www.galiciasuroeste.info

Domingo Páramos Núñez

O Ferreiro de Caldelas”

Información de "Levada Libre"

 

Eva Páramos, a neta do represaliado Domingo Páramos, acudiu ao Valle de los Caídos coa acta de traslado do corpo do seu avó e prohibíronlle entrar. Outro parente seu asasinado, Gumersindo Rodríguez, nunca foi localizado

Daniel Prieto- Xornal- 25/10/2009

Domingo Páramos Núñez era un ferreiro de Tui. Chegou a ocupar un posto de concelleiro no municipio pontevedrés durante a República. En 1936, tras a chegada das tropas nacionais á vila, foi encarcerado e posteriormente asasinado. En 1960, os seus familiares recibiron unha carta na que lles comunicaban que o seu corpo fora levado un ano antes ao Valle de los Caídos, onde os investigadores sinalan que poderían xacer máis de cen republicanos galegos, segundo especialistas como Ángel Rodríguez ou Queralt Solé. A acta de traslado sinala que os restos de Domingo, inscrito co número 4.676, xacen no columbario 1.156, na cripta dereita do segundo piso.

Eva Páramos Viñas, a neta de Domingo, compilou toda a información que puido sobre o seu familiar. “O único que fixo o meu avó para que o matasen foi denunciar tres persoas que intentaron introducir en Tui unha partida de carne en mal estado, ese foi o seu crime, e que era republicano”, explica. Na súa investigación, descubriu que Domingo fora fusilado xunto a outros no Confurco, e alí foi onde o enterraron, nunha fosa común en de Mondariz.

Eva acudiu en 1994 ao Escorial, en Madrid, á cripta de Cuelgamuros, en compañía doutros parentes, coa intención de acceder ao lugar onde reposa o seu avó. Tras localizar o lugar onde supostamente están os restos do seu defunto e explicarlle o seu caso ao persoal do mausoleo, tentou acceder ao recinto. “Identifiqueime, presentei a acta de traslado ante un dos gardas de Patrimonio Nacional e non me deixaron entrar, non me deron ningún tipo de explicación. Non me deixaron visitar o meu avó”, sinala.

A historia desta veciña de Tui reflicte as dificultades que, ata o momento, atoparon as familias dos represaliados durante o franquismo para honrar os seus seres queridos. Ademais, historiadores como Francisco Espinosa ou Dionisio Pereira puxeron recentemente de manifesto as trabas legais coas que moitas veces topan os investigadores que estudan a represión franquista. Pero isto pode cambiar, xa que o Congreso instou o Goberno a elaborar un censo coas inhumacións realizadas e coa localización dos desaparecidos desa etapa. O caso de Eva Páramos exemplifica tristemente eses problemas. “Non coñecín ningún dos meus avós, os dous republicanos. O meu outro avó Gumersindo enterrárono nunha foxa común en Pontevedra, pero nunca demos cos seus restos

http://novashistoria.blogspot.com.es/2009/10/os-rostros-soterrados-do-franquismo.html

 

Concelleiro do Axuntamento de Tui, coa candidatura do alcalde Jacinto Fernández Lago dende o 21 de febrero ao 9 de marzo de 1.936; coa alcalde José Pérez Alonso, dende o 9 de marzo ao 29 de xuño, sendo tenente alcalde segundo. Despois, co alcalde Benito Pérez Álvarez, dende o 29 de xuño ao 26 de Xulio do 1.936. Por defender a REPÚBLICA e os seus ideais, foi “paseado” no Alto do Confurco, polos fascistas nun tráxico 29 de outubro do 1.936.

Los alcaldes de Tui en el siglo XX