PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

DEPORTIVO SAN LORENZO

de Salcidos

por JOSÉ A. URIS GUISANTES

                    Cartel confeccionado por un dos xogadores do encontro entre o Deportivo San Lorenzo (3 goles) e Deportivo Guardés (3 goles) a beneficio da caixa do Club. Como se pode ver ten as sinaturas de tódolos xogadores. Celebrado no Estadio do Tecla un 11 de maio de 1952 [apenas un ano despois da inauguración deste campo de fútbol hoxe totalmente desfeito]. Este cartei foi doado xentilmente a Uris por don José Martínez Álvarez Polis IIº a quen agradecemos tamén información sobre o Club. Gracias Pepe.....

 

                   O primeiro equipo de fútbol da parroquia de San Lorenzo de SALCIDOS foi o TEMIBLE F.C. con base no barrio de PINTÁN en 1924, Club LITERARIO Sporting Club do propio Salcidos en 1927/28 [Campión en 1933 do Torneo local de A Guarda]. Os telleireiros formaron un equipo de corta duración chamado SPORTING de A Gándara en en 1934.

 

                   Outros equipos da parroquia foron CASTRO F. C. e BUJÁN F. C. a comezos dos anos trinta do pasado século [1930/31].

 

                  O club CIVIDANES F. C. fundado posiblemente en agosto de 1936 [neste mes de agosto de 1936 fora fundado o Club ALERTA de A Guarda con balillas da Falanxe Local de vida deportiva efímera o ter que ir a maioría ó frente de guerra]. No Cividanes F.C. chegou a xogar [según nos indica Manuel Domínguez Pacheco] Juan Noia Xil en 1944 recén chegado a vida “normal” do pobo pois debemos subliñar o feito de que este guardés fora un dos famosos FUXIDOS do Baixo Miño para non ser detido e logo fusilado polos chamados “nacionales”, escribindo un libro ao respecto co título de Fuxidos. En 1936/37 aparece o equipo da Juventud de Acción Católica de Salcidos tamén de vida deportiva efímera.  

Club ALERTA formado por balillas do Frente de Xuventudes da Falanxe Local de A Guarda en agosto de 1936

                  En 1943 nace o  CORUTO F.C. ou Deportivo CORUTO  [tamén chamado por algúns Frente de Juventudes de O Coruto], sendo un dos primeiros directivos don Francisco Sobrino Rodríguez “O Divorciado” dono de Calzados Sobrino.

                      En 1948 nace o Deportivo SAN LORENZO o que xunto ao CIVIDANES F.C. serán os máis emblemáticos da parroquia.

                  En 1950 o Deportivo San Lorenzo xoga a Copa Río Miño que doaran os irmáns Lomba González [donos da Cerámica Lomba Camiña e Transportes Lomba] contra o Español FC de A Guarda, Unión Deportiva Ribera de San Miguel de Tabagón, Antómico Sporting Club de Pancenteo-O Rosal e Atlético Guardés. Tódolos encontros foron xogados no antigo campo de AS CACHADAS [hoxe totalmente recheado de barro polos donos da fábrica Lomba Camiña, na actualidade RC-2] que estaba entre a subida de A Xunqueiriña, estrada C-550 e a propia fábrica].  

Un equipo do UNIÓN DEPORTIVA RIBERA de San Miguel de Tabagón.

 

 

                   Proclamándose campión o Deportivo San Lorenzo por puntos.

 

                  Salientar que o Club  tamén participou en torneos e copas a nivei local e comarcal, o igoal que en distintos torneos da Festas do Monte, ainda que non figura nos Libros Programa.

As obras no antiguo Estadio Troncoso [1926 aprox.], logo Estadio do Tecla e hoxe PERI Nº 5 para edificacións ¡e pensar que por 25 millóns de pesetas de 1983 o alcalde don Raúl González Puebla e Iº Tte. Alcalde don Manuel Díaz González no o compraron para o Municipio! 

 

 

           En 1951 creáse a Federación Guardesa de Fútbol que presidía don Raimundo Lomba González que organiza o Iº CAMPIONATO DE LIGA DO BAIXO MIÑO, quedando campión o Racing Futbol Club de TUI.  

Deportivo CORUTO de A Guarda 1944

Foto cedida por don Anastasio Fuentes

De esquerda a dereita: Avelino “O troya”, Enrique Fernández Cadilla “Verdeal”, Isaac Costal “Carlón”[porteiro], Martín Ferreira González “Martín”, Cabildo, José Martínez Álvarez “Polis IIº”, Anastasio Fuentes e Ramón Fdez Cadilla “Moncho Verdeal”.

Lugar: campo das Trincadeiras en GOIAN. Goian 1 – Coruto 0.

 

Nesta etapa dos anos cincoenta o Deportivo San Lorenzo xogou con:

        Manolo Sandrini, Odón, Manolo Gil, José María Silva, Elidio, Félix Ferreira, Martín Ferreira, Elpidio Sobrino, Manolo Martínez Polis Iº, José Martínez Polis IIº, Conde, Tino, Francisco Ferreira e Manuel Progreso Noia. Un dos directivos era Jorge Sobrino “O Municipal” pai de Elpidio .

 

Na tempada 1951/52 o Deportivo San Lorenzo o mesmo que o Deportivo Guardés dispoñían do Estadio do Tecla para xogar. Nesta tempada xa estaban federados na Federación de Fútbol de Vigo, xogando ambolos dous no CAMPIONATO COMARCAL BAIXO MIÑO – VAL MIÑOR. Gañou esta liga inter comarcal o club ERIZANA de Baiona.

 

A vestimenta do Deportivo San Lorenzo era: camiseta vermella con pantalón azul marino.

 

O presidente máis coñecido foi don Manuel Martínez Español “O Polís”, secretario don Donato Salinas [funcionario municipal de arbitrios] e outros xogadores do San Lorenzo foron: Isaac González “O Carlón”, Urbano Vicente [empresario “Calzados Urbano” e Seguros Adiátrica] quen tamén foi adestrador do San Lorenzo.

D. Manuel Martínez Español “Polis”

Presidente do Deportivo San Lorenzo de Salcidos

.

Tódolos xogadores do San Lorenzo tiñan unha bolsa [tipo mochila] onde cada un deles tiña serigrafiado o número do dorsal habitual e a equipaxe persoal [botas, camiseta, toalla, etc, etc].

O local social deste Club era na casa de Generoso O Minguillo na costa do Curuto, e o encargado do material era Francisco Lomba de A Gándara [delegado durante moitos anos da Irmandade de Doantes de Sangue de A Guarda-O Rosal], sendo o capitán por excelencia do equipo Manuel Martínez Álvarez Polís Iº

No ano 1953 xoga o CAMPIONATO DE ZONAS BAIXO MIÑO quedando clasificado en sexto lugar, pasan uns anos e volvemos a atopalo xogando en 1957. No CAMPIONATO DE SERIE A da tempada 1957/58 soamente atopamos un equipo de fútbol de A GUARDA en competición o Club UNIÓN GUARDESA [conxunto de xogadores do San Lorenzo, Deportivo Guardés e G.D. Miño], seguen na tempada 1858/59 e na de 1960/61 na que quedan clasificados no último posto polo que se disolve o Club [ou non volven xogar].

Equipo do Deportivo San Lorenzo en 1951 no Estadio do Tecla.

De esquerda a dereita: Martín Ferreira, José Martínez Álvarez Polis IIº, Cabezo, Chosco, Manuel Martínez Álvarez Polis Iº, Zurdo e o porteiro Talladas.

Abaixo: Angel, Ignacio Rodríguez, Rato e Rubines.

 

Hoxe ainda segue en activo o Club DEPORTIVO CIVIDADES INFANTIL xordido en 1976 da man don  Ramón Ferreira Gómez “Moncho”.

Equipo de fútbol feminino no ano 1950.

Estadio de Santa Tecla A GUARDA.

 

                  En 1963 comeza a participar o actual Club SPORTING GUARDES que fora fundado en marzo de 1958 e ata a presente tempada na que militou na Terceira División.

Unha das alineacións do Club Sporting Guardés 1968

Estadio de Santa Tecla.