www.galiciasuroeste.info

Concepción Álvarez Vicente

Américo Alfonso

Por José A. Uris Guisantes

 

Concepción era da familia das Telvinas (Concepción, Casilda e Pepita Álvarez Vicente), naturais do barrio de Ribadavila  de toda a vida, casada co camposino Américo Alfonso, serrador no Consorcio de Serrerías del Miño S.A. no Pasaxe de Camposancos. Tiveron a Concepción Concha, María e Antonio Alfonso Álvarez, por desgracia xa faleceron, cuxa casa paterna estaba na Praza de A Guía.

 

Casilda casara en segundas nupcias con Edelmiro Péña Lomba, nacendo José María e Generosa Peña Álvarez. Do primeiro matrimonio tivo a María da que non sei cal é o seu primeiro apelido, fai bastantes anos, despois de casada emigraron a Australia. Concepción, xunto a súa irmán Casilda e Pepita (faleceu solteira) traballaron arreo nas leiras.

 

Á dereita domicilio da familia Álvarez Alfonso, á esquerda casa en construcción de seu xenro Antonio Vicente Rodríguez en 1960. Fotografía cedida por a súa filla Loli

 

A dereita antigua casa de Antonia Rodríguez Álvarez e Secundino Guisantes Rodríguez, hoxe da familia Uris Baz. No centro casa onde estaba a vivenda de Américo Alfonso e Concepción Álvarez, a esquerda casa de Antonio Vicente e Concepción  Alfonso Álvarez. Fotografía de José A. Uris

-----------------------

Concha Alfonso Álvarez, casou en 1959 con Antonio Vicente Rodríguez, carpinteiro de profesión, emigrante en Venezuela e logo en Francia, máis tarde pequeno empresario. Froito do matrimonio foi a súa única filla, Dolores Vicente Alfonso Loli.

 

Antonio Vicente Rodríguez ca filla na Romaría do Trega en 1965. Fotografía cedida por Loli

----------------------------------

 

En 1969, abre unha tenda de ultramarinos Concepción Alfonso Álvarez  co nome de …Ultramarinos Concha, Plaza de La Guía. Venta menor de comestibles, frutas, vino, pollos, huevos, detergentes, escobas, cepillos cubos, etc. Licencia nº 1843.D-015.

 

Os pais de Concha, María e Antonio Alfonso Álvarez,  eran Concepción, natural de A Guía e Américo de Camposancos, empregado, ata xubilarse en Serrerías del Miño S.A. 

Concha Alfonso Álvarez antes de rematada s súa casa en 1961. O fondo á esquerda a casa de Marítimo Portela e a casa-chalé en construcción do médico local don Ermelindo Portela Gómez. Fotografía cedida por sua filla Loli

----------------

 

Antonio Vicente Rodríguez, Pitusa, naceu na rúa Vicente R. Cachada, fillo de Victor Vicente Rolán e  Adelina Rodríguez Castro, o de Pitusa foi debido a que fora concesionario das gasosas da marca comercial La Pitusa. Home emprendedor, foi o primeiro concesionario para o Baixo Miño da cerveza Heineken, carpinteiro de profesión e nos últimos anos camioneiro autónomo. Tamén foi fundador do Club de futbol infantil Deportivo La Guía en 1981.

 

Antes estivera na emigración en Venezuela xunto a seu irmán Victor e seu cuñado Francisco Vicente Martínez Quico, finado o 5 de novembro de 2010 a consecuencia dun accidente de automóvil o sair da súa casa. Antonio retornou en 1955, voltou en 1959 para casar e regresa definitivamente en 1964. Tamén estivo un certo tempo na emigración en Francia.

 

Antonio Vicente Rodríguez na rúa que levaría o nome  de Fernández Albor en 1984 e que nesas datas se chamaba camiño das Chabolas

--------------------------------

Loli Vicente Alfonso e Roque Álvarez, emigrante en Puerto Rico e familiar. Fotografía cedida por Loli Vicente, data da fotografía aprox. de 1964

--------------------

Concepción Alfonso Álvarez  Concha. Levaba moitos anos pendente de diálisis cada 48 horas, por desgracia faleceu o 18 de xaneiro deste ano de 2013

-----------------------------------

 

A esquerda Antonio Vicente súa filla Loli, a parente María Álvarez  Gargarexa e seu irman Roque, emigrante en Puerto Rico onde falecería. María estivo casada con Paulino González Martínez, garda urbano na IIª República e despois da guerra incivil, non tiveron descendecia

 

-----------------------

Concha coa súa filla Loli Vicente Alfonso

--------------------

Antonio Vicente Rodríguez , Manuel Acevedo e outros/a que non teño idea. Fotografía cedida por Loli Vicente Alfonso

 

 

Anuncio de La Pitusa en 1973.

--------------------

Primeira comuñon de Mª Alfonso Álvarez en 1944. Fotografía cedida por Loli Vicente.

 

María Alfonso Álvarez, casou con Manuel Rodríguez Portela, albanel, emigrante en Venezuela. Tiveron a Roque e José Manuel Rodríguez Alfonso. María faleceu moi nova, seu home marchou a Venezuela e os fillos foron criados pola tía Josefa Álvarez Vicente Pepita, unha das Telvinas que quedou solteira. Cando chega seu irmán da emigración en Puerto Rico, Joaquin Augusto Álvarez Vicente tío Joaquin tamén axudou economicamente aos rapaces e os demais sobriños. Roque faleceu bastante mozo fai uns anos.

 

Fotografía de voda de María Alfonso Álvarez e Manuel Rodríguez Portela. Non teño datos da ceremonia, poidera ser sobre 1950. Fotografía cedida por Loli Vicente.

-----------------------------

 

Roque (q.e.p.d.) e José Manuel Rodríguez Alfonso cas primas. Fotografía cedida por Loli Vicente.

----------------------------

Joaquin Augusto Álvarez Vicente tío Joaquin, con Antonio Vicente Rodríguez Pitusa en Caracas nos anos cincoenta. Joaquin desplazábase a Venezuela co fin de mercar productos para o seu negocio en Puerto Rico. Voltou nos anos sesenta para vivir coa súa irmá solteira Pepita e os fillos de súa defunta sobriña María, Roque e José Manuel, axudando todo o que puido a toda a familia.

 

Caracas (Venezuela), á esquerda Antonio Vicente Rodríguez Pitusa, o seu cuñado Manuel Rodríguez Portela e outro cuñado, Francisco Vicente Martínez Quico, arredor de 1958. Fotografía cedida por Loli Vicente.

--------------------------------------

 

Primeira comuñon de Antonio Alfonso Álvarez, aprox. 1948. Fotografía cedida por Loli Vicente.

--------------------------------

Antonio Alfonso Álvarez Sieguiño casou con Delia Rodríguez Portela (irmán de seu cuñado Manuel). Tiveron a Josefa, Chita, Antonio, Francisco e Joaquin Alfonso Rodríguez. Antonio e Delia faleceron relativamente mozos. Antonio traballou de mecánico no taller de Isaac González Costal ata que se xubilou por enfermidade.

 

A dereita Antonio Alfonso Álvarez, creo que é Delia Rodríguez Portela seu irmán Manuel Rodríguez Portela  e Mª Alfonso Álvarez xunto a uns parentes, o parecer de Camposancos, un 8 de setembro de 1960. Fotografía cedida por Loli Vicente.

---------------------------- 

 

De dereita a esquerda, Flora, súa irmá Delia Rodríguez Portela, cuñada Mª Alfonso Álvarez (no centro), súa irmá Concha e os nenos son, Roque e José Manuel fillos de María; Fefa, filla de Delia e Javier, fillo de Flora, aprox. en 1958 dentro dun Biscuter.

 

Voda de Chita Alfonso Rodríguez en 1975. A caron seu irmán Antonio, a tía Concha Alfonso e prima Loli Vicente. Fotografía cedida por Loli.

 

A esquerda Alfonso Vicente Vicente, fillo de Francisco Vicente Martínez Quico e Carmen Vicente Rodríguez, José Manuel e seu irmán Roque (q.e.p.d.), fillos de María Alfonso Álvarez e Manuel Rodríguez Portela na Area Grande en 1966/67. Fotografía cedida por Loli Vicente Alfonso.

 

E remato con esta breve semblanza, agradecendo a Loli Vicente as fotografías e información. Mais unha lembranza na memoria de Concha unha boa veciña de moitos anos.

José A. Uris Guisantes