PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

José Darse Sobrino

e

 Heraldo Guardés

seguinte

por José A. Uris Guisantes

 

D. José Darse Sobrino

 

D. José Darse Sobrino nacera en Porto (Portugal) en 1874. A nai, dona Rosa Sobrino, era da Guarda [concretamente de Cividáns]; o pai era de orixe francés. De mozo emigrou ó Brasil onde cursou estudos superiores, logo foi director do Colexio Emenuza onde estivo como profesor de francés, funda e dirixe o semanario A Lei en 1896.

 

Chega á Vila da Guarda en 1903, fundando a imprenta Tipografía GUTTEMBERG, que estaba  na rúa Ezequiel Ordóñez nº 18 (outros din 30), anos máis tarde na rúa Pontevedra (hoxe rúa Galicia [preto de Altamar]). Gran amigo de don Manuel Álvarez Álvarez e de don Eduardo Pantaleón Saúl [entre outros moitos], don Manuel foi quen aconsellou a Darse editar un semanario local, poñendo el mesmo o nome: HERALDO GUARDÉS sendo logo un dos máis importantes colaboradores literarios.

 

O primeiro número de Heraldo Guardés sae á rúa un 15 de outubro de 1904, desaparecendo en 1935. De tendencias liberais republicanas, defensor do agrarismo e anticlerical, antiforal, así como anticaciquil.

Cabeceira do semanario Heraldo Guardés propiedade de José Darse Sobrino. Semanario independente, republicano, agrarista, anticlerical e ante caciquil, que saía todos os sábados ata 1935.

Dende, Darse, 1911 defendeu a redención foral que se prometera polo Goberno en 1889, foi denunciado varias veces e procesado saíndo sempre adiante gracias a axuda e apoio dos seus amigos, sendo proposto en 1917 para Deputado Provincial. Chegou a colaborar con don José M. Andreini nun estudio estatístico de A Guarda que desapareceu sen saber o porqué.

A primeira muller, dona Irene Cibeira Quevedo, faleceu un 6 de outubro de 1918, en plena pandemia de “gripe española”.

Casa por segunda vez na igrexa parroquial [asiste como testemuña o historiador guardés e sacerdote don Juan Domínguez Fontenla e o xastre, poeta escritor don José María Rolán “El Vate”], un 24 de abril de 1922 coa moza Virginia María Barbosa [filla de solteira, familiar das REINITAS da que non tivo fillos].

Finado Darse un 30 de decembro de 1932, á idade de 59 anos, dous anos antes de que dona Virginia Barbosa de acordo co seu compañeiro sentimental Sr. Varela [xastre de profesión] pechase a imprenta e deixase –polo tanto- de editar o Heraldo Guardés, indo a vivir á cidade de Vigo.

Selección de xogadores portugueses en 1932 no Monte  Tecla. (Fotografía de Carlos Martínez Troncoso)

 

 

Despois da morte de José Darse, o poeta do Rosal Manuel da Ventosela, dende Sevilla, propuxo que se lle fixera un busto a Darse a instalar na Alameda, que sería costeado por subscrición entre amigos e admiradores, asunto que pasou ao caixón do esquecemento.

 

A rúa dedicada á súa memoria tivo que esperar mais de sesenta anos para que unha corporación democrática lle puxera o nome de José Darse, cuestión que estaba xa aprobada por unha Corporación Municipal da II República, pero os distintos alcaldes conservadores xamais quixeron levar a cabo o acordo plenario. Salientar que a rúa que ten seu nome agora non é a mesma que elixiran os republicanos.

A rúa que os republicanos aprobaron era a da “callejón de Piñeiro”, hoxe rúa M.R.Sinde.

Como dato curioso relatado por Manuel Domínguez Pacheco  “Taxota” dende o falecemento de José Darse Sobrino (1932) ata o peche definitivo, a súa viúva permitiu que se cambiase o ideario pasando a ser a liña editorial simpatizante da dereita secular (e caciquil) que tanto combatera o Heraldo Guardés.

Tamén sabemos de persoas que aínda viven que a don Antolín Troncoso Vicente en 1936 lle foi “requisada” a colección completa do Heraldo Guardés pola Falanxe Local, almacenada no Concello e logo, anos máis tarde, “secuestrada” por un particular para o seu proveito, hoxe “o parecer” ou “presuntamente” está nas mans dun ínclito personaxe do Baixo Miño.

O bo de Darse foi perseguido politicamente mentres publicou o Heraldo. Un dos Alcaldes que o denunciou mais veces foi Severiano Martínez Núñez (un home de “palla” do político ordoñista e cacique local don Agustin Sobrino Vicente, alcumado polo pobo cómo “o ganchello”). As denuncias contra o Director de Heraldo comezan xa en 1907...e seguen...

Texto: Xulgado de Paz (Municipal) de A Guarda. Saída nº 192. “En virtud de un Mandamiento del Juzgado de Instrucción de Tuy, ruego a V. se digne informar sobre la conducta y  moralidad del procesado Don José Darse Sobrino, hijo de Pedro y Rosa y remitirme el informe a la mayor brevedad posible”. Dios gude. a V. muchos años. La Guardia Diciembre 19 de 1909. Fdo Ricardo Lomba Álvarez (Xuíz de Paz).

O Alcalde de OIA don Manuel Fagúndez (Saída nº 200) como era republicano, contesta ao Alcalde conservador de A Guarda (Severiano Martínez Núñez) sobre Darse é Heraldo: “En contestación á la comunicación de V. en fecha 3 del corriente, tengo el gusto de manifestarle que se han dado las órdenes oportunas á los agentes de esta Alcaldía para que recojieran todos los ejemplares del periódico Heraldo Guardés corespondiente al día 31 de julio último, que circularon en este Municipio, resultando de las diligencias practicadas, que no hallaron ejemplar alguno”. D.g.a.V.m.a. Oya 9 de Agosto de 1909. Fdo. Manuel Fagúndez.

Outra “pincelada”: Un 20 de decembro de 1910 o Alcalde Severiano Núñez “dicta” unha PROVIDENCIA: “

“Recibida la precedente comunicación del Ilmo. Sr. Gobernador Civil de la provincia, y, RESULTANDO: que según antecedentes el Director del periódico local “Heraldo Guardés” se halla ausente en la ciudad de Vigo, notifíquese al Administrador Don Julian Darse, residente en esta Villa, haciéndole saber la obligación de dar cuenta al referido Director de lo acordado por la superioridad provincial”. Fdo El Alcalde. Severiano Martínez. Da fe: El Secretario: Enrique Maria Sesto.

(O “acordado” pola superioridade era o SECUESTRO da edición desa semana).

Pechado o Heraldo Guardés en 1934 un dos colaboradores de Darse, Juan Noia Xil, funda outro semanario na Guarda co nome de Nuevo Heraldo que desapareceu o 27 de xullo de 1936 cando as tropas sublevadas de Franco e falanxistas locais destrúen a imprenta de Noia, entran no bar da súa propiedade Bar Deportivo, o buscan para  fusilar ou “pasear” e, ben aconsellado por persoas da dereita local, pasa a ser un FUXIDO.

 Carpintería de Rodríguez y Blanco sita na Casa Alta, onde hoxe está a Farmacia Barbi

Esta Casa Alta era de don Alcides Alonso Sobrino sendo famosa porque Alcides tivera a Juan Noia Xil (republicano e galeguista), agochado durante uns días co obxecto de que as tropas procedentes de Tui, e falanxistas. non o detivesen.  O primeiro, con lentes, é Valentin Puga, segue sentado ao lado don Florindo Rodríguez Álvarez, e o seu socio don José Blanco de San Miguel de Tabagón (O Rosal).

A imprenta de Darse foi utilizada pola Falanxe Local, en 1936, para editar o semanario PRESENTE [ “Semanario defensor de la PATRIA” , de corta vida pois pechou en 1938 ]

Nota: D.Luís Fernández Domínguez propuxo, anos máis tarde de rematada a Guerra Civil [1938], á Corporación Municipal a venta do Estadio Troncoso por 36.000 pesetas cuestión que non foi adiante, pasando o estadio a mans particulares, concretamente de D. Agustín Pena Pacheco que o mercou para plantar millo, tabaco e patacas.

Club Deportivo Guardés en 1952 no campo de O Codesal

En tempos de Raúl González Puebla e Manuel Díaz González “Ligero” o Estadio do Tecla estivo a punto de ser propiedade municipal pero  “estes manda máis” non aceptaron pagar os 25 millóns de pesetas que pedían en 1983, pasando –unha vez máis– o Estadio a mans particulares, neste caso  a unha  Inmobiliaria da Guarda relacionada con Moreira e Cia.  

Inauguración do Estadio do Tecla en 1951. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso. A este acto tamén fora invitado Mario Duarte ( como así quería que lle dixeran os coñecidos e amigos) pero as ocupacións impediron que este amigo da Guarda estivese presente

Veteranos do Deportivo Guardés en agosto de 1951 data da inauguración do Estadio del Tecla

CAMPEONATO  de La GUARDIA.

-Bases-

1º.-Con este nombre, se instituye un Torneo, que se empezará a jugar todos los años en Octubre, y deberá terminarse antes del 30 de Enero, en el cual se disputará anualmente, la Copa Luís Fernández Domínguez.

 

2º.-Este Torneo se jugará en dos vueltas, y al que mayor puntuación obtenga. En caso de empate, éste se resolverá jugando los partidos necesarios para desempatar.

 

    3º.-El Trofeo quedará definitivamente, en poder del equipo que resulte campeón, pero en caso de que algún equipo que tuviese en su poder alguno de estos trofeos, se disolviese, éstos serán devueltos a la Comisión de estas Bases.

 

4º.-Los partidos se celebrarán todos, en el Estadio Troncoso, no respondiendo la Comisión, ni el propietario del Estadio [se entende que o propietario seguía sendo don César Troncoso], de los accidentes ni perjuicios que de este Torneo pudieran experimentar los jugadores que en él intervengan, como también equipos y equipiers, renunciarán a toda subvención.

Encontro amistoso entre o Real Club Celta de Vigo e Deportivo Guardés en 1931. O fondo a única propaganda comercial que había naqueles anos “Vende los mejores vinos de mesa” Rafael (Rafael Rodríguez Álvarez dono do Hotel del Tecla e do Hotel Pazo Santa Tecla)

5º.-Los jugadores serán de la localidad, a excepción de aquellos que aún siendo forasteros, hayan jugado más de dos partidos, por el equipo en que van a formar.

6º.-Los equipos concursantes deberán presentar cuatro días antes del primer encuentro, una lista de los jugadores  que en ellos alinearán, no debiendo ésta de exceder de veinte. Si algún jugador apareciese en más de una lista, se considerará como inscripto por el equipo que juegue el primer partido.

7º.-Cada equipo abonará quince pesetas de inscripción, las cuales les serán devueltas a la terminación del Torneo. Si alguno de los equipos se retirase del campo o faltase a jugar en alguna de las fechas designadas, no le serán devueltos los derechos de inscripción

8º.-La Comisión será compuesta por el donante de la Copa y dos personas más. En caso de que algún miembro de la Comisión se ausente, éste nombrará al que le sustituya.

9º.-Esta Comisión se encargará de fijar fechas de los partidos, nombrar árbitros y resolver todos los asuntos no previstos en estas Bases, siendo en este último caso sus decisiones inapelables.

La Comisión: Luís Fernández Domínguez, José Darse Sobrino, Eduardo Pantaleón Saúl .

Equipo do Deportivo Guardés no encontro contra os Galitos (6-2) no Estadio Troncoso. Mario Duarte á dereita

CONCURSO COPA LUIS FERNANDEZ DOMÍNGUEZ.

1º.-Con esta fecha [21 de octubre] se abre el Concurso, para optar a los premios que más abajo se detallan.

2º.-Para tener derecho a ello, será necesario contestar a las cinco preguntas que se formulan en el cupón, y que estas coincidan con el resultado final del Campeonato.

3º.-Para dar mayores probabilidades de aciertos a los concursantes, podrán cubrirse número ilimitado de cupones, y con respuestas diferentes.

Marcial e Manolo “Mon” en 1927

4º.-Se publicarán cupones hasta la víspera de celebrarse el tercer match, y sólo se clasificarán para el Concurso los que hayan sido entregados hasta dos días después de ser éste celebrado.

5º.-Este Concurso no podrá quedar desierto. Si fueran más de uno los que acertaran, estos serán sorteados. En caso de no acertar ninguno, el sorteo se hará entre los que más se aproximen.

6º.-Los premios serán tres, distribuidos de la siguiente forma:

Primer Premio, 25 pesetas; Segundo Premio un carnet de libre acceso al Estadio y a gradas, a todos los espectáculos que en él se celebren, desde la fecha del sorteo hasta el 1º de septiembre de 1930; Tercer Premio, 10 pesetas.

7º.-El escrutinio correrá a cargo de la Comisión de las Bases de la Copa Luís Fernández, y el resultado será publicado en el primer número de Heraldo, que salga después de la terminación del último encuentro.

Carlos Candeira Pérez entregando o banderín do Deportivo Guardés en 1929 como capitán do Club guardés. Club Beiramar (Aveiro) 1 – Deportivo Guardés 2, no Estadio Troncoso

De acuerdo con las Bases publicadas para el Campeonato de La Guardia “Copa Luís Fernández” se han presentado y enviado lista de jugadores los equipos locales siguientes:

DEPORTIVO GUARDÉS:

Manuel Cadilla “Cubano, Eduardo Alfonso Rebollar “Ado”, Jesús, Alfredo, Jesús Rodríguez “Vago, Troya, Rucho, Juan Noya Gil, Carlos Candeira Pérez, Juan, Sergio, Barreira, Patolas, Erminio, Cajamontes, Xibano, Enrique, Alfredo González, Rafael Martínez Peniza, Trisca y Conde.

COLÓN:

José Silva, Manuel Domínguez Pacheco, Ricardo Silva, Agustin Sobrino, Elidio Silva, Luís Ferreiro, Fausto Martínez, Daniel Alfonso Rebollar, Salvador Silva, José Alfonso Rebollar “Pepiño”, Isaac Silva, Jesús Rodríguez, Valentín Alvarez, Julio Giráldez, José Morais, Angel Baz, Francisco Durán, Avelino Silva, Francisco Giráldez y Antonio Freitas.

Club Juvenil Colón de A Guarda

TECLA:

José Alonso, Javier Mosquera, Faustino Alonso, Francisco Peniza “Quico Laricas”, Aguinaldo Alvarez Martínez, Isaac González Moure, José Martínez, Manuel Sobrino González “Chanclas”, David Silva, Severino Fernández, Luís Santiago, Reinaldo Martínez, Manuel Fernández, Juan Goyás, David Novo, Felipe Alonso, Manuel Franco Cadilla, Vicente Vicente Taboas, Ricardo Alvarez y Mario Duarte Faria.

Xogadores de fútbol guardeses en Chans en 1920

En su vista, la Comisión acuerda que el primer partido de este Campeonato tendrá lugar el próximo día 10 de  noviembre, entre los equipos Deportivo Guardés y Tecla; designando para arbitrarlo a Manuel Noya Gil. [ non dan datos do resultado]

La Guardia, 31 de octubre de 1.929.

Firmado:

Eduardo Pantaleón y José Darse.

Efectuado el primer encuentro ayer entre los equipos Deportivo Guardés y Tecla hubo un empate a tres goals, que fueron marcados por Juan,3, y Manuel Sobrino ,1, David Silva,1, y Severiano Fernández,1, del Deportivo y Tecla respectivamente.

La Guardia, a 11 de noviembre de 1929. [José Darse e Eduardo Pantaleón].

Domingo día 17  de noviembre jugaran Deportivo Guardés y Colón FC designándose para arbitrarlo a Cándido Peniza.

La Guardia, a 14 de noviembre de 1929

[ Darse e Pantaléon asinan a acta]

Efectuado ayer el encuentro entre los equipos Deportivo Guardés  y Colón FC, en el que marcó tres goals el Deportivo, obra de Candeira,1 y Sergio,2, esta Comisión Acuerda Anularlo, por el refere haber pitado la terminación cuando faltaban 16 minutos para el final, ya se acordará la fecha en que se debe repetir.

La Guardia, a 18 de noviembre de 1929  

[ José Darse e Eduardo Pantaleón]

NOTA: A data do encontro repetido foi o 1º de decembro de 1929, gañando o COLON por 4 a 1 . Os tantos foron de Santiago (2), Faustino (1) e Vida (1), polo Colón, Ricardo (1).

Manuel Noya Gil arbitra o encontro entre o Deportivo Guardés e Colón FC no domingo 15 de decembro de 1929, gañando o Colón por 2 goals [Isaac e Pepiño] a 1 [Herminio].

Aníbal Vázquez arbitra o encontro entre o Colón e Deportivo o 23 de decembro de 1929 gañando o Deportivo por 2 tantos [Candeira e Rucho] a 1 [Isaac].

Faustino Rodríguez “Botabaixo” arbitra o encontro entre o Tecla e Colón no día 29 de decembro de 1929, gañando O Tecla por 3 tantos [Santiago, Manolo e Severiano] a 1 [Fausto].

Ignacio Torres arbitra o encontro entre Deportivo e Tecla o día 1 de xaneiro de 1930, empatando a 5 tantos [Noya (2), Candeira, Barreira e Mon] polo Deportivo [Vida (2), Manolo, Santiago e Fideo polo Tecla].

Haciendo un resumen de los partidos celebrados, la Clasificación de los equipos es la siguiente:

     Tecla, 6 puntos- Deportivo, 4 puntos- Colón, 2 puntos.

En vista de este resultado, quedó proclamado Campeón de La Guardia para el año el TECLA F.C, entregándosele el Trofeo Iª Copa Luís Fernández.

La Guardia, a 6 de enero de 1930

Fdo: José Darse Sobrino

Antes do xantar homenaxe a Mario Duarte no Hotel Pazo en 1952. O alto de sombreiro e Mario Duarte. No reverso da foto di “Almoço em Santa Tecla, progiosa paisagem que trayo sempre na minha retina e no coraçao” .

Firma de Mario Duarte

seguinte