Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Deportivo San Lorenzo de Salcidos (A Guarda)

Por José A. Uris Guisantes

 

seguinte

 

 

O primeiro equipo de fútbol da parroquia de San Lorenzo de Salcidos foi o Temible F.C. con base no barrio de Pintan en 1924, Club Literario Sporting Club do propio Salcidos en 1927/28 (Campión en 1933 do Torneo local da Guarda). Os telleireiros formaron un equipo de corta duración chamado Sporting de la  Gándara en 1934. Outros equipos da parroquia foron Castro F. C. e Buján F. C. a comezos dos anos trinta do pasado século (1930/31).

 

 

O Cividanes F. C. fundado posiblemente en agosto de 1936 (neste mes de agosto de 1936 fora fundado o Club Alerta de La Guardia con balillas da Falanxe Local de vida deportiva efémera o ter que ir a maioría ó fronte de guerra).

 

No Cividanes F.C. chegou a xogar (segundo Manuel Domínguez Pacheco) Juan Noya Gil en 1944 recen chegado a vida normal do pobo, pois debo subliñar o feito de que este guardés fora un dos famosos fuxidos do Baixo Miño para non ser detido e logo fusilado polos chamados nacionales, escribindo un libro o respecto co título de Fuxidos. En 1936/37 aparece o equipo da Juventud de Acción Católica de Salcidos tamén de vida deportiva efémera.

 

O Deportivo San Lorenzo comeza súa traxectoria futbolística en 1948. En 1950 fúndase o Deportivo San Lorenzo Infantil. En 1961 xorde o Juvenil San Lorenzo. En 1977 volve a rexurdir o San Lorenzo Infantil.

 

En 1950 entra na disputa da Copa Río Miño doada polos irmáns Lomba González das Cachadas, contra Español F.C. da Guarda; U.D. Ribera de Tabagón (O Rosal); Atómico Sporting Club de Pancenteo (O Rosal); e Atlético Guardés. Os encontros se xogaron no Campo das Cachadas. O San Lorenzo tamén participou en Torneos das Festas do Monte.

 

Conxunto do San Lorenzo de Salcidos no Campo das Cachadas en 1950.

 

Distingo enriba a esquerda: Joaquín Gil Vicente; Isaac González Salcidos Carlón, gardaredes; Darío Reyes; Francisco Ferreira González Quico; José Martínez Álvarez Polis II; Manuel Martínez Álvarez Polis I;  José Mª  Silva Vicente; Manuel Martín Ferreira González Martín; Elpidio Sobrino Álvarez Elpidio e  José Conde. Fotografía cedida por Elpidio Sobrino Álvarez.

 

Conxunto do Deportivo San Lorenzo o 15 de xuño de 1950 no Campo das Cachadas.

 

De esquerda a dereita: Isaac González Salcidos (gardaredes); Manuel Alonso Rodríguez Cabildo; Elpidio Sobrino Álvarez Elpidio; Martín Ferreira González Martín; Félix Vicente González Félix da Gandra; Francisco Ferreira González Quico;  Darío Rodríguez Reyes; Manuel Martínez Álvarez Polis II; José Martínez Álvarez Polis I; José María Silva  Vicente José María e José Conde.

 

Conxunto do Deportivo San Lorenzo Xuvenil o 16 de xullo de 1950 no Campo das Cachadas.

 

Enriba a esquerda: Francisco Sobrino Rodríguez; Manuel Progreso Noya González Progreso; Isaac de Figueiró; Elpidio Sobrino Álvarez; Félix Vicente González da Gandra; Antonio Alfonso Álvarez Sieguiño (Ribadavila); Antonio Álvarez de Netos; Nito González O Moleiro; José Martínez Álvarez Polis I; Tino Puebla; Manolo da Tenda e César Reyes González da Molinera.

 

Copa Río Miño de Fútbol 1950

 

Competiron os seguintes Clubs: Atlético Guardés; Atómico Sporting Club de Pancenteo; Español FC; Deportivo San Lorenzo de Salcidos e UD Ribera do Rosal.

Todolos encontros serían xogados no Campo das Cachadas.

 

1ª xornada 10/09/1950. Deportivo San Lorenzo (1)-Español FC (1).

2ª xornada 17/09/1950. Atlético Guardés (4)-Atómico SC (2).

3ª xornada 24/09/1950. Español FC (2)-UD Ribera (2).

4ª xornada 1/10/1950. Deportivo  San Lorenzo (4)-Atómico SC (0).

5ª xornada 8/10/1950. Atlético Guardés (3)-UD Ribera (3).

6ª xornada 15/10/1950. Deportivo San Lorenzo (4)-Atlético Guardés (0).

7ª xornada 22/10/1950. UD Ribera (6)-Atómico SC (0).

8ª xornada 29/10/1950.  Atlético Guardés (1)-Español FC (1)

9ª xornada 5/12/1950. Deportivo San Lorenzo (3)-UD Ribera (3).

 

Campión da Copa Río Miño de Fútbol: Deportivo San Lorenzo de Salcidos con 6 puntos; UD Ribera 5 puntos; Atlético Guardés 4 puntos; Español FC 4 puntos é Atómico SC con  0 puntos.

 

O Deportivo San Lorenzo xogou ca seguinte conxunto:

           Isaac González Salcidos Carlón; Joaquín Gil Vicente Gil; Elpidio Sobrino Álvarez Elpidio; Francisco Ferreira González Quico; José Mª Silva Vicente José María; Jesús González Puebla Puebla; Manuel Martínez Álvarez Polis Iº; José Martínez Álvarez Polis Iº; Manuel Martín Ferreira González Martín e José Conde Conde.   

 

O Atlético Guardés xogou os encontros ca seguinte conxunto:

          Arturo Alonso Sousa Cebolo; Carlos Martínez; Aguinaldo Álvarez Portela; Agustín Riego Lomba Conejín; Avelino García González Buli; José Vázquez Sousa Meco; Celestino Español Soutiño Tino; Carrero; Valentín Tatá; Manuel Díaz González Ligero (nesta etapa xogaba de dianteiro); Angel Lomba Español; Joaquín López Vaqueiro[1]; Constante Tante e Manuel Sobrino.

 

Conxunto do Deportivo San Lorenzo no Campo das Cachadas o 21 de abril de 1951.

 

Enriba de esquerda a dereita: Francisco Sobrino Rodríguez; Manuel Vicente Portela Sandrini; Joaquín Gil Vicente; José Mª Silva Vicente; Elidio Silva; Elpidio Sobrino Álvarez; Abdón Álvarez Odón; Félix Vicente González da Gándara; José Rodríguez Fernández O Xogo.

Abaixo: Martín Ferreira González Martín; José Martínez Álvarez Polis II; Manuel Martínez Álvarez Polís I; José Conde e Tino Puebla. Fotografía propiedade de Elpidio Sobrino.

 

Conxunto do Deportivo San Lorenzo o 1 de abril de 1951 no Campo das Cachadas.

 

De dereita a esquerda: Manuel Vicente Portela Sandrini (gardaredes); Joaquín Gil Vicente; Manuel Martínez Álvarez Polis I; José Martínez Álvarez Polis II; Elidio Silva; José Álvarez Alonso José de Bernavé; Martín Ferreira González Martín; Luciano Lomba Español Rato; Tino Puebla; José Mª Silva Vicente; Elpidio Sobrino Álvarez e Manuel Progreso Noya González  Progreso (gardaredes). Fotografía propiedade de Elpidio Sobrino.

 

Conxunto do Deportivo San Lorenzo o 29 de abril de 1951 no Campo das Cachadas.

 

De esquerda a dereita: Joaquín Gil Vicente; Manuel Martínez Álvarez Polis II; José Martínez Álvarez Polis I; José Conde; Felíx Ferreira González Félix; Elpidio Sobrino Álvarez (gardaredes); José Mª Silva Vicente; Francisco Ferreira González Quico; Manuel Progreso Noya González Progreso gardaredes; Martín Ferreira González Martín; José Álvarez Alonso e Félix Vicente González Félix da Jandra. Fotografía propiedade de Elpidio Sobrino Álvarez.

 

Campo das Cachadas o 12 de maio de 1951. Elpidio Sobrino Álvarez parando un chut como gardaredes.

 

Encontro entre o Racing de Tui (camiseta a raias)contra o Deportivo San Lorenzo (camiseta escura). O gardaredes é Elpidio Sobrino Álvarez do San Lorenzo a dereita Tana do Racing é de escuro Joaquín Gil Vicente (finado en 2013) defensa do San Lorenzo. Fotografía propiedade de Elpidio Sobrino.

 

Neste ano de 1951 varios conxuntos do Deportivo San Lorenzo xogaron contra os seguintes Clubs de fútbol: Erizana de Bayona; Racing Club de Tuy; Deportivo Gondomar; Unión Deportiva Ribera; Gimnástica Deportiva Miño; Valle Miñor; Goyán F.C.;  Club Deportivo Valladares; Caldelas F.C. e Español F.C. de La Guardia.

 

O 7 de agosto de 1951  o xogador guardés  Isaac González Salcidos Carlón que militaba no San Lorenzo de Salcidos pasa a xogar  no Club Gimnástica Lucense como gardaredes na liga de Segunda División.

 

Conxunto do Deportivo San Lorenzo en 1951 no Estadio do Trega.

 

De esquerda a dereita:  Manuel Martín Ferreira González Martín; José Martínez Álvarez Polis IIº; Honorato López Valentín Cabezo; Chosco; Manuel Martínez Álvarez Polis Iº; Angel Alfonso Rebollar Zurdo e o porteiro Talladas.

Abaixo: Angel Lomba Español; Ignacio Rodríguez álvarez;  Luciano Lomba Español Rato e Rubines. Fotografía cedida por José Martínez Álvarez.

  

Conxunto Xuvenil do Deportivo San Lorenzo no verán de 1953 no Campo da Canosa.

 

Enriba a esquerda: 1º José Martínez Álvarez Polis Iº; 2º Leoncio Rodríguez Cividanes O Ferrador; 3º e 4º ¿?; 5º Emilio Rolan Mosquera; 6º  ¿?;  7º Generoso Español Gil.

Abaixo a esquerda: Madriles; Lorenzo Pazos López Tito; Generoso Español Gil Mekerle e dos demais nin idea. Fotografía cedida por Emilio Rolan Mosquera.

 

Un conxunto do San Lorenzo de Salcidos nos anos cincuenta.

 

A esquerda de paisano Generoso Español Gil Mekerle; Manuel Vicente Portela Sandrini (gardarredes); Elpidio Sobrino Álvarez Elpidio; Lorenzo Álvarez Alonso de Bernavé; Juan Rodríguez Gómez Juan; Abrahan, fillo do xardineiro de don Eloy Domínguez; José Álvarez Alonso de Bernavé; outro que non coñezo; Anselmo Álvarez Alonso de Bernavé; Manuel Martínez  Álvarez Polís I; outro que non coñezo é outro do mesmo xeito. A fotografía foi tirada por Luís Cadilla González o que a retocou a color a man.

-------------------

 

En 1951 foi creada a Federación Guardesa de Fútbol, presidida por Raimundo Lomba González, así como o Campeonato de Liga del Bajo Miño, quedando campión o Racing de Tui.

 

Oficialmente o Deportivo San Lorenzo toma parte na Liga de Fútbol do Baixo Miño en 1951/52, organizada pola Federación Guardesa de Fútbol que presidía, Raimundo Lomba González. Campo oficial das Cachadas.

 

Integraban esta Liga: G.D. Miño; Deportivo San Lorenzo de Salcidos; Español F.C. da Guarda; U.D. Ribera de San Miguel de Tabagón; Goyan F.C. e Racing de Tuy.

 

Pero atención, ó 26 de agosto de 1951 cambia todo o sistema por ter xá a disposición dos equipos o novo Estadio do Trega para xogar un Campionato Comarcal onde entran outros equipos da contorna, como ó Erizana; Val Miñor; Gondomar; Tui Racing Club; Valladares e Caldelas…

 

Na etapa da Liga do Baixo Miño o Deportivo San Lorenzo xogou con: Manuel Vicente Portela Sandrini, Abdón Pérez; Joaquín Gil Vicente Gil; José Mª Silva Vicente; Elidio Silva; Félix Ferreira González; Manuel Martín Ferreira González; Elpidio Sobrino Álvarez; Manuel Martínez Álvarez Polis Iº; José Martínez Álvarez Polis IIº,  José Conde; Celestino Español Soutiño Tino; Francisco Ferreira González Quico e Manuel Progreso Noya González Progreso. Un dos directivos desa etapa era Jorge Sobrino Vicente do Castro, policía municipal e pai de Elpidio.

 

Os enfrontamentos entre o Deportivo Guardés - G.D. Miño - Deportivo San Lorenzo eran épicos existindo unha gran rivalidade no campo de xogo e nos seguidores de dos equipos ou hinchas.

 

Tamén como hoxe os gritos e insultos aos árbitros eran habituais o igual que aos xogadores, como anécdota inclúo unha denuncia do Cabo da Garda Municipal Eladio Díaz López (q.e.p.d.) contra dous irmáns, un deles Ramón Portela Cividanes da Gándara é seu irmán Manuel Portela Cividanes veciño de Camposancos os que 24 de febreiro de 1952  …a la seis de la tarde…, na saída dun encontro entre o Deportivo San Lorenzo e Deportivo Guardés insultaron ó presidente do Deportivo, Francisco Moreno Álvarez Paco Moreno. A multa non debeu de seguir adiante ben porque o propio presidente os perdoou ou porque o alcalde don Ermelindo Portela non mandou abrir ó expediente…

 

 

No mesmo día 24 de febreiro de 1952 …a las 6,10 de la tarde… o garda municipal Jorge Sobrino denunciou a Manuel Portela Cividanes, industrial panadero, vecino de Camposancos por insultar al jugador, Emilio Lorenzo Cividanes con domicilio en la calle Vicenta R. Cachada… Tampouco sei en que parou a denuncia…

 

O Deportivo San Lorenzo entra no Campionato Comarcal de Fútbol Baixo Miño- Val Miñor 1951-1952 que deu comezo o 30 de decembro de 1951 e rematou o 22 de maio de 1952. Campo oficial Estadio del Tecla.

 

 

 

Equipos                  J          G         E         P         F         C         Puntos

Erizana                   22       16       5          1          84       28       37

Tui RC                    22       15       4          3          63       33       36

D.Gondomar          22       16       15       81       66       53       33

D.Guardés             22       12       3          7          66       53       29

UD Ribera             22       8          4          10       46       61       22

GD Miño                22       8          5          9          51       50       21

Valle Miñor           22       7          4          11       39       55       18

Goyán FC             22       7          3          12       41       50       17

San Lorenzo        22       6          7          9          40       48       17

CD Valladares    22       8          5          9          44       59       15

Caldelas FC       22       3          3          16       38       78       11

Español              22       1          6          15       25       63       3

 

Nesa tempada 1951/52 o Deportivo San Lorenzo e Deportivo Guardés xogaban no Estadio do Trega o Campionato Comarcal Bajo Miño-Valle Miñor, que xa dependía da Federación de Fútbol de Vigo, gañando a Liga o Erizana de Baiona.

 

A vestimenta do San Lorenzo era: camiseta vermella e pantalón azul. Na tempada 1952/53 os xogadores xa estaban federados en Vigo. En 1953, xoga o Campeonato de Zonas del Bajo Miño.

 

O presidente mais coñecido do Deportivo San Lorenzo foi Manuel Martínez Español Polis; Secretario, Donato Salinas Pérez. Lembro tamén outro xogadores como: Isaac González Salcidos Carlón e Urbano Vicente Trigo. Todos xogadores dispuñan dunha bolsa co número do dorsal, onde tiñan dentro todo o equipaxe individual. O local social do club era na casa de Generoso  Portela  Minguillo, costa do Curuto. O encargado do material era Francisco Lomba Trigo, sendo o capitán do equipo Manuel Martínez Álvarez Polis I.  

 

Un dos porteiros de sempre foi Manuel Vicente Portela Sandrini, tamén o carteiro local Lino González Rolle Cholito foi gardaredes do San Lorenzo. Nacera na Habana (Cuba) en 1926, volvendo a seu pobo de orixe en Lugo que era Ferreira do Val de Ouro.

 

 Cartel confeccionado por un dos xogadores do encontro entre o Deportivo San Lorenzo (3) e Deportivo Guardés (3) a beneficio da caixa do club. Como se pode ver ten as sinaturas de tódolos xogadores. Celebrado no Estadio do Trega o 11 de maio de 1952, apenas un ano despois da inauguración do Estadio do Trega. Unha copia deste cartel me foi doada por  José Martínez Álvarez, Polis IIº.

Este conxunto do San Lorenzo formou con: Talladas (porteiro); Díaz; Peitiños; Antonio Vidal Villaverde Vidal de Porriño; Ignacio Rodríguez Álvarez; Manuel Martín Ferreira González Martín; José Parente Pepiño; Locho (ou Lucho); Manolo; Honorato López Valentín Cabezo e Angel Lomba Español.

Polo conxunto Guardés formaron: Manuel Díaz González Ligero (porteiro); José Vázquez Sousa Meco; Elpidio Sobrino Álvarez Elpidio; Esteban Arrizabalo Echevarría Deva; Alvaro Pérez Bernardez Alvaro; Victoriano Moure Rey Moure; Agustín Riego Lomba Conejín; Manuel Álvarez Barravilt Barraví; Manuel Pazó Vázquez Mañaña; Eliseo Rodríguez Rojo Lilo e José Mª del Angulo Cordobés Angulo.

 

________________________

[1] Figura tamén como xogador no Deportivo Español na Copa Río Miño.

(Continúa mañá)

José A. Uris Guisantes