PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

José Darse Sobrino

II parte

anterior           seguinte

por José A. Uris Guisantes

A súa figura destaca nitidamente a comezos do século XX no eido empresarial, cultural e político, pero a cidadanía das distintas xeracións de guardeses a penas coñece a valía persoal deste guardés de adopción, aínda que a súa nai era de Cividáns, nado en Porto (Portugal) en 1874 e finado na Guarda en decembro de 1932. Salientar que dous artigos sobre Darse e Heraldo foron publicados no Libro Programa das Festas do Monte por Xoán Martínez Tamuxe e Severino Cardeñoso Álvarez.

Algúns estudiosos asocian somente o nome de Darse co semanario local Heraldo Guardés fundado, dirixido é sufragado por el, nembargantes a figura de José Darse axigántase cando vamos recollendo datos no Arquivo Municipal e nos poucos traballos publicados ata hoxe sobre el.

Formou parte do Recreo Artístico Guardés como socio e directivo – tamén con polémicas e xulgados – do Club de Artesanos, do balompé local formando parte de distintas directivas do Club Deportivo Guardés, do Comité Organizador do Trofeo e 1ª Copa Luís  Domínguez Fernández en 1929 (artífice de que o seu tío político don César Troncoso González doase o Estadio Troncoso para a práctica do fútbol), organizador dun Campionato Infantil – Copa Deportivo Guardés en 1932 (meses antes do seu pasamento), presidente da Agrupación Republicana da Guarda – meses despois da proclamación da IIª República – e agrarista cualificado na Bisbarra do Baixo Miño. 

Na Comisión organizadora do Campionato de La Guardia e Copa Luís Domínguez Fernández estaban Darse, Eduardo Pantaleón Saúl e o propio Luís Domínguez. Por certo que o equipo gañador da Copa foi o TECLA F.C. un 6 de xaneiro de 1930. O Campionato Infantil <> Copa Deportivo Guardés desenrolouse en 1932, Darse comezou a colaborar pero debe deixalo por enfermidade, colaborando neste Comité Juan Noya Gil, Laureano Galdó e Alfonso Martínez Peniza.

O director de Heraldo Guardés foi perseguido e denunciado pola clase política conservadora  que viña mandando na Bisbarra do Baixo Miño en TODO, ata a chegada da IIª República – incluso dende o 34 ó 36 -. Pero Darse e outros compañeiros e amigos endexamais se deron por vencidos, o seu semanario chegaba ás vilas de Tomiño, O Rosal, Oia, Tui e ata  a cidades americanas, con correspondentes moi activos en tódolos ordenes.

Darse nacera en Porto (Portugal) en 1874. A nai, dona Rosa Sobrino Vicente, era da Guarda [concretamente de Cividáns]; o pai, don Pedro Darse, era de orixe francés. De mozo emigrou ó Brasil onde cursou estudos superiores, logo foi director do Colexio Emenuza onde estivo como profesor de francés, funda e dirixe o semanario A Lei en 1896.

Chega á Vila da Guarda en 1903, fundando a imprenta Tipografía GUTTEMBERG, que estaba  na rúa Ordóñez nº 30 (no edificio propiedade de Angel Lomba Rey), anos máis tarde rúa Pontevedra, e hoxe rúa Galicia [preto de Altamar] . Gran amigo de don Manuel Álvarez Vicente, de don Eduardo Pantaleón Saúl, os irmáns Noia Xil, Brasilino Álvarez Sobrino, Guillermo Vicente Santiago, Santiago Álvarez, Emilio Álvarez Alonso e outros moitos.

D. Manuel Álvarez foi quen aconsellou a Darse editar un semanario local, poñendo el mesmo o nome de HERALDO GUARDÉS, sendo un dos máis importantes colaboradores literarios. Heraldo = mensaxeiro. Mensaxeiro Guardés de noticias e sucesos.

Brasilino Álvarez Sobrino nos anos mozos. Fotografía cedida por Carmen María Castro.

O primeiro número de Heraldo Guardés sae a rúa un 15 de outubro de 1904, desaparecendo en 1935.

Dende este momento Darse ponse fronte a estructura de poder caciquil representada por don Agustín Sobrino Vicente (1853-1930) na Guarda, e sustentada polos deputados a Cortes don Ezequiel Ordóñez González (ata 1903), e seu fillo don Mariano Ordóñez González, no Partido Xudicial de Tui e en Madrid, as veces en que gobernaba o Partido Conservador que foron bastantes.

Don Agustín chegara de Puerto Rico en 1883, foi Alcalde en diversas etapas mentres durou a chamada Restauración (1875-1923), así estivo no Concello de 1890 a 1896, 1902 a 1905 e 1912 a 1923, ano no que o xeneral don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja deu un golpe de estado e instaura un Directorio Militar. Era tal o costume de don Agustín de acudir á Casa do Concello que chegada a Ditadura de Primo de Rivera os empregados tiveron que dicirlle: “don Agustín no puede usted estar en las oficinas porque xa no es el Alcalde”.

Con don Agustín comezou a etapa de dominio local da saga dos “ganchellos” que continuou moitos anos, aínda que con intervalos,  con outras forzas políticas de pensamento liberal. Xusto falece en 1930, cando remata a ditadura ( ou dictablanda) de Primo de Rivera.

Cabeceira do semanario Heraldo Guardés propiedade de José Darse Sobrino. Semanario independente, republicano, agrarista, anti clerical e anti caciquil, que saía tódolos sábados ata 1935. Chegou a ser o Decano da prensa agrarista galega e tirando algunha vez máis de 1.000 exemplares a un prezo de 10 céntimos.

Foi socio do Recreo Artístico Guardés dende 1901, mais tarde en 1904 e 1905 Secretario con don César Troncoso González como presidente, traballa polo engrandecemento cultural do Recreo, en equipo co compañeiro de directiva don Agustín Hurtado de Mendoza, profesor de música, director da Agrupación Musical da Guarda e director do Cadro de Declamación do Recreo, ademais de Socio Honorario. Mercaron un piano, crean unha Biblioteca, etc.

Volve á Directiva do Recreo como Tesoureiro en 1907 e 1908 con don José Zaragoza Zaragoza de presidente, empresario local de ideas liberais.

Dende 1911 defendeu a redención foral que prometera o Goberno en 1889 – e que non poñía en práctica -, foi denunciado varias veces e procesado, saíndo sempre adiante grazas a axuda e apoio dos seus amigos, sobre de todo de don Manuel Álvarez Vicente,  sendo proposto en 1917 para deputado provincial. Chegou a colaborar con don José M. Andreini nun estudo estatístico da Guarda que desapareceu do Concello sen saber o porqué.

A primeira muller, dona María Agripina Cibeira Quevedo, natural de Ourense, faleceu un 6 de outubro de 1918, en plena pandemia de gripe española.

Esta pandemia que afectou no mundo a 8 millóns de persoas, recibiu o nome de Gripe Española pese a ser mundial a infección. Xorde en setembro de 1918 e remata en 1919. En España faleceron arredor de 300.000 persoas, mentres que no resto do mundo calcúlanse entre 20 a 30 millóns. Lembremos que o mundo está inmerso na Iª Guerra Mundial e que España permanece neutral, pese a elo a gripe foi máis dura que unha guerra, ata se prohibiu tocar as campás a morto para non dar máis angustia e terror ás persoas.

En toda España dicíase o seguinte:

Maldito mes de setiembre,

te acordaste de venir,

a traernos esta peste,

sin acordarnos de ti

Entre setiembre y octubre,

luego noviembre y diciembre,

se vistió España de luto,

por morirse tanta gente..

Un 24 de abril de 1922 casa por segunda vez na igrexa parroquial [asiste como testemuña o historiador guardés e sacerdote don Juan Domínguez Fontela e o xastre, poeta escritor don José María Rolán “El Vate”], coa moza Virginia María Barbosa Fernández, filla  natural de Isabel Barbosa Fernández solteira, irmán de Juan Barbosa Fernández, popularmente “peixe frito” (casado con Manuela Adrover Rey  “A Reinita”), ámbolos dous nados en San Miguel de Tabagón. Darse e Virginia non tiveron descendencia, a diferencia entre ámbolos dous era de 29 anos.

D. Juan Domínguez Fontela, amigo e testemuña persoal ma segunda voda de Darse

Finado Darse un 30 de decembro de 1932, a idade de 59 anos, meses máis tarde  Virginia María Barbosa Fernández de acordo co seu compañeiro sentimental Sr. Ignacio Varela [xastre de profesión con establecemento na rúa Ordóñez, 26, preto da redacción de Heraldo],  mais  Serafín González Núñez [ tamén mestre xastre, empresario de transporte (Sousa- González y Cia) , “fabricante de pan” no Rosal e outros negocios], comezan unha nova etapa para o semanario.

Aconsellados por don Manuel Álvarez Vicente chaman a Juan Noia Xil co fin de que continúe o labor que viña facendo na redacción cando vivía DARSE, pero as cousas cambian e tanto don Manuel Álvarez como Noia palpan día a día como aquel vello ideario republicano, liberal e anti caciquil cambia totalmente nas edicións do Heraldo.

Así, en decembro de 1933 (último número do ano), o trío que dirixía Heraldo (Virginia Barbosa, Ignacio Varela e Serafín Núñez) publican un editorial co título de “Año Nuevo, vida nueva” [...] nos proponemos empezar una nueva etapa... por caminos de cordialidad... Sólo nos proponemos.... un periódico completamente libre y sin ambición  alguna....

Xastrería de don Serafín Núñez González. Publicada na revista Vida Gallega en 1909.

Juan Noia en vista do rumbo que tomaba Heraldo deixa a redacción neste decembro de 1933, marcándose un obxectivo: seguir coa liña de Heraldo, pero fundando outro semanario.

Salientar que este novo rumbo aséptico do Heraldo – politicamente falando – serviu para que se publicaran artigos anodinos, noticias e vida social (ecos de sociedad) que para nada reflectían os acontecementos socio políticos locais e comarcais. Lembremos ademais que estamos neste finai de 1932 no comezo do Bienio Negro, como se chamaba á gobernabilidade do Partido Radical (centristas) de don Alejandro Lerroux coa CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas) do Sr. Gil Robles.

A decembro deste ano de 1933 moitas cousas cambiaron, moitas ilusións se perderon. Xa non está de Alcalde don Manuel Álvarez, sendo don Agustín González Sobrino e logo don Antolin Silva Vicente dirixente local do Partido Radical de  don Alejandro Lerooux.

Como digo, neste 1933 foi o retorno dos fillos dos vellos caciques, uns mozos con novos aires populistas e modernizadores, con un pé no conservadorismo e outro no filo-fascismo. Foi a etapa de freado das reformas republicanas – algunhas endexamais as poideron levar a termo -.  do xiro á dereita e do endurecemento da orde pública, chegando a fusilar e maltratar en 1934 cando a Revolución de Asturias e Barcelona.

O de Bienio Negro é un nome dado polo pobo á situación que desencadeou a Revolución de Asturias entre o 5 e o 19 de outubro de 1934, impulsada pola UGT, PSOE, CNT e PCE, e a posterior represión “a sangre y fuego” de tropas da Legión e Regulares traídos de Marrocos, ao mando do Estado Maior en Madrid do xeneral don Francisco Franco Bahamonde  e do xeneral Goded. E o xeneral Eduardo López Ochoa máis o coronel Juan Yague cumpliron en Asturias o mandato.

Antes os gobernantes radicais- cedistas lexislaran contra a aprobada Lei Agraria e contra os movementos rurais e sindicais,  encarceramento de dirixentes sindicais, peche de sedes dos sindicatos agrarios, vixilancia permanente das Casas do Pobo, abrindo a man aos grupos para fascistas que comezaban a actuar.

[...] “Se estima que en los 15 días de revolución hubo en toda España entre 1.500 y 2.000 muertos (aunque algunos autores hablan de 1.000 o de 4.000) de los que unos 320 eran guardias civiles, soldados, guardias de asalto y carabineros y unos 35 sacerdotes. La ciudad de Oviedo quedó prácticamente destruida. Y se estima que en toda España fueron detenidos y sometidos a juicio entre 15.000 y 30.000 personas que participaron en la revolución. Los datos son difíciles de comprobar debido a la fuerte censura que se aplicó sobre esta revolución”.

Sae Nuevo Heraldo Guardés - baixo a dirección de Juan Noia Xil - a rúa o 30 de xuño de 1934, quen posteriormente daría conta puntualmente dos sucesos de Asturias a partir do 4 -5 de outubro. A máquina de imprimir era unha Marinoni que mercara a don Basilio Álvarez Rodríguez (antigo abade de Leiro e un dos grandes líderes agraristas galegos), con esta máquina don Basilio imprimía en Ourense o semanario La Zarpa.

Máquina Marinoni similar á que tiña Nuevo Heraldo pero esta é mais moderna. Modelo 31 “Brechia”.

En canto a Heraldo Guardés, dona Virginia Barbosa Fernández pecha a imprenta e deixa polo tanto de editarse en 1935, indo a vivir a cidade de Vigo e pasando á historia local un semanario que marcou toda unha época.

Vende a imprenta Guttemberg, desaparece Heraldo Guardés e a dereita local pasa a editar o semanario PRESENTE.

Nesta cabeceira do nº 40 de data 28 de marzo de 1937 xa figura o lema: “Semanario defensor de la Patria”. 

Así un 15 de xaneiro de 1936 o fotógrafo  Mariano Jiménez Hueto de 56 anos con domicilio na rúa Ezequiel Ordóñez nº 10 da Guarda COMUNICA á Alcaldía que:

Como director del Semanario Presente que se publicará todos los domingos a partir del día 19 de enero de este presente mes. La imprenta es propiedad de Francisco Moreno Álvarez está en c/ Ezequiel Ordóñez nº 18. Lo que comunico a Vd ....”

---------------------------------------------

Mariano Jiménez chegara dende Castela a comezos do século XX, traballando no Baixo Miño como fotógrafo profesional. Foi 1º Tte. Alcalde na primeira Comisión Xestora da Guarda cando as tropas do Movimiento Nacional chegaran á Guarda. Era presidente da Xestora Francisco Antonio Moreno Álvarez.

Un 15 de agosto de 1936 o Comandante Militar das tropas que operan dende Tui, don Eduardo Rodríguez, cesa a Paco Moreno e nomea a Nicolás Alonso Linares (alcumado “o Lamprea”), que toma posesión en presenza do sarxento de carabineiros Miguel Torrón Fernández como representante do Comandante Militar. O resto da Xestora segue igual. Era Secretario da Corporación don Antonio Vidal Pérez. O 20 de agosto o Comandante Militar Eduardo Rodríguez cesa fulminantemente ao médico José Jurado Romero debido aos graves informes chegados ao seu poder relativos ás actuacións de represalia cometidas por Jurado. 

O 3 de outubro de 1936 o Gobernador Civil referenda á Xestora Municipal presidida por Nicolás Alonso Linares e seguida de: Mariano Jiménez Hueto; Marcelino Portela Portela; Francisco Santiago Álvarez e Gregorio Portela Vicente (Síndico que entrara no lugar do cesado José Jurado Romero).

O 5 de novembro de 1936 o Gobernador destitúe a Nicolás Linares e nomea presidente da xestora a Mariano Jiménez Hueto, e un 14 de febreiro de 1939 o Gobernador ordena o cese fulminante de Mariano [...] “por no comportase debidamente con los reclutas de la quinta de 1941 cuando fueron metidos en camiones viejos para acudir a la Caja de Reclutas de Pontevedra siete días antes, protestando sus familiares por las precarias condiciones en que iban sus hijos”. OFICIO do Goberno Civil nº 172.

-----------------------------------------------

12 maio 1936. O Gobernador Civil Gonzalo Acosta Pan por medio do OFICIO nº 425,

   Visto Oficio Alcaldía dando cuenta de que el semanario local PRESENTE de tendencia fascista, salió a la calle sin haber pasado por la Oficina de Censura, ni cumplir los requisitos indispensables, por tanto, en un estado excepcional como el de alarma, máxime en un número que, según manifiesta la Alcaldía, contiene sueltos que excitan e inducen al descontento de la mayoría de la opinión pública, pudiendo producirse por ello alteraciones del Orden Público. etc..

He Acordado suspender la publicación del semanario PRESENTE al amparo de lo que prescribe el artículo 39 de la Ley de Orden Público de 28 de julio de 1933.

Fdo. Gonzalo Acosta Pan

                                         ---------------------------------

Era Alcalde Presidente da Comisión Xestora don Manuel Noya Gil. Sendo os demais concelleiros: Ramiro Alfonso Castro Dono, Jesús Vicente González, Manuel Noya Gil, Maximino Silva y  José Vicente Domínguez.

 

Fonte do Xarro no Trega, 1930

------------------------------------------------

Vamos introducir un pequeno dato histórico relacionado con don Manuel Álvarez Vicente e naturalmente coa vida político social da Guarda:

Na Sesión Extraordinaria do 16 de xaneiro de 1932, convocada  polo Alcalde don Manuel Álvarez, atendendo a un Oficio do Goberno Civil, quedou clara a traxectoria deste guardés amante de seu pobo:

 Leída el acta anterior que fue aprobada, entrando en el único Punto del Orden del Día:

RENUNCIA DEL SR. ALCALDE.- Se lee un telegrama del Gobierno Civil de Pontevedra ordenando al Sr. Alcalde presente la renuncia ante el Ayuntamiento y que éste proceda a la elección correspondiente para cubrir dicha vacante: y don Manuel Álvarez Vicente así lo hace en este momento, rogando á la Asamblea Municipal se la acepte.

La Corporación, por no tratarse de una destitución ni de una escusa, y entendiendo que es ella soberana según la Ley para admitir o no la renuncia que acaba de presentar el Sr. Álvarez Vicente, acuerda por unanimidad no admitirla fundándose en que, ni el Cabildo Municipal, ni el pueblo pueden aducir una sola queja respecto á la actuación oficial del dimisionario que siempre fue honrada, inteligente y beneficiosa para los intereses de la Comunidad, obedeciendo su actitud en la cuestión de los sueldos de los Farmaceúticos titulares, al sentir y pensar de todos y cada uno de los Regidores, solidarizados entre sí, en este caso concreto, por una comunión espiritual de ideas.

El Sr. Álvarez Vicente agradece íntimamente la bondad de sus compañeros de Concejo, pero insiste en su renuncia para así cumplir el mandato superior, que le obliga a presentarla, y la Corporación la rechaza nuevamente, acordando que una Comisión compuesta de los Concejales don Celso Candeira Pérez, don Camilo Carrero Lorenzo, don Brasilino Alvarez Sobrino y don Juan Noya Gil, visite el próximo Lunes al Excmo. Sr. Gobernador Civil de esta provincia para darle cuenta de todo lo ocurrido y entregarle un escrito en que se condense la verdad de los hechos á que dio lugar la devolución del Presupuesto Municipal del corriente ejercicio sin la debida aprobación por no llevar consignado el sueldo correspondiente á un Farmacéutico titular.

                                    --------------------------------------------------------

(O Farmacéutico era don Benito Vázquez Vázquez que reclamaba os cartos que a Lei sinalaba 2.750 pesetas anuais – traballara ou non facendo o cometido de Farmacéutico Municipal -, cartos que por certo eran moitos máis dos que viña cobrando ata esa, é dos que a tesourería Municipal carecía. Este litixio foi alcumado como “La guerra de los Farmacéuticos”.  A consignación oficial estaba apoiada en tódolos Concellos polo Delegado de Facenda provincial que non daba aprobación aos presupostos se non se consignaba esa cantidade).

                                     ---------------------------------------------------

Y no siendo otro el objeto de esta reunión, se dio la sesión por terminada, levantándose de orden del Sr. Presidente y firmando la presente acta todos los señores Concejales presentes, de todo lo cual certifico.

Fdo: El Alcalde don Manuel Álvarez Vicente; Dámaso Ramón Trigo; Emilio Goyás; Juan Álvarez; Santiago González; José Lomba; Florindo Sobrino; Juan Noya Gil; Emilio Álvarez Alonso. Da fe: El Secretario Adolfo Mosquera Castro.

----------------------------------------

NOTA de URIS: Pese a estar presentes faltan na acta as sinaturas de Camilo Carrero Lorenzo, Agustín González Sobrino, Celso Candeira Pérez e Brasilino Álvarez Sobrino, que foron nomeados pola Corporación co fin de visitar oficialmente ao Gobernador Civil o próximo Luns e expoñer a posición unánime da Corporación Municipal respecto do apoio a don Manuel Álvarez Vicente.

.......................................

Selección Nacional de Fútbol de Portugal en 1922 que se concentrou na Guarda. 

Para sacar conclusións inclúo o texto da acta que en principio significou a dimisión na sesión Extraordinaria dos concelleiros

30 decembro 1931. Sesión Extraordinaria presidida por el Alcalde don Manuel Álvarez Vicente 

En la Consistorial de La Guardia a treinta de Diciembre de mil novecientos treinta y uno, reunidos los Sres. Concejales don Agustín González Sobrino; Dámaso Ramón Trigo; Camilo Carrero Lorenzo; Brasilino Álvarez Sobrino; Celso Candeira Pérez; Emilio Álvarez Alonso; José Lomba; Juan Álvarez; Santiago González; Florindo Sobrino y Antolin Silva Vicente., bajo la presidencia del Sr. Alcalde don Manuel Álvarez Vicente, para celebrar esta Sesión Extraordinaria, y abierta por el Sr. Presidente de su orden dio lectura el infrascrito Secretario al acta de la anterior, que fue aprobada por unanimidad.

DIMISIÓN.- Los Sres. Concejales congregados acuerdan dimitir sus cargos, leyéndose al efecto el escrito que el Sr. Presidente, en nombre de todos los regidores, enviará al Excmo. Sr. Gobernador Civil de la provincia fundamentando la resolución adoptada por la Cámara Municipal que dice así:

“Tengo el honor de participar á V.E., con el acatamiento que se debe a la Superioridad, que en el día de hoy los regidores de este Ayuntamiento hemos acordado por unanimidad, la dimisión de nuestros respectivos cargos.

Juzgando que debo explicar los motivos de nuestra renuncia, me acojo, para cumplir este deber, no solo al espíritu comprensivo de V.E., sinó a la rectitud con que ese espíritu procede.

Por una oposición irresistible de la conciencia, nosotros, aunque sumisos a la Ley, nos hemos negado a consignar en el presupuesto de este año el estipendio que reclama un Farmacéutico, el cual apeló de nuestra negativa al Ilmo. Sr. Delegado de Hacienda, quien, para que yo informase, me remitió la instancia de la apelación, en la que dije, entre otras cosas no menos justas;

En esta instancia se vé la desaforada codicia de quienes, al amparo de un Decreto lamentable, cuyo Reglamento es más lamentable todavía, pretenden agobiar á los Municipios con despilfarros que no pueden ni deben hacerse en ninguna parte, sobre todo, allí donde hay obreros sin trabajo, niños sin escuela, enfermos sin recursos e indigentes sin bastante consignación en el Presupuesto para atenuar su miseria”.

“Al considerar estos hechos, al parar la atención en esa exigencia: no solo se irrita el ánimo, sinó que se escandaliza la conciencia, porque, realmente, no es posible acceder a semejante pretensión como no sea malversando los caudales del pueblo, lo que no sería tan grave, con serlo tanto, si no se concitara contra los boticarios el enojo de la Federación Obrera, la cual muestra un descontento que puede acabar en una manifestación tumultuosa de lamentables consecuencias, ¿Qué van a hacer los farmacéuticos?, ¿Algún análisis?, ¿Alguna desinfección?. Muy bien, Tárifense esos trabajos, como se han tarifado los medicamentos que se aplican a los pobres por cuenta del Ayuntamiento, el cual, en tal caso, nada tendrá que consignar en su Presupuesto para el Ynstituto provincial de Higiene”.

A pesar de esas razones – frase del Sr. Delegado de Hacienda – se nos há devuelto, desaprobado, el Presupuesto en que omitimos, deliberadamente, la consignación del Boticario, porque un Ayuntamiento que trabaja con afán, con desinterés, por el bienestar del pueblo, sin otra recompensa que la satisfacción del bien realizado, no puede resignarse a disponer de un dinero que no serviría sinó para fomentar la ociosidad de un hombre donde se necesitan recursos para dar ocupación a otros hombres sin trabajo.

Además; si el pueblo está decidido a protestar, acaso ruidosamente contra la consignación del Farmacéutico, el cual resultaría un funcionario de índole parasitaria, ¿con que autoridad, con que prestigio podríamos seguir nosotros; en la gerencia de la Administración Municipal si incluyéramos en el Presupuesto una cantidad que sería una obligación absurda, si no fuera una carga cruel echada por la Dictadura sobre los Municipios?.

He ahí Excmo. Sr., claramente expuestos, los motivos de nuestra dimisión, a la cual se une el ruego altamente respetuoso, de que V.E. se digne aceptarla”.

El Secretario advierte la ilegalidad del acuerdo.

Y siendo este el único objeto de esta Sesión, se levanta, firmando la presente acta todos los Sres. Concejales dimisionarios, y Certifico.

Fdo: El Alcalde don Manuel Álvarez Vicente; Agustín González Sobrino; Camilo Carrero Lorenzo; Juan Álvarez; Brasilino Álvarez Sobrino; Santiago González; Juan Noya Gil; Emilio Álvarez Alonso; José Lomba; Antolín Silva Vicente; Celso Candeira Pérez; Emilio Goyás; Florindo Sobrino. El Scretario Adolfo Mosquera Castro.

-------------------------------------

O final don Manuel Álvarez, coherente coa súa traxectoria de acatar as ordes superiores presenta un escrito de “indisposición” para non ter que obedecer estas e ir contra o seu pensamento, sendo substituído provisionalmente polo 1º Tte. Alcalde don Dámaso Ramón Trigo.  

---------------------------------------

Estadio Troncoso en agosto de 1928. Postal de Mariano Jiménez Hueto

20 xaneiro 1932. Sesión Supletoria bajo la presidencia del 1º Tte. Alcalde don Dámaso Ramón Trigo, por indisposición del propietario, se dio lectura al acta anterior que fue aprobada por unanimidad.

REUNIÓN DE ALCALDES.-Por invitación del Sr. Alcalde de la Capital (Pontevedra), y, para tratar de asuntos relacionados con el número y sueldos de los Farmacéuticos Municipales y de los Presupuestos, se acuerda que vayan a Pontevedra el próximo Domingo, don Manuel Álvarez Vicente, don Juan Noya Gil y don Antolín Silva Vicente.

------------------------------------

Nestas datas o movemento das Corporacións contra a subida salarial aos Farmacéuticos Municipais era imparable, polo que os Alcaldes tratan de unificar criterios. TODO ISTO viña sendo publicado por Heraldo Guardés, lembremos que Darse era íntimo amigo de don Manuel e seu protexido.

Seguía a “guerra de los Farmacéuticos” e don Manuel tamén segue sen acudir ao Concello como Alcalde.

--------------------------------------

Postal da casa onde viviu Rosalía de Castro en 1930.

28 marzo 1932. Sesión Ordinaria presidida por el 1º Tte. Alcalde don Agustín González Sobrino por ausencia del titular, se dió lectura al acta anterior que fue aprobada por unanimidad.

LICENCIA.- Toda vez que el Sr. Alcalde propietario, don Manuel Álvarez Vicente continúa sin concurrir al Ayuntamiento a pesar de que ya terminó el plazo de la Licencia que se le concedió, la Corporación, a instancia del Concejal Sr. Candeira, acuerda que se comunique a dicha autoridad el deseo de todos los Sres. Concejales de que se reintegre cuanto antes al seno de esta Corporación para satisfacción de todos.

-------------------------------------------

Club Xuvenil COLON en Chans en 1927 

Aquí publico unha serie de acordos da Corporación Municipal contra José Darse Sobrino é Heraldo Guardés. O resto do traballo está publicado en www.galiciasuroeste.info/ Patrimonio -Arquivo  e Documentación.

Un ano despois da primeira publicación do semanario Heraldo Guardés xa atacan ao Director e dono do semanario a base de denuncias por non estar conformes coas críticas a súa política.. O poder político local  non podía admitir que alguén viñera a remexer o que os caciques  fixeran e tiñan aínda por facer.

La Verdad, la Justicia, la Claridad, La Cortesía... y llamar al ladrón, ¡ladrón!; al charlatán ¡charlatán!; al hipócrita, ¡hipócrita!; al criticón ¡criticón. Ese era o lema de Heraldo Guardés. Engadindo Darse [...] No fue formado para servir a los caprichos de ningún particular, sino a los sagrados derechos de la justicia...   

Juan Noia Xil escribe en FUXIDOS [...] O Heraldo Guardés, semanario fundado nos albores do século XX, de tendencia liberal e ó servicio das sufridas xentes do agro, nos seus trinta e pico de anos de existencia, foi sometido a numerosos procesos. Sobreviviu a tantas persecucións porque entre os emigrados tivo a virtude de calar fondo e provocar un irresistible amor á terra, cristalizando nunha solidariedade que moveu a estes a iniciar subscricións e contribuír así a liquidar os gastos derivados das periódicas persecucións. O Heraldo Guardés, nun ambiente adverso, enfrontouse ó poderío dunha oligarquía caciquil, e puido oufanarse dunha traxectoria digna, sen claudicacións, ó servicio do ben común, e de sobrevivir ós seus perseguidores”.

Rúa Ordóñez en 1914. Logo José Antonio e hoxe rúa GALICIA. á dereita domicilio de don Agustín Lomba Gómez do comercio de “Los Muchachos”. Á esquerda enreixado do Colexio San José das HH. Carmelitas de la Caridad fundado en 1895. As Carmelitas de la Caridad chegaran á Guarda en 1893, comezando a dar clases na propia casa de dona Vicenta Rodríguez Cachada Fernández,  un 19 de marzo de 1894 cinco monxas tomaron posesión da herdade e o 5 de abril dese mesmo ano  iniciaron o labor docente con 70 alumnos/as.

28 agosto 1905.  Sesión Ordinaria presidida por el Sr. Alcalde don Agustin Sobrino Vicente.

PUBLICACIÓN OFENSIVA.- El Regidor José Manuel Portela manifestó que el periódico semanal que se publica en esta localidad con el título  Heraldo Guardés nº 44, correspondiente al sábado 12 del actual, inserta en la columna 3ª de la 3ª  plana, un suelto que literalmente dice así: =  

“Nos han dicho que anda por ahí tocado de Hidrofobia un individuo que asiente por costumbre, difama por necesidad y calumnia por deporte.

Ahora le dio por defender a los ladronzuelos de fondos públicos a aquellos que se llevaron o consintieron que se llevaran en pocos años los derechos de 5.000 reses.

Sentimos sinceramente tan inmensa desdicha que acaso sea el cumplimiento de temibles maldiciones de aquellas que le han echado las doloridas viudas de los soldados que quedaron muertos de hambre en la MANIGUA de Cuba, sentimos sinceramente las inmensa desdichas”.

Ya sea la Redacción ya de la Colaboración, es indudable que en el fondo del referido suelto se calumnia e infamia, y por consiguiente se deshonra y desacredita a personas que han ejercido o ejercen cargos en la Administración de los intereses del Distrito, y como esta Corporación no puede en manera alguna quedar bajo una acusación tan atrevida como desprovista de fundamentos, entiende que ha llegado el momento de proceder criminalmente contra el Director Gerente del periódico don José Darse, para que como presunto autor del suelto sufra las consecuencias de su censurable proceder.

El Ayuntamiento Acuerda solidarizarse con el Sr. Portela.

“RESULTANDO: que en el suelto de que se trata se calumnia e infamia, efectivamente de una manera más o menos estensible a personas que han pertenecido o pertenecen a esta Corporación, y sin que puedan confundirse con  las de ninguna otra, por cuanto Heraldo Guardés, según hace constar en el primer número de su publicación es órgano de los Ayuntamientos de La Guardia, Rosal y Tomiño, y sólo en esta localidad se recaudan los derechos de Consumos por Administración.

CONSIDERANDO: que la frase “ladronzuelos de fondos públicos”, consignada en dicho suelto, constituye por sí sola un delito de calumnias e injurias, definidos y penados  en los Capítulos 1º y 2º, Título 10, Libro 2º del Código Penal, por el Ayuntamiento se ACUERDA denunciar criminalmente a don José Darse Sobrino Director Gerente de Heraldo Guardés, para que ante el Sr. Juez de Instrucción del Partido Judicial, con objeto de que aquella respetable y digna autoridad tenga a bien ordenar la formación del oportuno sumario, para esclarecimiento de los hechos que el suelto hace referencia, y castigo de los culpables, autorizándose al regidor Síndico don Juan Domínguez Troncoso para que represente a la Corporación los casos que lo exijan  el procedimiento”. 

-----------------------------------------------

Engadiremos nós que a maioría da Corporación tapou un problema de cartos relacionado coa recadación municipal... Respecto da guerra en Cuba tamén temos datos de guardeses mortos, chegados de lazaretos e abandonaos  nalgún cemiterio de A Coruña... totalmente esquecidos nesa etapa e nas vindeiras...

--------------------------------------------------

A Praza Nova arredor de 1914. Ao fondo a casa familiar dos Rivas Baz, logo Gardeazábal Rivas.. Esta rúa ou praza recibiu o nome de Praza da Laranxeira, Praza do xeneral Prim, rúa Joaquín Alonso Martínez, logo en maio de 1932 a Corporación Republicana aprobou o nome de rúa Catorce de Abril para máis tarde volver a ser a rúa Joaquin Alonso, aínda que popularmente é Praza Nova. Xunto a rúa Vicente Sobrino, antes Alfonso XII. eran as máis importantes da Vila -comercialmente– xunto á Praza do Reloxo.  

Na Sesión Plenaria do 2 de maio de 1932 (era Alcalde en funcións don Agustín González Sobrino), o concelleiro Roque Camilo Carrero Lorenzo lembra a os seus compañeiros e correspondente local de Faro de Vigo censurara o cambio de nome (Joaquín Alonso por Catorce de Abril), indicando –segundo o seu parecer – que “Joaquín Alonso fue un gran propulsor de esta Villa y sus contornos y que donó una porción de onzas de oro para Camposancos".

“Que si este hecho es cierto no debió haberse borrado su nombre de la referida vía, y que, a lo sucesivo, se estudien bien los méritos que se hayan apreciado en cada caso para dar el nombre de una persona á una calle, para no cometer injusticias. El Sr. Noya (Juan Noya Gil) rebate todas las afirmaciones del citado corresponsal, diciendo que el pueblo de La Guardia sabe bien lo que tiene que agradecer a la familia Alonso (Martínez)”. E Camilo Carrero quedou solo neste asunto polo que o nome da rúa quedou tal cual naqueles anos. 

                                          -------------------------------------------------

Outra pincelada da persecución a Nuevo Heraldo e ao seu Director Xerente:

2 abril 1906. Sesión Ordinaria presidida por el Alcalde don Severiano Martínez Núñez.

PUBLICACIONES.- A petición del Regidor don Agustín Sobrino Vicente se leyó por el Secretario, el artículo, al parecer de Redacción, que bajo el epígrafe Corresponsalerías se insertó en el periódico de esta Villa Heraldo Guardés nº 76, correspondiente al sábado 24 de Marzo último, columna 4ª de la 1ª plana y 1ª y 2ª columnas de la plana 2ª, el cual artículo, comienza con las palabras:

“El jumento de Severiano y termina con las de... que come hierba en el mundo... (Non figura a totalidade do escrito na acta para evitar que os lectores das actas ou os veciños que solicitaran certificacións da mesma poidesen facer xuízo do artigo).

Terminada la lectura, el mencionado Sr. Sobrino, hizo constar que el aludido artículo no sólo es injurioso para personas dignísimas, sino que es calumnioso en lo que consigna atribuyéndole á don César Troncoso González, como dicho por él mismo al Sr. Álvarez Vicente (don Manuel), y repetido por aquel en la sala de Ayuntamiento, delante de varios sujetos que en un solo año se tragaron aquí (algúns dos políticos conservadores), á su juicio, los derechos de mil pipas de vino que representan unos 8.000 duros.

En su consecuencia pide que por la Corporación se denuncie el mencionado artículo, enviando un ejemplar del periódico que lo publicó al Sr. Juez de Ynstrucción y 1ª Ynstancia del Partido en Tuy, y Fiscal de la Audiencia Provincial, para que sea castigado el autor, reservándose, dicho Sr. Sobrino, el derecho de mostrarse parte en la causa.

El Sr. Alcalde, manifestó que había iniciado ya algunas gestiones por si mismo, acerca del particular, rogando por consiguiente al Sr. Sobrino, desistiese de su pretensión, entre tanto no se resolvía la interpuesta.

El Sr. Sobrino replicó, que le era indiferente que se formalizase su denuncia esta semana ó para la próxima, pero que exigía constase en acta y que al elevarla  se llame la atención del Sr. Juez acerca de la suma gravedad de la denuncia, y se solicite el esclarecimiento de los hechos á que de modo tan concreto y terminante se refiere aquella, á fin, de que puedan ser castigados con todo el rigor de la Ley, los defraudadores y sus cómplices, ó los calumniadores, si como es de temer, la referida denuncia careciera de todo fundamento, y no tuviese otro objeto que el de difamar á los que sacrifican su conveniencia desempeñando con celo y honradez los cargos de concejales de los cuales á no ponerse coto á estas campañas tendrán necesidad de apartarse las personas honradas.     

                                           -------------------------------------------------

Tamén a igrexa local rexida (nunca mellor dito) polo párroco Francisco Javier Pimentel Chapela persigue a Darse, e outros colectivos como á Directiva do Recreo Artístico Guardés, con denuncias “por escarnio a la religión” nos Carnavales de 1907 (tres anos despois de fundarse Heraldo), cuestión esta debido máis ao capricho do párroco que polo contido da sátira, como se pode comprobar:

....................................................................

Solicitude da Xunta Directiva do Recreo Artístico Guardés a Alcaldía (con data 9 de febreiro/07) para poder celebrar o “Entierro de la Sardina”.

Copia da esquela publicada pola comparsa de Carnaval do Recreo en 1907.  Título: EL ENTIERRO DE LA SARDINA celebrado o 13 de febreiro, “Miércoles de Ceniza”.

anterior           seguinte