PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

PASTELERÍA ROGELIO VICENTE LOMBA

Popularmente  “Rogelito”

por JOSÉ ANTONIO URIS GUISANTES

Pastelería ROGELIO VICENTE LOMBA “ROGELITO”

Foto propiedade de José A. Uris Guisantes na “Baixada” do Tecla en 1.998

 .

        ROGELIO VICENTE LOMBA, Rogelito, vén dunha saga de panadeiros e confiteiros, seu avó tivo unha panadería [Panadería FLORENCIO LOMBA] na casa vella de Taxota [Manuel Domínguez Pacheco] derrubada para construír outra vivenda.

 

        Anos máis tarde o tío Florencio pasou a panadería á casa antiga onde hoxe vive Pilín [hoxe chalé de pedra antiga, na rúa de José Antonio, hoxe rúa Galicia, fronte ao Hostal Martirrey], abrindo ao mesmo tempo unha confitería [Confitería MORENO].

Confeiteiros de A GUARDA

Roscón de Xema elaborado nas Festas do  Monte en 1993

 .

        No ano 1941 a panadería e confitería pasan para a rúa Joaquín Alonso onde o fillo do tío Florencio, don Rafael Vicente Moreno, seguiu explotando o negocio ata o ano 1980 en que o traspasa a seu sobriño Rogelito [Confitería Rogelio].

        Empanada elaborada en 1988 con motivo do LXXV Aniversario das Festas do Monte entre Panadería Morales e Confitería Rogelio

.

        Rogelito comezou  a traballar na Panadería Morales ata que se independizou e montou o seu primeiro negocio [Confeitería Rogelio] na rúa Concepción Arenal [hoxe administrada por súa irma Isabel] confeccionando empanadas, empanadillas, pasteis, churros, chocolate, etc.. etc...

 

        Nestes últimos anos ampliou o negocio montando outra Confitería en Tui, ao longo do tempo foron incorporándose á empresa os fillos que posiblemente continúen coa saga de confeiteiros.

Confiteros de A GUARDA .

Roscón de Xema Festas do Monte 1993

 .

        Rogelito, sempre xovial e amable, colabora con todos aqueles eventos lúdico-festeiros e deportivos da Bisbarra do Baixo Miño [por aquilo de ter clientes en todas partes], pero sobre de todo vén colaborando con todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro que traballan na axuda e atención á sociedade, ben como socio ou ben con axuda económica, o temos ben comprobado e no fai falla dar nomes porque poderíamos esquecer algunha entidade coa que colabora.

        Alumn@s do Colexio San Xosé das H.H. Carmelitas de la Caridad de A GUARDA

Lugar: Obradoiro da Confeitería Rogelio coa profesora CONCHI.

Rogelio Vicente Lomba “Rogelito” repartindo anacos do Roscón de Xema nas Festas do Monte de 1993 preto do Monumento O Mariñeiro.