PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

JOAQUÍN GARCÍA PORTELA "COSTIÑAS"

por JOSÉ A. URIS GUISANTES

D. JOAQUIN GARCÍA PORTELA "Costiñas"
[1894-1957].
 
                Lémbrome perfectamente do Sr. Costiñas cando xogabamos no lugar de Laxe Grane os rapaces de Rivadavila, e como entraban na casa do fotógrafo os clientes [primeiras comunións,  o "retrato" para o pasaporte, etc.,].
 
                D. Joaquin García Portela nace no barrio de Rivadavila-Solanas en 1894, acode á escola de don Manuel Rodríguez Sinde, traballa de latoneiro, emigrante na República Arxentina onde se adica ó arranxo de aparatos de radio, volve a España [non temos datos sobre o retorno].
 
               Casa con dona Florinda Ferreira Portela, matrimonio do que nacen tres fillos, Celia, Consuelo e do home non temos lembranza algunha debidoa que debeu falecer de moi novo.
 
               Despois de traballar cómo latoneiro pasa a ser chófer na casa de don Manuel Otero Lomba e dona Joaquina Sara Sobrino Alonso, manexando os primeiros automóbiles [ou case que os primeiros] de A Guarda, un Buick Po-149 e logo un Dodge.
 
               Cómo é sabido antes de finar dona Joaquina estableceu a Fundación Asilo Manuel Otero y Joaquina Sobrino en 1933 na propia casa onde vivía [non tiveran fillos e tamén quería amparar a súa criada de toda a vida] cómo di o investigador de orixe guardés don Xosé M. Malheiro Gutiérrez, neto do ben querido mestre don Nicolás Gutiérrez Campo[...] debe establecerse tan luego fallezca la otorgante en la casa que hoy habita de su propiedad.....
 
               Como membros da Fundación-Patronato estaban o Alcalde de A Guarda, o xuíz municipal, o párroco de Salcidos e outros guardeses a título persoal. O Asilo debía ser para oito pobres de solemnidade de ambos sexos, a mitade da parroquia de A Guarda e a outra mitade de Salcidos. A directora era avoa de Joaquín Fernández Gómez (colaborador coas súas fotografías en galicia-suroeste) "tía María a Ganchella". En 1974, debido as poucas rentas e a falta de recursos [non había subvencións daquela], deben trasladar os asilados a Tui pechándose a casa, anos máis tarde establécese eiquí o Colexio San Xerome Emiliani do que falaremos outro día.
 
               A propia casa onde vivía a tía María, súa filla Sara Gómez, e hoxe súa neta Charo Gómez, é propiedade da Fundación Otero Sobrino, segundo consta nos papeis existentes no Concello é que eu tiven na man cando a miña etapa de concelleiro.
 
               Pero volvamos a don Joaquin García Portela a quen atopamos cómo operador da máquina de proxección do Teatro Cine Avenida durante moitos anos [mais de un cuarto de século], primeiro viña o NODO para lembrarnos o bó que era é o ben que levaba o Estado o xeneralísimo Francisco Franco Bahamonde "Por la Gracia de Dios", logo viñan as películas en branco e negro ou en color [lembramos, Raza, multitude de películas en color da distribuidora Suevia Films de don Cesáreo González, Lo que el viento se llevó, Ben-Hur, Los Diez Mandamientos, etc. etc.,], tamén dos apagóns de luz e os "pataleos" en xeneral ["gradas" corridas de madeira], no inverno cando por calquera ventiño a Industrial Guardesa deixábanos sen luz unhas horas.
 
               A profesión máis querida por, é onde mais destacou "Costiñas", foi a de fotógrafo autodidacta e amateur [por aquilo de cobrar poucos cartos), e logo cómo grande profesional da materia, naturalmente en branco e negro, tendo que revelar, bañar, reproducir, secar. etc.etc. tódolos procesos que hoxe en día fan os ordenadores e máquinas automáticas.
 
              Como tantos outros dignos guardeses a vida e obra de don José García Portela pasou de "puntillas" pola pequena historia local e hoxe traémola eiquí cómo unha testemuña mais da Memoria Histórica de A Guarda.
 
Nota: Para mais información pódese atopar un artigo asinado por don Ricardo Rodríguez Vicente no Libro-Programa das Festas do Monte de 1990, onde con moito máis rigor trata o asunto deste singular fotógrafo que resulta ser o avó da súa muller.