PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

 

Escudo da Guarda

O Rosal e Oia

por José Antonio Uris Guisantes

Sobre o escudo da Guarda ten habido varias versións sen que a estas alturas do novo milenio saibamos cal é o definitivo. O mesmo pasa con outros concellos do Baixo Miño como O Rosal e Oia.

Selo oficial do Ayuntamiento Constitucional de La Guardia antes e despois da desmembración ou segregación  das parroquias do Rosal da Guarda. Este selo, en concreto, data de 1844

A este selo oficial[1] refírese o historiador don Francisco Ávila y La Cueva[2]:

Blasón de Armas: Escudo en campo azul celeste, una nave de tres palos, sin belas sobre aguas, y de poco tiempo a esta parte las variaron, y en la actualidad (1839/40) usa en dicho campo á su izquierda un Castillo redondo curbo en el centro, y con estremos superiores mas salidos á fuera, y pues á orillas de aguas, en lo bajo de el una puerta cuadrilonga, en lo alto forma cornisa, y sobre ella lebanta quatro almenas tambien cuadrilongas, dejando entre cada una unos claros como de troneras, y en estos tres cañones dando frente á fuera, en la tercera almena enarbolada una bandera desplegada hacia su derecha: y á esta parte del Castillo sobre aguas una Nave de tres palos, cada uno con su bela abierta, y en la proa otro palo mas sin ella puesto diagonal con la punta superior hacia fuera en recto con la de aquella, y dicha proa dando frente al castillo demostrando dirigirse á el: en la popa una bandera desplegada hacia su derecha con una cruz en el medio de ella, y quatro cañones por banda de la Nave, y timbrado el escudo con una pequeña corona real puesta perpendicularmente sobre el barco, cuyas armas tomó, el Castillo con artillería a orilla de aguas por razón del que tiene en la mar sobre peñas, y aludiendo también a la situación de la Villa cercana al Occeano, y la Nave en dirección al Castillo significando ser puerto marítimo la Guardia.

Moderno escudo do Concello da Guarda do ano mil nove centos setenta e nove. Creo lembrar que o autor foi Luís Alberto Franco Lomba, sendo Raimundo Lomba González Alcalde.

Para facelo máis elegante o autor engade, á esquerda, unha rama de oliveira e á dereita outra de loureiro, barco con catro velas, a bandeira da Guarda na popa, unha atalaia ou castelo con escaleiras, a bandeira de España, unhas gaivotas e unha coroa real. Tivo pouca ou nula efectividade no tempo. Lembremos que a Atalaia nunca estivo nos primeiros selos ou escudos, pois a construcción data de 1665, cando as tropas portuguesas ocuparon a Vila da Guarda, da que saíron ao asinarse a paz en 1668.

Selo que figura en escritos oficiais da Comisión de Festas do Monte nos anos sesenta

Outra versión é a que dá don José Povedano desde Sevilla no ano de 1873 na Ylustración Española y Americana[3]. O traballo literario titúlase Un recuerdo a Galicia, e di sobre o escudo da Guarda: 

El blasón de esta Villa, que se ostenta en algunos edificios públicos, es una nave sobre aguas con tres palos sin velas: el que hoy usa el Municipio ha sido modificado sobre la misma base del antiguo, sin que sepamos el motivo…

Río Guadalquivir. Á dereita Triana (Foto Antón Ferreira)

Otros aseguran que el citado escudo de armas fue concedido por el rey San Fernando a esta Villa y otros pueblos de la provincia, por haber tripulado hijos de la misma las dos naves gallegas que cortaron el puente de barcas que unía Sevilla con el barrio de Triana, y que este hecho tan heroico hizo capitular a los moros de Sevilla en 1248, por haber quedado incomunicados con los de Triana…

José Povedano é o seudónimo que tiña o guardés don Ramón Franco[4], un dos donos da Casa Comercial, Ramiro Franco Comisiones y Consignaciones, c/ Socorro nº 26 de Sevilla. Dedicada a: Compras y ventas de títulos de toda clase de deudas del Estado. Nacional y extranjeras, cupones, y toda clase de papel de Sociedades de Créditos.Gestiona toda clase de asuntos mercantiles y administrativos en esta Capital y en Madrid.

Casas de Ayuntamiento como así se denominaban oficialmente no século XIX. Fotografía propiedade de Antonio Martínez Vicente, pode ser de 1960/61. No balcón, á dereita, podemos ver un dos escudos da Guarda en pedra.  

O 21 de xuño de 1873 o Secretario do Concello, don José Manuel Sesto, recibe unha carta de don Ramón Franco al Sr. Presidente del Ayuntamiento[5] de la Villa de La Guardia don Antonio Alonso Martínez:

“He tenido el gusto de ser favorecido con la comunicación de V.S. de fecha 10 del actual en que me participa el acuerdo de esa Municipalidad, dándome las gracias por los mil quinientos ejemplares de “Un recuerdo á Galicia” ó sean Apuntes históricos de  nuestra querida villa: ciertamente no las merezco; 1º porque nada hace un hijo por su madre Patria y 2º porque somos 36 hijos de nuestra querida Guardia los que hemos contribuido á realizar esta idea, pero de todos modos, á nombre de ellos ruego á V.S. haga presente al Municipio que tan dignamente preside lo grato que nos ha sido su acuerdo, y lo dispuestos que estamos á seguir á cuantos inicien cualquiera idea que redunde en beneficio del pueblo que nos vió nacer.

Según ofrecimos tengo la honra de acompañar á V.S. para que se sirva mandar archivar:

70 planos con las vistas y apuntes históricos.

10 folletos con vistas y apuntes históricos.

10 hojas sueltas con datos históricos.

10 ejemplares de “La Ylustración Española

Las planchas con los grabados se están limpiando perfectamente; terminada que sea esta operación, serán remitidas á esa Corporación por la primera oportunidad”.

Dios que á V., estima su mano. Sevilla 21 Julio de 1873. Fdo: Ramón Franco.

Selo oficial da Escola Pública de nenos da Guarda en 1872.

Escudo da Guarda que figura no libro La Guardia, el Rosal y Oya de don Ángel Luís Troncoso Alonso

A.L. Troncoso Alonso afirmaba en 1979 que el escudo guardés ostenta en forma ovalada, sobre campo de azur, un barco desarbolado sobre las procelosas aguas del océano, a la izquierda del cual aparece una fortaleza que ondea bandera. Encima una corona de marqués… Los estudiosos refutan esto, alegando que sólo el barco sobre las aguas fue el único concedido por nuestros reyes[6], en premio al heroísmo y colaboración, decidida entrega, que nuestros antepasados mostraron en la toma de Sevilla, en 1248…

…Pero hacia 1838, sin que sepamos quién, se modificó totalmente, añadiéndole parte de una fortaleza y, en su parte superior, la corona de marqués…

Escudo oficial actual da Guarda.

Segundo lemos na páxina de información da Deputación provincial:

En campo de azur, movente do franco destro unha fortaleza da súa cor, mazonada, sobre rochas e con escaleira de acceso, aclarada de prata e sumada de bandeira de gules cargada cunha cruz de prata; sinistrado todo dun bergantín de sabre de tres paos, sobre sinople, superado por dúas gaivotas de sabre. Ó timbre coroa real pechada.

Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia. Expediente de aprobación en trámite na Comisión de Heráldica.

Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Podemos contemplar aínda hoxe varios escudos da Guarda en pedra:

1.- Fachada da Casa Consistorial, colocado en 1837.

2.- Porta lateral da igrexa parroquial integrado na parede que data de 1570.

3.- Fachada da Torre do Reloxo.

4.-1º andar da Casa do Pescador, onde está a sede da Asociación Érguete Baixo Miño. Este escudo en pedra estaba integrado na antiga Fonte da Vila ou Fuente del Rollo, hoxe rúa dedicada ao coengo guardes don Juan Domínguez Fontela.

5.- Casa Forestal sita no monte Trega.

6. Praza de Abastos

Bandeira oficial da Guarda na actualidade

Na páxina informativa da Deputación provincial lemos:

Bandeira en campo de gules, cruz llana blanca, co escudo ó centro. Expediente de aprobación en trámite na Comisión de Heráldica. Non adaptada tampouco ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998.

A antiga bandeira oficial, da que non temos referencia, foi restaurada por acordo da Corporación, na Sesión Plenaria do 16 de maio de 1881, presidida polo Alcalde Presidente don Bernardo Alonso Martínez.

BANDERA DEL AYUNTAMIENTO.- Hallándose ya muy vieja y deteriorada la que actualmente existe, y rota e inservible el asta de la misma, la Corporación Acuerda se reemplace  por otra nueva que corresponda al objeto que representa, así como también el asta que se colocará arrimada á la pared del edificio, sujeta por argollas de hierro para mayor seguridad.

Selo oficial do Ayuntamiento Constitucional del Rosal en 1947

As parroquias do Rosal que formaban parte del Concejo de la Foz del Miño, e logo do Ayuntamiento Constitucional de la Guardia y su Jurisdición, segregáronse en 1847, por autorización da Raíña Isabel II.

 

Escudo pos moderno do Concello do Rosal

Escudo oficial actual do Concello do Rosal

Segundo lemos na páxina da Deputación Provincial:

Escudo mantenlado en xefe e en punta. 1º: En campo de prata, cruz de Santiago. 2º: En campo de azur, Virxe María de ouro co neno en brazos. 3º: En campo de azur unha rosaleira terrasada de sinople. 4º: En campo de prata, ponte de tres ollos ó natural, mazonado, resaltado sobre ondas de azur e prata. Bordura de ouro con lenda: “CONCELLO DA MOI LEAL VILA DO ROSAL”. Ó timbre coroa real pechada.

Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia. Expediente de aprobación en trámite na Comisión de Heráldica.

Selo oficial do Concello de Oia en 1867

Vila que foi poboada a instancias do Mosteiro de Santa María de Oya polo Rei don Sancho IV El Bravo, concedéndolle, veinte pescadores para que la habitasen y poblasen con varias esenciones y franquezas, á saber: Que los tales fuesen libres de pechos, pedidos, defonsada, fondadera, facendera, de moneda forera, y de todo otro pecho que venga y nombre haya, salvo del pescado que pescasen que manda del al Abad y Convento todo el derecho cumplidamente que debienen haber: Como asimismo ordeno que ningún cogedor ni otra persona alguna sea osada de pasar de ninguna manera contra esta merced, y el que lo hiciese que peche al Rey cien maravedis de la moneda nueva, y a Abad y Convento ó quien su voz tome todo el daño que reciba doble. Despachando al efecto su Real Privilegio en la Villa de Pontevedra en donde se hallaba á 25 de Agosto de 1286. Cuyo confirmó despues el Rey Henrique III en las Cortes de Burgos á 20 de Febrero de 1392[7].

Segundo lemos na páxina da Deputación:

Escudo:Sobre cartela, escudo cuartelado: 1ª: En campo de azur o brazo de San Bieito da súa cor, armado de gules e empuñando un báculo, acompañado de tres flores de lis de ouro. 2º: Nova “A” de sabre en tres paus. 3º: Unha póla de figueira con tres follas. 4º: En campo de azur unha torre mazonada de ouro. Bordura de azur en lenda de prata “AYUNTAMIENTO DE SANTA MARÍA DE OYA”. Ó timbre coroa real pechada.

Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia. Non se coñece expediente de aprobación.

Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Selo oficial da Deputación Provincial de Pontevedra en 1844

Escudo oficial da Deputación Provincial.

En campo de prata, ponte de tres arcos con tallamares, sobre ondas de azur e prata, surmontado de cruceiro sobre grada, con dúas torres almeadas a un lado, e unha, almeada e mazonada, ó outro, todo isto na súa cor. Ó timbre coroa real pechada. Todo isto adornado con lambrequíns.

Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Bandeira oficial da Deputación Provincial

Tallada ou partida en banda, de cor branca a parte superior e azul a inferior. O conxunto irá bordurado en ouro con floco e no centro, ó corazón, levará bordado o escudo da provincia rodeado da lenda: “Excma. Deputación Provincial de Pontevedra”. A asta remata nun pasador dourado do que arranca unha dobre folla de lanza.

Reseñada no artigo 28 do Regulamento de honras e distincións da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, aprobado polo Ministerio da Gobernación o 9 de outubro de 1973. Non adaptada ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Polo tanto nin a propia Deputación adoptou os seus blasóns ao decreto sobre normas heráldicas. Esperemos que no seu día a Comisión Heráldica adopte unha decisión sobre o blasón e bandeira da Guarda axeitada a gusto de todos.

José A. Uris Guisantes

--------------------------------------------------------------------------

[1] Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado 1839 e 2ª copia 1859.  

[2] Seu nome orixinal era  Francisco José Jacobo de los Dolores Vicente Ávila. Adoutou os apelidos de súa nai Ávila La Cueva.

[3] Sevilla 1873. Neste ano foi proclamada a Iª República Española (11 febreiro 1873).

[4] Arquivo Municipal da Guarda.

[5] Neste ano o Concello denominábase: Ayuntamiento Popular de La Guardia y su Distrito.

[6] Fernando III (1230 -1252).

[7] D. Francisco Ávila y La Cueva “Historia Civil y Eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado”, tomo II pax. 292,293.