FEBREIRO

 

Sábado, 27 de febreiro de 2010  

Deputados do PP visitarán o luns as obras da Senda Litoral que se constrúe na Guarda

O próximo luns, 1 de marzo, os deputados do PP por Pontevedra no Congreso, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca, acompañados da presidenta local e voceira do PP da Guarda, Fátima Iglesias, e demais membros do grupo municipal Popular neste concello visitarán as obras da senda litoral que vai do porto ás praias de Camposancos.

            A visita comezará ás 12.30 horas no mesmo porto e, media hora máis tarde, está prevista unha rolda de prensa na sede local do PP.

 

El Club de Tenis Codesal convoca asambleas general ordinaria y extraordinaria a celebrar hoy

La Junta Directiva del Club de Tenis Codesal convoca asamblea general ordinaria y, posteriormente, asamblea general extraordinaria de acuerdos con el siguiente programa

Asamblea general ordinaria

Día: 27 de Febrero de 2010

Hora: 16:30 horas en primera convocatoria y 17.00 horas en segunda convocatoria

Lugar: Salón Social del Club de Tenis Codesal

 

ORDEN DEL DÍA

  1. Lectura y aprobación de acta anterior, si procede

  2. Estado de cuentas

  3. Estado de obra aprobada en asamblea general 2007

      4.   Ruegos y preguntas

 

A continuación se celebrará asamblea general extraordinaria

  1. Elección Junta directiva

Queda abierto el plazo de presentación de candidaturas, según recogen los estatutos del Club, que serán presentadas a la junta directiva antes del 20 de febrero de 2010.

  1. Votación de prohibición absoluta de la entrada a no socios al salón social y cafetería, propuesta en asamblea general 2009 por un socio.

  2. Propuesta de cobro por uso de pistas de tenis y padel para contribuir a su financiación

  3. Propuesta de algunos socios de cuota trimestral, semestral y anual voluntaria

  4. Consulta sobre derrama extraordinaria para liquidación anticipada de la deuda

  5. Ruegos y preguntas

Se ruega, dada la importancia de los temas a tratar la máxima asistencia

 

Sábado, 27 de febreiro de 2010  

IV   Mostra da Camelia do Baixo Miño

Organizada polo Centro San Xerome, coa colaboración dos  concellos de  Tomiño,   O Rosal,  A Guarda,  Tui, e a Deputación provincial de Pontevedra, a Quinta das Mercedes, na Gándara (A Guarda), centrará os próximos sabado, 6 de marzo, e o domingo, 7 de marzo, as acrtividades da IV Mostra da Camelia do Baixo Miño.

A inauguración deste evento, que xa se anuncia a través da cartelería deseñada por Ana Cividanes, terá lugar o sábado día 6, ás 12 horas, e contará cunha representación das entidades colaboradoras.

Os horarios de exposición e venta, tanto de camelios como de planta de tempada,  será de 12 do mediodía a 8 da tarde, o sábado, e o domingo de  10 da mañá a 8 da tarde.

Na Quinta das Mercedes  realizan a   formación pre laboral  un total de 19  traballadores con discapacidade, co obxectivo final  da súa futura  inserción  laboral.

 

O concello da Guarda reclamará administrativamente á Xunta de Galicia a súa responsabilidade no tema das 21 licencias ou a acudirá á vía xudicial

A Corporación da Guarda celebrou, onte, Sesión Extraordinaria do Pleno da Corporación na que se trataron dous puntos: a prórroga da explotación e mantemento da Piscina Municipal e a proposta da alcaldía relativa ao tema das 21 licencias.

A Proposta da Alcaldía, respecto deste último asunto, levaba para a súa aprobación unha resolución na que se recollían os seguinte puntos: a) Presentar reclamación administrativa ante da Xunta de Galicia por considerar que ten un alto grao de responsabilidade neste asunto. De non ser atendida, esta reclamación sería tramitada por vía xudicial; b) O concello redactará os proxectos de demolición e levará a cabo as demolicións ordenadas con cargo a unha partida creada para ese efecto; c) O concello creará unha partida de 100.000 euros no Orzamento de 2010 para responder, se os tribunais así o determinan, das indemnizacións. A partir do ano 2011 o concello comprométese a ir consignando cando menos 100.000 euros anuais que se incorporarán, ao final do exercicio, a unha conta corrente co obxectivo de xerar unha provisión de fondos por se fose preciso; d) No caso específico das casas habitadas, o concello fará as xestións precisas para solicitar dos xulgados unha moratoria da demolición, de tal xeito que esta non se leve a cabo ata que se saiba quen e en que contía indemniza.

Aínda que os distintos grupos na oposición pediron que se votase separadamente cada punto, a proposta foi votada no seu conxunto logrando 8 abstencións (abstívose tamén un concelleiro socialista por estar un familiar relacionado con este asunto, e non estivo na bancada outro concelleiro do Partido Popular, tamén afectado directamente) e oito votos a favor, prosperando a proposta da Alcaldía.

Na quenda de intervencións o portavoz do BNG presentou a súa exposición por puntos e así, respecto do primeiro, Xan Lois Lomba dixo que non se entende que este punto veña ao pleno, dado que é unha competencia do alcalde iniciar as reclamacións por vía administrativa ou xudicial e que xa foi anunciada nos medios de comunicación, co cal carece de sentido que veña a este pleno. No punto b, continuou Xan Lois Lomba, como di o informe da secretaria, é posible que o concello se faga cargo da redacción e das demolicións, pero tamén advirte que segundo a Lei do Chan as demolicións serán realizadas polo interesado ou pola Administración a costa do interesado. Neste punto, nada se aclara sobre se o concello vai repercutir o gasto nos propietarios das vivendas. Respecto ao apartado c), Lomba Alonso dixo que os informes técnicos aclaran que a partida que se vaia a conformar no orzamento do ano 2010 se non se gasta desaparece, tendo que volverse a xerar unha nova partida para o exercicio seguinte. En canto ao apartado d), o portavoz nacionalista manifestou non entender que veña a pleno cando se supón que estas xestións teríanse que estar realizándose.

Celso Rodríguez Fariñas, portavoz de IV-TEGA. solicitou coñecer os informes de responsabilidade patrimonial para saber a canto podería ascender a débeda no caso das indemnizacións polos derrubas, e o informe xurídico sobre a interpretación do silencio administrativo da Xunta, que determinaría se a responsabilidade é exclusivamente do ente autonómico, corresponde ao concello ou é compartida.

Noutro momento referiuse a que ten coñecemento por algúns afectados que a estes só lles preocupan dous dos puntos que se levan na resolución da Alcaldía, os demais dálles igual.

A portavoz do Partido Popular, Fátima Iglesias Ferreira, considerou que o importante é pagar aos propietarios afectados canto antes e recoñecer que todos os grupos políticos con representación municipal erraron ao conceder as licencias e “seguramente quen máis meteron a pata foron os servizos xurídicos e técnicos e asesores”.

Noutro momento, referíndose a outro dos puntos da Resolución da Alcaldía, dixo que “se o alcalde cre que debe demandar á Xunta de Galicia, señor alcalde, fágao, demande á Xunta de Galicia, está no seu dereito, e seguramente está na súa obriga” pero, engadiu, “o Grupo Municipal do PP non participará nesa posibilidade porque a día de hoxe non cremos nela. Oxalá nos equivoquemos polo ben do concello da Guarda”.

Apoiou Fátima Igrexas Ferreira, en nome do seu grupo, a apertura orzamentaria de 100.000 euros nos orzamentos do 2010 para responder ás indemnizacións, e unha contía maior se se puidese, solicitando ao equipo de goberno que presente un plan de austeridade no orzamento do presente ano pendente de levar a Pleno.

Asumiu o apoio ao concello en todas as xestións que se leven a cabo ante a Xunta de Galicia que beneficien á economía municipal e que axuden a compensar a situación económica que se aveciña.

Miguel Español, portavoz do Grupo Municipal Socialista, manifestouse no sentido de que este é un problema que afecta a todos os grupos. “Alonso Rego, Purificación Álvarez, José Manuel Domínguez Freitas, e todos os concelleiros que formaron parte das Xuntas de Goberno, tanto do PP, como de PSOE, BNG e IV-TEGA “non eran conscientes de que puidesen estar vulnerando a Lei. Senón de que eran conscientes de que estaban outorgando as licencias en base á Ordenanza número 14 do Plan Xeral vixente na Guarda, e polo tanto concedendo as licencias con arranxo á Lei”.

O pleno prolongouse durante algo máis dunha hora, con réplicas, contrarréplicas e ata con alusións a cuestións alleas ao punto obxecto de debate, concluíndo coa votación cuxo resultado se dá máis arriba.

 

Sábado, 27 de febreiro de 2010  

Informa Ignacio Saa

Balonmano Atlético Guardés

1ª Nacional Femenina

    Sábado 27 a las 20.00 en Etxebarria, Vizcaya, se enfrentan el Kukullaga Etxevarri con el Mecalia At. Guardés.

    Partido muy dificil para las guardesas, pues el Kuku, 3er. clasificado con 3 puntos de ventaja sobre el Mecalia, es un enemigo muy correoso en defensa y muy peleón en ataque con jugadoras muy fuertes y que mueven muy rápido el balón. De todas formas, si se mantiene la concentración, sobre todo en defensa, durante todo el encuentro, el contraataque rápido puede declinar la balanza a nuestro favor.

    En el partido jugado en A Sangriña, ganaron las vascas porque el Guardés acumuló despropósitos en los últimos minutos.

    Que tengan una buena tarde y se traigan los dos puntos, lo que haría mucha ilusión a la afición y daría emoción a la cabeza de la tabla al casi incorporarnos como candidatos a jugar la fase de ascenso, .

 

1ª Autonómica Masculina

    Domingo en Pontevedra.

    Teucro Reale Seguros- La Pizzicata At. Guardés

    Enfrentamiento entre dos rivales directos para eludir el descenso.

 

Juvenil Femenina

    Sábado 27  a las 1200 en A Sangriña

    La Pizzicata At. Guardés- SAR de Redondela.

 

Sábado, 27 de febreiro de 2010  

Ábaco apuesta por proyectos conjuntos para luchar contra la crisis

La venta por internet y la marca de calidad “De Vanguarda” como imagen corporativa para el nuevo CCA de A Guarda son las dos primeras iniciativas que ‘Ábaco’ pondrá en marcha tras la presentación y su aprobación por los socios, en la convocatoria celebrada el pasado 25 de febrero en la sede de la asociación, que contó con gran afluencia de los socios.

En la actividad venta virtual por internet “Yo quiero vender por internet”, a cargo de la empresa Dos Espacios en colaboración con Informática San Benito, campaña parcialmente subvencionada, hay que destacar algunos aspectos fundamentales como son La importancia del diseño de la web a la hora de vender, Cómo gestionar de forma sencilla el catálogo online, Medios de pago y seguridad en el pago ¿Los más seguros?, Logística, rapidez y cálculo de los portes en los envíos, Marketing en internet, Ayudas y subvenciones para pequeño comercio.

El otro proyecto “A Guarda De Vanguarda”, estuvo a cargo de la empresa Daimon Consulting, totalmente suvbencionado para la promoción y difusión del diseño en la pequeña empresa con el objetivo de concenciar sobre la importancia y utilidad del diseño en la comunicación en el comercio, mejorar la comercialización y preparación de nuestros productos, aplicación de técnicas de diseño en la comunicación de la marca y consolidar la imagen de marca que transmita calidad y seriedad.

Este proyecto piloto forma parte de una serie de acciones estratégicas que se desarrollan desde ‘Ábaco’ para la mejora de la competitivad del colectivo autónomo y microempresarios de nuestra localidad, esta iniciativa está siendo promovida por la asociación y cofinanciada a través de fondos Feder y el Igape

Los proyectos para sorpresa de los presentes causo un buen impacto y un buen número de ellos ya se han inscrito para participar, y aunque el número de solicitudes es limitado, todavia se puede acoger a él todo aquel interesado.

 

Venres, 26 de febreiro de 2010  

Hoxe comeza o Ciclo de Cine Documental de Anabam co gallo do 25 aniversario desta asociación

            Dentro dos actos previstos pola Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) para celebrar o 25 aniversario deste colectivo, vanse proxectar distintas películas de temática natural nos concellos da Guarda, Oia e O Rosal que teñen confirmadas as datas e a hora da proxección, que se realizará no Centro Cultural, no primeiro dos concellos mencionados; no Centro Cultural de Pedornes, en Oia, e no Auditorio Municipal, no Rosal.

            A primeira das proxeccións, “Tierra”, será hoxe, venres, día 26, ás 20.00 horas no Centro Cultural da Guarda. Este mesmo documental estará, o sábado, 6 de marzo, tamén ás 20.00 horas, no Rosal, e o 13 de marzo, ás 19.30 horas, en Oia.

            O sábado, ás 19.30 horas proxectarase, no Centro Cultural de Pedornes, ”El viaje del emperador”, que chegará o día 12 á Guarda e o día 13 ao Rosal, ámbalas  dúas proxeccións ás 20.00 horas.

            “Home” proxectarase o 5 de marzo, ás 20.00 horas, na Guarda; o domingo, día 7 de marzo, ás 12.00 do mediodía, no Auditorio do Rosal, e o 20 de marzo, ás 19.30 horas, en Pedornes.

            Pechará este ciclo organizado por Anabam, coa colaboración dos concellos da Guarda e O Rosal, a Asociación de Veciños “A Muruxeira” e o Ceida (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) a proxección de “La pesadilla de Darwin”, o día 19 de marzo, ás 20.00 horas, no Centro Cultural da Guarda; o día 14 de marzo , ás 12.00 do mediodía, no Auditorio do Rosal, e o 6 de marzo, ás 19.30 horas, no Centro Cultural de Pedornes.

            “Tierra”, é un documental que fai un espectacular recorrido pola Terra, de norte a sur e ao longo das estacións, observando o comportamento de distintas especies animais e a influencia do cambio climático nas súas vidas. Foi realizado coas máis sofisticadas técnicas da serie televisiva da BBC Planet Earth. A súa presentación levouse a cabo na Sección Oficial do Festival de cine de San Sebastián.

              “El viaje del emperador” trata sobre o pingüín emperador, parecido máis a un golfiño do que a unha ave. Este animal potente pero de movementos fluídos é capaz de xurdir das profundidades coma un torpedo, patinar axilmente sobre o xeo e volver a erguerse para poñerse sobre as súas patas. Pero unha vez en pé, ten un andar torpe estando sempre a expensas do menor obstáculo. O emperador ten que percorrer centos de quilómetros dende onde se atopa o alimento, no mar, ata onde está a súa cría. Este documental narra a odisea da viaxe deste pingüín

 

Venres, 26de febreiro de 2010  

Suspensión temporal do ferri Santa Rita de Cassia

O Servizo do Ferry entre a Guarda e Camiña estará interrumpido  a partires do luns 1 de marzo por motivos de reparacións e revisión. No tempo que dure a interrupción do servizo o Ferry estará varado no estaleiro en Camposancos.

Reanudará o seu servizo  a partir do xoves día 11, en caso de variar a data comunicarase oportunamente.

 

A mellora do Camiño de Laxes (Buxán) dotará a este vial dun ancho de cinco metros

O Alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, asinou onte co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, o convenio que vai permitir realizar a “Mellora da infraestructura vial do camiño de Laxes (Buxán)” e que conta cun orzamento de 63.527,93 euros.

Esta actuación é froito dun convenio entre o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Inclúese dentro do PEIM RURAL 2009 (Proxectos estratéxicos de infraestructura no medio rural do ano 2009).

O camiño de Laxes, na actualidade, presenta un firme de formigón deficiente e a anchura do mesmo non permite o acceso rodado. Coa obra que se vai realizar, o camiño, despois do retranqueo, terá un ancho de 5 metros o que permitirá o paso de todo tipo de vehículos e vén a dar solución ás dificultades de acceso á parte sur do barrio de Laxes.

 

Venres, 26 de febreiro de 2010  

As praias da Guarda conseguen a distinción de calidade do Sicted “Compromiso de Calidade Turística”

No verán de 2009 desde o concello da Guarda se traballou para lograr a implantación do sistema de calidade SICTED nas praias de Area Grande e O Muíño, que pasaron, no de setembro satisfactoriamente unha auditoría por persoal especializado en medio ambiente.

Neste mesmo mes de febreiro o concello da Guarda vén de recibir, no Palacete de Mendoza de Pontevedra, os dous diplomas que acreditan esta distinción.

No ano 2010 o concello tratará de impulsar que restaurantes e hoteis da nosa localidade acaden este galardón, en implantarán este sistema de calidade nas oficinas de turismo dependentes do concello.

Gracias a este distintivo co lema “Compromiso de Calidade Turística” os visitantes e veciños do concello da Guarda poderán gozar na praia de Area Grande e O Muíño duns servizos e atención de maior calidade. Este distintivo leva consigo un compromiso de mellora continuada que ano tras ano ten que ser renovado.

 

Xoves, 25 de febreiro de 2010  

O  alcalde da Guarda reunirase a próxima semana co delegado do Goberno buscando un compromiso para a continuidade do ferri

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, reunirase a próxima semana co delegado do goberno en Galicia, para tratar a continuidade do ferri, un servizo que une as dúas beiras do río Miño, na súa desembocadura, considerado imprescindible para as relacións comerciais, turísticas e de tránsito entre A Guarda e Caminha. Antes desta reunión, Domínguez Freitas xa trasladou ao delegado do Goberno a petición de que faga chegar á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a necesidade de que o ferri funcione e permita a comunicación non só entre Caminha e A Guarda, senón entre Galicia e o norte de Portugal.

Domínguez Freitas sinalou que, respecto deste mesmo ano, non debería existir ningún impedimento para a continuidade do ferri, entendendo que o último dragado realizado na canle, que concluíu o 31 do pasado decembro, “se se fixo ben, e confío en que así se fixo, debe ter unha pervivencia, máis ou menos dun ano>. Polo tanto o trasbordador Santa Rita de Cassia, independentemente doutras cuestións, debera de funcionar funcionar sen impedimentos en 2010.

Aínda que nalgún momento se precisou que se volvería a dragar chegado setembro de 2010, logo da reunión habida en Viana, púxose de manifesto que o compromiso adquirido, alcanzaba só ata 2009, iso significa que agora mesmo “non existen garantías de que este ano se volva a realizar algún dragado”, pero desde o concello trabállase para que se continúe realizando. Neste sentido, na reunión de Viana concluíuse que o mantemento do ferri “é necesario para os dous municipios, Caminha e A Guarda; para o Norte de Portugal e para Galicia, e polo tanto”, engadiu o rexedor guardés, “as autoridades dun e outro lado, ao máis alto nivel, Madrid e Lisboa, terán que tratar de buscar solucións a este problema”.

Aínda así desde A Guarda non están de brazos caídos, e o alcalde sinalou que tras a reunión de Viana, mantivéronse contactos co Servizo Provincial de Costas e coa subdelegación do Goberno, porque foron “os responsables que por parte española acudiron á reunión de Viana”. Ambos os organismos elaboraron unha acta-informe do tratado naquela xuntanza que foi remitida ao delegado do Goberno en Galicia, a quen a Alcaldía solicitou, o pasado martes, unha entrevista que é posible que se celebre a próxima semana.

José Manuel Domínguez Freitas asegurou que “existe moito interese por parte da Delegación do Goberno para resolver este asunto, e facelo do mellor xeito posible”.

Segundo o alcalde, en Caminha viven esta situación coa mesma inquietude que na Guarda porque “como xa se puxo de manifesto en moitas ocasións, hai importantes razóns que xustifican o mantenmento do ferri. Hai razóns de tipo económico: o comercio portugués e a hostalería guardesa dependen en grande medida da pervivencia do ferri. Hai razóns de relación e traballo: para as persoas que traballan nunha e noutra beira é tamén un medio de transporte barato e rápido que evita ter que facer máis de 20 km se hai que dar a volta por Goián. Hai razóns de tipo histórico e social: as nosas relacións de sempre con Caminha e o norte de Portugal. Hai razóns de tipo turístico: o ferri como un aliciente máis para os que nos visitan E hoxe súmase tamén o ser o medio de paso para os peregrinos que fan o Camiño Portugués pola Costa”.

Antonte o alcalde da Guarda falaba co gabinete do delegado do Goberno e mostrábase optimista para atopar unha solución aceptable a esta situación que presenta tres problemas: un de carácter económico co mantemento da canle, cun custo que rolda uns setecentos mil euros, e o transporte, que está noutros setecentos mil, neste caso dependendo de a onde se traslade a area; pero poderiamos estar falando en conxunto de ao redor de millón e medio de euros anuais que de ningún modo poden facer fronte os municipios da Guarda e Caminha.

Outro problema que se presenta é o depósito da area, xa que non é posible facelo  directamente nos camións pola gran cantidade de auga que levan os inertes e que debe escurrir. Cada vez existen máis dificultades para procurar un lugar onde depositala causando o menor prexuízo posible.

O terceiro problema que presenta esta infraestrutura é o destino da area extraída, xa que está sendo rexeitada para rexenerar praias, sobre todo en zonas de marisqueo pois, posiblemente pola finura dos grans, pode provocar que o material en suspensión se deposite nas zonas de cultivo afectando aos recursos mariños.

Domínguez Freitas quixo manifestarse optimista de cara a solucionar o problema do mantemento do ferri por iso é polo que desde a institución local se estuda unha alternativa posible para o depósito das areas, porque os dous últimos lugares utilizados son inviables. Pero tamén o seu optimismo vén das conversacións mantidas co Gabinete do delegado do Goberno e o seu interese por facer posible a continuidade do ferri, polo que o alcalde entende que o razoable é que as dúas administracións, Portugal e España, colaboren no mantemento da canle que emprega o ferri, “e eu farei forza ante o delegado, e chegarei máis arriba se é necesario para lograr esa resposta positiva que necesitamos”.

 

Xoves, 25 de febreiro de 2010  

Finalizaron con éxito as II Xornadas de Automoción da Sangriña

As “II Xornadas de Automoción” realizadas polo Departamento de Automoción do I.E.S. A Sangriña da Guarda, remataron onte cunha afluencia de asistentes considerable. As devanditas Xornadas tiveron unha duración de dous días, tendo como poñentes o mércores, ao artesán local guardés Ángel Álvarez, restaurador de motocicletas antigas moi recoñecido no noso país, e a Juan Jesús Iglesias, técnico de sistemas de pintura de Procolor que impartiu un curso teórico-práctico que tivo lugar ata as seis do serán, onde alumnos e traballadores de  talleres de automóbiles da comarca puideron ver as novidades en canto aos novos sistemas de aplicación de pinturas ecolóxicas con base auga.

No día de onte abriu as Xornadas o Técnico especialista de Toyota,  Antonio Rodeiro, representante do grupo Ibéricar Galicia, dando unha charla sobre as novas tecnoloxías híbridas utilizadas pola marca Toyota no seu novo modelo Prius, onde se puido observar que este  vehículo moi novidoso en canto á emisións contaminantes e a utilización combinada de motor de explosión e motor eléctrico fan do Prius a nova xeración de vehículos que xa están nas nosas estradas. O alumnado adquiriu unha nova filosofía en canto a sistemas anticontaminantes e despediu ao especialista cunha ovación unánime. O seguinte relator,  José Luís Fernández, especialista en fabricación de pistóns desprazouse ex profeso dende a sede central da marca Tarabusi, sita en Bilbao, eloxiando a iniciativa realizada polo Departamento de Automoción do IES A Sangriña e poñendo a disposición do centro educativo o seu total apoio para as vindeiras Xornadas técnicas.

Por último e para despedir as Xornadas, asistiu o secretario  provincial de ATRA (Asociación de Talleres Reparadores do Automóbil),  José Manuel Rodríguez Simón, dando a noraboa ao Departamento de Automoción e facendo fincapé aos alumnos na necesidade de preparación dos futuros mecánicos, adiantando que a profesión de mecánico está a sufrir un cambio en canto ao recoñecemento e cualificación, sendo os mecánicos de nova xeración especialistas non só en mecánica, senón tamén en informática e electricidade. Facendo desta profesión unha das máis completas en canto a coñecementos.

  

A Rede ten previstos 5 obradoiros, unha charla e una iniciativa para o mes de marzo

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello da Guarda, anuncia as próximas actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de marzo no CDSI da Guarda, sito no Centro Cultural. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

“Creación dunha conta correo electrónico”, que informará como enviar correos electrónicos a través de interné. Terá lugar os luns, martes e mércores, do 1 ao 10 de marzo, de 16.00 a 17.30 horas.

“Alfabetización dixital: Informática e Internet”, que posiiblitará ao usuario manexar de forma básica un computador, acceder a Interné e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñibles. Impartirase do 2 ao 10 de marzo, de 10.45 a 12.15 horas.

“Blog, participa en Internet”, que vai mostrar como crear e manterun blog propio. Este obradoiro está adicado ao colectivo do Centro San Xerome Emiliani e imparirase os xoves, do 4 de marzo ao 8 de abril, de 19.30 a 20.30 horas.

“Solicitude de cita médica en Internet”, para que os usuarios poidan solicitar ou anular citas médicas co SERGAS sen necesidade de desprazarse. Terá lugar o xoves, 11 de marzo, en horario de 10.45 a 12.45 horas.

“Procura de Información en Internet”, posibilitará manexar o buscador máis popular en Interné e optimizar as procuras para que os resultados sexan mellores. Terá lugar de luns a mércores, do 15 ao 24 de marzo, de 10.45 a 12.15 horas.

Asemade, está prevista a realización da charla “A web do Sergas ” o día 1 de marzo, ás 10.45 horas no CDSI da Guarda e a iniciativa “Estamos conectados coa integración e a comunicación 2010”, unha iniciativa da Rede de Dinamización da Guarda e o Centro San Xerome Emiliani (o seu labor é a normalización e a integración das persoas con minusvalía psíquica) co fin de achegar ás Novas Tecnoloxías e a integración aos nenos e nenas do centro en idade escolar (de 6 a 20 anos).

Para máis información sobre as actividades do Centro de Dinamización da Sociedade da Información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización da Guarda, sito en Rúa Rosalía de Castro 14 (Centro Cultural), chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.fundacioncalidade.org.

 

Xoves, 25 de febreiro de 2010  

2 medallas de bronce para el Do-majó

El pasado fin de semana se celebró en Santoña (Cantabria) el sector oeste del Campeonato de España Junior de Judo al cual se desplazaron dos judokas del Centro de Judo Do-Majo de A Guarda, junto a su entrenadora y seleccionadora Mónica Pacheco.

Noela Ferreira García, en la categoría  de -63 Kg, se alzó con la Medalla  de Bronce tras realizar una excelente competición ganando todos sus combates excepto el de semifinales que no pudo superar a la asturiana.

Esther Silva Rodríguez, en la categoría de + 78 Kg, se alzó igualmente con la Medalla de Bronce tras realizar muy buenos combates a pesar de ser su primera participación en un Campeonato de España.

Estas jovencísimas Judokas ultiman su preparación junto a su entrenadora Mónica Pacheco en el Club de Judo Do-Majo ya que participarán los próximos 6 y 7 de marzo en la Fase Final del Campeonato de España al cual sólo acceden los 15 mejores judokas de cada categoría.

 

 1ª Jornada Campeonato Escolar de Judo

 

 1º CLASIFICADOS

 

JOSUE FANDIÑO RIVEIRO

        BRAIS PEREIRA AMORIN

EREA RODRIGUEZ MARTINEZ

YAHIR PENA PENIZA

JESSY VICENTE PAZ

 

    2º CLASIFICADOS

 

JOSE C. LORENZO ALONSO

BERNABE LORENZO ALONSO

CARLOS REBOREDO DIEGO

ANA GONZALEZ SABAJANES

RAQUEL RODRIGUEZ GARCES

 

    3º CLASIFICADOS

 

JUAN CORREA GOMEZ

IAGO MARTINEZ ALONSO

LANDER GUTIERREZ DE RUBALCAVA

ALEJANDRO PORTELA VICENTE

OLAIA FERREIRA GARCIA

SOFIA FERNANDEZ FRANCO

 

    4º CLASIFICADOS

 

            SAUL ALVAREZ FERREIRA

        SANDRA CORREA RUBIO

 

Xoves, 25 de febreiro de 2010  

Pleno extraordinario da Corporación no que se tratará o asunto das 21 licenzas

A Corporación da Garda celebrará, mañá, ás nove e media da mañá, sesión extraordinaria de Pleno con dous puntos na orde do día. O primeiro é a proposta da Alcaldía sobre prórroga do contrato de xestión da piscina municipal. O segundo punto tratará a proposta da Alcaldía relativa ás 21 licenzas.

Precisamente é este segundo punto o que se presume de maior interese social. A proposta da Alcaldía, explicou José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda, conta co visto e prace dos afectados, non así dos grupos da oposición. Neste sentido, sinala Freitas, “a pesar dos esforzos feitos polo grupo de goberno para lograr este consenso nun asunto tan importante como este, non foi posible cos grupos da oposición”.

Para o grupo de Goberno “a proposta defende os intereses dos afectados, á vez que salvagarda os intereses de todos os guardeses” pero, logo de manter distintas reunións para consensuar un texto, e tras a convocatoria do pasado venres facéndolles chegar a proposta do goberno local, e de reunirse a Comisión de Asuntos Plenarios, non se logrou un acordo unánime co resto dos grupos con representación municipal.

 

Mércores, 24 de febreiro de 2010  

Están al cobro las tasas de Suministro de Agua y de Recogida de Basura cuya falta de notificación no implica que se dejen de abonar

Desde el pasado día 20 de febrero y hasta el próximo 20 de abril se encuentran al cobro los siguientes tributos: Tasa por el Suministro de Auga, correspondiente al 4º trimestre de 2009, y Tasa por la Recogida de Basura del año 2010.

En el caso de que algún contribuyente no recibiera la carta de pago de cualquira de estas dos tasas, puede dirigirse a la Oficina de Xestión Tributaria (C/ Jose M. Andreini 6 Bajo) y solicitar un duplicado de la misma, ya que al  tratarse de deudas de carácter periódico y notificación colectiva, la no recepción en el domicilio de la misma no exime de la obligación de pago ni de la vía ejecutiva.

Transcurrido el plazo de ingreso, las deudas serán exigidas por el procedimiento de apremio y devengarán los recargos, intereses de demora, y demás conceptos exigibles.

 

Martes, 23 de febreiro de 2010  

Informa Ignacio Saa

Balonmnao Atlético Guardés

 

1ª Nacional Femenina

Mecalia At. Guardés 35- BM.Tejina-Tenerife 28

    No tuvo problemas el Mecalia para poner en franquía el encuentro desde los primeros minutos, al descanso 17-10.

    El Tejina ofreció una muy pobre imagen y sólo se entiende que en la segunda parte haya logrado marcar 18 goles, tantos como el Guardés, por la desastrosa falta de intensidad defensiva que mostraron las locales, quizás por falta de tensión al tener un marcador holgado.

    Lo importante, dos puntos y un ligero acercamiento al terceto cabecero. La próxima semana hay que viajar a Bilbao para enfrentarse precisamente al Kukullaga Etxebarri, 3º con tres puntos de ventaja. Aquí hay que poner toda la carne en el asador si queremos tener alguna oportunidad de clasificación para la fase.

 

                                       Clasificación 1ª Nacional Femenina tras Jornada numero 17

EQUIPO

PJ

PG

PE

PP

GF

GC

PUNTOS

DIF.

1

ZUAZO BARAKALDO

17

14

3

0

547

388

31

159

2

BM. PORRIÑO

17

15

0

2

511

410

30

101

3

KUKULLAGA ETXEBARRI

17

12

3

2

493

393

27

100

4

MECALIA ATL. GUARDES

17

11

2

4

472

400

24

72

5

BETI-ONAK

17

7

2

8

483

500

16

-17

6

BM. TEJINA TENERIFE

17

5

4

8

434

455

14

-21

7

E. DE HOSTELERIA AIALA ZARAUTZ

17

5

4

8

450

474

14

-24

8

FEVE BM GIJON

17

5

3

9

418

454

13

-36

9

SEFICOSA CAMARGO

17

6

0

11

448

472

12

-24

10

TRANSCANO A. OVIEDO

17

5

2

10

421

465

12

-44

11

CONST.SAN BERNARDO LA CALZADA

17

5

1

11

404

459

11

-55

12

CARNE DE CERVERA BM. PALENCIA

17

0

0

17

427

638

0

-211

 

1ª Autonómica Masculina

Gali Pavi Novás 28- Pizzicata At. Guardés 27

    Merecido triunfo del Novás en el Derby, ante un Guardés que como viene siendo habitual juega a ráfagas, y aunque los rosaleiros dominaron el marcador casi todo el encuentro, en alguna ocasión los guardeses llegaron a amenazar este dominio, pudiendo incluso al final del encuentro lograr el empate.

    Mal resultado para los del Pizzicata que se ven en la penúltima posición con sólo un punto sobre el Rasoeiro, último.

 

Cadete Femenina

CB Fishing Work Viveiro21- At. Guardés 35

    El At. Guardés es segundo clasificado con 27 puntos a 3 del primero el BM Porriño.

 

Infantil Femenina

Bueu At. 17- At. Guardés 18

    El At. Guardés continúa lider con 31 puntos seguido del Lavadores con 28

 

Informa Víctor M. Lomba

 

* SENIORS 2ª AUTONOMICA:  LOURO TAMEIGA  0 -- SP GUARDÉS  1

    Partido difícil del cual logramos traer los tres puntos. El gol lo consigue Isidro en un remate de cabeza tras un centro de Mariano en la segunda parte. Manu pudo ampliar el marcador con un fuerte disparo de falta que se estrella en el larguero.

    Además de estos tres valiosos puntos para el ascenso de categoría, el guardés se ve favorecido por los resultados del segundo y tercer clasificado, ya que empatan.

La clasificación queda de la siguiente manera:

N.

Equipo

Pts.

Jug.

Gan.

Emp.

Per.

Fav.

Con.

Dif.

1

GUARDES

56

23

17

5

1

62

19

43

2

CHAPELA CF

43

23

13

4

6

50

35

15

3

RIBERA

42

23

12

6

5

47

27

20

4

SARDOMA CF

40

23

11

7

5

38

23

15

5

ERIZANA CF

37

23

10

7

6

61

47

14

6

UD MOS

35

23

9

8

6

38

33

5

7

CALDELAS

34

23

9

7

7

30

29

1

8

CORUXO B

33

23

9

6

8

42

34

8

9

CANDEAN

30

23

9

3

11

30

32

-2

10

LOURO

30

23

8

6

9

26

32

-6

11

SAN MIGUEL

29

23

8

5

10

34

39

-5

12

NIEVES CF

28

23

7

7

9

41

43

-2

13

CD NIETO

28

23

8

4

11

32

39

-7

14

FC XINZO

28

23

8

4

11

30

43

-13

15

SAN ESTEBAN

26

23

7

5

11

31

35

-4

16

PONTEAREAS

25

23

7

4

12

27

42

-15

17

VICTORIA

19

23

5

4

14

28

48

-20

18

CORZANES

11

23

3

2

18

33

80

-47

 

* JUVENILES LIGA GALLEGA:  SP. GUARDES  2  --  ALONDRAS  0

    Pese a recibir al líder de la categoría, que solamente había perdido tres partidos en toda la temporada, se logra una victoria en un partido muy disputado.

    El partido se nos pone de cara tras el gol de Antón, pero poco después la árbitro nos señala un penalty totalmente inexistente que Jaro logra detener.

    A partir de este punto el guardés mueve bien el balón, presiona, haciendo un buen juego, y fruto de ello, a 15 minutos del final, Dani cabecea un córner sacado por Alex y logra el 2-0 definitivo.

 

*JUVENIL 2ª PROVINCIAL: SP. GUARDES  5  --  NIEVES  0

    Bonito partido el disputado en A Sangriña, donde los juveniles "B" han hecho un buen juego y fruto de ello el resultado obtenido.  El Nieves poco ha inquietado la portería del guardés, solamente con alguna jugada a balón parado, que han resuelto nuestros porteros con gran efectividad.

 

*CADETE LIGA GALLEGA: CHAPELA  2  --  SP. GUARDES  3

    Los cadetes cada vez van a más en juego, como lo han podido demostrar, pese a perder en el último minuto, este pasado martes ante el Celta de Vigo.

    Con el Chapela ha sido un partido muy distinto, con muchas faltas en interrupciones de juego. Hemos terminado el partido con nueve. Lo mejor, los tres puntos.

 

* INFANTIL 2ª PROVINCIAL: PORRIÑO 2  --  SP. GUARDES  2

    Partido disputado en el campo del Atios, en tierra, en el cual el guardés ha podido ganar con soltura el partido, pero en el que al final sólo se ha conseguido un empate

 

Mércores, 23 de febreiro de 2010  

Juan Álvarez Sobrino recibirá la Medalla de Oro de la Federación Gallega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI)

El sábado 20 de febrero, se celebro en la Casa-Museo Rosalía de Castro, en Padrón, la asamblea, anual, general de la Federación Gallega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) y al finalizar la misma tuvo lugar la asamblea general extraordinaria con un único punto del orden del día, la petición, por parte de la Sociedade Filatélica Guardesa, de la Medalla de Oro al Mérito Filatélico para Juan Álvarez Sobrino, presidente de este colectivo guardés. La petición, como marcan los estatutos de la Federación, estaba avalada por dos sociedades más, en este caso por “Val de O Rosal” y el Grupo Filatélico de Vigo.

Juan álvarez posee un amplio curriculum filatélico, tanto como coleccionista, como expositor y organizador. Vocal de la primera Junta Directiva del Grupo Filatélico Guardes en 1964, cargo que ocupa hasta 1980 cuando fue nombrado secretario y,  en 1966, presidente.

Participó en más de 100 exposiciones, locales, regionales, nacionales e internacionales, y fue uno de los principiantes coleccionistas temáticos de Galicia, creando escuela en el Baixo Miño, siendo hoy en día esta comarca un referente a nivel tanto regional como nacional de esta modalidad filatélica.

Como directivo participó y realizó un total de 21 exposiciones, 3 campeonatos de Galicia y la 1ª Exposición Regional de Filatelia Temática, Exgaportem 2001.

Estando presentes 18 de las 19 sociedades de toda Galicia la decisión fue unánime en concederle dicho galardón.

Los compañeros de Junta Directiva de la Sociedad Filatélica Guardesa, socios y  todos los que le conocen, saben que este galardón, el máximo que entrega la Federación, lo tiene más que merecido por lo que aprovechan esta oportunidad para darle la enhorabuena.

 

Luns, 22 de febreiro de 2010  

Yo quiero vender en internet”, título dunha charla que se impartirá en Ábaco

            Organizada pola Asociación Ábaco e Informática San Benito, o vindeiro 25 de febreiro, xoves, vai ter lugar no local de Ábaco, unha charla informativa impartida por Dos Espacios, que co ilustrativo título “Yo quiero vender en internet” comezará ás 20.30 horas.

             Na mencionada charla informarase aos asistentes como iniciar un negocio na rede, informando á vez das subvencións que proximamente se convocará e que s epoderán solicitar para esta modalidade de comercio.

 

Sábado, 20 de febreiro de 2010  

Reunión coa concelleira de Comercio do concello da Guarda e a asociación ÁBACO

A pasada semana tivo lugar no concello da Guarda unha reunión entre a concelleira de Comercio do concello de A Guarda, Montserrat Magallanes, e presidente, directivos e técnico da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘Ábaco’.

O motivo desta reunión era contrastar as actividades que se teñen previsto realizar ao longo deste ano para incentivar e dinamizar o comercio guardés que se vai levar a cabo por parte de Ábaco e o concello.

Entre outros temas, falouse das obras da senda litoral, respecto ao aparcamento que afecta principalmente ao comercio, e do Ferri que tamén afecta de primeira mán o comercio local.

 

Sábado, 20 de febreiro de 2010  

Informa Ignacio Saa

Balonmano Atlético Guardés

1ª Nacional Femenina

Sábado 20 a las 1730 en A Sangriña

Mecalia At. Guardés- BM.Tejina de Tenerife

El Mecalia con 22, debe seguir sumando puntos ante el 5º clasificado que tiene 14.

 

1ª Autonómica Masculina

Domingo 21 a las 1230 en O Rosal

Gali Pavi Novás- Pizzicata At. Guardés

Partido de la máxima rivalidad donde los guardeses se juegan el salir del pozo ante un Novás que tampoco puede descuidarse.

 

Cadete Femenino

El At. Guardés se desplaza a Viveiro para enfrentarse al Fishing Work, el sábado 20 a las 1215

 

Infantil Femenino

El At. Guardés se desplaza a Bueu para enfrentarse al Bueu At. El sábado a las 1200

 

Sábado, 20 de febreiro de 2010  

El lunes, sorteo de San Valentín en FEBAM

        La Asociación de Empresarios do Baixo Miño FEBAM , relazará el sorteo de la campaña de SAN VALENTIN el próximo lunes día 22 de febrero en la sede de FEBAM situada en la rúa  Martínez Padín , 11.En esta ocasión se repartirán vales de compra que podrán ser utilizados en los establecimientos asociados.

 

Exposición fotográfica Viaxando

A OMIX da Guarda informa que ata o 25 de febreiro a sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda alberga a exposición de fotografías que participaron no terceiro certame fotográfico Viaxando, un concurso organizado polas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e pola Casa de Xuventude de Tui e no que participan mozos e mozas de todos estes municipios. A exposición poderá visitarse no horario de apertura do Centro Cultural.

 

Sábado, 20 de febreiro de 2010

Uns corenta afectados pola instalación dunha discoteca concentráronse onte no concello

Preto de corenta veciños da rúa Manuel Álvarez, que se consideran prexudicados pola próxima instalación dunha discoteca nesta rúa, concetráronse onte á mañá no interior do concello, en protesta pola localización deste establecemento.

Pacíficamente, e despregando unha pancarta contra a pretendida instalación, os concentrados, entre os que estaba o edil de IV-TEGA, Celso Rodríguez Fariñas, e o do PP, Alberto González, intercambiaron unhas palabras co concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba, que neses momentos saía doutra dependencia municipal, recriminándolle que non lles apoiase.

Xan Lois, que argumentou que como concelleiro ninguén dos que se consideran afectados se dirixiu en ningún momento a el para tratar este tema, tamén explicou que podería estar ou non de acordo coa localización da discoteca, pero por riba da súa opinión persoal estaban os informes técnicos que confirman que ese centro de lecer pode instalarse na mencionada rúa.

Pouco despois o alcalde recibiu a unha representación de veciños, que sinalaron que foron ben recibidos polo rexedor local, e aseguraron que entendían a postura de Domínguez Freitas de atender os informes dos técnicos municipais, a pesar de que lle solicitaron que fosen persoas alleas aos veciños e ao concello quen emitisen os devanditos informes, cuestión que non puido aceptar o alcalde xa que os informes oficiais emítenos os técnicos municipais. “Eles, loxicamente, defenden a súa razón; nós cremos que tamén a temos”, concluíron os afectados por esta instalación que acordaron manter unha reunión cos seus avogados buscando un asesoramento sobre cuestións legais que eles non teñen e, segundo o que lles digan, decidirán se proceden a tomar algún tipo de medidas.

 

Venres, 19 de febreiro de 2010

O alcalde da Guarda replica á presidenta de ACIGU

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, respostou aos comunicados da presidenta de ACIGU, respecto ao impago de facturas que afectaban a establecementos asociados a dito colectivo de empresarios guardeses entendendo que Carmen García “terxiversa as cousas” e “tenta confundir á opinión pública”.

        Tras censurar a actitude demostrada pola presidenta de ACIGU en Intervención e Tesourería, o alcalde explica que tras recibirse no concello o primeiro escrito asinado pola presidenta de ACIGU, con data 9 de febreiro, “no que falaba de facturas impagadas a diversas empresas de principio  do ano 2009. Confesamos que nos preocupou esa noticia. Por iso demos instruccións ós servizos económicos do Concello para que indagaran estes supostos impagos. Quedamos abraiados porque desas averiguacións resultou que os únicos proveedores que non cobraron facturas de principio do 2009 foron as que tiñan débedas co Concello”, e entre esas empresas estaba aquela a que facía referencia a reclamación presentada pola Asociación de Empresarios e que, segundo o alcalde “o recibo de lixo do 2009 pagouno esa empresa a mediados de decembro cando o período de pago finalizara o 20 de abril”.

         Respecto á postura da concelleira de Facenda de non deixar pasar ao despacho a outras persoas alleas á empresa reclamante, Domínguez Freitas expón que “de boas maneiras,  como é o seu proceder habitual, (a concelleira) invitou ás dúas acompañantes a abandonar a dependencia da reunión”.

O alcalde refírese tamén ao pago de facturas efectuado por gobernos anteriores que segundo a presidenta de ACIGU se aboaban a 60 días “Dende logo”, di Domínguez Freitas, “non era a práctica habitual. Aínda hoxe o Concello está a facer fronte a facturas que veñen dos anos 2005 e seguintes”.

E remata o escrito Domínguez Freitas asegurando que “quen está  ó corrente no pago dos seus impostos, o Concello pagaralle igual cos demais que cumpren coas súas obrigas”.

 

Xoves, 18 de febreiro de 2010

O Centro Cultural recibirá, mañá, a III Gala do Deporte Guardés

Mañá. venres, día 19 de febreiro, ás 20.15 horas celebrarase no salón de actos do Centro Cultural, a III Gala do Deporte Guardés na que se recoñecerán aos diferentes clubes e deportistas que conseguiron resultados meritorios no ano 2009.

Nesta III Gala do Deporte Guardés premiaranse aos clubes e deportistas nas categorías de Recoñecemento á persoas, clubes, asociacións ou entidades deportivas na promoción dun deporte; Recoñecemento a deportistas que individualmente ou en equipo conseguiron postos destacados en competicións celebradas a nivel autonómico, estatal ou mundial, e Recoñecemento ao traballo, afán de superación e traxectoria deportiva.

            No programa desta terceira edición contarsdr coa presencia da deportista Soledad Castro Soliño, atleta de Mos, cun amplo palmarés en probas de medio fondo a nivel galego e estatal, así como, recentemente, a nivel mundial.

            O público asistente disfrutará da actuación do Quinteto Metal Pentabrass, formado por alumnos do Conservatorio da Guarda e da Agrupación Musical do Rosal.

            Dende o concello da Guarda felicitan a todos os deportistas, clubes e asociacións deportivas polos éxitos conseguidos no ano 2009.

 

Martes, 16 de febreiro de 2010  

Festas de Entroido na Guarda: programa para hoxe e mañá

Na Guarda, como en toda Galicia, continúan a celebrarse os festexos de Entroido que para a xornada de hoxe vaise iniciar  co Desfile Concurso que sairá desde a Praza de San Bernardo, ás 17.30 horas, para percorrer as rúas Puerto Rico, Galicia, Pontevedra e rematar na Alameda onde se entregarán os premios aos gañadores nas distintas categorías.

En caso de chuvia o Desfile-Concurso sairía, tamén ás  17.30 horas e igualmente desde a Praza de San Bernardo, o domingo, día 21.

E o mércores, os protagonistas voltarán ser os máis pequenos e, para eles, no Centro Cultural proxectarase “Pequeños Invasores”, con Entrada gratuíta, aínda que hai que recollela no Centro Cultural ou no concello.

 

Non se pode construír a planta de formigón na Gándara

            O Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra desestimou o recurso contenciosos-administrativo entablado pola empresa que pretendía construír a planta de formigón contra o acordo do concello que denegou as licenzas de obra e actividade.

            A Xunta de Goberno Local denegou, en maio de 2008, as licenzas de obra e actividade solicitadas pola empresa. A sentenza, que agora lle dá a razón ao concello, argumenta que a empresa non impugnou a denegación de autorización do proxecto de urbanización do vial que dá acceso á finca na que se ía instalar a planta, paso previo para outorgar as licenzas de obra e actividade. Ademais o Xulgado refrenda o argumento do concello no sentido de que o solo onde se pretendía a instalación é solo urbano non consolidado xa que non ten os servizos necesarios para que poida considerarse, como argumentaba a empresa, solo urbano consolidado. Para dar o paso de non consolidado a consolidade precisa dun proceso de equidistribución que nunca se fixo.

            A propia sentenza fai alusión a que a empresa recurrente, no seu proxecto, describe as obras necesarias para contar con ‘todos os servizos urbanístico necesarios para o desenvolvemento da mencionada actividade’ e como o proxecto de urbanización rexeitado polo concello incluía obras de pavimentación da calzada e beirarrúa, saneamento, abastecemento de auga e alumeado público. En definitiva, a propia empresa admite que non ten servizos e, polo tanto, non pode obter licenza directa.

            A sentenza, favorable aos intereses do concello, poder ser apelada pola empresa.

 

Martes, 16 de febreiro de 2010  

Informa Ignacio Saa

Balonmano At. Guardés

 

1ª Nacional Femenina

 

Escuela de Hosteleria Aiala Zarautz 20- Mecalia At. Guardés 24

A pesar de la correosa defensa de las vascas, el Mecalia, auqnue no cuajó un buen encuentro, no pasó excesivos apuros para doblegar a las patrocinadas del Arguiñano.

El Mecalia sigue cuarto con 22 puntos y con 8 sobre el quinto clasificado.

 

1ª Autonómica Masculina.

La Pizzicatta At. Guardés 30- B.M. Rasoeiro 28

Trabajo le dio al Guardés doblegar a un peleón Rasoeiro, que durante gran parte del encuentro dominó en el marcador, y menos mal que en la segunda parte la portería guardesa estuvo mas acertada al tiempo que se le encogía el brazo a los grovenses, lo que propició el trinfo local que sale así de la última plaza de la clasificación.

Sigue el Guardés jugando a ráfagas, sin continuidad, individualismo y ofreciendo muy poca confianza; de hecho en el último minuto aún tuvieron los del Rasoeiro oportunidad de empatar, pero afortunadamente no lograron.

 

Juvenil Femenina

Pizzicata At. Guardés 18- Calfoncal Lavadores 31

Severo correctivo el que impusieron el excelente equipo juvenil de Lavadores a las juveniles (muchas cadetes en la formación) guardesas.

 

Cadete Femenina

At. Guardés 33- BM Chapela 20

 

Infantil Femenina

At. Guardés 27 – BM Chapela 17

 

Martes, 16 de febreiro de 2010

O concello guardés expoñerá ao público o Plan de Ordenación do Litoral (POL)

Hai uns días tivo entrada no concello da Guarda o Plan de Odenación do Litoral (POL), abríndose a partir de entón un período de dous meses para que as Corporacións Municipais, as Deputacións Provinciais e as entidades de carácter supramunicipal con incidencia na área, poidan emitir informe respecto do POL, sen embargo, os planos  que se recibiron nos concellos son, por mor das cores pouco diferenciadas, de moi difícil interpretación.

Aínda que durante esta fase os particulares non poden emitir informe, é intención do grupo de goberno do Concello expoñelo públicamente para que tódolos cidadáns poidan coñecer o Plan de Ordenación do Litoral e, de ser o caso, facerlle chegar ao concello as consideracións que estimen oportunas para ser recollidas, se é procedente, no informe municipal.

Desde o concello explican que aínda que xa tiñan pensado expoñer eses planos inmediatamente, as dificultades de interpretación motivaron que desde o goberno local se puxesen en contacto coa Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe que lles confirmou que se enviarían aos concellos uns novos planos con cores máis diferenciadas. En canto se reciban estarán a disposición dos guardeses, anunciándose oportunamente.

 

Martes, 15 de febreiro de 2010  

Cores Tourís estudiará o proxecto de mellora das vivendas sociais Muíño de Abaixo da Guarda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu onte aos veciños afectados polo mal estado da vivendas sociais Muíño de Abaixo da localidade da Guarda, que lle transmitiron a súa inquedanza ante a necesidade de reforma deste edificio de promoción pública.

Os veciños, representados por Santos Pacheco e Carmen Maquieira, acudiron á Delegación Territorial acompañados pola portavoz do PP na localidade, Fátima Iglesias.

Entre as necesidades que prantexaron os afectados atópase a reforma do interior do edificio, a mellora da urbanización exterior e a transformación da fachada. Da primeira das obras encargaríanse os propios veciños, segundo lle transmitiron a Cores Tourís durante o encontro.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra trasladoulles a vontade da administración autonómica de estudar as melloras prantexadas.

Pola súa banda, os veciños agradeceron o interese de José Manuel Cores Tourís ante a situación deste edificio de Promoción Pública e cunha antigüidade que supera os 20 anos.

 

Luns, 15 de febreiro de 2010

“Un Viaje por el mundo de la Danza”, espectáculo que se ofrecerá el 21 de febrero en el Centro Cultural

La Asociación Studio 88 de A Guarda presentará, el 21 de febrero a las 17.30 horas en el Centro Cultural, el espectáculo “Un viaje por el mundo de la danza”. La entrada, con un donativo de un euro, estará limitada al aforo del local.

            Este espectáculo, según explican desde el colectivo Studio 88, es un recopilatorio de diferentes disciplinas de la danza.

La Danza Clásica, la Contemporánea, la Española, la Fussión, la Moderna se fusionan para dar origen a “Un viaje por el mundo de la danza”, imitando la evolución en la vida de una persona o semejante a algunos estilos musicales.

En el espectáculo se perciben  sentimientos,  sensaciones,  coraje, rabia, valentía, la entrega, la sensibilidad,  las vivencias y las experiencias adquiridas en el camino de la vida; la aceptación de uno mismo y el respeto hacia los demás, sin llegar a ser mejor  o peor por ser distinto.

Las entradas se podrán adquirir desde media hora antes de iniciarse el espectáculo, que tiene una duración aproximadamente de una hora.

            Sobre el escenario estarán las bailarinas Carla Álvarez, Carla Cobos, Noela Álvarez, Valentina Feijoo, Carla Lomba, Lara, Alba González, Evelyn Villa, Ángela, Iria Peniza, Lucía Cividanes, Angela Gónzalez, Marta Rodríguez, Laura Cadilla, Desiré Rodriguez, Carla Pombal y Thais Portela.  Bailarines, Raúl Alonso y Josué Álvarez, que es, además, el director Artístico y coreógrafo.

Colaboran en este espectáculo organizado por la Asociación Studio 88 el Ayuntamiento de A Guarda y distintas casas comerciales.

 

Sábado, 13 de febreiro de 2010  

Curso de  cambios posturales para el cuidado de personas dependientes

Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informan de que aún quedan plazas para la primera convocatoria formativa del 2010, y está dirigido a personas mayores de 16 años interesadas en adquirir las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización y cuidados especiales que requieren las personas dependientes.

El objetivo principal de esta formación es formar a familiares, cuidadores y trabajadores de cómo realizar los cambios posturales que favorezcan la movilidad de la persona dependiente, con objeto de mejorar la calidad de vida de la persona dependiente y del familiar cuidador, potenciando la integración de la persona mayor en su medio habitual mejorando las relaciones intergeneracionales.

En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos: Enfermedades físicas relacionadas con la inmovilización: úlceras, EPOC, parálisis, etc; Ayudas técnicas; Técnicas de movilización e inmovilización, y  Riesgos y complicaciones de una inadecuada manipulación.

Esta formación tiene una duración de 20 horas teórico prácticas y se desarrollará los sábados 20 y 27 de febrero de 10.00 a 14.00 horas, y de 16.00 a 20.00 horas, y el 6 de marzo de 10.00 a 14.00 horas.

El coste del curso es de 60 €.

Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, en la calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. (al lado de la iglesia Parroquial). También se puede llamar al teléfono 986 61 46 09/ de lunes a jueves:, entre las 8.30 y las 14.00 hotas o de 16.00 a 20.00 horas. Los viernes de 8.00 a 15.00 horas.

 

Sábado, 13 de febreiro de 2010

La Asociación Cultural Trisquel organiza un Viaje a Lalín

La Asociación Cultural Trisquel tiene previsto viajar, el próximo13 de marzo, a Lalín, estando abierta la inscripción para todos los interesados que deseen asistir.

El programa del viaje se inicia con la Recepción de bienvenida y desayuno, Participación en una demostración publicitaria que se señala de interés por los organizadores; Almuerzo: Cocido de Lalín y Visita guiada a Lalín.

Quien lo desee podrá asistir a la misa de Nuestra Señora del Corpiño

Habrá también una visita a la fábrica de quesos y chorizos y se emprenderá posteriormente el regreso.

El viaje se iniciará en la parada de autobús de A Guarda, y posteriores en Pías y en Tomiño para la recogida de los asistentes. La hora de la salida está prevista para las 8 de la mañana.

El coste del viaje es de 11 euros por persona con el desplazamiento y las comidas incluidas.

Se pueden formalizar las reservas en el teléfono número 986 622 665 así como en las oficinas de H2K, Vilardemotos, Junto a la estación de servico CEPSA, en Tomiño

 

Sábado, 13 de febreiro de 2010  

Informa Víctor M. Lomba

Próximos partidos del Sporting Guardés

Queremos destacar que el partido de los cadetes de la gallega contra el Celta se jugará el próximo Martes de Carnaval, día 16, a las 12 de la mañana.

 

EQUIPO

DIA/HORA

CONTRARIO

CAMPO

SENIORS-   2ªAUTON.

DOM 14 * 16:15h

CORZANES

A SANGRIÑA- A Guarda

JUVENIL  GALLEGA

SAB  13  * 16:30h

PORRIÑO

Cataboi- Atios

JUVENIL    2ª AUTON.

SAB  13 *  12:00h

TYDE

Alvarez Durán - Tuy

CADETE GALLEGA

MAR 16 *  12:00h

CELTA

A SANGRIÑA- A Guarda

INFANTIL   2ª AUTON.

SAB 13  *  16:00h

VILARIÑO

A SANGRIÑA- A Guarda

 

  

Balonmano At. Guardés

1ª NACIONAL  FEMENINA

Sábado 13 a las 1915 en el Pabellón Municipal de Zarautz, el Mecalia debe enfrentarse al siempre correoso Escuela de Hosteleria Aiala.

Dificil lo tienen las guardesas ya que este año el Zarautz está cuajando una temporada bastante regular, con un equipo muy sólido, mientras que a las nuestras les está faltando esa consistencia que tenían la anterior temporada y alternan brillantez con mediocridad, dando la impresión de fragilidad.

Esperemos que tengan un día bueno y como tantas otras veces, peleen con ahinco sin dar el encuentro nunca por perdido y puedan traerse los dos puntos.

 

1ª AUTONOMICA MASCULINA

Sábado 13 a las 18.00, en A Sangriña, el Pizzicata At. Guardés recibe al B.M. Rasoeiro, en una dura pelea por salir del pozo en el que ambos equipos se hallan sumergidos. El Guardés es último con 1 punto y el Rasoeiro penúltimo con 2.

 

JUVENIL FEMENINA

Domingo 14 a las 12.00 en A Sangriña

La Pizzicatta At. Guardés- Caloncal Lavadores

 

CADETE FEMENINA

Sábado 13 a las 12.00 en A Sangriña

At. Guardés- BM Chapela

 

INFANTIL FEMENINA

Sábado 13 a las 11.00 en A Sangriña

At. Guardés- BM Chapela

 

Sábado, 13 de febreiro de 2010  

O concello da Guarda reclamará urxencia da Xunta para executar a Vía de Altas Prestaciones e o seu remate en 2012

O alcalde da Guarda presentou, no último pleno ordinario, unha proposta sobre a Vía de Altas Prestacións do Baixo Miño, para a que reclama o seu remate en 2012.

Lembrou que o goberno bipartito modificou o proxecto anterior dunha vía, chamada entón de alta capacidade, que o goberno de Fraga facía rematar en San Roque, metendo na Guarda un tráfico que non debería pasar polo centro da vila; estaba concebida como unha vía rápida, cun só carril por cada sentido de circulación, considerado insuficiente; creaba un grave impacto ambiental e paisaxístico ao achegala ao río Miño no concello de Tomiño, e non garantía a conexión de Tomiño coa súa área industrial. O bipartito, seguiu lembrando Domínguez Freitas, tomou a decisión de construír unha autovía entre Tui e Goián, permitindo unha importante permeabilidade no concello do Tomiño, que non xeraba riscos ambientais innecesarios e era respetuosa co Miño, e circunvalaba A Guarda conectando coa estrada de Baiona á altura das Loucenzas, evitando a entrada de tráfico polo centro da vila

            No tramo IV, variante da Guarda, a efectos do 1º de marzo de 2009 xa se someteran a información pública os estudos informativos e quedaban por obter a declaración de impacto ambiental.

            Os actuais responsables da Xunta, continuou o alcalde, fixan no remate de 2015 á que agora chaman Vía de Altas Prestacións entre Tui e A Guarda, e desde esta localidade “non podemos admitir seis anos máis de demora nunha infraestrutura básica para o crecemento da Guarda e do Baixo Miño;  de pouco nos vale que rematen no 2012 os tramos 1 e 3, se ata 2015 non temos a vía completa”

            A parte resolutoria da proposta da Alcaldía recollía ata sete puntos e así solicitaba instar á Xunta de Galicia a que manteña as características técnicas de autovía para os tramos de Tui a Goián, como tiña previsto o anterior goberno da Xunta; a contratación das obras do tramo dous, Tomiño-Goián, no actual ano 2010; que se garanta a comunicación de Tomiño coa autovía de xeito que poida utilizarse para vertebrar o tráfico dentro do concello e permita a conexión co polígono industrial; que respecte a contorna do río Miño, e que empregue todas as medidas de restauración medioambiental para minorar o seu impacto no territorio e a que habilite itinerarios para os peóns nos límites desta infraestrutura para garantir a mobilidade; que inicie a execución da variante da Guarda no ano 2010;  e que teña rematado todo o eixe entre Tui e a estrada A Guarda-Baiona no ano 2012. Estas seis peticións faranse chegar ao presidente da Xunta de Galicia, ao conselleiro de Medio Ambiente e aos grupos políticos do parlamento galego.

            Xustificou Domínguez Freitas a proposta en base ás manifestacións de responsables políticos nos últimos meses, apoiándose tamén nos Orzamentos de Galicia, que indican que ata o ano 2015, non estará completa a Vía de Altas Prestacións entre Tui e A Guarda

Portavoz do BNG

            Xan Lois Lomba felicitou ao grupo de goberno por aceptar un trazado “que é ben distinto ao aprobado co Partido Popular, aquel famoso vial ao monte que xa o BNG rexeitara”.

            Pediu votar por separado a execución da variante da Guarda coa que non está de acordo o BNG, por considerala unha opción moi agresiva para o entorno do concello da Guarda, ao entender que se producen socavóns que superan os 23 metros de altura, pero, ademais, Xan Lois non ve unha necesidade a construcción desta variante, porque “os problemas de tráfico radican noutras cuestións e non nos negamos a ter algún tipo de circunvalación na Guarda, pero non a que se propón”.

Portavoz de IV-TEGA

Celso Rodríguez Fariñas iniciou o seu discurso coincidindo co BNG pedindo votar por puntos.

Considerou o portavoz de TEGA que se discriminaba á Guarda ao darlle un trato desigual ao trazado, polo que pediu a mesma categoría para todo o percorrido; solicitou axeitar un trazado o menos agresivo posible e advertiu que a demora na execución do vial suporá que, cando se realice, o seu valor se teña multiplicado, e compartiu a necesidade dun vial que evite A Guarda e conduza o tráfico a estrada que vai a Baiona sen pasar polo centro.

Portavoz do PP

            Fátima Iglesias Ferreira, portavoz do PP, non quixo que se tratase este tema por puntos aludindo ao posicionamento propio desta formación.

            Na súa intervención, Fátima Iglesias dixo que esta infraestrutura xa tiña que estar feita e habería que estar rodando por ela e espetoulle aos socialistas que “non teñen autoridade moral para esixir a un goberno que leva nove meses na Xunta de Galicia o que os socialistas non fixeron en catro anos”. A portavoz dos populares non viu xustificado levar este punto a Pleno e impoñer prazos á Xunta de Galicia, pero desexou que “ogallá esta infraestrutura estivese rematada no 2012, e ogallá o estivese no 2008, como figuraba no proxecto inicial”.

Asegurou que a Xunta traballa para facer a VAP o antes e da mellor forma posible, coas menores afeccións e para recuperar o tempo perdido. Lembrou que foi unha promesa electoral de Feijóo a súa realización e, respecto á variante da Guarda, sinalou que hai un estudo informativo feito e están pendentes de licitar a redacción do proxecto. Noutro momento asegurou que o que se fixo foi retomar o trazado deseñado no 2004 por ser o que menos impacto social e paisaxístico produce, vertebra mellor o territorio e é o único que conta coa declaración de impacto ambiental.

Rèplicas

            Xosé Manuel Domínguez Freitas dixo que o Grupo de Goberno só coincidía co Partido Popular en que non sometería a proposta a votación por puntos “porque desvirtúa o contido da moción”, aínda que si aceptarían a emenda de Rodríguez Fariñas no sentido de “pedir que todo o trazado teña características de autovía”, aínda que habería dificultades agora por estarse xa executando algúns tramos, pero quedaría aí a petición.

            Engadiu Domínguez Freitas  que da mesma maneira que non estiveron contentos con ningunha das demoras que se produciron ao longo do tempo, tampouco o estaban coa que sinala o actual goberno da Xunta. E para A Guarda, “non nos parece de recibo que se diga 2015. 2015, é tarde, ao mellor no 2012 nalgún punto é irrealizable, pero que sexa no 2013” e sentenciou que “Cada ano que pase é un ano que xoga en contra da Guarda”.

Respostou a Xan Lomba no sentido de que “nós si entendemos que é prioritario unha variante ou circunvalación á Guarda, que  por algún sitio hai que pasala, e nós presentamos algunhas alegacións ao proxecto do anterior goberno, pero seguimos entendendo que meter todo o tráfico en San Roque, é crearnos unha afluencia maior de vehículos da que xa posuímos”.

            Xan considerou que hai outras formas de abordar o problema do tráfico na Guarda sen recurrir a esa infraestrutura; cualificou de aberración sesgar o monte como se pretende; coincidiu en asegurar que o actual proxecto da Xunta “sinala prazos infinitos” para a execución da Vía de Altas Prestacións, e, retomando palabras da voceira popular “o traballo xa vén practicamente feito da época anterior ao bipartito, polo tanto os prazos poderanse apurar para que esta infraestrutura se faga canto antes”.

            Celso Rodríguez Fariñas e Fátima Iglesias repetiron, na réplica os argumentos xa manexados na primeira intervención e, pasada a votación dos concelleiros, a proposta da Alcaldía obtivo os nove votos do PSdeG-PSOE; cinco en contra, do PP, e tres abstencións (dúas de IV-TEGA e un voto do BNG), polo que prosperou por maioría.

 

Venres, 12 de febreiro de 2010  

A Guarda entre os concellos que teñen recollida de aceites domésticos

Os contedores de Recollida e Tratamento de Aceites de Uso Doméstico que a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación Española de Empresas de Recollida, Tratamento e Reciclaxe de Aceites e Graxas (AERTA), instalou na provincia recolleron dende xullo de 2009 un total de 4.292 litros deste residuo.

Na comarca do Baixo Miño o único concello que posúe este servizo é o da Guarda, figurando en terceiro lugar na lista dos que se posúen datos de aceites recollidos, cun total de 671 litros. Por diante están A Estrada, que é o concello no que máis litros se recolleron dende a implantación deste servizo, cun total de 2.221 litros; seguido do Grove, con 895 litros recollidos. Pecha a lista Baiona, con 505 litros recollidos.

Estas cifras revisten unha importancia fundamental, xa que, aínda que son mellorables, supoñen un espectacular impacto positivo sobre o medio ambiente, pois está demostrado que un litro de aceite pode chegar a contaminar ata 1 millón de litros de auga, o que incrementa os custes de depuración das augas residuais nun 25%.

O plan de recollida de aceites consiste na distribución en tódolos fogares pontevedreses dun embudo especial a través do cal se depositará en envases domésticos (botellas e outros recipientes) o aceite usado. Eses envases poden ser levados a contedores (de entre 150 e 500 litros) que se situarán en lugares estratéxicos de parroquias, vilas e cidades así como en determinadas asociacións, colexios ou, incluso, en establecementos hoteleiros para facilitar a recollida destes produtos.

 

Xoves, 12 de febreiro de 2010  

A Guarda impartirá cursos de formación gratuítos sobre xestión e contabilidade de empresas pesqueiras

OR.PA.GU e Informática San Benito poñen en marcha o proxecto FORMAPESCA (Formación integral para empresas pesqueiras) ao amparo da Consellería de Pesca, que ten como finalidade dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, dende a area de Xestión e a de Novas Tecnoloxías.

Polo que se refire á primeira, hai que ter en conta que a xestión empresarial xoga un papel moi importante, pois da súa eficiencia, dirección, habilidades e estratexias que se utilicen, dependerá a obtención de bos resultados. De aí que analizando o panorama actual a Organización de Palangreiros Guardeses propón, e para acabar coas necesidades formativas detectadas no sector marítimo-pesqueiro, a realización das seguintes accións formativas: Xestión de empresas pesqueiras; Contabilidade de empresas pesqueiras, Xestión laboral de empresas pesqueiras e a Xestión fiscal de empresas pesqueiras.

Área de Novas Tecnoloxías:

Polo que se refire ás novas tecnologías, convertidas xa nunha ferramenta insustituible e de indiscutible valor que non só afecta á efectividade no manexo das informacións, senón que tamén son requiridas nos procesos de traballo para o correcto funcionamento do mesmo.

É fundamental que o persoal aprenda a empregar axeitadamente os diferentes recursos tecnolóxicos que se encontran hoxe en día ao servizo dos traballadores para o mellor desenvolvemento do seu traballo.

            Para adaptarse ás novas competencias profesionais relacionadas coas novas tecnoloxías da información e da comunicación en todos os sectores produtivos en xeral, e particularmente pola súa especial vinculación coas TIC´s no sector marítimo – pesqueiro, desde ORPAGU, proponse a execución das seguintes accións formativas: Manexo e uso eficaz da mensaxería electrónica dun barco; Navegadores e simuladores de pesca e uso do D.E.A (Diario electrónico de a bordo).

 

Venres, 12 de febreiro de 2010

O concerto por Haití recadou 810 euros doados á ONG “Infancia sin fronteras”

            A Asociación Cultural Sopadesobre, en colaboración co concello da Guarda, organizou o pasado 5 de febreiro un concerto solidario con Haití, recadouse un total de 810 € coa venta de entradas, a contribución da sala Wasabi e do Autoservicio la Marina, este diñeiro foi ingresado na conta da ONG "Infancia sin fronteras" que está levando a cabo un importante labor neste pais. Pódese visitar a súa páxina web no enderezo http://www.infanciasinfronteras.org/.

Dende a Asociación danlle as grazas aos grupos Xerock, Pequeño Esquimal, Santos Morcegos!!! e The Pretty Shirts pola súa colaboración, tamén aos Dj´s, a Sala Wasabi, o Autoservicio La Marina, a Miguel Verde como técnico de son e sobre todo a tódalas persoas que se achegaron ata o concerto.
            Pódese acceder ás fotos do concerto na páxina de facebook www.facebook.com/asociacionculturalsopadesobre

 

Venres, 12 de febreiro de 2010  

Cruz Roja Juventud organiza un curso para la incorporación de nuevos voluntarios

Cruz Roja Juventud en Vigo, Ponteareas y Baixo Miño abre el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadores en prevención de conductas violentas, que comienzo el próximo 08 de marzo.

Los destinatarios de estas acciones formativas son jóvenes entre 18 y 35 años interesados en realizar actividad voluntaria en el proyecto Sen Violencia- Convivencia con población infantil y adolescente, en convenio con la Diputación Provincial.

El curso se estructura en una parte teórica y otra práctica, es gratuito con el compromiso de realizar actividad voluntaria y se desarrollará en la asamblea comarcal de Cruz Roja Española de Vigo.

Las características principales del curso será la obtención del diploma de 65 horas, repartidas en 25 teóricas y 40 prácticas (a desarrollar en la Asamblea más cercana), repartidas en ocho bloques temáticos que incluyen sesiones de

Formación Básica Institucional, El papel del mediador y planificación de talleres

Derechos humanos; Violencia y violencia de género; Habilidades sociales y de comunicación; Técnicas de resolución de conflictos; Autoestima, y Bullying

Esta formación está enmarcada entre las acciones que el programa de Prevención de Conductas Violentas “Sen Violencia-Convivencia” desarrolla Cruz Roja en convenio con la Diputación Provincial de Pontevedra desde el 2003. Entre las acciones desarrolladas destacan los talleres “Sen Violencia-Convivencia”, de secundaria; los talleres “Veteri” de primaria, la intervención en resolución de conflictos en los centros de menores, charlas para familias y docentes, y formación homologada para profesorado, además de la Jornada anual de Convivencia Escolar que se celebra cada año en el Pazo de la Diputación Provincial.

Para más información e inscripción los interesados de la comarca podrán dirigirse a la Asamblea Comarcal O Baixo Miño, calle Agustín Nandín Lomba, 1 baixo, de a Guarda, o llamar al teléfono 986 61 46 09.

 

Xoves, 11 de febreiro de 2010  

Contratacion laboral temporal (14horas semanais) de dúas prazas de auxiliar de axuda a domicilio no concello da Guarda

            Requisitos mínimos esixidos: certificado de escolaridade e curso de auxiliar de axuda a domicilio de 40 horas.

            As bases da convocatoria están a disposición dos interesados na Secretaría do Concello sendo o prazo de presentación de instancias ata o 18 de febreiro de 2010 en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres, e de 10.00 a 13.00 horas do sábado.

 

El Partido Popular acusa al gobierno local de tirar el dinero en el Parque de Fedorento con un "Si esto no es tirar el dinero… que nos digan cómo se llama"

            En un comunicado, el Partido Popular critica el estado en el que se encuentra el Parque de Fedorento y recuerda que “sostuvo siempre que Fedorento no era la mejor zona para la creación de un parque infantil y de recreo, sobre todo analizando las características de la ubicación y los materiales allí empleados”.

            Apoyándose en fotografías sobre el estado de algunos aparatos, los populares señalan que “queda suficientemente constatado y razonado el por qué de nuestra posición al respecto, y a pesar de lo que algunos digan, eso no se soluciona con pintura, se puede tapar, pero no se soluciona. Lo que ocurre es que quienes ahora ‘mandan’ están muy acostumbrados a tapar y se alporizan cuando la realidad muestra sus vergüenzas".

            Aluden también en la nota de prensa que “A pesar de lo que algún reputado militante socialista cree y proclama, el Partido Popular no tiene nada en contra de ‘Sobreavila’, ni mucho menos. Sabemos de la necesidad de la rehabilitación de la Plaza de la Guía, y ahora, por fin,  se va a  llevar a cabo”.

            “El problema es que a algunos de los que se le llena la boca hablando de democracia, creen que es aquello que les permite gobernar sin tener que dar cuentas a nadie de sus actos, y esa forma de actuar se parece más a otros regímenes políticos”.

            El Partido Popular recuerda que “nos hemos gastado 204.934 euros, casi 35 millones de pesetas, en una zona recreativa que en invierno es difícil darle utilidad por nuestra climatología, además hemos gastado el dinero en 4 aparatos de gimnasia que, como bien se puede ver, su estado es lamentable. Señores, sabían como era la zona, y pueden observar que la madera o el acero inoxidable de los juegos infantiles no se deteriora, pero las máquinas biosaludables dan auténtica pena en sólo 6 meses (tranquilos todo se puede tapar con pintura, sobre todo en las juntas). Era mejor haber invertido en dos máquinas buenas que en cuatro que asomaban oxido el día de la inauguración, como pudieron observar los allí presentes”.

Termina el Partido Popular su comunicado con una solicitud; “Al equipo de gobierno le pedimos que no sigan tirando el dinero de todos tan alegremente, y esas ‘ideas nuevas’ que alguno proclama, que sean algo mejores que esta, que parece que después de vivir ahí toda la vida, algunos aún no sepan lo que pasa. Sé que  les gustaría que la oposición les dejásemos hacer lo que les diese en gana, pero el compromiso adquirido con los guardeses nos impide cerrar los ojos, como hacen algunos y decir  a todo que si”.

 

Xoves, 11 de febreiro de 2010

Derradeira semana para visitar a exposición 41º 52’ 59” latitude N/8º 51’ 12” lonxitude O de Jorge Barbi no Marco, de Vigo e que proximamente se inaugurará en Lisboa

O Departamento de Comunicación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lembra que esta é a derradeira semana en que permanecerá aberta ao público a exposición do artista Jorge Barbi, comisariada por Juan de Nieves, que dende o 16 de outubro de 2009 ocupa os espazos da planta baixa, e que se clausura este domingo 14 de febreiro.

A mostra de Jorge Barbi baséase na idea do percorrido, do paseo, e da observación cotiá da natureza e as súas mutacións, como un extenso arquivo que o artista foi construíndo ao longo do tempo. O argumento construíuse a partir de varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, intentando establecer novas lecturas do seu traballo, no que foi a primeira grande exposición individual deste artista.

A acollida do público foi extraordinaria —tanto dende o punto de vista do número de visitantes coma da súa valoración cualitativa— así como a da prensa especializada, que lle dedicou varias portadas e a incluíu entre as mellor valoradas do ano 2009. Ademais, durante estes meses, o departamento educativo do MARCO puxo en marcha varios programas especiais en torno ás obras presentes en salas e á traxectoria deste artista, como as visitas e talleres para escolares e familias (‘CADERNO DE VIAXE’), ou os talleres para grupos de adultos (‘PALABRAS QUEBRADAS’), que finalizan esta semana con récord de participación.

No que se refire á súa proxección exterior, unha vez clausurada en Vigo a exposición viaxará á Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa, onde permanecerá do 6 de maio ao 6 de xullo de 2010. Será a primeira vez que unha individual dun artista galego se exhiba nas salas desta institución, que coproduce a mostra xunto co MARCO e a Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exterior de España, SEACEX.

 

Información xeral

          Jorge Barbi

          41º 52’ 59” latitude N / 8º 51’ 12” lonxitude O

Datas: 16 outubro 2009 – 14 febreiro 2010

[A partir do 6 de maio na Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa]

Lugar: salas de exposición da planta baixa

Horario: martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00; domingos, de 11.00 a 15.00

Coprodución: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo/ CAM Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa/ Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exterior de España, SEACEX

Comisario: Juan de Nieves

 

A Guarda impartirá cursos de formación gratuítos sobre xestión e contabilidade de empresas pesqueiras

OR.PA.GU e Informática San Benito poñen en marcha o proxecto FORMAPESCA (Formación integral para empresas pesqueiras) ao amparo da Consellería de Pesca, que ten como finalidade dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, dende a área de Xestión e a de Novas Tecnoloxías.

Polo que se refire á primeira, hai que ter en conta que a xestión empresarial xoga un papel moi importante, pois da súa eficiencia, produto da dirección, habilidades e estratexias que se utilicen, dependerá a obtención de bos resultados. De aí que analizando o panorama actual a Organización de Palangreiros Guardeses propón, e para acabar coas necesidades formativas detectadas no sector marítimo-pesqueiro a realización das seguintes accións formativas: Xestión de empresas pesqueiras; Contabilidade de empresas pesqueiras, Xestión laboral de empresas pesqueiras e a Xestión fiscal de empresas pesqueiras.

Área de Novas Tecnoloxías:

Polo que se refire ás novas tecnoloxías, convertidas xa nunha ferramenta insustituible e de indiscutible valor que non só afecta á efectividade no manexo das informacións, senón que tamén son requiridas nos procesos de traballo para o correcto funcionamento do mesmo.

É fundamental que o persoal aprenda a empregar axeitadamente os diferentes recursos tecnolóxicos que se encontran hoxe en día ao servizo dos traballadores para o mellor desenvolvemento do seu traballo.

            Para adaptarse ás novas competencias profesionais relacionadas coas novas tecnoloxías da información e da comunicación en todos os sectores produtivos en xeral, e particularmente pola súa especial vinculación coas TIC´s no sector marítimo – pesqueiro, desde ORPAGU, proponse a execución das seguintes accións formativas: Manexo é uso eficaz da mensaxería electrónica dun barco; Navegadores e simuladores de pesca e uso do D.E.A (Diario electrónico de a bordo).

 

Mércores, 10 de febreiro de 2010  

O Servizo Provincial de Costas e o concello actuarán na rehabilitación das Docas da Pasaxe e o seu entorno

O Sevicio Provincial de Costas, acometerá, en breve, o arranxo das docas da Pasaxe tras a entrevista mantida por representantes do goberno local con Cristóbal Fernández Vázquez, xefe do mencionado Sevizo. Así o anunciou o tenente alcalde, Miguel Español, que se referiu á recente visita de Fernández Vázquez a esta localidade.

O Servizo Provincial de Costas investirá algo máis de cen mil euros nesta actuación que podería comezar en marzo, e que encardinará co proxecto de rehabilitación que levará a cabo o propio concello nesta mesma zona, incluído nas actuacións do novo Plan E, que recuperará para uso público este espazo  mediante a plantación de céspede, creación de carreiros e mobiliario, ademais dunha zona de aparcadoiro.
Ambas as actuacións, a que levará a cabo a Xefatura de Costas e a promovida pola institución local, espérase que xa estean finalizadas o próximo verán.

 

Mércores, 10 de febreiro de 2010  

O 28 de febreiro representación teatral no Centro Cultural: “A vida de Rosa día tras día”

Organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda, o Centro Cultural acollerá, o domingo, 28 de febreiro ás 20.00 horas, a representación teatral “A vida de Rosa día tras día”

Sinopse da obra

Esta é a historia de Rosa, ben, non exactamente, digamos que é a historia de todas as Rosas, ou cando menos de dúas Rosas que somos todas as demais. É dicir que Rosas somos todas, aínda que non nos chamemos Rosa. É dicir que esta é a historia de dúas Rosas distintas e unha soa Rosa verdadeira…

Así comeza este espectáculo, creado por mulleres que queremos rir de nós mesmas…
       E rimos moito, das actitudes individuais e sociais dun modo sarcástico e construtivo.
          ”Día tras Día” é a historia de calquera muller que se ve forzada a vivir segundo os canons sociais marcados: a familia, o traballo, a casa… cargas pesadas de levar, e por riba diso ¡temos que ser socialmente correctas!.

 

Martes, 9 de febreiro de 2010  

Josué Álvarez levará ao Centro Cultural o espectáculo “Un viaje por el mundo de la danza”

            Organizado pola Asociación Studio 88, dirixida e coreografiada por Josué Álvarez, o vindeiro 21 de febreiro, ás 17.30 horas, o Centro Cultural acollerá o espectáculo “Un viaje por el mundo de la danza”.

            Coa colaboración do concello da Guarda, e distintas casas comeciais, as entradas, cun donativo dun euro, poderán recollese desde unha hora antes do comezo do espectáculo ata cubrir o aforo.

 

Martes, 9 de febreiro de 2010  

Informa Ignacio Saa

Balonmano At. Guardés

 

1ª Nacional Femenina

Jugado el sábado 6 a las 18.30

Mecalia At. Guardés 28- Const.S.Bernardo-La Calzada 21

    Aunque a la vista del resultado pueda parecer que el Mecalia se llevó el partido de calle, nada más lejos de la realidad. Después de un comienzo muy esperanzador con un 5-1, llega el apagón de las guardesas que con una defensa muy floja y un ataque posicional espeso e infructuoso, posibilitan la recuperación de las gijonesas que en rápidos contraataques, logran igualar el encuentro, llegando al descanso con un 11-11.

    En la continuación, mientras las visitantes marcaban con cierta facilidad, las locales se enredaban una y otra vez en ataques embarullados e infructuosos. Menos mal que la portera, Ana Vazquez, tuvo un día excelente, pero aún así, las asturianas se iban en el marcador, llegando a estar cuatro tantos arriba, y parecía que la cosa podía ir a peor, pero a falta de unos 10 minutos para finalizar el encuentro, no sabemos si por estrategia, o porque ya no había mas recursos, las de La Calzada, empiezan a dar la impresión de querer perder tiempo para especular con el marcador favorable y a cometer errores en ataque. Es aquí donde saca el Guardés a relucir su casta y recupera su juego rápido al contraataque, para igualar primero y ponerse por encima después, ante el desmoronamiento del equipo contrario, sobre todo de la portera, que hasta entonces había tenido una actuación muy brillante.

    Aplaudir la casta del equipo que supo rehacerse y remontar una difícil situación, y sobre todo a la portera del Guardés, estuvo inconmensurable, lástima que no sea siempre así, ya sea una u otra.

   

1ª Autonómica Masculina

B.M.Deza 23- La Pizzicata At. Guardés 22

    Una inmerecida derrota del Guardés que le hunde en la última posición de la tabla. Esperemos que el próximo fin de semana, comience la remontada ya que recibe en A Sangriña al Rasoeiro, penúltimo clasificado con dos puntos.

 

Martes, 9 de febreiro de 2010

Programación cultural de febreiro no concello da Guarda

            A axenda cultural de febreiro que se desenvolverá na Guarda, segundo os datos recibidos ata agora, contempla, para os vindeiros días e ata rematar o mes, a seguinte programación:

Ata o 10 de febreiro continúa aberta, no Centro Cultural a exposición de fotos dos colexios da Sangriña, Solanas e Sinde realizadas polas familias dos escolares

Venres, 12 de febreiro. Desfile escolar que sairá ás 11.30 horas da Alameda en dirección ao porto. En caso de choiva  aprazase para o venres seguinte.

Domingo, 14 de febreiro. A partir das  18.30 horas,. na Alameda da Guarda, actuación da orquestra Passarela

Luns, 15 de febreiro. A partir das 18.30 horas na Alameda da Guarda, actuación  da orquestra Pentagrama

Martes, 16 de febreiro. Desfile-Concurso con saída, as  17.30 horas  da a praza de San Bernardo, rematando na Alameda da Guarda. En caso de choiva o desfile-concurso quedará  aprazado para o domingo, día 21, as 17.30horas.

Mércores, 17 febreiro, ás 17.30 horas. Cinema Infantil coa proxección, no Centro Cultural, de “Pequeños Invasores”. Entrada gratuíta, aínda que hai que recoller as entradas no Centro Cultural ou no concello.

Do 18 ao 22 de febreiro poderá visitarse no Centro Cultural a exposición fotográfica viaxando, organizada polas OMIX da comarca.

Venres, 19 de febreiro. 20.15 horas no Centro Cultural celébrase a III Gala do Deporte.

Domingo, 21 de febreiro, ás 17.30 hora no Centro Cultural. Ballet Studio 88 presenta “Un viaje por el mundo de la danza”. Entrada-donativo 1 euro.

Venres, 26 de febreiro, 20.00 horas Ciclo de cinema de documentais de Naturaleza co gallo do 25 Aniversario de Anabam. Proxección

Sábado, 27 de febreiro. Censo de Aves acuáticas do Esteiro do Miño en dúas quendas. Desde as dez da mañá e a partir das catro da tarde.

Sábado, 27 de febreiro. Ás 20.00 horas no Salón de actos do Centro Cultural  terá lugar a resentación do disco de María José Baz, “Crespúsculo Mental”.

Domingo, 28 de febreiro. Ás 20.00 horas no Salón de actos do Centro Cultural representación teatral: "O día de Rosa día tras día".

Ademais todos os sábado, a partir das tres e media da tarde Anabam sae ao campo para realizar estudos da biodiversidade do Baixo Miño e o Club Ciclistas Guardés, todos os domingos, ás nove da mañá sae desde a Alameda para realizar actividades de cicloturismo polo Baixo Miño, Val Miñor ou o norte de Portugal.

 

Luns, 8 de febreiro de 2010  

Exposición de fotografías no Centro Cultural realizadas por pais e nais de centros de ensino da Guarda

            Ata mañá, día 10, pódese visitar no Centro Cultural da Guarda unha mostra de fotografías realizadas polos pais e nais dos alumnos dos colexios M.R. Sinde, A Sangriña e Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo, que con título “Os recunchos máis fermosos da Guarda” mostran aqueles lugares que os autores das instantáneas elixiron como representativas da beleza do noso pobo.

            As fotografías actuais comparten con outras que xa teñen moitos decenios, unha parte da Sala de Exposicións mesturándose espazos xeográficos, lugar de traballo momentos de lecer, pero tamén fotos familiares que posúen o encanto que imprime épocas xa pasadas.

 

Luns, 8 de febreiro de 2010  

A sala de exposicións do Centro Cultural acollerá as fotografías do Certame “Viaxando” a partir do 19 de febreiro

            As fotografías presentadas á terceira convocatoria do Certame Viaxando, convocado polas OMIX dos concellos da Guarda, Baiona, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Porriño, Salceda de Caselas e a Casa da Xuventude de Tui, chegarán á Guarda o 19 de febreiro, data na que se inaugurará esta mostra na Sala de Exposicións do Centro Cultural para permanecer ata o 25 de febreiro, poidendo visitarse no horario de apertura do Centro Cultural.

 

Luns, 8 de febreiro de 2010

O BNG denuncia a ineficacia do goberno municipal ante a falta de orzamentos para o 2010

O BNG considera inadmisíbel que a inicios de febreiro o grupo de goberno do PSOE non teña presentado os orzamentos para o presente ano, amosando a súa preocupación no último pleno ordinario de xaneiro.

Os orzamentos son o documento que debe plasmar cales son as intencións do grupo de goberno municipal en canto ás actuacións, servizos, inversións, que pretende levar a cabo ao longo do ano 2010. Esta situación pode pór en risco o funcionamento do concello, dado que non se poden actualizar diferentes partidas, nin crear novas en función das necesidades do concello.

Sorprende que o PSOE, que goza de maioría absoluta, non teña feito absolutamente nada neste senso. Asemade, hai que engadir a falta de coordinación entre o alcalde, José Manuel Freitas, e a súa Concelleira de Facenda, Montserrat Magallanes, dado que mentres o pasado venres día 29 o alcalde aseguraba nos medios de comunicación que os orzamentos se estaban a deseñar, a Concelleira de Facenda dicía que os orzamentos estaban rematados e soamente quedaban cuestións técnicas como o troco da estrutura dos orzamentos das entidades locais, troco que o BNG deixou claro que xa se coñecía en 2008, ante o cal houbo tempo máis que suficiente para tomar as medidas oportunas.

Cando o PSOE estaba na oposición, nomeadamente a actual concelleira de Facenda, denunciaba que os presupostos que presentaba o PP chegaban tarde e non cumpría os prazos. Hoxe, este grupo de goberno realiza a mesma política do PP, non presentar os orzamentos á tempo e, polo que se ve, a cousa vai para longo.

 

Luns, 8 de febreiro de 2010  

‘Robaleira’ agradece a socios, colaboradores e patrocinadores o apoio que dan ao Club para facer posible o deporte do remo

     O clube de Remo Robaleira precisará este ano do apoio dos afeccionados, xa que, explican a través dun comunicado, as aspiracións deportivas e metas a alcanzar neste ano coa traíña será imposible de non contarse cos apoios necesarios, polo que séntense na obriga de agradecer públicamente a axuda que reciben por parte dos socios, quen,  coa súa aportación anual cimentan ano tras ano a economía do clube.

       Agradecemento que fan extensible, tamén aos  colaboradores e patrocinadores do que sustentan os gastos das competicións nos últimos anos.

    Desde o Club Robaleira recordan que o comezo das competicións e inminente “e seguimos precisando a axuda de todos neste ano no que ademais da competición de canteira o Club de Remo Robaleira intenta sacar ao mar a traíña na Liga Galega de Traíñas, por primeira vez, co obxectivo de achegar ao pobo a competición desta categoría catalogada como a raíña do remo de banco fixo”.

            O Remo Robaleira agradece e anima aos aleccionados e empresas a continuar apoiando a este club durante a presente tempada.

 

Luns, 8 de febreiro de 2010  

Informa Víctor Lomba

Resultados de las distintas categorías del Club Sp. Guardés

SENIORS 2ª AUTONOMICA:  SAN ESTEBAN  1 -- SP GUARDÉS  1

Partido difícil del cual logramos traernos un punto. Los locales se adelantan en el marcador con un gol en un remate de cabeza. Tras el gol se han cerrado atrás y no ha sido hasta un justo penalty tirado por Toñete cuando se consigue el empate. Mal partido en general, con un terreno de juego de tierra que no nos favorece, la hora (el partido ha sido de mañana) tampoco era la habitual y un muy mal arbitraje, muy casero, ya que el San Esteban ha hecho más de 30 faltas (entre ellas un claro penalty) y no ha recibido ni una sola amarilla y a nosotros, con escasas cinco faltas en todo el encuentro y ninguna peligrosa, nos saca tres amarillas.

Lo mejor de hoy, el punto que se consigue sumar y las vistas que hay desde el campo de Vigo y su entorno.

 

JUVENILES LIGA GALLEGA:  SP. GUARDES  1  --  ALERTA TRAVIESAS  2

Mucha tensión la que hubo en el campo de A Sangriña este sábado, tal y como se comprobó al final del partido en la gran tangana que se ha formado.

El Guardés recibía al líder de la categoría, que no lo ha demostrado por el juego ni las ocasiones que han tenido, ya que han tirado sólo una vez a portería en todo el partido; el otro gol ha sido en propia puerta en un despeje desafortunado.

Los nuestros han contado con cinco ocasiones clarísimas para ganar, pero no ha podido ser.

 

JUVENIL 2ª PROVINCIAL: SP. GUARDES  3  --  MONDARIZ  3

Bonito partido el disputado en A Sangriña, con alternativas en el marcador. En el minuto 90 el resultado era de 3 a 2, pero una falta en la frontal del área le ha dado el empate al Mondariz.

 

CADETE LIGA GALLEGA: ALONDRAS  1  --  SP. GUARDES  3

Los cadetes cada vez van a más en juego, y fruto de ello los resultados y goles. Muy bueno y serio durante los 80 minutos  el partido disputado el sábado en Cangas.

 

INFANTIL 2ª PROVINCIAL: O CONDADO  0  --  SP. GUARDES  2

Tres puntos más los que consiguen los más pequeños del guardés en su visita a Puenteareas. Siguen ocupando el cuarto lugar en la tabla en el que es su primer año en competición federada.

 

Sábado, 6 de febreiro de 2010  

Informa Ignacio Saa

Balonmano At. Guardés

1ª Nacional Femenina

    Sábado día 6 a las 18.30 en A Sangriña: Mecalia At.Guardés- Constr. San Bernardo-La Calzada

    El Mecalia recibe al B.M La Calzada de Gijón, con la necesidad de confirmar la solvencia de su juego después del triunfo a domicilio obtenido la pasada semana en Cantabria.

    Las gijonesas conforman un conjunto peleón y con una gran portería, lo que obligará a las guardesas a apretar en defensa y aprovechar el contraataque.

 

1ª Autonómica Masculina

Sábado 6 a las 18.30 en Lalín: B.M.Deza- La Pizzicata At.Guardés

    Difícil compromiso para los guardeses ante un Deza que es primero del grupo y solo perdió un partido en esta fase.

 

División de Honra Xuvenil Femenina

    Sábado 6 a las 1700 en Moaña: B.M.Moaña- La Pizzicata At. Guardés

 

Cadete e Infantil Femenina

Sábado en Camariñas (Horario sin determinar): Esc.Municipal- C.BM. At. Guardés

 

                       Clasificación tras la Jornada numero 14 .-1ª Nacional Femenina

EQUIPO

PJ

PG

PE

PP

GF

GC

PUNTOS

DIF.

1

ZUAZO BARAKALDO

14

12

2

0

454

310

26

144

2

BM. PORRIÑO

14

13

0

1

416

329

26

87

3

KUKULLAGA ETXEBARRI

14

11

1

2

414

325

23

89

4

MECALIA ATL. GUARDES

14

8

2

4

385

331

18

54

5

BM. TEJINA TENERIFE

14

5

4

5

365

367

14

-2

6

E. DE HOSTELERIA AIALA ZARAUTZ

14

5

4

5

370

381

14

-11

7

CONST.SAN BERNARDO LA CALZADA

14

5

1

8

338

376

11

-38

8

BETI-ONAK

14

4

2

8

387

419

10

-32

9

TRANSCANO A. OVIEDO

14

4

2

8

341

383

10

-42

10

SEFICOSA CAMARGO

14

4

0

10

358

391

8

-33

11

FEVE BM GIJON

14

3

2

9

343

382

8

-39

12

CARNE DE CERVERA BM. PALENCIA

14

0

0

14

345

522

0

-177

 

Sábado, 6 de febreiro de 2010  

O 19 de febreiro o Centro Cultural acollerá os actos da III Gala do Deporte Guardés

            O concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes que dirixe Javier Crespo, organizará o 19 de febreiro, a partires das 20.15 horas, a III Gala do Deporte Guardés, unha iniciativa xurdida en 2008 coa que se distingue aos clubs e deportistas guardeses que se teñan destacado nas distintas disciplinas deportivas.

            Na III Gala do Deporte, que terá lugar no Centro Cultural, establécense tres categorías. O recoñecemento ás persoas, clubs e asociacións ou entidades deportivas que promoven o deporte na Guarda; en segundo lugar,  aos deportistas, que individualmente ou en equipo, conseguiron postos destacados en competicións celebradas a nivel autonómico, estatal ou mundial, e, finalmente, o recoñecemento ao traballo, afán de superación e traxectoria deportiva dalgún personaxe do mundo do deporte local.

 

Sábado, 6 de febreiro de 2010

Crepúsculo mental”, primeiro traballo discográfico da cantautora María José Baz será presentado o 27 de febreiro

A cantautora guardesa María José Baz presentará no Centro Cultural, o sábado, 27 de febrero  ás 20.00 horas, o seu primeiro traballo musical que leva por título “Crepúsculo mental”.

            María José, directora de grupo de guitarras “Antorcha”, é nestes intres a única voz feminina da Guarda tendo actuado en multitude de festivais e concertos, unhas veces como solista e  outras como un membro más do colectivo musical que dirixe.

            Introduciuse aos doce anos no mundo musical, participando daquela nun festival benéfico celebrado na Guarda que tiña como obxectivo, recadar fondos para un colexio desta localidade. Nos últimos anos ten musicado composicións da poetisa viguesa Estrella Velasco.

            O Centro Cultural da Guarda, o Recreo Artístico Guardés, Caixanova, o Auditorio Municipal do rosal ou o Asilo de Tui, son algúns dos espazos que coñecen a voz da cantante guardesa que, sen dúbida, deixará sensacións positivas no público que se achegue á presentación de “Crespúsculo mental, dous de cuxos temas poden escoitarse na páxina persoal da artista http://www.myspace.com/mariajosebaz.

 

Sábado, 6 de febreiro de 2010  

Curso preparatorio para obter o título de Graduado en ESO

O concello da Guarda a través da Concellería de Educación oferta, un ano máis, a posibilidade de preparar o exame para sacar o título de Graduado en ESO a través dun curso que dará comezo este mesmo mes, dirixido a maiores de 18 anos.

Este ano esta oferta formativa tivo que verse ampliada en función da demanda obtida, que superou os 60 solicitantes e que provocou a necesidade de aumentar os recursos investidos por parte do concello, posibilitando a contratación de dous profesores que se encargarán de desenvolver este proxecto educativo dirixido a tres grupos, un de 18 a 24 anos e dous  para maiores de 24.

As axudas para o desenvolvemento das actividades de alfabetización e formación de adultos, inscríbense dentro das axudas da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

 

El domingo, Asamblea General de los socios del “Recreo”

La centenaria institución del Recreo Artístico Guardés celebrará el domingo, día 7 a las 17.00 horas, en primera convocatoria, y a las 17.30, en segunda, Asamblea General Ordinaria con seis puntos en el Orden del Día: 1.-Lectura y aprobación, si procede, del acta de la Asamblea General Ordinaria anterior; 2.-Memoria de gestión de la Junta Directiva durante 2009; 3.-Lectura y aprobación, si procede, del balance económico de 2009; 4.-Presupuestos para 2010; 5.-Continuación, si procede, de la suspensión por un año más, de la "Cuota de Entrada"; 6.-Nombramiento de Socio de Honor a D. Benjamín Alvarez Portela, por llevar 50 años ininterrumpidos como socio, y 7.-Ruegos y peguntas.

 

Venres, 5 de febreiro de 2010  

Concerto Solidario a beneficio de Haiti, hoxe na discoteca Wasabi da Guarda

A Asociación Cultural Sopadesobre, en colaboración co concello da Guarda, organiza un concerto solidario que terá lugar hoxe mesmo, a partir das 22.30 horas, na Sala Wasabi da Guarda con entrada a 4 horas, destinándose a totalidade do diñeiro recadado a Haití, a través dalgunha ONG que traballa naquel país devastado polo terremoto.

 Os grupos e dj´s que colaboran neste acto son Xerock (rock/A Guarda), Pequeño Esquimal (Rock/A Guarda), The Pretty shirts (Rockandroll/A Guarda), Santos Morcegos (Surf/A Guarda);  os Dj’s  Fisi (Sala Metropol.Tui) e Jorge Álvarez (musica 4| myspace.com/djjorgealvarez), xunto a Cheky / Live Percusión (Live Percussion Cheky
www.myspace.com/percussaocheky coraza records / deilkesh records / vidisco /essential house records), Dj Ferreira & DJ Felipe Telleiro (Darka-Blar e Sala Escarabajo).

 

Venres, 5 de febreiro de 2010

Modas Alonso participou no programa da Deputación “A túa medida”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa, presentou no salón de actos do Padroado de Turismo Rías Baixas o balance dos resultados obtidos polo plan “Á túa Medida”. Este programa, ofreceu a 20 comercios da provincia asesoramento gratuíto e personalizado en Visual Merchandising co obxectivo de mellorar a imaxe exterior dos seus locais. O profesional ó cargo do proxecto foi Carlos Aires, experto na materia.

Das solicitudes recibidas seleccionáronse por sorteo 20 comercios especialmente interesados en diferenciarse pola súa imaxe e por amosar unha presentación dos seus produtos que resultase atractiva ós seus clientes. Entre os escollidos había negocios de Pontevedra, Tui, Forcarei, Redondela, O Grove, Ribadumia, Barro, Vigo, Cangas, Vilagarcía de Arousa, A Guarda e Caldas de Reis.

En canto ó desenvolvemento do programa: entre o 31 de agosto e o 4 de setembro o especialista en Visual Merchandising, Carlos Aires, visitou, un por un, os vinte comercios para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e necesidades. Durante o mes de setembro elaborouse un informe personalizado no que se valorou a imaxe comercial de cada establecemento. Este documento incluía tamén recomendacións de actuación e propostas creativas para cada un dos comercios participantes. Entre o 19 e o 30 de outubro dous especialistas impartiron 5 horas de formación in situ a cada un dos comercios, amosándolles como mellorar a imaxe do seu establecemento e a presentación dos seus produtos. A última fase discorreu entre o 16 e o 19 de decembro,  e nesta o especialista foi novamente a cada un dos establecementos para comprobar de que xeito os comerciantes seguiron as recomendacións previas.

Tralo visionado dun audiovisual que ilustrou o antes e o despois Pedrosa afirmou que «á vista dos resultados, o plan funcionou». A vicepresidenta, tamén quixo facer fincapé «na importancia que ten o comercio, cando máis, nestes tempos de crise». De aquí que a Deputación estea levando a cabo diferentes actividades de fomento a este sector; «debemos apoiar a iniciativa privada e así, a capacidade de crear riqueza e postos de traballo».

 

Venres, 5 de febreiro de 2010  

Tres medallas para el Club de Judo Do-Majo en el campeonato Gallego Junior

El sábado, 30 de enero, se celebró en Fene (Ferrol) el Campeonato Gallego Junior de Judo, con la presencia de 5 judokas del Club de Judo Do-Majo de A Guarda.

Mikael Costas, en -81 Kg. y  Fco. Javier Alonso, en -66 Kg. no pudieron superar las eliminatorias a pesar de su buena actuación.

Pablo Marín Marcos, en la categoría de -66 Kg tuvo una buena actuación, más que notable, a pesar de no pertenecer a la categoría Junior por ser aún cadete. Ganó todos sus combates por Ippon (máxima puntuación) perdiendo en Semifinales con el actual Campeón Gallego, alzándose con la Medalla de Bronce, un resultado más que sorprendente por ser el más joven de su categoría.

Noela Ferreira García, en la categoría de –63Kg. realizó un buen campeonato ganando las eliminatorias con gran superioridad y metiéndose en la final, pero no pudo superar a la actual Subcampeona de España. Logró la Medalla de Plata.

Esther Silva Rodríguez, en la categoría de +78 Kg también realizó un buen Campeonato llegando a la final y quedándose a las puertas del oro, una vez más,  consiguiendo la Medalla de Plata.

Noela Ferreira García y Esther Silva Rodríguez ultimarán su preparación junto a su entrenadora y actual seleccionadora gallega Junior Mónica Pacheco, para participar en el Sector del Campeonato de España junior que se celebrará en Cantabria el próximo día 20 de febrero.

 

Xoves, 4 de febreiro de 2010  

Informa Víctor Lomba

Resultados conseguidos por los distintos equipos del Sp. Guardés este pasado fin de semana

Los resultados han sido buenísimos en general, ya que cuatro de los cinco equipos han conseguido la victoria (todas ellas con amplio resultado) y sólo un empate (los juveniles de la gallega en el difícil campo del Bouzas) que ha sabido casi a otra victoria.

SENIORS 2ª AUTONOMICA:  SP GUARDÉS  4  -- CHAPELA  1

JUVENILES LIGA GALLEGA:  RAP. BOUZAS  1  -- SP. GUARDES  1

JUVENIL 2ª PROVINCIAL: ATIOS  0  --  SP. GUARDES  2

CADETE LIGA GALLEGA: SP. GUARDES  6  --  TRAVIESAS  1

INFANTIL 2ª PROVINCIAL: NIEVES  4  --  SP. GUARDES  7

Desde la directiva del Club aprovechamos estos buenos resultados para felicitar  a  todos los jugadores y sobre todo a los entrenadores, delegados, ayudantes, padres, madres ...,   ya que sin ellos y sin su ayuda desinteresada el nombre del Sporting Guardés no estaría representado por los distintos campos de la geografía gallega.

 

Xoves, 4 de febreiro de 2010  

Contratación dun profesor Diplomado en maxisterio, especialidade Primaria ou Licenciado en Ciencias/Tecnoloxía

            Aprobadas  as bases para a contratación laboral temporal para o curso escolar 2010  dun Profesor para o curso de Educación de adultos (15 horas semanais, de febreiro a setembro)

As bases da convocatoria estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral do Concello de A Guarda, ata o 10 de febreiro de 2010 en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a veres e de 10.00 a 13.00 horas os sábados.

            A titulación esixida será a de Diplomado en maxisterio, especialidade Primaria ou Licenciado en Ciencias/Tecnoloxía que teñan o curso de aptitude pedagóxica CAP

 

Xoves, 4 de febreiro de 2010  

Contratación dun profesor Diplomado en maxisterio, especialidade Primaria ou Licenciado en Humanidades/Social

            Aprobadas  as bases para a contratación laboral temporal para o curso escolar 2010 dun Profesor para o curso de Educación de adultos (15 horas semanais, de febreiro a setembro)

As bases da convocatoria estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral do Concello da Guarda, ata o 10  de febreiro de 2010 en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a veres e de 10.00 a 13.00 horas os sábados.

            A titulación esixida será a de Diplomado en maxisterio, especialidade Primaria ou Licenciados en Humanidades/Social que teñan o curso de aptitude pedagóxica CAP.

 

Mércores, 3 de febreiro de 2010  

O alcalde convocará aos afectados polo tema das 21 licenzas a unha xuntanza tras reunirse coa Corporación

            O alcalde da Guarda convocará se procede, e a petición dos veciños afectados pola anulación do caso coñecido como “das 21 licenzas”, sesión extraordinaria de Pleno para tratar deste asunto.

            No Pleno celebrado o día 29 de xaneiro, José Manuel Domínguez Freitas fixo referencia, antes de desenvolver a Orde do Día, á entrada no Rexistro dun escrito dos afectados solicitando que se tratase unha serie de puntos que se recollían no mesmo, e que por cuestións lóxicas de tempo, xa que non había posibilidade de acudir a determinados informes de Secretaría e de Intervención, pero sobre todo no que afectaba ao punto primeiro do referido escrito “dun forte calado e, ata incluso, inasumible pois pídese que o concello proceda a través do Departamento de Urbanismo, á elaboración dos correspondentes proxectos de demolición, sempre e cando se aproben ao mesmo tempo as partidas correspondentes para as indemnizacións”, o que significaría entre outras cousas, dixo o alcalde, “que eu caese en desacato continuado, en desobedencia continuada”. “É imposible”, engadiu Domínguez Freitas, “que o concello poda, nos orzamentos deste ano, incorporar unha partida suficiente para responder das indemnizacións”.

            Nunha reunión de urxencia celebrada polos distintos grupos, antes da celebración do Pleno ordinario, continuou explicando o rexidor, determinaron “que ningún grupo asumiría esa moción (o escrito dos afectados) como propia dada a complexidade que ten”, e clarexou estas palabras o alcalde no sentido de que non é que non quixeran asumila, senón “que é excesivamente complexa, faltándonos datos e informes para poder presentala e poder valorala na súa xusta medida”. Os grupos con representación municipal comprometéronse “nos primeiros días da semana que vén (é dicir, nesta primeira semana de febreiro), a reunirnos entre nosoutros para valorar a entrevista co conselleiro e, a continuación, tras esta xuntanza, nos comprometemos a convocar aos afectados para valorar en conxunto esa entrevista e o estado de cousas a día de hoxe” e rematou o alcalde sinalando que “se froito desas dúas reunións se acaba concluíndo que a millor maneira de abordar o problema é celebrando un pleno extraordinario, convocarase o mesmo, pero os asuntos que se leven serán aqueles que veñan ditaminados e acompañados polos informes técnicos”.

 

Mércores, 3 de febreiro de 2010

O Centro de Dinamización da Guarda remata xaneiro con 24 novos usuarios e usuarias

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en xaneiro co seu traballo a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías na Guarda. No mes que rematou impartíronse 4 obradoiros tecnolóxicos, formándose a 26 persoas cun total de  37 horas lectivas.

Outras 24 persoas inscribíronse como usuarios da Rede para poder aproveitar gratuitamente as instalacións e as iniciativas que se ofertan nas horas de aula aberta, utilizada nun total de 303 ocasións.

Desde xaneiro de 2007 son xa 668 os usuarios que fixeron o carné da RDSI,  levándose a cabo 98 obradoiros e formándose a 636 participantes.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización da Guarda, que se atiopa no Centro Cultural, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.fundacioncalidade.org.

 

Mércores, 3 de febreiro de 2010  

Asemblea da Agrupación Musical da Guarda e renovación parcial da Xunta Directiva

            A Agrupación Musical da Guarda celebrará, o vindeiro 6 de marzo, Asemblea Xeral de Socios, convocada pola Xunta Directiva que preside Florindo Lomba González. Entre os puntos que se tratarán figura a renovación parcial da Directiva, estando xa aberto o prazo para presentar candidaturas ata o 20 de febreiro

            A Orde do Día recolle os seguintes puntos: 1. Letura e aprobación, se procede, da acta anterior; 2. Estado de Contas a 31/12/2009; 3. Actividades para o ano 2010; 4. Renovación da Xunta Directiva, e 5. Rogos e preguntas.

            A Asemblea Ordinaria celebrarase ás 19.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 19.30 horas, en segunda, o día 6 de marzo no local de ensaios da Agrupación Musical da Guarda.

 

Martes, 2 de febreiro de 2010  

José Ángel Gándara ocupa la Secretaría de la Federación Gallega de Sociedades Filatélicas hasta 2013

El sábado 30 de enero de 2010 se reunió en la Casa-Museo Rosalía de Castro, en Padrón, la Junta Directiva de la Federación Gallega de Sociedades Filatélicas, constituida el 19 de diciembre de 2009, para el periodo 2010-2013, avalada por 18 de las 19 sociedades de toda Galicia que forman parte de esta Federación y que tiene como presidente a Valentín Suárez Alonso, de Tui, vocal de Comisarios y Jurados; vicepresidente, Francisco Gamallo Pérez, de Vigo y vocal de colecciones de tres cuadros y maximofilia; secretario, José A. Gándara Rodríguez de A Guarda, vocal de filatelia temática; vicesecretario, José M. Barreiro García, de A Coruña, vocal de Literatura, Prensa y Enteros Postales; administrador, Manuel Costa Suárez, de Vigo, vocal de Relaciones Institucionales; viceadministrador, José Simal Gándara, de Lugo, vocal de la Juventud; vocal de Filatelia Tradicional, José M. González Troncoso, de Tui, José Luís Rey Barreiro de A Coruña; vocal de Historia Postal, Marta Verde Rodríguez de A Guarda, vocal de vitrinas y adjunto a la Juventud, y Juan Ángel Sanz Aneiros, de Ferrol, vocal de Página web y nuevas tecnologías.

Entre los proyectos para estos cuatro años está el fomentar la filatelia entre la juventud y llevar a cabo anualmente los campeonatos gallegos de filatelia, donde los filatelistas gallegos obtienen el pasaporte para acceder  a los campeonatos de España y posteriormente a los mundiales.   

 

Martes, 2 de febreiro de 2010

Xornada de presentación GAC Ría de Vigo-A Guarda na Guarda

                 Hoxe, martes, terá lugar ás 19.30 a Xornada de Presentación do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Vigo -A Guarda, no Concello de A Guarda. Están invitados os concellos de O Rosal e A Guarda, así como as confrarías, empresas e asociacións relacionadas co mundo do mar.

                 O programa previsto é o seguinte:

-        Saúdo do alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas.

-        Presentación do secretario do GAC Ría de Vigo – A Guarda, Alfredo López Fernández.

-        Presentación da Orde de Axudas e proxectos subvencionables: xerente do GAC, Elena Herbello Puentes.

-        Exemplo práctico de proxectos subvencionables polo GAC, Agrupación de Percebeiros da Confraría de Baiona,  Susana Portelos.

                 O Grupo de Acción Costeira (GAC) está constituído por entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal de cooperación e compromiso. Está formado por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro.

                 A grandes liñas, o seu labor consiste en integrar todos os colectivos posibles dos sectores pesqueiro,social, económico e público, elaborar un Plan estratéxico zonal (PEZ) dinamizar e desenvolver as accións previstas para cada zona, dende unha perspectiva zonal de desenvolvemento socioeconómico. Lidera estas accións, fomentando a participación activa das organizacións representativas dos diversos sectores.

                 O GAC Ría de Vigo- A Guarda, é unha asociación constituída para o desenvolvemento sostible da zona que inclúe os municipios da franxa costeira dende a Ría de Vigo ata a Guarda e  desenvolve parte do Fondo Europeo da Pesca (FEP) para esta zona.

                 Galicia é unha zona de converxencia a efectos do FEP 2007-2013, e ten asignados 40 millóns de euros de axuda pública. O GAC Ría de Vigo - A Guarda terá unha aportación de 3,7 millóns de euros.

                 O Grupo de Acción Costeira está constituído por entidades representativas dos seguintes sectores: 

                 Sector Pesqueiro: integrado polas asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con personalidade xurídica propia.

                 Sector Económico: integrado polas asociacións de empresarios, de axentes económicos e organizacións sindicais.

                 Sector Social: integrado polas asociacións socioculturais, deportivas, ecoloxistas, recreativas e educativas, as asociacións de mulleres e outras similares.

                 Sector Público: integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas.

 

Martes, 2 de febreiro de 2010  

Informa Ignacio Saa

Resultados balonmano At.Guardes

1ª Nacional Femenina

Seficosa Camargo 24 – Mecalia At. Guardés 26

Tuvo que ser, una vez más, la casta de las canteranas la que sacase adelante un partido que a falta de 10 minutos se estaba perdiendo. Esperemos que este reencuentro con el triunfo tenga continuidad el próximo sábado en A Sangriña donde el Mecalia recibe al siempre complicado Const. San Bernardo-La Calzada de Gijón.

 

1ª Autonómica Masculina.

 La Pizzicata At. Guardés 28- Samper Sárdoma 28

En un partido muy igualado, el Guardés cedió un punto sobre el pitido final.

Un mal arbitraje que perjudicó a ambos conjuntos, aunque quizás la última jugada debería ser objeto de moviola.

El Pizzicata At. Guardés estrena casillero, pero sigue ocupando la penúltima plaza, es bien cierto que con un partido menos, y aunque mejoró, sigue faltando continuidad.

 

División de Honra Cadete Femenina

At. Guardés 26- S.A.R.Peguform  17

       

Campionato Galego de remo-indor no pavillon  da Malata

Informa Miguelorio Vicente

             Este pasado domingo celebrouse o Campionato Galego de remo-indor no pavillon  da Malata, en Ferrol.

            Na xornada de mañá celebraronse as probas  individuais, onde o Club de Remo Robaleira acadou uns bos resultados,  quedando Óscar Alonso 1º, ouro na categoría séniors. En Xuvenil Masculino Abel, Jorge e  Iago dominaron o podio quedando 2º, 3º, e 4º, respectivamente, mentres que Miguel A.  Giraldez rematou 9º co que o Club de R. Robaleira colocou 4  remeiros entre os 10 primeiros. Entre as féminas Ángela acadou un  meritorio 7º lugar na categoría Xuvenil Feminina. Nesta modalidade tamén competiron os Alevíns e Infantís Masculinos do club que forman a canteira do Robaleira e competiron como os maiores.

            Na xornada de tarde celebráronse as probas de relevos onde o Club de Remo Robaleira competiu con  3 tripulacións; os Alevíns  Masculinos, as Xuvenís Femininas e Xuvenís Masculinos, acadando os seguintes postos respectivamente:

• A.M—3º

• X.F—4º

• X.M—1º

            Por outra banda no Campioneto de España de remo-indor celebrado a semana pasada en Tui, Óscar Alonso conseguiu o título en SUB-23 batindo o récord de España nesa categoría.

(A reportaxe fotográfica foi publicada onte)

 

Martes, 2 de febreiro de 2010  

3.910 euros en premios destina A Guarda para o desfile de Entroido do 16 de febreiro

Ata o 8 de febreiro está aberto o prazo de inscrición para participar no concurso de Entroido convocado polo concello da Guarda, cuxo desfile terá lugar o martes, día 16, con saída da Praza de San Bernardo, ás 17.30 horas, ata a Alameda, aínda que en caso de choiva trasladaríase ao domingo, día 21.
Os concursantes deberán desfilar co número que se lles entregará, de xeito visible para facilitar o labor do xurado.

As modalidades propostas son carrozas, cando se trata dun grupo de polo menos 6 persoas representando algún tema sobre un móbil ou varios; comparsas, cun mínimo de 10 persoas; grupos, constituídos por 3 ou máis persoas e un máximo de 9; e individual no que tamén se inclúen parellas que así desexen participar, con dúas categorías: infantil, ata 12 anos, e xuvenil-adulto, a partir de 13 anos.

Os premios que se establecen oscilan entre o maior, de 500 euros, para comparsas, ao menor de 30 euros para un dos accesit, establecéndose catro premios e un accesit por modalidade.

O concello da Guarda destina, para este desfile, 3.910 euros en premios.

Ver as Bases completas

 

Luns, 1 de febreiro de 2010  

Escolares de Tomiño no Esteiro do Miño e no Monte Santa Trega

            90 alumnos de ESO e seis profesores do IES de Tomiño visitaron, o pasado martes, o Monte Santa Trega e o Esteiro do Miño, acompañados de monitores da Asociación Naturalista Baixo Miño, colectivo que este ano celebra o seu 25 aniversario.

            No Esteiro os escolares, co apoio de material óptico e os caderniños didácticos editados por Anabam, recoñeceron algunhas das especies ligadas ao medio acuático que pasan o inverno neste humidal, entanto no monte Santa Trega a visita guiada permitiulles aos escolares visitar distintos barrios castrexos, imaxinarse as actividades económicas que se practicaron neste espazo hai dous mil anos e saber do urbanismo do castro. Referencias a Póvoa do Varzim, Egeria e a Castelao, estiveron tamén presentes nas explicacións dos monitores nunha xornada fría, pero cunhas panorámicas coloristas permitidas nun día de especial luminosidade.

 

Luns, 1 de febreiro de 2010

O pleno da Guarda aproba a moción do BNG na que se esixe o mantemento do Plan de Vivenda Social para A Guarda

Na sesión celebrada o pasado venres día 29 de xaneiro, o BNG presentou unha moción na que se instaba á Consellaría de Medio Ambiente a incluír de novo ao concello da Guarda no Plan Galego de Solo Residencial. A moción foi aprobada cos votos a favor do BNG e do grupo de Goberno, PSdeG-PSOE.

O Plan Galego de Solo Residencial, no que estaba incluído o concello da Guarda, promovido pola anterior Consellaría de Vivenda e Solo gobernada polo BNG, contemplaba a construción de 270 vivendas protexidas a prezos accesíbeis, dotando ao concello de 28.500 m2 de zonas verdes e de 12.500 m2 de equipamentos cunha aposta por un novo urbanismo de calidade e ao servizo da xente.

A intención da actual Xunta do PP de excluír á Guarda do plan Galego de Solo Residencial, tirando abaixo un proxecto moi avanzado pola anterior Consellaría do BNG, é unha mostra máis, di o portavoz nacionalista Xan Lois Lomba Alonso, da política destrutiva do Partido Popular. Ademais de existir unha forte demanda de vivenda social neste concello, a actividade económica que xeraría a súa construción, favorecería o mantemento de emprego e a creación de novos postos de traballo, que paliarían os efectos da crise nun momento tan difícil como o que estamos vivindo.

O voto en contra de Iniciativa Veciñal, conclúen manifestando desde o BNG, deixa tamén ás claras unha vez máis o descarado apoio deste grupo ás posicións máis reaccionarias e antipopulares do Partido Popular.