas  Francisco Gárate, Baltasar Merino e Ignacio María Aramburu [este xesuíta chegou a escribir [...] la peor de las herejías es la masonería que es una secta diabólica...], figuras descollantes pola súa valía científica e docente.

                 Dende novembro de 1876 era bispo de Tui  Juan Valero Nicarino. 

                En agosto de 1877 créase no Colexio unha Escola Universitaria [que logo se convertiría na Universidade de Deusto], dirixida polo padre Tomás Gómez, rector do Colexio ata xullo de 1881. En 1883 esta Escola Universitaria foi trasladada a Valladolid e no Curso 1884-85 soamente quedaban no Colexio de O Pasaxe 17 bachilleres. En setembro de 1886 foi naugurado o Centro Universitario de Deusto.  

                 En 1878 o padre Felipe Sorondo, foi o primeiro xesuíta falecido neste colexio, e un dos primeiros alumnos falecidos no colexio foi Antonio Franco Salgado de 13 anos natural de Ferrol e parente de Francisco Franco Bahamonde en 1876 cando xa había instalados no Colexio preto de 100 alumnos, dependendo a nivel burocrático de exames e títulos do Instituto de Pontevedra  [...] En el Curso 1876-77 de 229 alumnos matriculados no se presentaron a examinarse 24, suspendiendo solamente un alumno, otros 204 aprobaron con 64 notables y 51 sobresalientes, como se puede ver un auténtico record.....

                 En 1879 estivo no Colexio Apóstol Santiago de O Pasaxe-Camposancos o xesuita Fidel Fita Fernández Guerra, historiador e arqueólogo que estivo estudiando o Esteiro do Río Miño, aproveitando súa estadía en Santiago, chamado para estudia-las excavacións feitas no interior da catedral compostelana.  Neste mesmo ano o xesúita Tomás Gómez Carral creou un Seminario de Pobres, fundando primeiro unha capela para uso do Seminario co nome de San José [hoxe abandonada, onde soamente hai motores de barco, gasoil, aceite etc.etc.].

                Este Seminario de Pobres foi inaugurado o día de San Ignacio de Loyola neste ano de 1879, asistiron a Corporación Guardesa e representantes de tódalas parroquias da contorna. Cita do seminarista  Claudio Rodríguez, anos máis tarde canónigo tesoureiro da catedral de Santiago  [...] nosotros (os seminaristas pobres) éramos plantas de invernadero. Viviendo en un ambiente del más puro espiritualismo, aislados casi de todo el mundo, sin trato más que con muy contadas personas, sin ir siquiera a nuestras casas en ninguna época del año ¿qué extraño que fuésemos buenos si no podíamos ser malos?.

               Un dos primeiros novicios que entraron no Seminario de Pobres foi  José Campoamor Álvarez de A Coruña.

                Un dos primeiros Observatorios Meteorolóxicos de Galicia foi o instalado no Colexio no Curso 1879-80, dendeo que se enviaban a Madrid os datos recollidos para logo ser publicados xuntamente cos datos doutras localidades..

                O primeiro director deste Observatorio foi o xesuita Ramón Martínez, logo en 1887 foi o padre Baltasar Merino [nado en 1845 en Lerma-Burgos] que chegara a Camposancos en 1880 e onde pasaría a meirande parte da súa vida. Publicóu: “Cuadernos del Observatorio Meteorológico del Colegio de la Compañía de Jesús en La Guardia [engadindo gráficos e ilustracións feitos por el mesmo]; “Un estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia” (1883); “Un estudio sobre la vegetación espontánea y la temperatura de la cuenca del río Miño”(1897). Rematou as observacións personais en 1906 pero o Obervatorio seguíu nas mans doutros xesuítas.

               Outro xesuíta que destacou no Pasaxe foi o hermano Francisco Gárate, nado en 1857 en Errekañe- Azpeitia-Guipúzcoa, chegado a Camposancos a idade de 20 anos como enfermeiro do Colexio, velando pola saúde de mais-menos 200 persoas no Colexio médico nesas datas era don Leonardo Álvarez quen acudía montado a cabalo], permaneceu once anos no Colexio.

               O hermano Gárate tivo a satisfacción persoal en 1887 de inaugura-la nova enfermería do Colexio, habilitada con tódolos adiantos da época, logo pasaría a nova Universidade de Deusto onde estivo 41 anos ata súa morte.

               O hermano Domingo Aguirrezabal “Chomin”, nado en Azcoitia, votou sesenta anos no Colexio, primeiro en Anceis (A Coruña), logo en Camposancos, pasa a La Molinera en Vigo e finalmente en Bellavista-Vigo. Fixo de porteiro, xastre, gardarroupa e sereo. Finou en Vigo no ano 1932, xusto un día antes de que don Manuel Azaña Díaz asinara a disolución das Órdenes Relixiosas.      

               No ano 1880 remataron as obras de acondicionamento do Colexio e segundo escribe don Evaristo Rivera Vázquez [...] el Colegio de Camposancos era el primer gran edificio escolar que levantaban los jesuítas españoles en el siglo XIX...

                O padre Baltasar Merino incorporouse no Curso 1881-82 para explicar Linguas Clásicas en inglés e dirixi-la Academia en cuestions relixiosas.

 

                En 1884, estando en Baiona, visita o Colexio don Antonio Cánovas del Castillo líder do Partido Conservador en compañía de don Francisco Romero Robledo e don José Elduayen, coincidindo esta visita ca estancia como alumno de don Manuel Portela Valladares [o alcumado “carallo campante” polo secretario da Corporación Guardesa don Adolfo Mosquera Castro cando ámbolos dous estudiaban en santiago] futuro politico. No Curso 1884-85 aparece a peste bubónica no Colexio que volve –fatidicamente- a aparecer no Curso 1890-91.

 

                 Neste curso o barrio da mariña na Guarda estaban padecendo unha grande fame, os alumnos do Colexio cooperan [...] llevándoles durante muchos días pan, comida y aceite... comprado con el dinero que recibían para ellos de sus casas...

                 En  1887 o Colexio Apóstol Santiago en O Pasaxe contou ca visita do bispo de Ciudad Rodrigo don José Tomás Mazarrasa, un ano máis tarde o bispo de Lugo don Gregorio Aguirre, seguido dos distintos bispos de Tui don Juan María Valero, don Fernando Hué e don Valeriano Menéndez Conde, e en 1897 chegou o bispo de Ourense don Pascual Carrascosa.

               

                En xuño de 1897don Aureliano Linares Rivas, do Partido Conservador, publicaba unha Disposición na que se recoñocía á Compañía de Xesús como unha Institución habilitada para o ensino.

                  A Compañía Xesuíta estableceu tamén no verán de 1893 a Iª Colonia Escolar de Galicia con 32 alumnos de seis escolas públicas de Santiago.

                  En 1899 o Colexio foi consagrado ao Sagrado Corazón de Xesús sendo bispo de Tui don. Valeriano Ménéndez Conde.

                  No Curso 1889-90 ingresou no Colexio don Ramón María Aller Ulloa, un dos mellores astrónomos de Galicia, outro alumno foi don Antón Losada Diéguez que ingresou en 1894. Os xesuítas chegaron a facer na Guarda e Camposancos [1899-90]  19.592 confesións a particulares con 13.400 comunións e 113 sermóns [....] debemos de agradecer a los vecinos de la parroquia de Camposancos su aportación de gallinas, ovejas, huevos etc....

                 Dende 1897 os xesuítas daban clases de catecismo os domingos aos nenos da parroquia de A Guarda nun local cedido polas monxas M.M. Benedictinas [algúns rapaces apedrexaban aos alumnos xesuítas dende as escaleiras da rúa Colón, tamén rúa do medio].

                  En 1900 os irmáns Alonso Martínez [Joaquín e  Manuel] doaron a estatua de Santiago ao Colexio sendo eles mesmo bachilleres.

                 Ata 1902 non se normalizou a legalización do Colexio Apóstol Santiago en Camposancos, pasando a Sociedade Anómima La Enseñanza Católica.

                 No ano 1904 foi AÑO MARIANO [Cincuenta aniversario do dogma da Virxe Inmaculada] e toda a congregación do Colexio foi en peregrinación [camiñando] ata o mosteiro de OIA para honrar a Virxe do Mar, imaxe que aparecera flotando no mar fronte a Oia no século XVI. En 1909 había unha liña de autobuses entre A Guarda e Vigo por 6 pesetas a viaxe. 

.

           No ano 1912 existe o precedente de que varios indianos quixeron fundar un Colexio na Guarda para  pobres que logo non saíu adiante.

                 En 1914 o Colexio recibe a visita da Infanta Isabel de Borbón, filla da reina Isabel II, daquela tiña a infanta uns 63 anos. Un ano despois estivo tamén no Colexio Monseñor Francisco Ragonessi, Nuncio do Papa en España.

                En 1915 toma posesión como bispo de TUI don Leopoldo Eijo Garay nado en Vigo en 1878, en 1917 é nomeado bispo de Vitoria é en 1923 arcebispo de Madrid-Alcalá, mais tarde o Papa Pío XII o nomea Patriarca da Indias Occidentais, foi académico da lingua e ciencias morais e políticas, procurador nas Cortes de Franco e membro do Consello do Reino, finou en Vigo no ano 1963 .......sendo amigo dos P.P. Xesuítas.

 

                No Curso 1914-15 o Colexio Apóstolo Santiago quedou na cota mais baixa que nunca tivo – en número de alumnos -, debido as graves dificultades para poder desprazarse dende calquera punto de España ata Camposancos e a que existía unha grave situación económico – social [....] incluso con la desaparición de la sardina – que se juzga temporal – muchas fábricas de salazón están paralizadas.... era Alcalde de Vigo nesas datas don Fernando Conde Domínguez, logo no Curso 1915-16 xa estaban matriculados 104 alumnos 35 externos.

                 No ano de 1916 había no Pasaxe os serradoiros de don Constante Candeira, fornos de cal e almacén de cal de don Valentin Domínguez, serraría na Armona, comezaba a traballar o estaleiro Castro. Don  Valentin Domínguez  tamén tiña unha fábrica de madeira chamada La Camposina [antes fábrica de embutidos La Camposina], nesta fábrica en 1917, aconteceu a explosión dunha caldeira de vapor cando entraban os obreiros pola maña, accidente no que morreron sete obreiros e mais dunha ducia de feridos  graves. Tamén había dúas pensións e dúas tendas.  

      

                 Neste Curso 1916-17 os P.P. Xesuítas Portugueses expulsados de Portugal arrendaron e logo mercaron [os bens dos xesuítas no Pasaxe foron valorados en 1914 en 561.500 pesetas] aos seus colegas españois o colexio con tódalas dependencias, seguindo unha traxectoria que durou ata 1932 cando don Manuel Azaña Diaz [presidente da IIª República Española] publicou o Decreto de Disolución das Ordenes Relixiosas [entre elas a Orden Xesuítica]. Os xesuítas españois pasaron a Vigo, primeiro no edificio de La Molinera e logo no complexo de Bellavista en Guixar.

 

                  O edificio de La Molinera era un edificio de recente construcción [1898] de cinco plantas onde estivera instalada unha fábrica de fariñas que fracasara, dispuña de grandes almacéns sendo algúns dos donos de La Molinera Gallega S.A. don Gaspar Massó, don Francisco Tapias, don Luís Suárez Llanes e don Ceferino Maestú Novoa que foi alcalde de Vigo en 1920.

 

                  E o dono da finca Bellavista era don Angel Eduayen Mathet, capitán de navío, fillo de don José Elduayen Gorriti [marqués de Pazo de la Merced, membro do Partido Conservador, chegou a ser ministro ata nove veces, sendo tamén deputado a Cortes, enxeñeiro de camiños, finou en 1897], don Angel tiña o título de marqués herdado da súa defunta muller dona María Ximénez Sandoval Saavedra.

                 Esta finca de Bellavista en Guixar-Vigo pasa a ser propiedade dos xesuítas españois o 13 de novembro de 1916, legalizada a venta diante do notario de Madrid don Toribio Gimeno Bayón por un importe de 400.000 pesetas máis 16.000 pesetas de Dereitos Reais.

                  Co fin de evitar “líos” legais os xesuítas fundan a Sociedad La Enseñanza Católica que entre outros negocios revende outra vez as posesións do Colexio de O Pasaxe en 1917 cancelando anteriores hipotecas.

                   A Condesa de Vigo [título dado en 1810 a don Joaquin Tenreiro Montenegro pola súa actuación diante das tropas francesas na Guerra de Independencia na defensa e liberación de Vigo], dona Josefa Tenreiro Montenegro García axudou economicamente aos xesuítas de Vigo.

              En 1928 don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, marqués de Estella, xefe do Goberno e Dictador visita Vigo é o novo Colexio dos P.P. Xesuítas en Bellavista,, así como A GUARDA, o monte Tecla e outros lugares da comarca.

                    No Curso 1937-38 os P.P. Xesuítas de Vigo aproban a creación dun grupo de alumnos chamados Exploradores Hispanos baixo o mando directo da Falanxe Local de Vigo, organizaban campamentos de verán ata a Illa de Arousa, Limens, A Lanzada, Vilanova....

                    Uniformados e ordenados os alumnos e profesores percorrían as rúas máis importantes de Vigo cada vez que era conquistada unha cidade aos “rojos”. Non digamos cando en 1939 se celebrou o Desfile de la Victoria, acto no que foron felicitados polo propio Alcalde de Vigo quen enviou ao Colexio varias botellas de xerez e galletas...

                     Os xesuítas adiantáronse ao Frente de Xuventudes que naceu en decembro de 1940. [....] todos los alumnos de los Centros de 1ª  y 2ª Enseñanza Oficial y Privada forman parte del Frente de Juventudes...

                      A propia filla do Dictador Francisco Franco Bahamonde en 1942, fixo doazón dunha Bandeira Nacional ao Colexio [....] Al Frente de Juventudes del Colegio Apóstol Santiago. Carmencita Franco Polo. 8-XII-1942.

 

                      No Curso 1941-42 comezou a estudiar en O Pasaxe o futuro Prefecto da Orden Xesuítica, era o Padre Juan Bautista Llorens nado na ARMONA – Camposancos. Fillo do administrador da fábrica da Armona.

                      No ano 1942 foi arranxada a Capela pública e inaugurada a Escola de O Pasaxe [sita no antigo edificio onde estivera a Estufa de Desinfección, e hoxe Estación Ornitolóxica de Anabam ], estiveron presentes os Alcaldes de A Guarda e de Vigo.

 

                       Os P.P. Xesuítas Portugueses estiveron no Pasaxe dende 1916 [data na que o Colexio Apóstolo Santiago se traslada a La Molinera de Vigo], no Mosteiro de OIA tiveron o Noviciado e a Casa de Formación, en Marín e logo en Pontevedra tiveron a Casa de Escritores na que se editaba a revista científica BROTERÍA de sona mundial.

 

                        Na etapa dos Xesuítas Portugueses o Colexio de O Pasaxe tiña un gran nivel científico nos  profesores. O xesuita Eugenio Jalhay  descubriu unha Estación Prehistórica no Castro da Forca no monte Tegra [preto do parque de O Cancelón] e o padre Alfonso Luisier foi un dos grandes botánicos de tódolos tempos.

                        No Curso 1928-29 o Goberno Español obrigou aos P.P. Xesuítas portugueses eliminar o nome de Colexio Nun´ Alvres [o portugués NUL´ ALVRES participara na batalla de Alxubarrota onde as tropas portuguesas derrotaran as tropas castelás en pro da independencia] tendo que poñer o nome de Colexio de María Inmaculada, logo en 1932 o decreto de don Manuel Azaña Diaz obriga aos portugueses a tódalas Ordenes Relixiosas] deixa-lo Colexio nun prazo de sete días.

 

                        Algúns veciños de Camposancos [unha pequena parte que logo na guerra civil foi esaxerada], entraron nas dependencias do Colexio roubando e destruíndo parte do mobiliario propiedade dos xesuítas portugueses, logo en 1936, mercé a unhas fotografías sacadas polos xesuítas varios cidadáns foron procesados en Consello de Guerra Sumarísimo.

 

                          No ano 1934 o Colexio [mellor dito o edificio porque xa non había Colexio], puido converterse en Hospital Psiquiátrico [tivo un gran protagonismo don Bibiano Fernández- Osorio Tafall], pero non chegou a fundarse. O Alcalde daquela don Antolin Silva Vicente [do Partido Radical de Alejandro Lerroux] foi o derradeiro Administrador das propiedades dos xesuítas no Pasaxe, antes foran don Juan Portela Lomba e don Generoso Lagarejos Rivas [tamén do Partido Radical fundador da Agrupación del Partido Radical de Los Tabagones, e que fora Alcalde de O Rosal].

                 D. Emilio González López deputado pola ORGA e membro da Comisión Liquidadora das propiedades dos P.P. Xesuítas Portugueses en O Pasaxe-Camposancos [...] yo tenía el propósito[1934] de instalar en él [Colexio de María Inmaculada de O Pasaxe] el Manicomio General de Galicia, pero necesitaba que las Diputaciones Provinciales  enviasen locos a este Manicomio y nunca logré que se comprometiesen...

                          E logo un 27 de xullode 1936 as tropas “nacionales” de Franco entran na Guarda....incautándose do Colexio e instalacións o goberno “nacional” e creándose a Prisión Habilitada de Camposancos nas depedencias do Colexio.

                          No Colexio Apostol Santiago de Vigo funcionaban dúas Centurias do Frente de Xuventudes. Unha chamada  “Apóstol Santiago” compostas por cadetes e outra “Méndez Núñez” de flechas.

                           Segundo refire don Evaristo Rivera Vázquez [...] en octubre de 1937 llegó [A O PASAXE CAMPOSANCOS] la primera tanda  de prisioneros republicanos compuesta por 3.000 hombres y 180 mujeres.... todos capturados por nuestra gloriosa escuadra al derrumbarse el frente de Asturias. Las mujeres fueron trasladadas muy pronto a otra parte... algunas detenidas dieron a luz entre aquellas venerables paredes...

                            A finais de 1939 evacuaron as instalacions gran parte dos detidos sendo o Xefe do Campo de Concentración nesas datas o capitán Antonio Fontenla Romero. Pero non foi ata o ano 1941 cando se pechou de forma definitiva o Campo de Concentración de Camposancos, e a devolución oficial de tódalas instalacións do Colexio de María Inmaculada tivo lugar o 18 de setembro de 1941.

                            Cando os P.P. Xesuítas reclaman unha determinada indemnización o Director Xeral de Prisións daquela don Ignacio Bernardo Álvarez se negou a abonar calquera cantidade aos xesuítas alegando [....] no sólo no fueron causados daños , sino que se hicieron en el edificio algunas reparaciones....

                             No Curso 1943-44 o Colexio pasa a ser unha Escola Vocacional ou Escola Pre-Apostólica ou Seminario Menor co nome de San Francisco Javier, neste curso había 32 alumnos e sete padres xesuítas que dependían de Vigo (Colexio Apóstol Santiago en Bellavista).

                             O primeiro Director desta Escola Vocacional foi o padre Francisco Gómez e no Curso 1958-59 foi pechada esta escola no momento en que había no Pasaxe 22 padres xesuítas e 94 alumnos.

                              O Pasaxe tamén foi Casa de Exercicios para escolares do Colexio de Vigo [...] Desde 1959 el histórico edificio vive de recuerdos, presta los estimables  servicios de jubilado hacendoso y espera que un día, al fin, llegue la voz bienhechora que le diga levántate y anda....

                              Ata 1974 había unha pequena Comunidade no Colexio, sirviu como sitio de vacacions no verán de outros colexios relixiosos...