PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Entruido na parroquia de Salcidos

anterior      portada

por Victoriano Rodríguez

          Na posguerra, foron na plazoleta do Cresto (O Castro) donde máis relevancia tiveron as festas do entroido, aínda que houbese que denominalas Fiestas de Primavera.”

Veciños do Castro no Antruido, pode verse a Manolo Cavallero, co espeto do touciño

 Esta plaza fora acondicionada no ano 1924, no lugar donde había unha casa de Manuel Parrotou, sendo encementada no ano 1925. No ano 1959 foi ampliada, e volveu a ser ampliada no ano 2000.

Estas festas estuveron organizadas por uns entusiastas veciños do Cresto, destacando como presidente, durante muitos anos: Domingo Rosaleiro, con destacados colaboradores como: Ramón o Costa, Generoso da Reina, Tío Benito o Cuco, Generoso o Peta, Antonio  Español, Juanito Chones, tía Esperanza da Calloa, Jorge o municipal, Elpidio Sobrino, Pepe Vicente, Laranxo, Os Tecedeiros e outros máis. Estas comisións de festas sempre traballaron polo engrandecemento da súa festa e que fora mellor cas  de Pascua de Buxán. As formas de “pedir pa festa” recaudar as aportacions veciñais eran do máis variado: vén en diñeiro, ovos ou touciño, recordamos que no grupo que andaban polas casas pedindo a aportación para a festa, iban os máis fortes con uns espetos donde insertaban as bandas de touciño que lles daban, nalgún caso levaban un burro para cargar con este touciño recibido. Este touciño, era convertido en diñeiro para a festa, sendo vendido despois nas tendas de Anselmo e na de Lorenzo Laxote a os paisanos  e tamén para levar as cuadrillas para a cabaqueira. O horario das festas era de cuatro da tarde ás dez da noite, despois a orquesta iría a tocar ao salón do Chuco da Leona e ao salón Costa Brava de Oía. Durante as noites quedaba un retén de voluntarios na plaza custodiando que non levaran a corda da bandeira nin as bombillas, pola mañanciña preparaban chocolate que tomaban con pan quente ido a buscar ao Pulís e a de Recaredo.

Arco das Festas de Primavera, no Castro (Foto de Elpidio Sobrino)

As festas no Castro fixéronse ininterrumpidamente hasta o ano 1973. Despois volvería haber  no ano 1983, sendo Presidente Antonio Pereira,  acabando aquí os famosos Carnavales do Castro despois dunha larga e esplendorosa existencia,   en parte debido á “competencia” cos  que se empezaron celebrando na vila da Guardia a partir dos anos 60.

Veciños levantando o mastro na Plaza do Cresto, coa axuda do camión de Cándido Troya (Foto de Elpidio Sobrino)

 Hoxendia  aparte do grato recordo que foron as festas do Castro queda como de utilidade unha amplia plazoleta e o seu mastro, que se utiliza para izar a bandeira a media asta,  como anuncio e  homenaxe por calquer veciño fallecido. Este mastro tamén ten a súas historias. Cando se sustituía, antes buscábase o arcolito mais alto do Trega, pedíase permiso ao forestal para a súa corta e despois  traíase á plaza do Cresto. Un destes mastros veo traído por dous carros de cabalos, un diante e o outro detrás, tendo grandes dificultades para dar a volta na curva do Galo. Este mastro ao cabo dos anos desplomouse  cun temporal contra a casa do Laxote. Neste tempo fallecería o veciño  Florindo do Rato que a falta do mastro tuveron que habilitar un varizo para pór a bandeira a media asta. Ante esta situación o veciño Jorge Sobrino manifesta  a necesidade de ter un mastro en condicions como sempre houbera na plaza; mandarían facer o novo mastro de ferro a Isaac Costal, que sería traído ao lombo por trinta veciños. Paradóxicamente este mastro sería estrenado o día de San Lorenzo de 1979, póndose a bandeira a media asta por Jorge Sobrino, o municipal, o día do seu  pasamento.

 Na actualidá mantense en pé este símbolo do que foran as festas de Primavera do Castro (popularmente deciase: ¡imos os intruidos ó Cresto¡) ¡que tempiños aqueles!

"A zorzada": carroza e comparsa da Gandra, ano 1993 (Foto Victoriano)

Carroza e comparsa da Gandra "Os cesteiros", ano 1996 (Foto Victoriano)

Carroza e comparsa da Gandra "O Pote de Saladina", ano 2000. Gañou o primeiro premio no Calvario-O Rosal

Extrañamente, nese ano, no desfile dos carnavales da Guarda. con  máis de 20 premios, nin siquera foi mencionada (sería que "no tenía el suficiente colorido de Carnaval"). A Asociación de Veciños "O Percamino", da Grandra, ante a intencionada postura do "jurado2 decidiría non volver a participar máis no desfile da Guarda.

"A fragua-Os ferreiros"Carroza da Fandra no 2001. "A fragua-Os ferreiros", gañadora do primeiro premio no Calvario-O Rosal (Foto Victoriano)

"Os Albardeiros", carroza da Gandra no 2002. "Os Albardeiros", gañadora do primeiro premio no Calvario-O Rosal (Foto Victoriano)

Carroza e comparsa de a Gándara no 2003. "Os Alfareiros", gañadora do primeiro premio no Calvario- O Rosal (Foto Victoriano)

Vitoriano da Saladina

Xunqueiriñas   A Gandra

Xaneiro do 2007

anterior      portada