PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

DON FRANCISCO LÓPEZ MOURE

Don Paco

por José Antonio Uris Guisantes

   

              Nestes día vén de falecer o mestre retirado don Francisco López  Moure, “don Paco”, despois dunha longa enfermidade, casado con dona Ana María Sobrino Vicente, filla do médico local e empresario don José Sobrino Arias “don Pepe”.

 

              D. Paco chega á Guarda en 1944, colabora co mestre don Nicolás Gutiérrez Campo e logo pasa a dar clases nunha escola de Orientación Marítimo Pesqueira sita nas antigas chabolas de don Constante Candeira González no comezo da hoxe Avda. Gerardo Fernández Albor.

.

                Fotografía de don Francisco López Moure cos alumnos da Escola de Orientación Marítimo Pesqueira sita nas Chabolas, hoxe Avda. Fernández Albor. Pode observarse que a meirande parte dos alumnos están descalzos. Curso 1945/46. Fotografía cedida pola familia López Sobrino.

 .   

             Nesta primeira etapa chega a ter ata setenta alumnos de diferentes idades, estando obrigado a reclamar ás autoridades locais para que se habilitara  outra escola con outro mestre para dividi-los alumnos, escola que habilitaron na Avda. Calvo Sotelo [hoxe Rúa do Porto] no 1º piso onde está o restaurante Gaviota, sendo o mestre don Antonio Rodrigo Pantaleón Saúl, retirado en 1983 e finado en marzo de 2002.

 

            O oitenta por cento dos alumnos desta etapa ían descalzos a clase, máis tarde xa chegaron as “sandalias” que gardaban o saír da escola para poder xogar á pelota e non desfacelas, os cartos non daban para poder mercar outras novas... outros rapaces aproveitaban para ir coller lamparóns nas rochas para logo asalos en latas de conserva e así mata-la fame.

 

           Nos anos cincuenta chega a España a axuda americana [unha especie de Plan Marshall palleiro], plasmada na Lei de Cooperación Económica dos Estados Unidos, votada un 2 de abril de 1948.

   .

 

Outra fotografía de don Francisco López  Moure cos alumnos da Escola de Orientación Marítimo Pesqueira. Curso 1957/58. Fotografía cedida pola familia López Sobrino.

 

              Esta axuda consistía en bidóns de leite en po e queixo salgado de cor de rosa, mentres que Francia, Alemania, Inglaterra, Italia, Inglaterra etc.etc., levaron a parte máis importante do Plan Marshall cifrada naquelas datas en 12.000 millóns de dólares a entregar entre 1948 e 1952, como dixen España soamente recibiu queixo e leite......

 

             Don Paco debía enviar á fonte da Ribeira a dous rapaces para traer auga con que disolve-lo leite e logo repartilo nos vasos plásticos que os alumnos traían das casas.

            Foi moitos anos Secretario da Xunta Municipal de Educación, facendo a función de dar posesión ou cese das prazas respectivas ós mestres destinados á Guarda, Camposancos e Salcidos, mais as chaves das escolas correspondentes.

 

            Foi Xuíz Comarcal de Paz Substituto dende o 3 de abril de 1965 ata o 25 de maio de 1970, e nunha segunda etapa dende o 6 de xuño de 1975 ata o 20 de outubro de 1980.

 

           As Escolas de Orientación Marítimo Pesqueira estaban na Guarda dende 1936, cando nunha Sesión Ordinaria da Corporación Municipal do 13 de abril de 1936 [presidida polo Alcalde republicano don Manuel Noia Xil, fusilado en xullo deste mesmo ano] acordan arranxa-las mesas escritorio procedentes do Colexio Apóstol Santiago dos P.P. Xesuítas no Pasaxe [xesuítas portugueses que foran expulsados de España polo Decreto Azaña en 1932], para destinalos á Escola de Orientación Marítimo Pesqueira.........

            [.....] al elevar a definitiva su creación...arreglar las mesas – bancos de elevada altura, y que puedan contribuir a deformar el cuerpo de los niños y a distraerles de la actividad escolar por su incómoda postura....    

 

            As escolas foron integradas formando Grupo Escolar no edificio do Colexio Manuel Rodríguez Sinde, despois de ser aprobada a Lei Xeral de Educación e algunhas das aulas levadas para o edificio El Pescador [onde estaba a Delegación do I.S.M. e Confraría de Pescadores Santa Tecla], por falta de espacio en Sinde, daquela non había calefacción, os servicios hixiénicos eran terceiro mundistas, etc.

 

           D. Francisco López Moure retírase en decembro de 1981.

 

          Pero o motivo desta introducción non é mais que poñer un traballo particular de don Paco que atopei no meu arquivo das FESTAS DO MONTE, trátase do Libro Programa de 1954, onde –entre outros traballos- está o de don Paco co título:  

“AMANECER EN EL MONTE TECLA”

Por Francisco López Moure

              Habíanme hablado del magnífico panorama que se divisaba desde la cumbre del Monte Santa Tecla y al comprobarlo, hace años, quedaron pobres las palabras de elogio. Pero ignoraba aún la belleza y el encanto de un amanecer primaveral en su cumbre, y no ha mucho pude gozar de esta incomparable visión.

 

              Era un día del mes de junio, había pernoctado en el Hotel enclavado en la cima del Monte, y de madrugada, el ajetreo propio de estos establecimientos me sirvió de despertador.

 

             Salí al exterior y contemplé extasiado el maravilloso panorama que al visitante se ofrece desde el pico de San Francisco. El aire purísimo y embalsamado acariciaba mi rostro. Allá abajo el río quieto, extático, servía de espejo a los primeros rayos de sol y, apenas si se percibía el movimiento del agua que aporta al Océano, en su desembocadura. A su orilla, la villa de Caminha, somnolienta aún y contemplada desde los trescientos metros de altitud no ofrecía vestigio de vida alguna.

 

            A lo lejos, y en la falda de los montes portugueses, multitud de casitas enjalbegadas de blanco, ponían una nota de color variado en el monótono verde de la vegetación y el valle feraz de la margen derecha del río con las aldeíñas de su ribera, enmarcaban este maravilloso cuadro.

 

           El espíritu en éxtasis gozaba de esta delicia hasta que el estridente silbido de una locomotora nos despertó a la realidad. Era el “comboio” portugués, la “Civilización”, que atravesaba el “pinar do Camarido” en Moledo, con su jadear incansable y el clásico penacho de negro humo.  

 

                      Verdaderamente, ¡ que maravilloso es un amanecer en el Monte Santa Tecla ¡.

 

                                                 Agosto de 1954  

 

           Cómo é sabido don Paco era xenro de don José Ramón Sobrino Arias, dono do Hotel Pazo Santa, establecemento do que traemos un folleto da propaganda que facían no ano 1951[imprenta Guardesa]:

   

Autor: José Antonio Uris Guisantes

Decembro 2004.