Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Dolores Domínguez Pacheco

Lola

Por José A. Uris Guisantes

  

seguinte

 

Dolores Domínguez Pacheco Lola, na visita que fixo a seus fillos e netos en Caracas en 1976, falecendo en decembro dese mesmo ano na Guarda.

 

Outra muller republicana que merece meu respecto, agarimo e lembranza é Dolores Domínguez Pacheco Lola, nacida o 29 de setembro de 1896 na Guarda, esposa de Juan Noya Gil, verdadeira heroína, que tivo que apechar co asasinato de seu cuñado Manuel Noya o 25 de agosto de 1936, asasinado por membros de falanxe da Escuadra del Amanecer, de seus irmáns Antonio e Ángel Domínguez Pacheco asasinados o 10 de agosto de 1936 no lugar de Paraños (A Sangriña[1]), mais  a fuxida de seu esposo Juan, Tte. Alcalde da Guarda polo Fronte Popular e membro da executiva local do Partido Galeguista da Guarda.

 

Filla de José Bernardo Domínguez Lomba e de Mª Luz Pacheco Videira con domicilio na rúa Malteses do Barrio da Marina. Foron irmáns, Elvira; Francisco; Carmen; Jesús; Angel; Antonio é Ignacio Domínguez Pacheco.

 

Lola e Juan casaron en 1922, sendo padriños de voda Francisco Lloret Gándara[2] e súa nai Pascuala Gándara  Franco “tía Pascuala”

 

Lola que fixo fronte a unha posguerra dura, que tivo que enxugar as lágrimas moitas veces, con indignación e desencanto, que tivo que facer de tripas corazón, para facer de cociñeira para aqueles militares donos da vida e do futuro de ducias de persoas, nembargante, tiña o sentido común que da a xenerosidade, a honradez e a lealdade a aqueles homes e mulleres, seus familiares, que estaban padecendo tanto ou mais que ela.

 

 

Panteóns onde están os restos dos irmáns, Antonio e Ángel Domínguez Pacheco, súas esposas, de Antonio Amado Domínguez Baz e as cinzas de seu irmán Manuel Domínguez Pacheco Taxota e súa esposa Concepción Andrés García “Concha”.

 

Panteón de Manuel Noya Gil e Laura González Moure

 

Mais os graves problemas de seus outros irmáns Jesús en prisión, pendente de ser xulgado, e Manuel Taxota, pasado dende as filas  nacionais (como recrutado forzoso) as republicanas. Unha vez chega a noticia ao pobo son detidos e ingresados  inmediatamente en prisión de Tui, súa nai María Luz Pacheco Videira e súa cuñada Concepción Andrés García Concha, tendo que pagar de seu peto a viaxe en autobús ata a prisión de Tui. Concha sería desterrada a Salvaterra é a tía María botaría sete meses en prisión.Por último tamén sufrirían o falecemento de seu pai José Bernardo Domínguez en 1938 a consecuencias dos sufrimentos padecidos, ademais de haber quedado cego.

 

Cando faleceu seu pai José Bernardo, Concha e súa nai estaban na prisión de Tui e os militares non as deixaron acudir as últimas horas do defunto nin ao enterro.

 

O 29 de xullo de 1922 casan Dolores Domínguez Pacheco, de 23 anos, filla de José Bernardo Domínguez  Lomba (1832-1938), de profesión pescador, e de María Luz Pacheco Videira[3] (1863-1951) con Juan Noya Gil[4], de 22 anos, fillo natural de Perfecta Noya Gil, nacido na Guarda o 22 de xaneiro de 1900.

 

 

 

José Bernardo Domínguez Pacheco na Cartilla de Alistamento de Marina no porto da Guarda “para dedicarse a la navegación e industrias del mar a los 14 anos”. Fillo de Francisco e Ignacia, naceu o 6 de decembro de 1862.

 

 

Familia Noya Domínguez. Fotografía cedida por Douglas Vidal Noya dende Venezuela.

 

Do matrimonio de Lola con Noia naceron, Oscar, Olga, Rodolfo, Violeta e Luís Octavio Noya Domínguez.

 

O mesmo día da entrada das tropas na Guarda[5] os falanxistas e militares  clausuran o bar da propiedade de Lola e Juan, Bar Deportivo Guardés[6](semanas mais tarde volven a entrar). O mesmo tempo asaltan o local da imprenta do semanario Nuevo Heraldo de seu esposo Juan, que viña sendo tamén director do mesmo. Anos mais tarde o bar sería traspasado, pasando a chamarse Bar Celta. Nuevo Heraldo foi inaugurado o 29 de xuño de 1934, saíndo o primeiro número o día seguinte sábado.

 

Este semanario local xorde a raíz de que o anterior Heraldo Guardés deixara de publicarse en 1935. A imprenta foi mercada polo propietario, armador e político da dereita local Francisco A. Moreno Álvarez Paco Moreno, primeiro alcalde do Glorioso Movemento Nacional na Guarda, o que dimitiu semanas mais tarde o ver os graves sucesos que estaban acontecendo. Por ironía do destino nesa mesma imprenta serían editados por pouco tempo o semanario da falanxe local “Presente” co suplemento “Porvenir”, sendo o director Luís Alonso Vicente.

 

Como digo, Juan Noya era un dos redactores do Heraldo Guardés, ata que en 1934, a viúva do dono Xosé Darse Sobrino[7], Virginia Barbosa Fernández, de acordo co seu compañeiro sentimental o xastre local  Varela, vendeu a cabeceira e imprenta a Francisco A. Moreno Álvarez “Paco Moreno”.

 

Cabeceira do semanario Heraldo Guardés “republicano, liberal y laico” que dirixía don José Darse Sobrino, ademais de ser o propietario.

 

Na  Guarda o 18 de xullo de 1936, véspera do sublevación militar, saíu por última vez a rúa o nº 108 do semanario Nuevo Heraldo[8], o nº 109 correspondente ao día 26 foi imposible que saíse debido a que as tropas sublevadas contra a República rebentaran as defensas da Volta da Moura en Guillarei (Tui) e no meo día do 27, os militares e falanxistas de outras localidades do Baixo Miño chegaron a nosa Vila, sumándose os falanxistas locais. Prenderon fogo a documentos, folletos etc. da redacción de Nuevo Heraldo,  entraron no Bar Deportivo dándolle un gran susto a Lola e rompendo o que atopaban por diante.Nesta última edición de Nuevo Heraldo, escribía Noia:

 

    […] las convulsiones sociales pueden liberarse de la violencia, facilitando trabajo a los parados. La Guardia, que en ese aspecto es un pueblo excepcional, puede seguir manteniendo esa primacía si aunamos todos los esfuerzos para hacer de este paradisíaco rincón una arcadia féliz…

 

E logo, anos mais tarde en 1976, escrebe Noia (1900-1989) no libro Fuxidos¡Ilusos…!, ¡Seguíamos soñando….y en el limbo…!.

 

Folleto de propaganda do Bar Deportivo Guardés que  levaba persoalmente Dolores Domínguez Lola. Seu esposo, Juan, estaba dedicado a política local no Concello e ao semanario do que era dono e director.

 

Como dixen destrúen o material preparado que había na imprenta do semanario Nuevo Heraldo (rúa Pontevedra e mais tarde rúa Oliveira Salazar nº 18), tirando a rúa principal os papeis, xornais etc. prendéndolle fogo para depurar o que dicían que …olía a comunismo... repetirían o acto por segunda vez  o mando do comandante do Posto da Garda Civil o sarxento Antonio Barroso Onrrubia, xusto a tardiña do 10 de agosto de 1936, cando foran asasinados cinco guardeses republicanos en Paraños (A Sangriña) entre eles dous irmáns de Lola, Antonio e Ángel Domínguez Pacheco.

 

O Director de “Presente” e suplemento “Porvenir”, Luís Alonso Vicente foi cesado polo dono Francisco A. Moreno Álvarez o 12 de maio de 1937, como indica este documento enviado polo dono ao Alcalde

 

 

Segundo escrebe Juan Noya no libro Fuxidos o sarxento botou fora antes a Lola súa nai e súa cuñada Pura González Moure (que estaba a sufrir a perda de seu home Angel asasinado esa tarde). Con grito e empuxóns o sarxento Barroso lles grita: […] ¿Qué hacen ustedes aquí ?, respondendo somos la madre, hermana y esposa de dos hombres que mataron esta tarde… ¡ fuera de aquí ! ¡ a llorar a otra parte, si no, las elimino del mapa!  cando rematan o rexistro o sarxento volve a dirixirse a Lola […] y usted ande con mucho cuidado, porque va a correr la misma suerte que sus hermanos…

 

Anos mais tarde Juan recuperarían a rotativa Minerva ca que se imprimía o semanario que Noia mercara ao crego agrarista don Basilio Álvarez Rodríguez que este usara na imprenta del mesmo, onde editaba o semanario La Zarpa en Ourense. A mesma máquina sería a que comezou a funcionar na nova imprenta que Noya montou en Vigo Gráficas Numen na rúa Velázquez Moreno nº 16.

 

Concepción Andrés García Concha e Manuel Domínguez Pacheco Taxota seu irmán, no ano 1947.

 

Lola tardaría moitos meses en ter noticias do esposo a quen no meo día do 27  ó  axudara Alcides Alonso Sobrino, primeiro avisando a Noya de que o andaban buscando e logo acubillándoo nunha casa da súa propiedade coñecida como Casa Alta na rúa Vicente Sobrino (Farmacia Barbi).

 

E así comezaría a fuxida dun republicano durante catro anos, pasando por Salcidos, Burgueira, Torroña, Figueiró (cinco meses) e Novás (O Rosal)  onde estivo mais de catro anos refuxiado na casa de Rafael Domínguez Gonzálezdas Rafaelas”, casado con Aurora Trigo, nacendo, Rufina (alma mater da proteción a Noya), América, Mercedes (ambas solteiras, Juan Antonio e Edmundo Domínguez Trigo.

Rufina casaría con Domingo Iglesias, nacendo Domingo e Mercedes “Chela” Iglesias Domínguez.

 

A casa de Miranxe do tío Rafael Domínguez González “Das Amarelas” en Novás (O Rosal). Fotografía de Xosé A. Uris Guisantes.

 

A galería da parte traseira da casa de Miranxe, por onde paseaba Juan Noya cando podía. Fotografía de Xosé A. Uris Guisantes.

 

Parte norte da casa de Miranxe ca ventá da habitación onde descansaba Noya, cando podía, porque as visitas dos falanxistas e militares era habitual. Fotografía de Xosé A. Uris Guisantes.

Ano de 1951, visita de Juan Noya e Lola (segunda pola esquerda) ó tío Rafael, a esquerda e dereita as fillas solteiras, América e Mercedes. Fotografía cedida por Chela Iglesias Domínguez.

 

Ca incertidume de que en calquera momento seu esposo fora preso e asasinado, Lola recibía o consolo e a pouca axuda que podía prestarlle o tío de seu esposo, Celso Noya Gil, outro loitador da crase obreira o que dende 1921 viña facendo unha labor meritoria en pro de buscar e loitar pola mellora da crase traballadora como presidente do Centro de Oficios Varios da Guarda:

 

[…] Centro de Oficios Varios de La Guardia y su Distrito. Celso Noya Gil, casado de 47 años de edad, carpintero, vecino de esta Villa y habitante de la c/ Calvario nº 47, según célula personal que acompaño, pone en conocimiento de VS que el día 1º de mayo saldrá una manifestación del Centro de Oficios Varios para pasar por varias calles de esta Villa, y por la tarde se celebrará una reunión pública en la Alameda de esta Villa, para la exposición y defensa de los ideales que defendemos.Lo que comunico a VS cumpliendo con lo que dispone el artº 1º de la Ley de Reuniones vigente de 15 de junio de 1880, a los efectos y fines consiguientes. Dios guarde a V.S. muchos años.La Guardia, 27 de Abril de 1921.El Presidente. Celso Noya. El Secretario: Joaquin Rodríguez Rodríguez.

 

E chega outro revés para a familia de Lola Domínguez, seu tío político Celso Noya Gil tamén foi detido:

 

14 de xaneiro de 1938.  […]  ¡Viva España!. Guardia Civil. Provincia de Pontevedra – Puesto de: La Guardia al Sr. Alcalde de La Guardia: El Sr. Comandante Delegado de Orden Público en escrito nº 48 fecha 12 del actual me dice:

 

Sírvase V disponer que los detenidos en el Depósito Municipal de esa Villa, Celso Noya Gil y Rosendo Noya Lomba, padre y hermano respectivamente del soldado desertor Celso Noya Lomba, sean conducidos a mi disposición a la Cárcel de este Partido. En su consecuencia, espero merecer de V tenga a bien disponer sea expedido billete para el automóvil con el fin de ser trasladados los sujetos de referencia hasta la Cárcel del Partido en Tuy. Dios guarde a V muchos años. La Guardia 14 enero de 1938. II Año Triunfal- El Comandante del Puesto. Fdo: Julio López Gómez[9].

 

Pois ben ao coitado de Celso Noya Gil non lle bastaba con iso que tivo que apechar con que, Celso Noya Lomba non solo non estaba desertor senón que para evitar ser detido na Guarda, fixo como outros guardeses, enrolouse na Lexión italiana no fronte de Guadalaxara.

 

Evaristo Noya Lomba alistouse no Tercio (Lexión Estranxeira). Juan Noya González[10], voluntario no exército nacional morto no fronte de guerra

 

O 5 de febreiro de 1940,  falece de morte natural na Guarda (Tomo 37, folio 5, páx. 9), Celso Noya Gil,  68 anos, home que endexamais se metera en política, nin fixera opinión pública algunha a nivel social, de profesión carpinteiro, dedicado a alimentar súa familia. Único delito levar o apelido Noya Gil e nos anos vinte ser presidente do Centro de Oficios Varios de  La Guardia, que non era nin sindicato, simplemente unha Asociación de profesionais locais.

 

Imaxinemos que este home o 14/01/1938 (II Año Triunfal) aínda permanecía preso no Depósito Municipal xunto a seu fillo Rosendo Noya Lomba. Estaba casado en segundas nupcias con Felicidad  Lomba Franco, matrimonio do que naceron, Rosendo, Evaristo e Carlos Noya Lomba. Antes estivera viúvo de Francisca González Alonso matrimonio do que naceu Juan Noya González.

 

 

Violeta Noya Domínguez en Caracas onde casaría con J.A. Vidal Douglas.

 

Sumándose a Lola o coidado e alimentación dos cinco fillos pequenos a seu cargo é atoparse sen traballo. Como estaban aillados o igual que apestados e Lola non acadaba traballo en ningures se alimentaban de mexillóns, lamparóns, caramuxas, pan de boroa e caldo de verzas. Ninguén se comprometeu  nos primeiros meses a darlle traballo ata que  o dono do Hotel del Tecla a contratou como cociñeira.

 

 

A dereita, Hotel - Restaurante del Tecla no edificio propiedade dos herdeiros de Vicente Vicente Vicente. Fotografía de 1940 cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

 

Juan Noya, Lola, Blanca Carrero Veiga e seu esposo, Agustín Moreira Portela, grandes amigos da familia, na Avda. Calvo Sotelo (Porto da Guarda) nos anos cincuenta. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero.

 

O 27 de xullo de 1936 foron  detidos tódolos dirixentes  republicanos e sindicalistas, pola Garda Civil o mando do comandante do Posto, Antonio Barroso Onrrubia e levados as instalacións do colexio dos xesuítas no Pasaxe de Camposancos uns, e outros para a prisión do Partido Xudicial de Tui. Foron tantos os detidos que non cabían na cárcere municipal que había no Concello. O colexio dos xesuítas sería habilitado como  Campo de Concentración de Presos y Presentados a partir de setembro de 1937.

 

Dous días mais tar o mesmo comandante do Posto da garda Civil, Antonio Barroso da orden a seus gardas para  …detener a los empleados del Hotel del Tecla Joaquín Rey Beiro y Hermelindo Vieira Ferreira. Lo que comunica al Alcalde Francisco Moreno Alvarez para que disponga una celda en la prisión local

 

 

Juan Noya, súa esposa Dolores Domínguez Lola, Juan Antonio Moreira Portela e súa esposa Basilia Matos Portela[11] nunha romaría dos anos cincuenta.

 

 

Antonio Domínguez Pacheco, irmán de Lola, de profesión mariñeiro fogueiro, casa o 22/06/1929 con 25 anos ca moza, Manuela Baz Domínguez, de 29 anos, filla de Pedro Baz Cadilla e Dolores Domínguez Lomba.

 

Asasinado o 10 de agosto de 1936 por militares e falanxistas o mando do capitán da Guarda Civil Joaquín Teresa Pomares e o Tte. de Carabineiros Salvador Buhigas Novo, no lugar de Paraños – A Sangriña[12].

 

 

 

 

Ángel Domínguez Pacheco, irmán de Lola, de profesión carpinteiro, casado con 28 anos o 10/12/1929 ca moza, Purificación González Alonso, de 20 anos, de Salcidos, filla de Antonio González Gilabert[13] e Purificación Alonso Guimaré.

 

Ángel foi asasinado o 10 de agosto de 1936 por militares e falanxistas o mando do capitán da Garda Civil Joaquín Teresa Pomares e o Tte. de Carabineiros Salvador Buhigas Novo, no lugar de Paraños – A Sangriña[14].

 

A comezos de 1938, Lola con cinco fillos pequenos a seu cargo (Óscar, Rodolfo, Olga, Violeta é Luís Octavio Noya Domínguez) solicita traballo de cociñeira no Hotel del Tecla na rúa José Antonio,  pasando a facer de comer para os oficiais do Tribunal Militar que levaba a cabo os Consellos de Guerra Sumarísimos no Campo de Concentración de Camposancos,  alí aloxados, cociñando ademais os postres para levar ao restaurante que tiña o dono no Trega chamado Hotel Pazo Santa Tecla.

 

 

Manuel Noya Gil[15], de profesión xastre, dirixente sindical da Federación Obrera de La Guardia y su Distrito, concelleiro e penúltimo alcalde republicano da Guarda.

 

Asasinado o 25 de agosto de 1936 na pedra de A Goeira en San Xián (O Rosal) pola Escuadra del Amanecer de Falange Española. Despois de sufrir un verdadeiro calvario cas torturas a que foi exposto, desde A Guarda, Burgueira (Casa Forestal) e A Goeira onde foi vexado, martirizado e rematado, deixando o corpo alí tirado, despois de darlle o tiro de gracia.

 

Como dicía antes, Lola, ata  abril maio de  1938 non atoparía traballo na Guarda, ata que chegaron os militares que comporían o Tribunal Militar Permanente Nº 1 que chegara provinte de Xixón.

 

O 17 maio de  1938 se presentan os compoñentes do Tribunal Militar Permanente nº 1 de Xixón (Asturias) co fin de levar a cabo Consellos de Guerra Sumarísimos contra os presos alí internados.

 

Presidente: Caballero Comandante de Caballería, Luís de Vicente Sasiaín[16]

Vocais: Capitán Infantería, Manuel Toimil Pérez; Tte. Infantería, Juan Martínez Pérez e Alférez da Garda Civil, Elías Losada Fernández.

Ponente: Capitán Honorífico do Corpo Xurídico Militar, Julio García Rosado.

Fiscal: Alférez Honorífico do Corpo Xurídico Militar, Guillermo Rodríguez Quirós.

Defensor: Capitán de Infantería, Amable Cerviño.

 

Mais sarxentos, cabos e amanuenses…

 

Este Tribunal levaba a cabo de catro a seis Consellos de Guerra Sumarísimos a semana, nos que eran xulgados entre seis a dez presos cada vez. Soamente de xuño ao mes de agosto de 1938 (tres meses) este Tribunal ditou as seguintes condenas:

 

225  penas de morte; 171  fusilados; 54  condenas a morte conmutadas; 84  Cadeas perpetuas; 118 Condenas a 20 anos de prisión ; 51   Condenas a 15 anos; 9 Condenas a 12 anos; 37   Absolucións.

Panorámica das instalacións do antigo Colexio dos xesuítas da provincia de Castela en 1930. Postal de Mariano Jiménez Hueto. O Campo de Concentración non ocupaba o primeiro broco do Colexio porque estaba destinado aso xesuítas, o resto, incluídos hortas, leiras patios pavillóns etc.foron ocupados para prisión. Fora vixiaban soldados e dentro os falanxistas.

 

Salón de actos do antigo Colexio dos xesuítas no Pasaxe de Camposancos. Aquí era onde se levaban a cabo os Consellos de Guerra Sumarísimos.

 

 

Así quedou o antigo salón de actos, no estrado estaba o Tribunal Militar que ditaba as sentencias en minutos. Fotografía de 2005, cedida por José Mª González Alonso.

 

Outro aspecto do antigo salón de actos do Colexio dos xesuítas.Fotografía de 2005, cedida por José Mª González Alonso.

____________________
 

[1] Topónimo dun arbusto (ramnácea)  que crecía entre a humidade das barroncas da zona co nome de sanguiño. Nada que ver ca “sangre” como algunhas persoas cren.

[2] Asasinado na Alameda de Tui o 9/12/1936.

[3] Santa María de la Luz como lle dicía a mestra Josefa García Segret no libro, Abajo las Dictaduras.

[4] Avós maternos, Juan Bautista Noya e  Rosa Benita Gil.

[5] 27/07/1936.

[6] Anos mais tarde abrirían no mesmo local o Bar Celta.

[7] Nacido en 1874 ( Porto - Portugal).Finado o 30/12/1932.

[8] Propiedade e dirección de Juan Noia Xil.

[9] Brigada de triste e nefasta lembranza na Guarda e Baixo Miño, sanguinario e estorsionador.

[10] Fillo de Celso Noya e da primeira muller Francisca González Alonso.

[11] Casados o 5/06/ 1926.

[12] Hoxe está o IESP da Guarda.

[13] Irmán de Bernardo Glez Gilabert, Secretario da Entidade Local Menor de Camposancos

[14] Hoxe está o IESP da Guarda.

[15] Irmán de Juan e cuñado de Lola.

[16] Chegou a ser presidente do Real Club Celta de Vigo