|
|
Xoves, 30 de decembro de 2010 Tomiño capta o 35% dos fondos do programa Leader para proxectos medioambientais e de diversificación da economía rural O AGDR 18 Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño, incluirá dentro do seu plan de axudas Leader Galiza 2007 – 2013, unha ducia de proxectos con axudas que ascenden en total a 1.474.616 euros, o que representa máis dun 35% do investimento total previsto. Entre os proxectos máis ambiciosos, xa en fase de execución, atópanse un de xestión, tratamento e subministro de biomasa e outro a creación dun centro de discapacitados. Esta iniciativa enmárcase dentro da medida de “Dinamización do sector agrario forestal” e foi presentado pola empresa Bioforga, S.L. para a súa realización na parroquia tomiñesa de Barrantes. Este interesante proxecto consiste na construcción dunha planta para a xestión, tratamento e subministro de biomasa para a valorización enerxética dos residuos forestais xerados nos montes da comarca do Baixo Miño e arredores, reducindo o risco de incendios e a proliferación de pragas nos montes, favorecendo a súa multifuncionalide e acadando unha xestión forestal máis eficiente, que dinamice económica e socialmente o medio rural. Outro dos proxectos que se atopan en fase de execución é o da 1ª fase do Centro de Discapacitados da asociación “Vontade”, cunha subvención que ascende a 250.000 euros. Enmarcado dentro da medida “Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida”, o proxecto consiste na construcción da 1ª fase dun Centro de Recursos para persoas con discapacidade, para a comarca do Baixo Miño e concellos limítrofes (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Gondomar e O Porriño), que permita cubrir os servizos específicos orientados á formación ocupacional e profesional xunto coas necesidades de atención social do coletivo máis afectado (terapia ocupacional, rehabilitación, mediación laboral, etc.). Proxectos aprobados que agardan partida orzamentaria Entre os proxectos verificados polo AGDR 18 atópanse varios que foron informados favorablemente pero están pendentes de partida orzamentaria. É o caso, entre outros, da Mellora de instalacións deportivas e equipamento en Sobrada. A alcaldesa de Tomiño e vicepresidenta do AGDR 18, Sandra González, que asistiu á última reunión do grupo de desenvolvemento rural, celebrada o pasado día 21 de decembro, expresou a súa satisfacción polo alto nivel de participación de empresas, colectivos e emprendedores particulares do municipio; participación que permitiu que Tomiño lograse captar máis do 35 % dos fondos dispoñibles entre a vintena de concellos que forman o GDR (concellos pertencentes á Máncomunidade da Área Intermunicipal de Vigo máis os da comarca do Baixo Miño). A Unión Europea impulsa o programa Leader (Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) dende o ano 1991, para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural. Deste xeito, os diferentes territorios do rural deixan de ser meros destinatarios destas políticas para converterse nos protagonistas do seu propio desenvolvemento. Os programas Leader aplicáronse en Galiza durante os períodos 1991-1994, 1994-1999 e 2000-2006. Nos últimos anos engadíronselle os programas Proder e Agader, baseados tamén na metodoloxía do Leader, de xeito que se chegou a cubrir todo o rural galego a través de 40 programas locais. Para o novo período 2007-2013,o programa denomínase Leader Galiza 2007 – 2013 e nel participan 31 Grupos de Desenvolvemento Rural. Para máis información: www.agdr18.org – sección “Proxectos”.
Mércores, 29 de decembro de 2010 Tomiño continúa a celebrar o nadal con concertos e actividades de animación de rúa A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal continúa desenvolvendo con motivo das Festas do Nadal e Reis a súa programación de actividades culturais e de esparcimento en diferentes lugares do municipio. No Auditorio Municipal de Goián pode visitarse a exposición de fotografía “Lendas dunha meiga: o mundo a través dos seus ollos” de Paula Fernández Nóvoa, que permanecerá aberta ao público ata o día 31. Outras actividades preparadas para festexar este nadal son as de animación de rúa, que comezaron o día 22, con Papá Noel Zancudo e Mamá Noel en Patíns, e seguiron con Alicia no País das Marabillas o día 24. Tamén resultou moi exitoso o parque infantil “Tomilandia”, celebrado o pasado domingo, e o concerto da Camerata Viguesa do día 18. O vindeiro día 29 de decembro, a poboación miúda de Tomiño poderá ver ao Boneco de Neve e o Trasno Branco, e a Mickey e Minnie o día 31 (en Tomiño e Goián). Os Trasnos de Nadal volverán o día 2 de xaneiro; o Yetti Zancudo e Trasno Branco en patíns, o día 3, e o Carteiro e Paxe Real o 4. Finalmente, o mércores 5, a partir das 17.00 horas, será a esperada Cabalgata de Reis, na Praza do Seixo. As súas Maxestades percorrerán as rúas do centro de Tomiño ata a Praza do Seixo. Este ano, contarase coas carrozas do Portal de Belén, dos paxes e séquitos, dos porteadores dos regalos e dos carteiros reais, acompañados todos con música tradicional e villancicos. Haberá tamén caramelos e agasallos para os nenos e nenas. A cabalgata real está organizada pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal coa colaboración da Comparsa de Paredes; Comparsa Revolución Show; Asociación Escola de Gaitas e Danzas Virxen do Alivio; Carrozas de Amorín; Asociación de Veciños de Pinzás; Asociación Deportiva e Cultural Seixo e ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño). Pechando a programación, actuará en concerto o xoves 6 de xaneiro, día de Reis, ás 20.00 horas, a Orquestra Clásica de Vigo.
Martes, 28 de decembro de 2010 A Concellaría de Cultura felicita ao Coro Infantil de Tomiño polo 1ºpremio acadado no XIII Concurso de Panxoliñas da Catedral de Tui A Catedral de Tui acolleu o pasado domingo a décimo terceira edición do Concurso de Panxoliñas, acadando o Primeiro Premio o Coro Infantil de Tomiño, que interpretou tres panxoliñas cun tempo máximo de 15 minutos. Este Coro de recente creación, e formado por unha vintena de nenos e nenas, promovido pola Coral Polifónica de Tomiño e pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, a proposta do seu director, foi presentado en sociedade o pasado 23 de outubro. A Concellería de Cultural traslada os seus parabéns a todos os compoñentes, ás súa familias, ao presidente e membros da Directiva da Coral Polifónica e, por suposto ao director, verdadeiro artífice e motor de esta iniciativa, vindo este premio a recoñecer o importante traballo levado a cabo ata a data.
Luns, 27 de decembro de 2010 O Partido Popular de Tomiño denuncia a falta de plenos municipais, imcumprindo a legalidade nos prazos ordinarios A portavoz de Partido Popular de Tomiño, Esperanza Calzado, denuncia que a alcaldesa leva sen convocar un pleno municipal dende mediados do mes de septembro, incumprindo deste xeito a legalidade nos prazos ordinarios. Esta situación contradice á propia palabra da alcaldesa, Sandra González, que prometera levar a cabo plenos todos os meses, e van tres meses sen plenos municipais; o que demostra a falta de proxecto político e propostas á hora de governar. Esperanza Calzado califica de falta de democracia que nestes catro meses, a alcaldesa no celebrase nin un só pleno extraordinario para a toma de posesión do novo concelleiro do Partido Popular, Esteban González Miranda, dende o pasado mes de agosto. Por outra banda o Partido Popular cualifica a situación actual do tripartito, coma un governo dividido que desgoverna Tomiño, cando a estas alturas tiñan que ser levados a pleno os presupostos do próximo ano 2011, estando xa fóra de prazo, polo que o Partido Popular de Tomiño tomará as medidas legais oportunas para combater estas ilegalidades. "Esta situación demostra que esta etapa política en Tomiño está esgotada, e que necesitamos un cambio de rumbo cara á austeridade e ás formas de governar" rematou manifestando Esperanza Calzado.
Venres, 24 de decembro de 2010 Tomiño lanza unha campaña de adopcións de cans desde as concellarías de Medio Ambiente e Mocidade, voluntarios e responsables da canceira municipal As concellarías de Medio Ambiente e Mocidade, organizan unha campaña para a promoción das adopcións de cans, e que levan a cabo voluntarios da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e da canceira municipal de Tomiño, creándose un ficheiro de adopcións que se colgará na web do Concello e redes sociais, con fotografías e características de cada un dos animais. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara, indicou que na canceira municipal hai arredor dunha ducia de cans de diferentes idades e tamaños que agardan ser adoptados. A canceira municipal permanecerá aberta todos os sábados a partir das 11.30 horas, e alí os voluntarios e responsables da entidade, informarán e asesorarán ás persoas interesadas en ver aos cans. Os concelleiros Santiago Vergara e Xaquín Villadangos, neste senso, apelan á responsabilidade dos posibles interesados en adoptar, para que consideren, sobre todo nestas datas de Nadal, que os cans non son xoguetes e valoren as atencións e coidados que necesitan.
A Concellaría de Transporte de Tomiño ofrecerá o servizo do Noitebús (Tomiño – A Guarda) a noite de fin de ano e remata o servizo por decisión da Xunta A Concellaría de Seguridade, Tráfico e Transporte do Concello de Tomiño ofrecerá o servizo de Noitebus, coas dúas rutas habituais (Tebra – A Guarda e Pinzás – A Guarda) a noite de Fin de Ano. A única diferencia é que o horario variará respecto do habitual, saíndo á unha da madrugada e regresando da Guarda ás 7 da mañá. A concelleira Julia Cascón, responsable da área, explicou que este é o último servizo que se ofrece, debido á decisión da Xunta de Galicia de quitar a subvención do mesmo, a pesar do alto nivel de utilización que rexistrou o noitebus por parte dos usuarios e usuarias de Tomiño.
Actividades de Nadal en Tomiño Dentro das actividades de Nadal organizadas pola Concellería de Cultura de Tomiño hoxe de 17 a 19h estará Alicia no País das Marabillas en Tomiño e Goián. E o domingo de 16 a 20h celébrase o Parque Infantil Tomilandia no Pavillón Tomiño.
Día dedicado ás avoas e aos avós en Tomiño A Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros de Figueiró celebra este domingo un día dedicado ás avoas e aos avós. Ás sete da tarde a Rondalla de Valadares fará un pasarrúas dende “A Santa” ata a Praza de Igrexa onde actuará.
Xoves, 23 de decembro de 2010 A Rondalla de Valladares actuará en Figueiró nunha xornada dedicada ás avoas e aos avós O próximo comingo, día 26 de decembro, ás 19 horas Figueiró homenaxeará ás avoas e avós da parroquia cun festival de Nadal, a cargo da Rondalla de Valladares, que será a primeira vez que actúa no Baixo Miño, formada por máis de 100 compoñentes. Ás 19 horas a rondalla fará un pasarrúas dende A Santa ata a praza do Telleiro, seguidamente terán varias actuacións, dependendo da climatolóxia. Este acto está organizado e patrocinado pola Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros, coa colaboración do Centro Recreatico e Cultural de Figueiró e o Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Será unha magniífica ocasión par compartir coas nosas avoas e avós e con tódolos veciños e veciñas de Figueiró.
Mércores, 22 de decembro de 2010 Tomiño aforra na súa iluminación de Nadal O Concello de Tomiño inaugurou esta fin de semana un sistema de iluminación de Nadal que permitirá un significativo aforro no consumo de enerxía eléctrica con respecto a anos anteriores. O sistema de iluminación permanecerá activo entre as seis da tarde e as dúas da madrugada e componse de 27 arcos de luces “Led”, cun consumo moi inferior ás de microbombillas, na zona céntrica de Tomiño, onde o criterio prioritario foi o de aforrar enerxía con respecto ao ano anterior. Para iso, foi preciso recortar a cantidade de luces en zonas como a Praza da Mina, a rotonda do Seixo, etc. Nas parroquias, montáronse 18 arcos, dez dos cales instaláronse nas rúas céntricas de Goián. O concelleiro de Promoción Económica, Xaquín Villadangos, salientou a importancia de reducir o consumo de electricidade, colaborando con esta medida no aforro de recursos enerxéticos e minimizando tamén o impacto no medio ambiente.
Presentación da “Selección Fútbol Feminino Baixo Miño” Informa Rubén Casaleiro.- O vindeiro 26 de decembro, no Campo Municipal do Alivio terá lugar a presentación da Selección de Fútbol Feminina do Baixo Miño. Depois disputarase un torneo triangular entre o Olivo e o Erizana (conxuntos de primeira nacional), e a primeira Selección feminina do Baixo Miño (SFFBM) composta por xogadoras do Baixo Miño que militan en diferentes equipos de fútbol. Esta iniciativa parte das boas relacións entre os equipos do Tomiño F.C. Femenino e a Unión Guardesa (equipos do Baixo Miño). O obxetivo é darlle visibilidade e potenciar o deporte feminino na comarca, neste caso o fútbol. Para a presentación estrearase unha nova equipación de cor azul celeste, cun escudo orixinal creado para a ocasión que levará as iniciais da selección SFFBM (Selección Feminina do Baixo Miño), patrocinada por Informática Jaime.Ó acto de presentación asistirán dous referentes no fútbol femenino: Pilar Neira ex-xogadora de fútbol, seleccionadora galega e presidenta de MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas), e Verónica Boquete, xogadora do R. C. Deportivo Español da superliga feminina (unha das mellores xogadoras do fútbol feminino na actualidade). Tamén contarase coa presenza do concelleiro de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño, Fernando Álvarez, a alcaldesa Sandra González, e os presidentes do Olivo e do Erizana. Programación Día: Domingo, 26.12.2010 Lugar: Campo Municipal "O Alivio" 10:00 Presentación da SFFBM Encontros programados despois da presentación entre a Selección Fútbol Feminino Baixo Miño (SFFBM) e os equipos de Primeira Nacional "Olivo" e "Erizana" 10:30 SFFBM - Olivo 12:30 Olivo - Erizana 14:00 Pinchos (para os equipos participantes) 16:00 SFFBM - Erizana 17:00 Sorteo dos premios das Rifas 17:30 Final e reparto de trofeos
Martes, 21 de decembro de 2010 O CEP Pedro Caselles protagoniza a fin da campaña de biodiversidade do concello de Tomiño Máis de 240 escolares do CEP Pedro Caselles, de Tomiño, asistiron a semana pasada (xoves 16 e venres 17) aos obradoiros medioambientais organizados pola Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Santiago Vergara, dentro da campaña “A Nosa Auga dá Vida”, cuxo fío condutor tivo como lema “2010, Ano da Biodiversidade”, e arredor do cal, leváronse a cabo diferentes actividades. Os obradoiros estiveron a cargo de dous biólogos que fixeron unha breve presentación e explicación sobre o Ano da Biodiversidade. Seguidamente, proxectouse o vídeo titulado “Bosques”, no que se realiza unha pequena descrición da biodiversidade que se poden atopar nos espazos naturais de Tomiño, e despois efectuáronse xogos visuais para localizar animais agochados en imaxes ou sons facilmente recoñecibles polos estudantes. Todo isto alternouse cunha serie de actividades do caderno que se entregou a cada un dos alumnos participantes. Nel incluíanse exercicios para comprender a cadea trófica, as diferentes pegadas dos animais e a idade das árbores,. O obxectivo fundamental destes obradoiros é, segundo explicou Santiago Vergara, “ofrecer dunha forma amena e divertida, unhas claves para comprender mellor o medio natural que nos rodea, así como a necesidade de conservalo e protexelo dos perigos presentes e futuros”.
Sábado, 18 de decembro de 2010 Convenio de colaboración da Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal e a Comunidade de Montes de Tomiño A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, a través do tenente de alcalde, o centrista Pablo Baquero, asinou onte un convenio de colaboración coa Comunidade de Montes en Man Común de Tomiño, coa finalidade de axudar a sufragar os gastos de arranxo de camiños realizados pola comunidade durante o ano 2010. O convenio de colaboración, polo que se concederá a cantidade de 6000 euros á entidade mancomunada, foi asinado por Enrique A. Gándara, en representación da Comunidade de Montes de Tomiño. Este acordo enmárcase no Plan da Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal para o asfaltado e arranxo de diversos camiños nas distintas parroquias de Tomiño, no que se inclúen accións directas, como as levadas a cabo en Pinzás, Currás, Amorín, Barro, Taborda, Santa María de Tebra, Goián ou Figueiró ou outras a través da colaboración con asociacións ou entidades sen ánimo de lucro. O tenente de alcalde e concelleiro Pablo Baquero, mostrou o seu agradecemento a Enrique Gándara pola colaboración fluída que esta comunidade de montes vén mantendo co Concello de Tomiño e, especialmente, coas Concellerías de Sanidade e Benestar Social; Cultura, Educación e Participación Veciñal, e Deportes e Lecer, coas que o nivel de colaboración é máis inteso, se cabe. O edil destacou, neste senso, a cesión de terreos para o Centro de Saúde e o Centro de Día que permitiu a Benestar Social xestionar coa Xunta a construcción definitiva destas importantes obras en Tomiño, sen esquecer a prórroga dos terreos onde se sitúan actualmente as oficinas da propia concellaría.
Tomiño amosa a súa satisfacción pola decisión da Xunta de impulsar o proxecto do parque empresarial, polo que o goberno leva loitando moito tempo O Goberno Local de Tomiño expresa a súa satisfacción pola decisión da Xunta de Galicia de reiniciar as expropiacións dos terreos necesarios para o futuro parque empresarial de Tomiño, tal como recollía antonte o Diario Oficial de Galicia. O proxecto do parque empresarial sempre foi para o goberno municipal un tema prioritario, polo que viña reclamando a súa creación en diferentes ocasións, diante de Xestur e do IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo); especialmente nos tempos de crise que se están a vivir e tendo en conta a delicada situación dos particulares afectados polas expropiacións e que non sabían que facer cos seus terreos nos últimos meses. O goberno local lembra, así mesmo, que o proxecto ten concedidos os permisos sectoriais dende o ano 2008 e que, xurídicamente, non existe ningún problema para a súa construción. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reitera neste senso, a total colaboración do seu equipo, como ata o de agora viña facendo, coa Xunta de Galicia para que este importante proxecto sexa unha realidade. Datos técnicos O expediente de expropiación afecta a un total de 447 fincas que suman 398.566 metros cadrados. Na actuallidade, o 20% das fincas están xa adquiridas polo procedemento de compravenda. O futuro parque empresarial de Tomiño suporá un investimento total de 23.795.450 euros e terá unha superficie de 493.456 metros cadrados.
Actos de Nadal na Asociación Centro Recreativo e Cultural de Figueiró A Xunta Directiva do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró informa das actividades programadas para este Nadal 2010-2011, que se iniciarán mañá, domingo, dia 19, côn Dia dos Nenos. A partires das 17 horas haberá un baile infantil e a participación de pallasos-animadores que con bromas e xogos alegrarán aos máis cativos. Ao rematar a actuación visitará o centro Papá Noel que recibirá a tódolos nenos e nenas. O día 31 de decembro, ás 00.30 horas, celebrarase o Baile Fin de Ano amenizado polo grupo “Atrevette”. O 5 de xaneiro, desde as 23.30 horas Baile de Reis animado polo grupo “Adrede”.
Venres, 17 de decembro de 2010 Ata o 31 de decembro pode visitarse en Tomiño a exposición de Paula Fernández Nóvoa Continúa aberta a exposición fotográfica “Lendas dunha meiga: o mundo a través dos seus ollos”, de Paula Fernández Nóvoa, organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño dentro da súa programación de Nadal. A mostra foi inaugurada con éxito de público, o pasado sábado 11 de decembro ás 12.00 horas, no auditorio goianés e permanecerá aberta ata o vindeiro 31 de decembro. A exposición contou coa presenza do tenente de alcalde Pablo Baquero e o concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, quen destacou a mensaxe que moitas obras transmiten, e das que comentou que “todas parecen ter alma e ningunha deixa indiferente ao espectador”. Paula Fernández fixo distintas exposicións nos últimos dous anos en Madrid, localidade na que vive actualmente, aínda que a súa familia reside no barrio tomiñés de Pousadela. Algunhas obras son creacións que xogan con disntos efectos, outras recollen momentos especialmente atractivos, como as postas de sol; contrastes, como os reflexos do sol na auga, o vento sobre a praia, ou escenas cotiás tratadas dun xeito artístico a través da cámara fotográfica.
Tres xogadoras do Tomiño F.C. son chamadas para formar parte da Selección Falega de fútbol feminino Tres xogadoras do club Tomiño F.C. Femlnino veñen de ser seleccionadas por primeira vez para debutar coa Selección Galega de Fútbol Feminino Sub-16 e Sub-18. Logo varias sesiones de adestramento en Santiago de Compostela, debutarán na fase de referencia nos encontros entre as seleccións de Galicia, Madrid e Castela León, que se disputarán os días 17 e 18 de decembro en Madrid. A xogadora convocada para a categoría Sub-16 é Irina Martínez Miguens, mentres que as convocadas para a Sub-18 son Sara Rodríguez Treinta e Nerea Leva Caeiro. O concelleiro de Deportes e Lecer, o centrista Fernando Álvarez, salienta a importancia desta nova para o deporte tomiñés e felicita ás tres xogadoras polo seu eforzo e disciplina. O presidente do Tomiño F.C. Feminino, José Antonio González Gómez, pola súa banda, resaltou a satisfacción de toda a directiva, as compañeiras de equipo e dos adestradores. “Quero darlles a noraboa ás tres rapazas seleccionadas; desexarlles moitísima sorte no seu debut e espero que disfruten desta experiencia que sen dúbida é un orgullo para Tomiño”.
Actividades deportivas do equipo de fútbol sala feminino do IES de tomiño Hoxe, venres, ás 17.00 horas terá lugar no Pavillón de Deportes de Tomiño un encontro entre o equipo de fútbol sala feminino do IES de Tomiño e o equipo das Carmelitas de Vigo. O sábado, día 18, celebrarase un “Torneo interno”. A experiencia consiste nun campionato de tipo lúdico-deportivo no que competirán as rapazas do equipo de fútbol sala feminino con equipos formados polos seus irmáns, pais ou os amigos que se acheguen ao Pavillón de Tomiño entre as 6.00 e as 9.00 da tarde. Para rematar a xornada, os que queiran irán cear xuntos. Xa teñen feita a reserva para a cea, cun prezo moi razoable.
Xoves, 16 de decembro de 2010 Tomiño presenta a súa toponimia nun acto ao que asistirá o director xeral de Administración Local O Concello de Tomiño presentará o vindeiro venres, 17 de decembro, ás 18.00 horas, o proxecto de toponimia do municipio levado a cabo pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello, colectivos veciñais, comunidades de montes, pedáneos e xente maior das parroquias. O acto, que terá lugar na Casa da Cultura tomiñesa, contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; José Norberto Uzal Tresandí, director xeral de Administración Local; Antonio Crespo Iglesias, director xeral de Desenvolvemento Rural; Gonzalo Navaza Blanco, membro da Comisión de Toponimia, e Vicente Feijoo Ares, coordinador dos traballos de campo, estando prevista tamén pero sen confirmar a presenza do secretario xeral de Política Lingüística. O traballo que se presentará ao público consiste en 33 planos das distintas zonas do municipio, onde figuran os topónimos recollidos nun arduo traballo de campo realizado hai un par de anos co apoio loxístico do Concello e da veciñanza. O estudo forma parte do “Proxecto Toponimia de Galicia” promovido pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, “ante a necesidade de defender e conservar o patrimonio toponímico galego que forma parte da nosa identidade como pobo”.
A Escola Municipal de Nais e Pais de Tomiño aborda os trastornos autistas na infancia A Casa da Cultura de Tomiño acollerá o vindeiro venres 17 de decembro, ás 20.00 horas, outra sesión da Escola Municipal de Nais e Pais, organizada pola Concellería de Sanidade e Benestar Social. O tema escollido para esta charla é a “Intervención educativa nos trastornos de espectro autista” e será impartida pola psicóloga clínica, Marlene Horna Castiñeiras, que colabora activamente coa Asociación Asperga. Pablo Baquero Álvarez, responsable da área de Sanidade e Benestar Social do Concello e tenente de alcalde, manifestou o interese da concellería en fomentar estas actividades e salientou, neste sentido, a importancia de coñecer o traballo de recoñecidos profesionais que poden axudar ás familias na difícil tarefa da detección de enfermidades ou problemas na infancia. Para facilitar a asistencia, cóntase cun servizo de ludoteca con profesionais co fin de coidar dos pequenos durante a actividade. Para inscribirse e facer uso da ludoteca, é preciso chamar ao número de teléfono 986 623 211, ou escribir unha mensaxe ao enderezo electrónico educacionfamiliar.programa@gmail.com
Mércores, 15 de decembro de 2010 Mocidade organiza unha xornada de emancipación xuvenil e inicia un curso de Portugués avanzadoMañá, xoves, día 16, terá lugar unha xornada de Emancipación Xuvenil, na que se informará sobre as posibilidades e axudas que hai actualmente en materia de emprego e de vivenda para este sector de poboación.Esta xornada, organizada polo Concello en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, está dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 35 anos, e levarase a cabo en horario de 17.00 a 19.30 horas, no Centro de Formación de San Bieito. As persoas interesadas en participar, poden chamar ao 986 623 304; escribir ao enderezo de correo electrónico: omix@concellotomino.com; polo Facebook ou pasarse pola oficina de información xuvenil (Campo da Feira s/n).O concelleiro de Mocidade, Xaquín Villadangos informou que con esta xornada e máis o curso de Portugués Avanzado, que comeza este mes (aínda quedan prazas libres), a Concellaría dá por finalizada a súa programación anual, na que se celebraron máis de 25 actividades totalmente gratuítas. “É momento agora de facer balance e de pechar nos vindeiros días a programación do ano próximo”, comentou o edil.
Martes, 14 de decembro de 2010 O alumnado do IES de Tomiño recibe clases de educación vial polos axentes da Policía Local de Tomiño e persoal da DGT 105 alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES de Tomiño asistiron nas últimas semanas a unha charla sobre educación vial, organizada pola Concellaría de Seguridade, Tráfico e Transporte en colaboración co instituto e a DGT (Dirección General de Tráfico). A actividade formativa estivo a cargo de Helena Rodríguez, da Delegación da DGT en Pontevedra, e de tres axentes da Policía Municipal de Tomiño. No acto, os técnicos falaron dos perigos da conducción de ciclomotores e da importancia que ten a precaución e o cumprimento das normas de circulación nun municipio como o de Tomiño, no que a dispersión xeográfica fai imprescindibles os desprazamentos en vehículo entre os diferentes núcleos. A charla contou tamén con apoio audiovisual e, ao remate, fíxose entrega á dirección do centro de material da compaña da DGT a favor do emprego do casco no caso dos motociclistas.
Luns, 13 de decembro de 2010 Tomiño celebra o Nadal con concertos de cámara e múltiples actividades de rúa A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal organiza, con motivo das Festas do Nadal, múltiples actividades culturais e de esparcimento en diferentes lugares do municipio. No Auditorio Municipal, en Goián foi inaugurada a exposición de fotografía “Lendas dunha meiga: o mundo a través dos seus ollos” de Paula Fernández Nóvoa, e que estará aberta ao público ata fin de mes. O sábado 18 de decembro, ás oito da tarde, terá lugar un concerto de violíns a cargo de Camerata Viguesa, e o xoves 6 de xaneiro, tamén as oito da tarde, concerto de Reis, a cargo da Orquestra Clásica de Vigo. Para os máis pequenos a concellaría que dirixe Jesús Castiñeira organiza o domingo 26 de decembro, no Pavillón Municipal de Tomiño e a partir das catro da tarde, o gran Parque Infantil Tomilandia, con monitores en todas as atraccións e de forma totalmente gratuíta. Outras actividades preparadas para festexar este Nadal por todo o alto son as de animación de rúa, que terán lugar a partir do día 22, con Papá Noel Zancudo e Mamá Noel en Patíns (días 22 e 23); Alicia no País das Marabillas (día 24); boneco de Neve e Trasno Branco (día 29); Mickey e Minnie (día 31 en Tomiño e Goián); Trasnos de Nadal (día 2 de xaneiro); Yetti Zancudo e Trasno Branco en patíns (día 3) e Carteiro e Paxe Real (día 4). O mércores 5 a partir das 17.00 horas, gran Cabalgata de Reis na Praza do Seixo. cabalgata de reis O día 5 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas do centro de Tomiño, coa visita dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar. Este ano contarase coas carrozas do Portal de Belén, dos paxes e séquitos, dos porteadores dos regalos e dos carteiros reais, acompañados todos de música tradicional e villancicos. Ademais, haberá caramelos e agasallos. A gran cabalgata real está organizada pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal coa colaboración da Comparsa de Paredes; Comparsa Revolución Show; Asociación Escola de Gaitas e Danzas Virxen do Alivio; Carrozas de Amorín; Asociación de Veciños de Pinzás; Asociación Deportiva e Cultural Seixo e ADETO. Concurso de Beléns - Tomiño 2010 Un ano máis, o concello celebra o tradicional Concurso de Beléns Tomiño 2010, cuxo prazo de presentación de traballos remata o día 16 de decembro (Departamento de Cultura do Concello de Tomiño; rúa Colón, 2. 1º andar). Haberá premios e diploma acreditativo para o primeiro e o segundo clasificado/a nas distintas categorías. Para máis información pódese chamar ao teléfono 986 62 29 88. Organiza a Asociación Solleiro e Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal.
Confección de centros navideños na Casa dos Mestres de Amorín O luns, 6 de decembro, ás cinco da tarde, reuniuse na Casa dos Mestres, un grupo de mulleres de Amorín organizado por Rosa Fonterosa para confeccionar os centros navideños que van a decorar as súas mesas de Nadal. Usando materiais vexetais e outros elementos decorativos, este grupo, confeccionou preciosos centros como se poden ver nas fotografías. E na reportaxe fotográfica premendo na foto inferior.
Sábado, 11 de decembro de 2010 Celebráronse en Tomiño unhas Xornadas Informativas para o Comercio A Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Tomiño - ADETO e a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, celebraron na vila unhas Xornadas Informativas para o Comercio, co gallo de tratar sobre dous temas de especial relevancia para o sector: o Programa de Axudas e Subvencións Plan Ágora Agora Re-comercia 2010/2013 e a Nova Lei de Comercio Interior de Galicia. As xornadas estiveron orientadas a trasladar e difundir entre os comerciantes da zona os programas de axudas e subvencións ao comercio contemplados dentro do citado plan cuadrienal, fomentando o coñecemento por parte dos empresarios do sector das ferramentas que a Xunta de Galicia pon ao seu dispor para mellorar a competitividade dos seus negocios e impulsar o seu uso. Por outra banda, déronse a coñecer os principais contidos da nova Lei de Comercio Interior de Galicia, que está a atravesar os seus últimos trámites parlamentarios, difundindo as súas novidades e repercusións na actividade comercial. Trátase dunha norma que recolle as demandas do sector e que se espera sexa publicada antes de finais de ano. O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, valorou moi positivamente tanto o Plan Ágora como a nova Lei de Comercio, e afirmou que son dúas iniciativas de gran importancia para que o sector poda afrontar o difícil momento que está a atravesar por mor da crise económica. As xornadas contaron coa presencia do presidente da Asociación de Comerciantes de Tomiño - ADETO, Manuel Pérez Riveiro; o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e o seu homólogo na Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera e a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro.
Exposición fotográfica de Paula Fernández Nóvoa en Goián dentro da programación de Nadal A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño organiza, dentro da súa programación de Nadal, a exposición fotográfica “Lendas dunha meiga: o mundo a través dos seus ollos”, de Paula Fernández Nóvoa. A mostra será inaugurada hoxe, sábado 11 de decembro, ás 12.00 horas no auditorio goianés e permanecerá aberta ata o vindeiro 31 de decembro.
Venres, 10 de decembro de 2010 O goberno de Tomiño desminte os argumentos da deputada doPP Marta Valcárcel sobre a decisión da Xunta de cancelar as obras da escola infantil de Goián O goberno local de Tomiño reitera a dispoñibilidade e idoneidade da parcela cedida á Xunta para a construción dunha escola infantil en Goián, ante as declaracións vertidas sobre este tema pola deputada do PP, Marta Vlacárcel. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, insiste no feito de que a parcela cedida conta cos informes técnicos favorables e está situada nun lugar calificado como equipamentos, ademais así clasificado polo PXOUM cando gobernaba o PP, por iso “sorprende dobremente que non saiban que iso é así”. Insiste o goberno local tomiñes que até o de agora, o Consorcio Galego de Benestar Social, en ningún momento, puxo algún impedimento nesta cuestión, até chegar á ultima hora, para xustificar a súa negativa a construír a escola infantil en Goián, cando a deputada nacionalista Carme Adán fixo unha pregunta parlamentaria hai uns días sobre este tema. Fronte a iso, o goberno local de Tomiño demanda que “o PP asuma a súa responsabilidade e se deixe de escusas, buscando problemas onde nunca os houbo, e insiste en que até o de agora, non houbo ningún inconvinte urbanístico; é máis, o xerente manifestou en varias ocasións á alcaldesa a súa vontade de construír a escola en Goián”. Sobre as declaracións da deputada do PP, a rexedora lémbralle que “agora son eles quen gobernan na Xunta, e xa pasou o tempo de botarlle a culpa ao Bipartito; parece que non se enteraron de que eles gobernan neste momento e son eles os responsables de buscar os orzamentos se teñen vontade política de construír a escola”.
Sábado, 4 de decembro de 2010 Convenio de Colaboración entre a Concellaría de Deportes e o Club Deportivo Miño por contía de 6.000 euros A Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño asinou un convenio de colaboración co Club Deportivo Miño – Os Teixugos, por valor de 6000 euros que se dedicarán a sufragar os gastos correntes e de funcionamento da entidade deportiva. En representación do Concello de Tomiño, asinou o convenio Fernando Álvarez, concelleiro de Deportes e Lecer, asistindo por parte do club Pablo Pousa Ortega. O primeiro aproveitou a oportunidade para salientar o papel do club non so na competición senón tamén na formación deportiva de decenas de rapaces e rapazas amantes do piragüismo. O club conta na actualidade con máis de 140 socios do municipio de Tomiño e outros da comarca, que practican unha actividade de lecer como é o piragüismo gozando ao mesmo tempo do encanto do estuario do Miño. A agrupación dispón dunha sección deportiva na cal os máis pequenos comezan coa iniciación ao slálom chegando algúns deles a competir no máis alto nivel do deporte en España, Francia e Portugal. O local social do club e instalacións principais atópanse na parroquia de Goián, a carón do antigo embarcadoiro. Ademais, teñen instalado un campo de slálom no río Cereixo na zona de lecer do Río da Pedra, onde se desenvolve a proba de promoción de slalom no mes de marzo.
Nova inspección técnica de vehículos en Tomiño os días 9, 10, 13 e 14 de decembro na zona industrial de Gabín (Forcadela) Os vindeiros días 9, 10, 13 e 14 de decembro de 2010 realizarase en Tomiño unha inspección técnica de vehículos (incluidos os agrícolas). O horario de atención será de 09.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.00 horas, excepto o último día no que será de 09.00 a 13.30 . As inspeccións levaranse a cabo na zona industrial de Gabín (Forcadela), onde se colocará a unidade móbil de inspección. O día e a hora de atención ao público asignarase directamente na unidade móbil desde o primeiro día de chegada á localidade ou a través do teléfono 881 920 981. A xestión da Concellaría de Seguridade, Tráfico e Transporte do Concello de Tomiño, permitiu que estas revisións se realizaran dentro do municipio, evitando a moitos veciños ter que desprazarse ata outras localidades.
Establecemento da Zona Azul en Goián A Policía Local de Tomiño desenvolve nestes días unha campaña de información á poboación da parroquia de Goián, sobre a creación dunha Zona Azul na Avenida Ordóñez e Praza Antonio Fernández, para o que nestas semanas avisarase (antes de comezar o proceso sancionador) aos/ás condutores/as que estacionen o seu vehículo nas rúas céntricas, que teñen un tempo limitado de estacionamento.
A Xunta de Galicia reiniciará en breve o expediente de expropiación dos terreos necesarios para o parque empresarial de Tomiño A Xunta de Galicia reiniciará en breve o expediente de expropiación dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento do parque empresarial de Tomiño (Pontevedra), tal como establece a resolución asinada polo director xeral do organismo e que proximamente publicará o Diario Oficial de Galicia (DOG). Despois da publicación no DOG da resolución pola que se dispón o reinicio do expediente expropiatorio, o mesmo someterase a información pública polo prazo de un mes para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que estime convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos. Aos efectos do recoñecemento da titularidade dos bens e dereitos afectados, e ao pago no seu momento do xustiprezo aprobado, os propietarios e titulares de dereitos deberán achegar os documentos ou títulos xustificativos completados con certificación rexistral dos mesmos ou, no seu caso, certificación negativa referida á mesma finca descrita nos títulos. Asemade darase audiencia ao concello de Tomiño e notificarase ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda. Datos técnicos O expediente de expropiación afecta a un total de 447 fincas, que suman 398.566 metros cadrados. Na actualidade xa están adquiridas por mutuo acordo preto do 20 por cento das fincas necesarias para este parque empresarial. O futuro parque empresarial de Tomiño suporá un investimento total estimado de 23.795.450,65 euros, dos que xa se executaron preto de dous millóns de euros en traballos técnicos e adquisición de solo por mutuo acordo. O parque empresarial ocupará unha superficie total de 493.456,00 metros cadrados, dos que 244.372.30 metros cadrados serán de superficie industrial e 49.822.05 metros cadrados de superficie terciaria, correspondendo o resto a servizos e equipamentos, viais, aparcamentos e zonas verdes. Simultaneamente á tramitación do expediente expropiatorio realizaranse os trámites necesarios para a licitación das obras de urbanización do parque de conformidade co proxecto de obras xa aprobado
O PPdeG pide ao goberno local que “deixe a demagoxia atrás e conte a verdade sobre a escola infantil de Tomiño” O PPdeG, a través da deputada no Parlamento de Galicia, Marta Valcárcel, pide ao Goberno local que “deixe a demagoxia atrás e conte a verdade sobre a Escola infantil de Tomiño para a que o Goberno bipartito na Xunta de Galicia non dotou de partida presupuestaria”. Marta Valcárcel saíu ao paso das críticas do goberno do Concello e as esixencias ante a Xunta para a construcción da escola infantil indicando que “debe de contarlle aos veciños e veciñas a verdade e se non hai escola en Goián é porque o anterior Goberno anunciou a bombo e platillo a obra pero esquecéuselle de dotar a partida orzamentaria para podela levar adiante”. Deste xeito a deputada popular fai referencia ao convenio firmado polo Ministerio de Educación e a Xunta bipartita no ano 2008 para a posta en marcha de 15 escolas infantís. “A aportación económica do Ministerio foi de 5 millóns de euros que, en ningún caso podía supor máis do 50 por cento do custe total da construcción e equipamento das 15 escolas, e a Xunta e, de ser o caso, os concellos, terían que aportar a cantidade restante” indica Marta Valcarcel quen resaltou que “na construcción de 11 desas escolas o Consorcio investiu mais de 10 millóns de euros, e o total preciso para construír as outras 4 escolas estaría por riba dos 4 millóns”. Polo tanto, segundo a deputada popular “a causa da non licitación da escola de Tomiño (xunto coas de Melide, Mos e Noia) é evidente: “a ausencia ou cando menos a inadecuada planificación na estimación do custe das devanditas e cabe tamén preguntarse por qué había algunhas obras en construcción ou licitadas e outras non para as que non había nin tan sequera crédito reservado nin dispoñible”. O Planeamento non permite construír “Ademais”, indicou a deputada popular, de non estar esas obras licitadas e non ter crédito dispoñible nun informe de técnicos do Consorcio recóllese que a parcela cedida polo Concello non é viable urbanísticamente para executar o proxecto salvo modificación do planeamento”. Segundo Marta Valcárcel este uso non se admite no planeamento deste solo “polo tanto menudo exemplo que quere dar o Goberno local de Tomiño que pide a Xunta que constrúa unha escola infantil nun terreo onde ese uso non está admitido, vaia exemplo que lle está dando aos veciños e veciñas aos que terá que explicarlles por qué eles non poden construír a súa casa en terreos que herdaron dos seus pais porque o planeamento do Concello non o permiten pero eles si queren construír unha escola onde o planeamento non o admite”.
O luns as cinco da tarde no Campo do Alivio enfróntanse o Tomiño FC feminino e o Coya Informa Rubén Casaleiro. Sétima xornada na segunda autonómica grupo 2 entre os equipos do CD Sotomaior e o Tomiño FC femenino.O partido xogado no campo de Candán en horario de tarde, contou con escasa afluencia de público, cunha tarde soleada con temperaturas baixas e un terreo xogo apto para unha boa tarde de fútbol. O partido só tivo un claro acredor a vitoria que foi o equipo visitante a pesar de manterse igualado ata ben pasada a segunda parte, neste caso gañou o conxunto que máis apostou polo fútbol e máis ocasións tivo o dás tomiñesas. As tomiñesas parece que xa teñen aprendida a lección, entraron o campo moi ordenadas, con intensidade e practicando un bó xogo crearon as primeiras ocasións, o gol estaba a caer sería tras unha xogada que remataria cun remate a porta do cal sae un rexeite por parte da porteira local que e aproveitado por unha dianteira, para así elevar o marcador o primeiro da tarde (1-0), o Sotomaior non existia e as tomiñesas non estaban conformes e querían máis, gozando de ocasións claras para aumentar a sua renda, pero serían as de Sotomaior as que lograrían o empate nunha xogada de infortunio na que a defensa visitante fai un mal despexe que recolle a dianteira local para facelo empate (1-1), era ver para crer non era xusto o resultado mercedo que se via no campo. O segundo non tardaría en chegar nunha falta o borde da área grande e desviada por unha xogadora do Sotomaior e acaba no fondo das redes (1-2), así rematou a primeira parte as tomiñesas eran superiores pero o resultado era escaso. Xa na segunda parte empatarían as locales nunha falta que non logra blocar a porteira das tomiñesas (2-2). Minutos despois nunha perfecta xogada na que a dianteira das tomiñesas se vai das defensas acaba batindo a porteira polo lado esquerdo (2-3).O partido estaba controlado polas visitantes pero un novo erro da porteira visitante tras unha mala saida provoca o empate (3-3), non era xusto polos méritos feitos no campo, así apenas pasaron cinco minutos chegou o cuarto, outra xogada explendida neste caso entrando polo centro e cruzando a dereita da porteira (3-4), e isto non quedaría así, o quinto chegaba nun disparo forte desde o lado esquerdo que sorprende a porteira (3-5), e xa case co pitido final chegaba o sexto nun gran pase que e aproveitado pola capitana das tomiñesas, para culminar un gran partido por parte das visitantes moi concentradas o que nunca lle perderon a cara pese os infortunios (3-6). Rematou asi o encontro cunha nova victoria a domicilio para as tomiñesas que non coñecen a derrota fora do seu campo. Próximo luns as cinco da tarde no campo do Alivio o FC Tomiño femenino enfrentase o CD Coya, equipo situado na cuarta plaza da clasificación cun punto máis .
Venres, 3 de decembro de 2010 A alcaldesa caboverdiana de Paul explica en tomiño os proxectos de xénero levados a cabo co apoio do Fondo Galego de Cooperación A alcaldesa da Cámara Municipal de Paul (Cabo Verde), Vera Almeida, visitou, onte, o concello de Tomiño dentro dunha actividade organizada pola Oficina de Igualdade co apoio do Fondo Galego de Cooperación. A recepción tivo lugar no Concello ás 11.00 horas, realizándose de seguido un intercambio de experiencias no eido da igualdade. A alcaldesa, Sandra González, presentou unha memoria das actividades realizadas dende a Oficina de Igualdade, salientando fundamentalmente as actividades de prevención, asesoramento e formación, entre as que figuran as campañas de sensibilización desenvoltas nos colexios e instituto de ensino secundario e o Plan Clara, de integración e inserción sociolaboral. A rexedora caboverdiana, pola súa banda, explicou ao auditorio, formado na súa maioría por mulleres (Plan Clara, asociación “Paso a Paso”; asociación Mulleres Rurais, docentes do IES de Tomiño, etc.) os pasos dados no seu municipio, situado no nordeste da illa de Santo Antao e o segundo máis pobre do país, a difícil tarefa de levar a cabo os primeiros proxectos de igualdade de xénero, nunha localidade eminentemente masculina, na que a muller emigra en busca de recursos. Vera Almeida relatou os seus inicios na política e o seu compromiso de crear un gabinete de apoio á muller, “á que sempre vía sufrindo, traballando e amargada”. No ano 2008 comezou a súa relación co Fondo Galego de Cooperación para a implementación de proxectos locais cunha perpectiva de xénero; algo descoñecido entre a poboación. “En tempo récord presentamos un traballo e empezamos a formar aos axentes comunitarios, que son os que van ás distintas comunidades, con grandes dificultades de desprazamento” (o municipio ten 30 comunidades rurais e so unha urbana). Os primeiros esforzos dedicáronse a mellorar os condicións de habitabilidade existentes e que xeran, pola gran promiscuidade, problemas familiares e incluso de abusos sexuais de menores. Seguidamente á exposición, iniciouse un tempo de coloquio, no que participaron representantes dos distintos colectivos presentes, para agradecer as aportacións da alcaldesa de Paul e salientar a importancia de seguir traballando no eido da igualdade, considerando a esta, incluso, como o posible motor económico dunha localidade na que as mulleres que están desvalorizadas na sociedade, poidan ocupar outros roles que os que tradicionalmente se lles outorgaron. Finalmente, ambas alcaldesas intercambiaron agasallos típicos dos seus lugares de residencia e manifestaron o interese de seguir en contacto valorando a posibilidade de realizar futuras accións conxuntas.
Xoves, 2 de decembro de 2010 A Asociación Cultural Eliseo Alonso proxecta o último film de 2010: “Sed de Mal” Hoxe, xoves, o Cineclub Poleiro, da Asociación Cultural Eliseo Alonso, presenta “Sed de Mal”, de Orson Welles, no auditorio de Goián ás 21.30 horas. É a primeira fita clásica coas que o cineclub Poleiro busca mostrar películas que marcaron a historia do cinema e influíron en grandes cineastas. Orson Welles adaptou, dirixiu e interpretou esta película en 1958, cáseque tres décadas despois de Citizen Kane. En “Sed de Mal”, Orson Welles encarna a un corrupto xefe de policía dunha vila norteamericana fronteiriza con México que entra en conflicto cun íntegro inspector mexicano, interpretado por Charlton Heston e con Janet Leigh no reparto. Welles elexiu o papel dun policía brutal que só se fía da súa intuición para cazar sen probas aos criminais. Cando falla o sistema, o proprio inspector fabrica as probas para que triúnfe a xustiza. Welles dixo: A miña aportación persoal ao filme é o meu odio cara ao abuso que a policía fae da súa forza.
Máis de 200 persoas asisten en Tomiño á xornada de información e participación pública sobre o futuro plan hidrolóxico das concas Miño-Sil e Limia O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil (CHMS) Francisco Fernández Liñares, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presidiron onte un encontro no que participaron representantes económicos, políticos e sociais da comarca do Baixo Miño, incluidos os representantes das traídas de augas de diferentes parroquias tomiñesas. Este encontro forma parte da fase de consultas previas á elaboración do Plan Hidrológico Nacional que levará a cabo o Goberno e tivo como obxecto informar e recoller suxestións sobre o mesmo e sobre as necesidades dos colectivos implicados de cara ao futuro plan, que terá que cumplir co establecido na normativa europea sobre xestión da auga no período 2011-2015 (parámetros de calidade, uso eficiente, agricultura, regadíos, usos industriais e recreativos e abastecemento de augas e saneamento). Segundo adiantaron os responsables da CHMS, unha vez rematada a fase de consulta, procederase á redacción do plan, o cal estará exposto ao público durante seis meses para información e posibles alegacións, en toda a demarcación Miño-Sil así como nos concellos incluídos na mesma. A alcaldesa de Tomiño agradeceu ao presidente da CHMS “a implicación que a institución ten tido co Concello en canto á limpeza e coidado dos nosos ríos, algo que para este goberno foi unha prioridade a pesar do dificultoso da tarefa”. A rexedora local salientou a importancia de que no borrador que onte se presentou “se establezan as claves da xestión hídrica para os próximos anos; as pautas para lograr un bo estado das nosas augas, a protección do medio acuático, a súa utilización sostible, evitando a contaminación”. Por último, Sandra González, recalcou a importancia de que o proceso sexa aberto. “A participación pública é un piar fundamental para que a cidadanía e os axentes implicados poidan opinar tamén en procesos como este”. A finalidade do Plan Hidrológico é modernizar a xestión da auga e alcanzar o bo estado dos ríos da conca, requisito imprescindible para garantir o desenvolvemento socieconómico sustentable do Baixo Miño e compatibilizar os diferentes usos da auga dentro das necesidades dos municipios de Tomiño, Tui, O Rosal, Oia, A Guarda, O Porriño, Salceda de Caselas, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, As Neves e Salvaterra do Miño.
Mércores, 1 de decembro de 2010 Convocatoria de reunión de ADETO con sus asociados ADETO convoca a sus asociados a una reunión extraordinaria que se celebrará mañana, jueves, a las 20.30 horas en la sede de este colectivo. En el orden del día de este encuentro de los comerciantes se tratarán asuntos como las subvenciones, campaña de Navidad, campaña de puntos y se cerrará con un apartado de ruegos y preguntas.
A alcaldesa caboverdiana de Paúl visitará Tomiño para coñecer as actividades realizadas no eido da igualdade de oportunidades
A recepción no Concello de Tomiño terá lugar o día 2 ás 11.00 horas, por parte da alcaldesa, Sandra González, e doutros membros do goberno local así como representantes doutras entidades e asociacións do municipio. Ás 11.00 horas celebrarase no Concello un intercambio de experiencias con asociacións de mulleres do Concello sobre a erradicación da violencia machista. Na oportunidade presentarase unha memoria das actividades realizadas dende a Oficina de Igualdade que dirixe a alcaldesa, salientando as actividades máis recentes, como o acto conmemorativo contra a violencia de xénero do día 25 de novembro coa presentación da curta contra a violencia de xénero realizada por mozos e mozas do IES de Tomiño. Tamén lle será presentado o Plan Clara que leva adiante o Concello co apoio do Instituto de la Mujer e algunhas participantes lerán un manifesto en contra da violencia. Vera Almeida, que visitará varios municipios galegos, é unha alcaldesa moi sensibilizada coa erradicación da desigualdade de xénero e interesada en coñecer as actividades que neste eido están a levar institucións públicas e privadas en Galicia. A alcaldesa de Tomiño salientou a importancia de actos como este que permiten a colaboración entre concellos de culturas e lugares tan distintos como Cabo Verde e Galicia. “Estes intercambios son froito da solidariedade exercida a través do Fondo Galego de Cooperación, cos que todos aprendemos e compartimos experiencias”, destacou a rexedora local.
Martes, 30 de novembro de 2010 O goberno de Tomiño esixe á Xunta que cumpra co compromiso da construción da escola infantil de Goián O goberno local de Tomiño rexeita de forma terminante os argumentos esgrimidos (ante una pregunta parlamentaria da deputada nacionalista Carme Adán) polo xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, quen falou de problemas de edificabilidade da parcela cedida polo Concello, para a cancelación da obra da escola infantil de Goián. O goberno de Tomiño esixe que o goberno galego cumpra o compromiso da construcción do centro tal como o anunciara en diferentes ocasións. O concello de Tomiño cedeu unha parcela de 1.600 m2, cunha vivenda, á Xunta para a construcción dunha escola infantil e dita cesión foi aprobada en sesión plenaria de xullo do 2008, remitíndose á Xunta no mesmo mes de xullo xunto co informe técnico de viabilidade urbanística, no que se aseguraba que “polo que se establece no PXOM e á vista das condicións particulares da parcela e edificacións existentes, cabe a rehabilitación e reestructuración co gallo de adaptar a construcción existente ao novo uso”. Por outra banda, no mes de xaneiro de 2009, asinouse un convenio entre a Xunta e o Ministerio de Educación no marco do Plan Educa, polo que 15 escolas infantís serían postas en marcha entre os anos 2009 e 2010, entre elas a escola infantil de Goián. A deputada Carme Adán no Parlamento, lembrou que en setembro do 2009, o goberno autonómico contestaba ao BNG, en relación ao futuro da escola, que “no caso concreto de Tomiño, hai un proxecto adxudicado, pero non existe nin crédito reservado nin crédito dispoñible. A licitación farase a partir de outubro con cargo aos ornamentos de 2010. Está previsto o funcionamento antes de decembro de 2010”. A rexedora local tomiñesa salienta ademais, que en xuño de 2010, a Xunta volveu a requerir o informe técnico de viabilidade, que se lle remitiu de forma inmediata. Por todo o indicado, Sandra González afirma que “en diversas ocasións, téñome posto en contacto co xerente do Consorcio e tenme manifestado durante os últimos dous anos que a escola infantil ía ser construida, e en ningún momento manifestou algún tipo de problema coa edificabilidade da parcela”. A rexedora, polo tanto, amosa a súa sorpresa e cre que non é máis que unha excusa. “A escola infantil de Goián foi anunciada por parte da Xunta en xullo de 2007, o Concello axilizou os trámites para a cesión dos terreos á Xunta en xullo de 2008, e en xaneiro de 2009 asinouse o convenio co Ministerio que garante a financiación, co cal se agora deciden non facela, deberán explicarllo aos veciños e veciñas de Tomiño, e nós esixiremos esas explicacións porque entendemos que é un dos servizos públicos máis necesarios no municipio.”
O II Concurso exposición de pintura Solleiro 2010 ofrece 39 obras na Casa da Cultura de Tomiño As 39 obras dos 13 pintores da comarca que participaron no II Concurso Exposición de Pintura Solleiro 2010, poden visitarse na Casa da Cultura ata o hoxe mesmo, día en que terá lugar a clausura e entrega de premios. A exposición, inaugurada o pasado 21 de novembro, está aberta de 19.00 a 21.00 horas. A actividade foi organizada pola Asociación Veciñal Solleiro coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal.
Sábado, 27 de novembro de 2010 Exposición sobre o Río Furnia en Amorín A Asociación Veciños de Amorín, vai celebrar mañá, domingo, na Casa dos Mestres de Amorín, unha exposición en torno ao río Furnia. Nesta mostra serán tratados os elementos que conforman o seu espacio natural, as especies vexetais e animais que viven no seu entorno, as construcións nacidas en torno ás augas do río e os usos que o home fixo das augas do Furnia, ao longo da historia. A Aula Aberta, creada pola iniciativa da Asociación Veciños de Amorín e financiada pola Concellería de Medio Ambente, os muños, as levadas, e as pontes, son algunhas das temáticas tratadas nesta exposición que estará aberta ao público dende as dez da mañá ata as 19 horas. Colabora o Concello de Tomiño a través da Concellería de Medio Ambiente e a Asociación pola Defensa do Río Furnia.
Venres, 26 de novembro de 2010 A Xunta recoñece, en resposta ao BNG, que non vai construír a escola infantil de Goián en 2010 nin compromete un novo prazo para a súa posta en marcha O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, recoñeceu onte que non vai haber escola infantil en Goián este ano, tal e como estaba previsto pola propia Xunta, e non comprometeu tampouco unha nova data, en resposta a unha iniciativa do BNG, para a súa construción. Durante o debate en comisión da pregunta nacionalista sobre o futuro desta infraestructura educativa, Roberto Rodríguez xustificou a súa demora nun informe que atribúe problemas de edificabilidade á parcela cedida polo concello. A deputada do BNG Carme Adán, responsábel de defender a iniciativa, asegurou que o que hai que deducir verdadeiramente da resposta do Xerente é que non teñen intención de construir a escola e “penalizan” ao concello de Tomiño por non ter unha alcaldesa da cor política do PP, pois a de Mos, que estaba no mesmo nivel de tramitación que a de Goián, si segue o seu curso. Para a parlamentar, é algo sorprendente o informe feito público hoxe polo Xerente, toda vez que hai apenas dous meses, o propio Núñez Feijóo afirmaba que ía “sacar os cartos de debaixo das pedras” pero a escola ía para adiante, non prantexaba daquela ningunha cuestión urbanística en contra do proxecto, ironizou Adán. Neste mesmo sentido, a deputada lembrou que con data de 4 de Setembro de 2009 o goberno contestaba ao BNG, tamén sobre o futuro da escola, que “no caso concreto de Tomiño hai un proxecto adxudicado, pero non existe nin crédito reservado nin crédito dispoñible. A licitación farase a partir de Outubro con cargo aos orzamentos de 201. Está previsto o funcionamento antes de Decembro de 2010”.
Tomiño celebra o último concerto do ciclo “Mes das Bandas” coa participación da Agrupación “Belas Artes” de Cangas Mañá, sábado, remata o “Mes das Bandas” organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal de Tomiño, que se desenvolveu con gran lexito de público durante o mes de novembro. A banda encargada de clausurar a actividade é a canguesa “Belas Artes”, que chega precedida das agrupacións “Airiños do Morrazo”, de Moaña, e Agrupación Musical de Goián, que o pasado sábado asistiu ademais ao Certame Galego de Bandas, celebrado en Santiago de Compostela. O último concerto do “Mes de Bandas” terá como escenario o Auditorio de Goián, a partir das 20.00 horas. A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal aproveitou o ciclo musical para homenaxear a Andrés Álvarez Hernández, integrante da banda goianesa, pola súa traxectoria como músico e compositor, e polas distincións recentemente recibidas no III Certame Galego de Composición.
Debut do equipo de fútbol sala feminino do IES de Tomiño na Liga Federada O equipo de fútbol sala feminino do IES de Tomiño, composto por doce rapazas de 1º, 2º e 3º de ESO, debuta na casa este sábado, participando na Liga Federada, na categoría cadete contra o CVC Valadares B. O partido terá lugar no Pavillón Municipal de Tomiño ás 12 da mañá.
Xoves, 25 de novembro de 2010 O concello de Tomiño inaugura mañá as obras de mellora realizadas na sede da Asociación de Mulleres Rurais Mañá, venres, ás 18.00 horas inauguraranse as obras de mellora levadas a cabo polo goberno municipal no local da Asociación de Mulleres Rurais de Tomiño. As obras de acondicionamento realizadas no local, cedido á asociación polo Concello para o desenvolvemento das súas actividades, consistiron no reemplazo da instalación eléctrica, reparación de humidades, instalación de sistema de calefacción, pintura e dotación de novo mobiliario. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou que o local necesitaba estas melloras, dado que as socias realizan alí diferentes actividades e cursos ao longo do ano, que requiren condicións de habitabilidade e seguridade que a partir de agora estarán garantidas.
Carme Adán preguntará hoxe, na Cámara galega, polo retraso na construción da escola infantil de Goián A portavoz de educación do grupo parlamantario do BNG, Carme Adán, formulará hoxe unha pregunta oral na Comisión 4ª de Educación e Cultura que se celebrará no Parlamento galego sobre o retraso das obras na construción da escola infantil de Goián, no concello de Tomiño, e as previsións do Goberno galego ao respecto.
Martes, 23 de novembro de 2010 Mozos e mozas de Tomiño presentarán a súa curta “Rec/Play/Stop violencia” no Día Internacional contra a Violencia de Xénero Mozos e mozas de Tomiño, na súa maioría estudantes de ESO, presentarán o vindeiro xoves 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a súa curta “REC/PLAY/STOP violencia”, realizada dentro dun obradoiro audiovisual organizado pola Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño. O acto terá lugar na Casa da Cultura ás 19.00 horas. Seguidamente, a actriz galega Clara Gayo, interpretará un monólogo e liderará unha pequena actuación cos rapaces e rapazas do instituto. Por último, as integrantes do Plan Clara, de igualdade entre homes e mulleres, lerán un manifesto contra a violencia de xénero. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou o valor simbólico destes actos, aínda que recoñeceu que a labor de educar para a non violencia non é tarefa dun día senón de todo o ano.
Luns, 22 de novembro de 2010 Pablo Baquero Álvarez candidato de CdT a las próximas elecciones municipales Pablo Baquero Álvarez, actual Concejal de Sanidad y Bienestar Social del Concello de Tomiño, fue elegido Candidato de Centristas de Tomiño a las elecciones municipales del próximo mes de mayo. La Asamblea tuvo lugar este sábado, 20 de noviembre, y a ella acudieron más de un centenar de afiliados que dieron su respaldo unánime al que había sido número dos del partido en la candidatura presentada a los comicios del 2007. Pablo Baquero, reside en Goián, tiene en la actualidad 36 años, de profesión asesor fiscal, casado y padre de dos hijos, responsable de la actual política social local, representante municipal en los Consellos Escolares y coordinador de infraestructuras e inversiones de CdT. Baquero mostró su satisfacción por el nombramiento, agradeciendo a todos los afiliados y afiliadas, la confianza depositada y mostrándose ilusionado ante esta nueva etapa y este nuevo reto, estableciendo como objetivo para las próximas elecciones el aumentar el número de concejales que actualmente tiene CdT en la corporación municipal. Como ejes principales de su futura gestión ha defendido ante la misma Asamblea el Saneamiento, el Empleo y el Bienestar Social. En cuanto al Saneamiento, según su opinión, a pesar de las importantes inversiones realizadas en esta legislatura, es necesario redoblar los esfuerzos y luchar por conseguir que se llegue con la red general a todas las parroquias: “Es una necesidad indiscutible que tenemos que priorizar sobre cualquier otra inversión municipal”. Con respecto al empleo, insiste en la importancia de dotar al municipio de suelo empresarial de calidad y competitivo, bien comunicado, que permita captar inversiones externas y siendo necesario, para ello, agilizar la VAC Tui-A Guarda. También, y por otra parte, se ha de ayudar y hacer un seguimiento exhaustivo a las personas desempleadas, especialmente a los colectivos de más difícil inserción en el mercado de trabajo. En el área de Bienestar Social, y ante la reducción de ayudas por parte de la Administración Autonómica, Pablo Baquero, considera que hay que incrementar los esfuerzos municipales para atender las necesidades básicas de Finalmente, considera que el espíritu de Centristas debe seguir siendo el de catalizador y garante de inversiones, tanto de la Diputación, como de la Xunta, del Estado, e incluso de Fondos Europeos y, en este sentido, anticipó que cualquier pacto, en el futuro, dependerá de proyectos y objetivos concretos que permitan dotar a Tomiño de las infraestructuras necesarias para el pleno desarrollo de todo su gran potencial. Baquero también asumirá a partir de ahora, tal y como ha quedado aprobado en la propia Asamblea, el liderazgo del Grupo Municipal, convirtiéndose oficialmente en su portavoz. Jesús Castiñeira, candidato por CdT en los dos últimos comicios, agradeció la confianza depositada y se ofreció para seguir colaborando en todo aquello que el partido requiera: “Es importante que en todos los ámbitos se renueven las personas cada cierto tiempo, y en los partidos políticos más aún, si cabe, ya que eso refuerza su credibilidad y es síntoma inequívoco de viveza y dinamismo”. Castiñeira también se refirió a que deja el liderazgo de la formación con la convicción y la tranquilidad de hacerlo en la persona idónea, en un colaborador que pasa por ser uno de los fundadores de la formación y de quién destacó su discreción, honestidad y honradez: “Un concejal discreto, con una labor en su haber eficaz e intensa y por encima de todo una buena persona, a la que deseo suerte y le ofrezco todo mi apoyo personal”. José Carlos Vila, Presidente de CdT, considera que con esta elección la formación se refuerza y demuestra una gran solidez: “Somos un claro ejemplo a seguir, con una salud inmejorable que nos da la seriedad y la firmeza con la que siempre se ha actuado”. Por último, animó a Baquero a trabajar por y para Tomiño, como elemento exclusivo y diferenciador de Centristas de Tomiño. |
|
|