Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Evaristo Crespo Lorenzo

por José A. Uris Guisantes

 

D. Evaristo en 1959

Despois de publicar un traballo sobre o rosaleiro Marcial Lorenzo Fernández e a prantación de oliveiras, así como a moenda e producción de aceite no Rosal.

As oliveiras comezaron a prantarse en España  por primeira vez en Andalucía (1050 a.C.). Os romanos (200 a.C.) descubriron o “óleum Hispanicum” que levaban para Roma en ánforas de barro. Era usado en España como ungüento,  aceite de baño, para unxir os enfermos, bautizados, confirmados, como combustible para lámpadas e candiles para alumear as vivendas e fabricación de xabons.

Cas oliveiras se coroaban heroes e atletas, a tradición indica que Xesucristo rezaba non horto de oliveiras en Getbsemani, e no Domingo de Ramos son bendecidos centos de ramos de oliveiras.

Os reis católicos, despois de vencer a Santa Hermandad (Irmandiños) deron orde de cortar todalas oliveiras de Galicia, pero anos mais tarde volveron a prantarse. A propia cidade de Vigo se lle di “cidade olívica”.

En Portugal ó Norte do Douro e ata Galicia consumían aceite producido en Lamego e no Val de Âncora con lagares de producción de aceite, sendo a primeira freguesía a de Freixeiro de Soutelo no século XVIII.

O amigo José Álvarez “Buraco” me falou de que un crego da parroquia de Santa Marina tamén estaba relacionado ca plantación de oliveiras e moenda de olivas, neste caso a través dun muiño en Cerdal (Valença do Minho), ca mala sorte de que en apenas doce  anos o crego foi trasladado de parroquia polo que a súa iniciativa quedou en auga de borralla.  

 

D. Evaristo casando a Enrique Martínez Díaz  ca moza Mª Angeles Fernández Martínez. A dereita o padriño, Ildefonso González Díaz, Mª Angeles, Enrique e Carolina Otero Senra a madriña o 2 de novembro de 1959. Fotografía cedida por Enrique Martínez.

O crego era don Evaristo Crespo Lorenzo, natural de Tui, foi primeiro coadxutor na parroquia de Santa Marina do Rosal a partir de 1941, sendo párroco don Juan Pérez Martínez, natural de San Juan de Tabagón  o que en decembro de 1953 pasaría a ser párroco de Bembrive (Vigo).

O 2 de novembro de 1959 se achegou a vila do Rosal desde Membrive para casar a Enrique e Mª Angeles na igrexa parroquial. Foron os padriños de voda, Carolina Otero Senra  e Ildefonso González Díaz.

Atopo seu nome na documentación do Centenario de la  Vila de El Rosal (1847/1947) oficiando misa solemne na capela de San Sebastián na honra de Santa Ana.

Evaristo  vivía con súa irmán Teresa nunha casa alugada a Sra. Sabasita no Calvario.  Meu interés sobre este personaxe  foi que o amigo José Álvarez Alonso “Buraco” me falou primeiro que o coadxutor era un home preocupado pola agricultura,  inxertos de vides, plantación de oliveiras e outros datos interesantes relacionados sempre ca agricultura e seus vecinos labregos.

Para elo me puxo en contacto con Enrique Martínez Díaz da familia da tía Mercedes do Calán. Seus irmáns  eran Manuel (emigrante na R. Arxentina) e Francisco que foi músico (clarinete e bombo). Esta familia vivía en Viso dos Eidos e Enrique foi o que mais contacto tivo con don Evaristo  e Teresa.

Outra fotografía da voda de Enrique e Mª Angeles. A dereita Manuel Fernández Calderón, don Evaristo, a madriña,  Carolina Otero Senra, Enrique, Mª Angeles e o padriño, Idelfonso o 2 de novembro de 1959. Fotografía cedida por Enrique Martínez.

Antes quero apuntar que paralela a labor na parroquia de Santa Marina tiña agregada a seu cargo a igrexa da Nosa Señora das Mercedes na Gándara, mais a grande finca lindante da igrexa da que recollía unha parte do fruitos que lle entregaba a familia da Gándara que a tiña arrendada.

Tamen que daba clases de música na Escola Pública de Caselas.  Pero paralelo a labor diaria como presbítero mostraba un grande interés pola modernización da agricultura. Foi nomeado Prohombre de la Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos de El Rosal, fundada en 1944.

Praza do Calvario en febrero de 1931 día de Entruido. O carro de vacas era de Ricardo González Carrera. A dereita domicilio social de Agrarios del Rosal. Anos mais tarde estaría a Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos de El Rosal, mais tarde o Frente de Juventudes da Falanxe Local do Rosal, seguíu a centraliña de Telefónica Nacional de España e finalmente a Cámara Agraria de El Rosal.

Antigua sede da  Agencia Comarcal del Servicio de Extensión Agraria .Comezou a funcionar en 1969/1970 dirixida en principio por don José Pérez Varela.

Tamén estaba un local da Cooperativa del Campo El Pilar fundada en 1944 por don José Sánchez García. En 1980 se fundaría a Cooperativa Val do Rosal. Fotografía de Manuel José Fernández Gómez.

D. Evaristo desde seu cargo construíu a Presa das Laxes en Parada-Novás e o Rego das Canas (1949). Ordenou reparar o Rego que sae de Padín ó Priorato de pedra, o igual que ordenou reparar o Rego da Enxubrigada.

Relacionado ca agricultura levaba a cabo con varios veciños experimentos nas plantacións de viña e no podado, para conseguir mellores caldos na producción de viños autóctonos.

Importou  oliveiras de Portugal, entregándollas a vecinos da parroquia co fin de que as plantaran e mais tarde producir aceite e desa maneira creía que poderían mellorar a economía dos paisanos.

A plantación de oliveiras baseábase en que cruzando o Miño os portugueses lograban plantar oliveiras e obter aceite, moendo as olivas, tendo o mesmo clima no Rosal é que polo tanto se podería producir aceite tamen no Rosal.

Polo que repartíu a varios veciños, en Martín, Senín e na Lomba, plantando nas hortas das casas dúas ou tres oliveiras. Así en poucos anos as oliveiras comezaron a producir olivas.

D. Evaristo acompañado de Enrique (sendo ainda un chaval de 16/17 anos) foron a Portugal vía Tui/Valença do Minho ata Cerdal (Valença)  para ponerse en contacto con un propietario e industrial portugués que tiña un muiño de moer olivas nesa fegresía, co fin de  poder levar as olivas para moer e así obter aceite para uso doméstico de seus vecinos rosaleiros. Cuestión que o final non levaron as olivas para moer.

O muiño era unha Fábrica do lagar do Aceite en Cerdal (Valença do Minho) da familia dos Casimiros. Ca axuda do amigo José Álvarez Alonso Buraco nos achegamos a Cerdal ca mala sorte de non poder visitar o interior do lagar dos Casimiros. Logramos contactar ca Farmacia Moderna en Saô Pedro da Torre pero a Dra. Mª Isabel Soares Casimiro Afonso estaba ocupada citándonos para semanas mais tarde.

Lagar de aceite en Latedo (Trabazos-Zamora), como exemplo dos lagares antiguos.

Fábrica do Lagar do Aceite en Cerdal (Valença do Minho). Fotografía de José A. Uris Guisantes.

Outro aspecto da Fábrica do Lagar do Aceite en Cerdal (Portugal). Fotografía de José A. Uris Guisantes.

Pero resulta que faleceu o párroco don Juan Pérez Martínez é en lugar de que o bispo frei José López Ortiz o nomeara párroco, resultou que nomeou a don Victorino Poutás Rodríguez é a don Evaristo o destiñou a parroquia de Bembrive (Vigo), pese a estar en desacordo co nomeamento non tivo mais remedio que abandoar  todo aquelo que había posto a funcionar, máxime cando as oliveiras comezaban a dar seus fruitos.

D. Juan Pérez Martínez

D. Victorino Poutás Rodríguez tomaría posesión como Cura Ecónomo da parroquia de Santa Marina o 8 de setembro de 1957. Finou o 24 de abril de 2013 a idade de 86 anos.

O  1 de novembro de 2006, o bispo don José  Diéguez Reboredo nomeou en sustitución de don Victorino, como párroco de Santa Marina ao párroco actual, don Julio Ramos Rodríguez. Diéguez Reboredo presentaría súa renuncia o cargo o 25 de abril de 2009 por haber cumplido a idade de 75 anos.

Unha vez marchou don Evaristo a parroquia de Vigo os veciños, faltos da súa dirección comezaron a cortar as oliveiras e prantar no seu lugar árbores frutais.

Por certo, aparte de dar clases de música, fundou unha Escola de Música no Rosal a cargo do profesor don Alfonso Ulloa Lorenzo. Una vez os alumnos comezaron a ter coñecementos de solfexo, mercou varios instrumentos, fundando unha Banda de Música de rapaces con mais de vinte componentes. Participaban en festas e cerimonias relixiosas, misas, procesións e bailes, organizados pola igrexa parroquial. Se achegaban a tocar ata Tui e parroquias do Baixo Miño, chegando incluso a Sabarís.

Segundo me refiren  José Álvarez Alonso e Enrique Martínez, don Evaristo era moi humano con vecinos e ferigreses, nunca tiña diñeiro no peto, axudaba os enfermos, pobres e necesitados nun momento determiñado. Finou en Bembrive pobre de solemnidade.  

En canto ao párroco de Santa Marina do Rosal que convivíu ata seu falecimento con don Evaristo fora párroco da parroquia de Tortoreos (As Neves) desde 1904 ata 1922, pasando a ser párroco de Santa Marina do Rosal o 1º de xaneiro de 1923, finado o 8 de setembro de 1957.

A esquerda o párroco de Tortoreos (As Neves) don Juan Pérez Martínez que pasaría a ser párroco de Santa Marina de O Rosal. Antes estivera de párroco en Santa María de Oia e na parroquia de Porto (Salvaterra). Fotografía publicada por Alejandro Manuel Míguez Álvarez no seu Blog As pedras de Taboexa falan.

Como dixen, don Evaristo finaría o 14 de marzo de 1977 en Bembrive no meo da pobreza mais estrema, axudado polos vecinos da parroquia e ca mesma sotana de sempre que remendaba como podía súa irmán Teresa, pois cando don Evaristo dispuña de cartos pasaban as mans dos que tiñan menos que el.

Enrique Martínez Díaz na actualidade. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

-----------------

Bibliografía: A oliveira e os muiños de aceite. Autor: Aníbal Cid Babarro.

Rota dos Lagares de Azeite do Río Âncora. Autor: Joaquim M.P. Vasconcelos.

Colaboracións: José Álvarez Alonso Buraco e Enrique Martínez Díaz.

José A. Uris Guisantes