|
|
Luns, 28 de febreiro de 2011 Os Teixugos participan no XVII Slalom Internacinal de Fridao Informa Rosa Fernández .- Na localidade portuguesa de Fridao, en Amarante, celebrouse este domingo o XVII Slalom Internacional de Fridao, que contou coa participación de clubs portugueses, galegos, vascos e unha representación de piragüistas da República Checa. Os Teixugos acudiron ao evento, pero con pouca fortuna desta vez, xa que ningún deu entrado na final celebrada pola tarde. O mellor clasificado foi Antón Ucha que na categoría C1 acadou o posto 14. En xeral os primeiros postos quedaron para vascos, checos e portugueses, aínda que algúns galegos doutros clubs entraron nas finais. A próxima cita dos Teixugos de categorías superiores será a vindeira fin de semana en Pau, Francia, onde participaran na Copa de España.Para ver fotos premer AQUÍ
Sábado, 26 de febreiro de 2011 Seis illas ecolóxicas instaladas en Tomiño A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe o socialista Santiago Vergara, vén de rematar a instalación de 6 illas ecolóxicas en distintas parroquias do Concello. Estas instalacións contaron cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente e colaborou nelas a empresa Urbaser. Segundo Santiago Vergara o obxectivo é promocionar a recollida selectiva de lixo e a reciclaxe creando uns puntos facilmente identificables para os usuarios, onde se concentren os contedores de vidro, papel e envases. Ademais vanse a instalar nestas “illas” contedores para a recollida de pilas estando tamén prevista a instalación de contedores de aceite. O mesmo tempo, serán repartidos uns folletos con recomendacións para a correcta separación dos residuos. Vergara resaltou a colaboración dos veciños na mellora da recollida do lixo e a limpeza viaria en xeral. Esta colaboración permitiu recoller en 2010 mais de 70 tn de envases, cerca de 200 tn de vidro e unhas 90 tn de papel ademais de recoller 25 tn de voluminosos (mobles, electrodomésticos,...). Por outra parte, o concello xestiona tamén a recollida de cubertas de invernadoiros e plásticos procedentes de viveiros. Asemade dispón dun punto controlado de recollida de escombros procedentes de pequenas obras que os particulares efectúan nas súas vivendas e que evitou que mais de 20 tn destes residuos acabaran nos montes.
Venres, 25 de febreiro de 2011 Concerto de Inverno da Coral Polifónica de Tomiño A Coral Polifónica de Tomiño organiza, en colaboración coa Concellería de Cultura, o seu concerto de inverno, mañá sábado, 26 de febreiro, na Casa da Cultura ás 20.00 horas. No concerto participará o Coro Infantil de Tomiño, o Orfeón Condado-Paradanta, a Coral Polifónica Sta. Eulalia de Mos e a Coral Polifónica de Tomiño.
Xoves, 24 de febreiro de 2011 Festa da Filloa e Orella de Entroido en Tomiño A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal de Tomiño organiza, coa colaboración da asociación Estrelas da Noite, a Festa da Filloa e Orella de Entroido. A celebración terá lugar o domingo, 27 de febreiro na Praza do Seixo entre as once da mañá e as seis da tarde, establecéndose prezos populares para todos os asistentes.
A Aula Móbil de Informática do concello de Tomiño Inicia a súa actividade en Santa María de Tebra Na tarde de onte deuse inicio ao primeiro curso impartido pola Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño. Tivo lugar no Centro Social de Tebra e o alumnado foi un grupo de mulleres pertencentes a ANPA do Colexio de Tebra, o primeiro colectivo en apuntarse neste servizo municipal despois de que o Concello enviase unha carta informativa ás asociacións culturais, veciñais, sociais, etc O Concello de Tomiño, na súa aposta por achegar as novas tecnoloxías a todas as parroquias, decidiu dar un paso adiante creando unha Aula Móbil de informática, composta por 6 ordenadores portátiles e un profesor especializado, co fin de aumentar e mellorar a oferta deste tipo de cursos nun concello tan extenso e disperso como o de Tomiño. O obxectivo desta aula móbil é levar ás diferentes parroquias do concello a actividade que normalmente se desenvolve na aula situada no Campo da Feira (O Seixo), facilitando así que máis xente poida participar en charlas, obradoiros e cursos, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais, persoas maiores, con discapacidade, mocidade, etc. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asegura que “ este servizo é unha aposta do Concello por investir en formación e en novas tecnoloxías que son unha parte fundamenteal dos coñecementos do futuro” . O concelleiro de Promoción Económica e Mocidade, Xaquín Villadangos, pola súa banda, explica que “ dende abril de 2008 púxose en marcha o chamado ESPAZO TIC (tecnoloxías da información e comunicación) que se converteu no motor e punto de referencia na estratexia de formación neste novo ámbito”. Segundo relatou o concelleiro “ao longo deste tempo, o ESPAZO TIC ten organizado máis de 100 actividades formativas de temáticas diversas nas que participaron máis de 520 persoas procedentes de todas as parroquias do concello, permitindo que moita xente adquirise ou mellorase os seus coñecementos básicos na área da informática e internet. De agora en diante a Aula Móbil irá desprazándose por todas as parroquias tomiñesas que o soliciten dando o seu servizo, por orden de inscrición, aos diversos colectivos que xa entraron en contacto e se anotaron no Espazo TIC do Concello de Tomiño. Dende que se abriu o prazo , foron xa 10 as asociacións que solicitaron o servizo. As entidades e asociacións do municipio que desexen levar a cabo algunha actividade relacionada co ámbito da informática e/ou Internet, deben porse en contacto coa persoa encargada do proxecto, Daniel Ozores, no teléfono 986 623 304.
Resultado do II Concurso-exposición da Camelia, organizado pola Asociación de Vigueses en Baixo Miño O pasado 19 e 20 de febreiro tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Tomiño o II Concurso-exposición da Camelia, organizado pola Asociación de Vigueses en Baixo Miño, coa colaboración da Concellería de Cultura de Tomiño. O evento acolleu un gran éxito de participación e asistencia en xeral. O xurado do concurso tivo moi difícil a elección dos premiados, pola extraordinaria presentación dos lotes a concurso. Cada vez o concurso vai gañando máis popularidade, e este ano, varios participantes viñeron de concellos veciños como Vigo, Salceda de Caselas, Oia, Soutomaior e A Guarda. A clasificación quedou do seguinte modo: Categoría A (persoas físicas e asociacións): 1º premio: Beatriz Estévez Ferreira 2º premio: Cristina Martínez Álvarez 3º premio: Pilar Castro Calzado Categoría B (establecementos comerciais) 1º premio: Bazar Bouzada 2º premio: Tecidos Anamar 3º premio: Expert Tomiño Este ano, tódolos participantes foron agasallados cun recordo conmemorativo deste II concurso-exposición da Camelia de Tomiño, que xa está recoñecido internacionalmente na Asociación Española da Camelia e na International Camellia Calender, organizadora de todos os eventos adicados á camelia no mundo.
Luns, 21 de febreiro de 2011 “Por borrachíns”, escenificación teatral na Casa dos Mestres de Amorín o día 26 O vindeiro sábado, 26 de febreiro, terá lugar na Casa dos Mestres de Amorín a representación da obra de teatro Por borrachíns”, unha posta en escena que, a partires das 20:30 horas, realizará o grupo Caldemiños de Caldelas de Tui. A representación é de balde e axeitada para todos os públicos.
Sábado, 19 de febreiro de 2011 Festa - Convivencia das familias, alumnos, colaboradores e profesionais do Centro San Xerome Mañá, domingo, a partir das 6 da tarde e no Auditorio de Goián, terá lugar un encontro lúdico – festivo das familias, alumnos, colaboradores e profesionais do Centro San Xerome, para celebrar o 30 aniversario da creación do Centro. Neste ”macro – festival” haberá diferentes actuacións artísticas, nas que os únicos protagonistas serán os rapaces e rapazas do San Xerome, amosando as suas capacidades profesionais, artísticas e deportivas. Presentadores, fotógrafos, axudantes de producción, seguridade, … serán os propios usuarios do Centro. O programa iniciarase as 6 da tarde cunha coreografía de Josué Alvarez, amosando o traballo artístico que está a desenvolver dende fai uns meses cos usuarios do Centro de día (CEDI); seguirá unha obra de teatro do grupo Xeratrium “Saturday night” dirixida por Irene Moreira de Xerpo Cultural, a continuación farase entrega de diplomas os integrantes do Club Deportivo, para rematar a primeira parte coa actuación dun grupo de rapaces do Sector pre laboral do San Xerome e do IES A Sangriña coordinados pola profesora do IES Susana Salvador. No descanso, no exterior do Auditorio, actuará o grupo de percusión coordinado por Victor Fuggetto, e se degustará chocolate e lambetadas ofrecidas pola ANPA. Iniciarase a segunda parte coa proxección dun Video clip, dirixido por Víctor Fuggetto e Leo Cividanes, para seguir coas actuacións de Pepe Bargiela e Jona Gómez. Seguirá co momento emotivo, da entrega dun diploma – homenaxe os 10 usuarios do Centro que xa estaban no ano 1981. O 2º grupo de Josué Alvarez fará unha demostración dunha clase aberta, e o grupo Xeratrium porá en escena a obra “Vias paralelas”. Rematará o Festival cunha nova actuación co 2º grupo de percusión, dirixido por Víctor Fuggetto, xa no exterior do Auditorio. A presentación do Festival correrá a cargo de Enma e Braulio das Unidades educativas do Centro, coordinados por Samuel de Xerpo Cultural. O longo da tarde noite, haberá proxeccións de imaxes e pancartas alusivas os 30 anos de historia do Centro. Para a realización deste Festival, estan a traballar arreo multitude de familiares, profesionais, voluntarios e colaboradores do Centro, aínda que desde este colectivo non desecan mencionar a ninguén porque entenden que os únicos protagonistas desta historia son os propios rapaces e rapazas do San Xerome.
CdT se suma a las reivindicaciones de la Plataforma polo Saneamento Centristas de Tomiño (CdT) presentó una nueva moción y que, previsiblemente, se tratará en el próximo pleno ordinario, en la que pide que el mínimo del 6% de los presupuestos municipales se destine a obras de saneamiento, tal y como figura en las reivindicaciones de la Plataforma que el pasado sábado convocó una concentración en el centro de Tomiño. Asimismo, también ha dirigido sendos escritos, uno al Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, en el que le exige la construcción del colector Carregal-Sobrada, para el presente ejercicio; y otro dirigido al Presidente de la Diputación en el que le pide un mayor compromiso con esta prioridad. Según Pablo Baquero, portavoz de CdT, 2.400 firmas de vecinos y vecinas deben de ser suficientes para hacernos entender a todas las administraciones públicas que el saneamiento es la principal prioridad de Tomiño. Centristas, en este sentido, se compromete a colaborar para que estas acciones emprendidas por la Plataforma polo Saneamento no queden en “saco roto”. Baquero va más allá y anuncia que cualquier pacto en el futuro girará entorno a los compromisos que se puedan alcanzar para la extensión de la red general y secundaria a los núcleos rurales: “no podemos permitir que Tomiño siga siendo un Concello de segunda en servicios básicos”. Según los “centristas” el vaciado de la fosa séptica se esta convirtiendo para muchas familias en una de sus mayores preocupaciones y en uno de sus mayores gastos. Existen muchos casos en los que el citado vaciado se tiene que hacer cada 15 días y el coste mínimo se sitúa entorno a los 90-100 euros por servicio. Pero las repercusiones de la falta de saneamiento, según manifiestan, también se trasladan a otros ámbitos, y ponen como ejemplo el urbanístico donde no se permiten, en fincas de ciertas dimensiones, segregaciones o parcelaciones ante la carencia de evacuación de aguas fecales.
Martes, 15 de febreiro de 2011 II Concurso Exposición da Camelia en Tomiño na fin de semana Esta fin de semana celébrase o II Concurso-Exposición da Camelia en Tomiño organizado pola Asociación de Vigueses no Baixo Miño. Os traballos a concurso estarán expostos na Casa da Cultura de Tomiño o sábado de 17 a 20h e o domingo de 11 a 14h. A entrega de premios e clausura será o domingo ás 12h. Poden participar neste concurso tanto persoas físicas, entidade e asociacións, como establecementos comerciais de Tomiño. Poderán expor como mínimo un conxunto de camelias permitíndose ata tres se son de distinta variedade. As inscricións débense entregar ata este venres ás 14h na Concellería de Cultura de Tomiño. Establécense tres premios para a categoría de persoa física ou asociación, e outros tres para os establecementos comerciais.
Máis de 5 millóns de euros ten destinado o Concello de Tomiño nesta lexislatura á mellora e ampliación do servizo de saneamento municipal A semana pasada iniciáronse as obras de saneamento nos barrios de Vilar de Matos e o Solleiro na parroquia de Forcadela, actuacións que contan cun orzamento superior aos 270.000 euros o que eleva a 500.000 a cantidade total destinada durante os últimos anos a dotar de servizo de saneamento a esta parroquia. Así mesmo nestas datas tivo lugar a adxudicación das obras de saneamento que se realizarán proximamente no barrio do Cotro, e que suporán un investimento de 250.000 euros. Desde o Concello de Tomiño, estase traballando, ademais, na planificación de novas actuacións nos barrios de Bravos e Paredes. Todas estas obras encádranse dentro dun amplo conxunto de actuacións dirixidas a mellorar e ampliar a rede de saneamento en diferentes parroquias do municipio, o que supuxo un investimento de máis de 5 millóns de euros durante a actual lexislatura. Segundo o concelleiro de medio Ambiente, Santiago Vergara, "este investimento, é unha mostra evidente do prioritario que é para este goberno municipal a extensión do saneamento no noso concello. Conscientes de que os fondos propios do Concello non son suficientes para todo o traballo que hai que facer decidiuse xestionar fondos doutras administracións para saneamento. Só deste xeito é posible investir o diñeiro necesario para a mellora e extensión dun dos servizos máis demandados polos nosos veciños e veciñas” En opinión do edil socialista para entender a verdadeira dimensión deste esforzo, "é preciso comparar e ver como o diñeiro investido en materia de saneamento en todo o concello nesta última lexislatura é 3 veces maior que o custe total dun importantísimo conxunto de obras de mellora de espazos públicos realizadas nestes anos como foron a Praza da Mina, os torreiros do Hospital, Estás e S. Salvador de Tebra, a Praza de Barrantes e a Praza de Goián".
Luns, 14 de febreiro de 2011 Para Santiago Vergara a Plataforma polo Saneamento de Tomiño recurriu a inexactitudes para a convocatoria da concentración do pasado sábado O portavoz socialista e concelleiro de medio ambiente, Santiago Vergara, advertiu hoxe que o fracaso da concentración polo saneamento a que, segundo fontes da policía local asistiron unhas 100 persoas, non debe servir de excusa a Xunta para seguir demorando investimentos para este servizo. Segundo manifestou o Concelleiro “o saneamento é o servizo mais demandado pola veciñanza e segue a ser unha prioridade para o Goberno Municipal”. Para Vergara as causas do fracaso da convocatoria están na actitude dos convocantes que recurriron a inexactitudes e mentiras evidentes para calquera veciño. “Non poden dicir que só se gastaron 600.000 € en catro anos, cando só nun ano investíronse 500.000 en Forcadela, ademais das actuacións en Pedra do Couto, Tebra, Goián....Non se pode presentar como convocantes a Comunidades de Montes que expresan publicamente a súa desvinculación da convocatoria e da propia Plataforma”. Vergara afirmou sentirse persoalmente ofendido pola nota de prensa publicada polo presidente da Plataforma na que viña a afirmar que en Tomiño, os veciños“sueltan la porquería directamente por la calle cuando llueve o dejan correr el agua de las lavadoras.”, dando unha imaxe das xentes de Tomiño que en absoluto responde a realidade. Outras das razóns que levaron a escasa asistencia a esta concentración é para Vergara, a confianza que os veciños e veciñas teñen nun Goberno que traballa arreo para mellorar os servizos e dotacións e que despois de catro anos e quen de transforamar proxectos en realidades.
Sábado, 12 de febreiro de 2011 Avelino González actuará hoy en el Auditorio Municipal de Goián Hoy, sábado, dentro de la programación cultural del ayuntamiento de Tomiño, tendrá lugar, a partir de las nueve de la noche, en el Auditorio Municipal, en Goián, la actuación del monologuista Avelino González. Este autor santiagués es considerado un artista polifacético que ha participado en cine, televisión y, especialmente, en teatro, en donde es director de varias obras como Vento Mareiro, Bicos con Lingua, Crónica de Avilés de Taramancos o Love letters. En televisión actúo en distintas series y produciones como A vida por Diante, Homo-zapping, Rías Baixas, Mareas Vivas, Platos Combinados y Hospital Central (Tele5). También actuó en varias ocasiones en el programa Luar de la TVG. En cine destaca su participación en el reparto de películas como Heroína, Condenado a Vivir, Lena, Te encontré, Sin Rumbo, A ti como se te diche adiós o Gallego. La entrada será libre y gratuíta hasta completar el aforo.
Hoy sábado vecinos de Tomiño se manifestarán delante del Concello exigiendo mejoras en el saneamiento Apoyando a la Asociación polo Saneamento de Tomiño, vecinos de esta localidad se concentrarán hoy ante el ayuntamiento a las 12 del mediodía, haciendo entrega de las casi 2.000 firmas recogidas en las parroquias afectadas por la falta de estre servicio. Los concentrados reivindican el vaciado gratuito de las fosas sépticas, cuyo costo está resultando muy gravoso para las familias; dedicación del 6% del presupuesto anual del ayuntamiento a infraestructura del saneamiento; fin de los vertidos clandestinos de aguas fecales en terrenos y montes, que están creando un problema grave de salud pública, y redacción de los proyectos de las parroquias (Carregal y Taborda) que están dotadas de colector general. A estas peticiones unen las protestas de los padres y madres de los niños y niñas de educación infantil y primaria del CEIP Pedro Caselles de Tomiño, dado que en el patio de este colegio, los escolares se ven obligados a jugar entre las aguas fecales que salen de las fosas sépticas.
Tomiño licita a subministración e xestión de servizos de telecomunicación, explotación e mantemento da Rede Wimax municipal O concello de Tomiño vén de facer públicas as bases que rexirán a licitación do servizo de telecomunicación, explotación e mantemento da Rede Wimax municipal, con obxecto de ofrecer acceso á banda ancha aos núcleos de poboación pertencentes a este municipio, incluídos no ámbito do proxecto piloto Tomiño sen fíos. O presuposto: estimado da licitación ascende a 98.832,00 €/ano (IVE incluído), consistindo a retribución do concesionario nas tarifas que abonen os usuarios do servizo obxecto do contrato, e que se inclúan na proposición económica da adxudicataria ou, no seu caso, polos ingresos por patrocinio ou publicidade. O canon de explotación fíxase en 23.007,33 €/ ano mínimo, sendo a duración do contrato de tres anos coa posibilidade de prórroga anual ata o máximo de seis anos.
Venres, 11 de febreiro de 2011 Feira de Oportunidades e Exposicións en Goián organizada por ADETO ADETO organizará, esta fin de semana, a Feira de Oportunidades e Exposicións. O sábado, día 12, e o domingo, día 13 con entrada gratuíta, o Pavillón de Goián será o escenario deste encontro no que se poderán adquirir distintos produtos e disfrutar con as exposicións preparadas para esta oportunidade. As portas da Feira de Oportunidades e Exposicións abrirán ás 10 da mañá para pechar ás 21 horas.
A Escola Municipal de Nais e Pais ofrece unha charla sobre a “Prevención das adicións na infancia e adolescencia” A Casa da Cultura de Tomiño acollerá o hoxe, día 11, ás 20:00 horas, outra sesión da Escola Municipal de Nais e Pais, organizada pola Concellería de Sanidade e Benestar Social. O tema escollido para a charla é a “Prevención das adicións na infancia e adolescencia” que será impartido polo Psicólogo clínico, Manuel Angel Llores Moratinos, experto en adicións. Pablo Baquero Álvarez, responsable da área de Sanidade e Benestar Social, manifestou o interese da Concellería en fomentar estas actividades e salientou neste sentido a importancia de coñecer o traballo de recoñecidos profesionais que poden axudar ás familias na difícil tarefa da prevención de posibles adicións dos menores na infancia e adolescencia. Engade, que a Concellería ofrecerá proximamente un obradoiro dedicado ó autismo e outro á prevención de adicións. Para facilitar a asistencia, cóntase cun servizo de ludoteca con profesionais co fin de coidar dos pequenos durante a actividade. Para inscribirse a facer uso da ludoteca, é preciso chamar ao número de teléfono 986 623 211, ou escribir unha mensaxe ao enderezo electrónico: educacionfamiliar.programa@gmail.com
Concentración Veciñal polo saneamento en Tomiño A Asociación polo saneamento de Tomiño convoca unha concentración veciñal este sábado ás 12 do mediodía diante da Casa do Concello de Tomiño. O obxectivo é demandar que se cumpran as súas reivindicacións en materia de saneamento feitas tanto ante a Xunta coma ante o Concello. Secundan a convocatoria as asociacións de veciños de Carregal, Amorín, Currás, Sobrada, Taborda, Pinzás e Barrantes, as Comunidades de Montes de Sobrada, Currás, Taborda e Tomiño e a traída de augas de Taborda “Salgosa Norte”. Desta concentración falaban no programa Día a Día da Radio Municipal de Tui membros da directiva da asociación convocante: German Sío, presidente, Jose Quinteiro, secretario, Carlos Guerra, tesoureiro e Andrés Seves, vicepresidente. Explicaban que a concentración convócana ate a pouca atención do concello e da Xunta ás súas reivindicacións que consisten fundamentalmente en que o concello asuma o custe de baleirado das fosas sépticas, e que dedique o 6% do investimento a saneamento, e a convocatoria dun pleno para tratar o tema. Mentres que a Xunta lle piden que leve a cabo o tramo III do colector Xeral de Tomiño. Tras esta convocatoria agardan unha resposta do goberno tomiñés accedendo as solicitudes que lles fixeron, e tamén esperan que a Xunta lles comunique que ten os cartos para executar o tramo III do colector xeral. Por último agardan unha boa resposta a esta concentración prevista para o sábado ás 12h diante da Casa do Concello.
Este domingo as catro e cuarto no campo do Alivio o Tomiño FC Feminino enfróntase ao Racing Vilariño Informa Rubén Casaleiro Pintos.- O pasado domingo disputouse a décimo cuarta xornada na segunda autonómica grupo 2 entre os equipos do Racing de Castrelos e o Tomiño FC femenino. O partido xogado no campo da Mina (Vigo) en horario de mañá, contou con escasa afluencia de público, cunha mañá soleada e un campo e perfectas condicións para a práctica do fútbol. O encontro mostrou un claro dominio por parte das tomiñesas que contaron con numerosas ocasións de gol que non foron quen de transformar, ademáis dunha nefasta arbitraxe unha xornada máis, pero o que conta e o resultado non as ocasións e ahí gañou o castrelos que con só aproveitar os erros das tomiñesas levouse os tres puntos. O partido iniciouse cun conxunto local moi metido disposto a mandar desde o primeiro minuto e un equipo o das tomiñesas en letargo, producto disto chegou o primeiro tanto a prol do castrelos nunha internada polo centro (1-0), as tomiñesas non reaccionaban seguían en letargo, e así nunha boa combinación entre as xogadoras do castrelos chegaría o segundo (2-0), as tomiñesas comezaban a despertar, pero estaba máis cerca o terceiro que o primeiro das visitantes, así nun saque de esquina que non e capaz de atallar Carlota, acaba no fondo das redes (3-0), as tomiñesas agora si reaccionaron creando as primeiras ocasións claras de gol, asi chegou o primeiro tanto nun centro de Jessi que de forma involuntaria introduce unha defensa na sua porteria (3-1), asi chegamos o remate da primeira metade. No comezo da segunda metade atopamonos un conxunto tomiñes volcado na portería local fallando o infallable, así nun novo centro de Jessi chegaría o segundo nunha nova xogada de infortunio para as do castrelos que voltaban a introducir o balón na sua propia meta (3-2), as tomiñesas estaban lanzadas creían en obrala épica pero nunha falta ben executada polas locais chegaría o cuarto (4-2), nin moito menos parecía que isto estivera sentenciado, porque o pouco tempo marcaría Sariña aproveitando un balón morto na area (4-3), o empate estaba cada vez máis cerca as tomiñesas chegaban con moito perigo, así nunha nova internada de Jessi pola banda remata cun disparo incapaz de atallar pola porteira local (4-4), e xa co tempo cumplido chega o gol da victoria das locais nunha xogada individual que tras regatear a varias xogadoras cruza ante a saida da porteira (5-4). Partido agónico cun final de infarto que acabou cas tomiñesas polo chan destrozadas porque viron que puderon gañar o partido con bastante solvencia, pero foron condenadas a unha derrota moi dolorosa polos seus propios erros. Proximo domingo día 13, ás 16.15 horas o Tomiño FC Feminino enfróntase ao Racing Vilariño no campo do Alivio.
Xoves, 10 de febreiro de 2011 Tomiño licita a subministración e xestión de servizos de telecomunicación, explotación e mantemento da rede wimax municipal 1.—Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Tomiño. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria. Núm. expediente: 01/11 2.—Obxecto do contrato: Subministración e xestión de servizos de Telecomunicación, explotación e mantemento d a Rede Wimax municipal para ofrecer acceso á banda larga nos núcleos de poboación ertencentes ao Concello de Tomiño, incluídos no ámbito do proxecto piloto Tomiño sen fíos, e que se reflicten nos Anexos I e II do Prego de Condiciones Técnicas, conforme se especifica nos puntos 1.5 e 1.6 do mesmo. Duración: Tres (3) anos con posibilidade de prórroga anual ata o máximo de 6 anos, e segundo o establecido no PCAP. 3.—Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios. 4.—Presuposto: estimado en 98.832,00 €/año (IVE incluído). A retribución do concesionario consistirá nas tarifas que abonen os usuarios do servizo obxecto do contrato, e que se inclúan na proposición económica da adxudicataria ou, no seu caso, polos ingresos por patrocinio ou publicidade. Canon de explotación: 23.007,33 €/ ano mínimo. Financiamento: Autofinanciamento. 5.—Garantías: Provisional: no se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación sen IVE. 6.—Requisitos específicos do contratista: O licitador deberá dispoñer de título habilitante expedido pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións para a explotación de redes e prestación de servizos de comunicacións electrónicas, así como as respectivas licenzas, autorizacións e permisos. 7.—Obtención de documentación e información: Secretaria do Concello. Praza do Seixo, 1. Tomiño 36740; teléfono: 986 622 001/ fax: 986 608 164. Web: www.concellotomino.com (perfil do contratante). 8.—Presentación das ofertas: no Rexistro Xeral do Concello, de 9 a 14 horas, excepto o sábado que será das 9 a 13 horas. Documentación a presentar: a esixida nos pregos. Data límite: 15 días naturais contados desde o seguinte á última publicación da licitación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPDEPO), Diario Oficial de Galicia (DOG) e Perfil do Contratante do Concello. Si o prazo finalizara en día inhábil ou sábado, entenderase que o prazo expira o inmediato día hábil posterior. 9.—Apertura de ofertas: Pola mesa de contratación e de conformidade co establecido nos pregos de condicións. 10.—Criterios de adxudicación: O resultado final (máximo de 100 puntos) obterase da suma das valoracións dos seguintes criterios pormenorizados no PPT. Criterios automáticos (60 puntos): a) Plan de Tarifas (36 puntos). b) Canon (9 puntos). c) Prazo de posta en marcha (10 puntos). d) Oferta de servizos de telefonía (5 puntos). Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor (40 puntos): a) Valoración de referencias e experiencias similares da empresa (5 puntos). b) Garantías do Servicio de Mantemento (20 puntos): — b.1. Plan xeral de mantemento correctivo: 4 puntos — b.2. Políticas de mantemento preventivo: 4 puntos — b.3. Soporte técnico, de administración e monitorización do tempo de resposta e resolución de incidencias: 4 puntos — b.4. Atención ao usuario: 4 puntos — b.5. Soporte integral para os equipos doutros fabricantes: 4 puntos c) Outras prestacións superiores ao canon sen custe para o Concello, que se valorarán como melloras (15 puntos) — c.1. Ampliación da rede: 10 puntos. — c.2. Subministro al Concello: 5 puntos 11.—Gastos de anuncios: Por conta do adxudicatario. Importe máximo 1.100,00 euros.
Mércores, 9 de febreiro de 2011 Roberto Martínez será o candidato do PP á Alcaldía de Tomiño Manuel Roberto Martínez Domínguez será o candidato á Alcaldía do PP en Tomiño. Así o confirmou onte a tarde o presidente provincial dos populares, Rafael Louzán, nunha rolda de prensa na que se amosou convencido de que este paso adiante no camiño da renovación vai supor tamén un paso decisivo para que Tomiño recupere un goberno popular. Martínez Domínguez incorpórase por primeira vez á política activa coa vista posta nun obxectivo principal: traballar arreo por Tomiño e polos seus veciños e veciñas. Nesta liña, o presidente provincial incidiu en que o feito de que un profesional liberal, unha persoa procedente do mundo da empresa e ata o de agora alleo á vida pública se decida a encabezar a lista dun partido político nun momento de grave crise e de falta de confianza na clase política, é un acto de xenerosidade, de valentía e unha mostra de verdadeira entrega ao servizo dos cidadáns. Para logralo, e segundo indicou Louzán, o PP ten ao mellor candidato: unha persoa eficaz, coñecedora da realidade de concello e, sobre todo, decidido a ofrecerlle aos cidadáns solucións e non problemas. Neste sentido, o alcaldable popular recoñeceu que é “un novato” na vida política, pero salientou que inicia este camiño con pleno convencemento, coa seguridade de que se suma a “un proxecto ilusionante” e asegurou que “promete traballo e honradez”. Cambio necesario Pola súa banda, César Pérez Ares apostou polo cambio necesario en Tomiño e asegurou que non se pode seguir perdendo o tempo cun goberno que sae caro. Ao seu xuízo, chegou a hora de rematar co “derroche innecesario” que levou a Tomiño a un grave endebedamento que pasou do 4,3 ao 57,8% en tan só catro anos. Así, asegurou que Tomiño precisa un programa de goberno serio, que inclúa o polígono industrial e o saneamento integral, algo que está en disposición de ofrecer o PP. Para iso, reclamou todo o apoio necesario para conseguir unha maioría natural que permita modernizar Tomiño. Integración de independentes O líder provincial amosouse convencido de que hoxe o PP está en disposición de logralo, porque é un partido unido, reforzado coa integración fai pouco máis de seis meses dos membros de Alternativa Tomiñesa e que se intentará reforzar aínda máis nos vindeiros días, xa que, segundo Rafael Louzán, o PP é un partido que busca sumar e que está desenvolvendo un intenso traballo para aglutinar en torno ás súas siglas aos partidos de centro dereita. Este obxectivo é un dos primeiros retos que se marca o candidato popular, que asegurou que o primeiro que vai facer vai ser tratar de integrar a Centristas de Tomiño para conseguir un grupo sólido de centro-dereita en Tomiño. Amosouse confiado en que a súa constancia lle permita atraer ás filas do PP aos membros da formación centrista, co que o PP sairía fortalecido e, sobre todo, non se dispersarían forzas que poden darlle ao municipio un futuro moito mellor. Finalmente, o alcaldable popular referiuse á lista coa que se presentará aos comicios e salientou que, aínda que non comezou a pensar en nomes, traballará intensamente para formar “un equipo de xente cualificada, competente e con gañas de traballar”.
O BNG presentou, ante más de 500 persoas, a Sandra González como candidata a Alcaldía de Tomiño Na tarde do domingo, 6 de febreiro, tivo lugar no Auditorio de Goián a presentación da candidatura coa que o BNG concorre ás vindeiras eleccións municipais de maio. Máis de 500 persoas ateigaron o auditorio, que quedou pequeno. Entre os convidados contouse coa presenza dos tamén cantidatos do BNG por Vigo, Gondomar, Porriño, Salceda, Tui, A Guarda, Oia e o Rosal e a deputada Carme Adán. No acto presentouse un video sobre o traballo que o BNG ten desenvolvido nestes catro anos no concello de Tomiño e interviron a responsábel local do BNG, Cristina Martínez, e o portavoz municipal, Uxio Benítez. A continuación tomou a palabra a deputada e ex-conselleira Teresa Táboas que mostrou o seu apoio aos compañeiros do BNG de Tomiño e valorou “a determinación que Sandra sempre tivo xestionando, cando eu era conselleira, o Parque Empresarial de Tomiño, tan necesario nun contexto de crise económica como no que estamos”. Finalmente interviu a alcaldesa de Tomiño e novamente candidata do BNG á Alcaldía, Sandra González, agradecendo o apoio do numeroso público asistente e manifestou que “Tomiño emprendeu un camiño de transformación hai catro anos que non pode ter volta atrás, e que recoñecen a maioría dos veciños e veciñas cos que falamos”. Segundo a alcaldesa, “preséntase un equipo que conxuga a necesaria incorporación de xente nova coa experiencia de goberno ao longo destes catro anos, con ilusión, con proxecto e con ganas de seguir traballando polo seu concello”.
Martes, 8 de febreiro de 2011 Hoxe martes será soterrado o mozo falecido o domingo nun accidente de circulación en Tomiño O mozo de 20 anos, Cristian Pimentel Fernández, falecido o domingo nun accidente de tráfico en Tomiño será soterrado hoxe martes no cemiterio parroquial de San Vicente de Barrantes. Previamente ás doce do mediodía terá lugar un funeral na igrexa parroquial. O mozo faleceu nun accidente de circulación que se produciu o domingo ás oito da mañá na estrada de Tomiño a Pinzás no lugar de Cristelos. Segundo a Garda Civil de Tráfico o sinistro consistiu nunha saída de vía pola marxe dereita con posterior choque contra un muro. O coche que conducía era un Pegout 106.
O goberno local de Tomiño recoñece o traballo realizado polos corpos de seguridade O Goberno municipal de Tomiño expresa publicamente o seu agradecemento e recoñecemento ao corpo da Policía Local e aos axentes da Garda Civil que na mañá do pasado xoves, nunha rápida intervención, frustraron a fuga de dous homes que acababan de atracar unha xoiería no Seixo. A pesar dos disparos efectuados por un dos delincuentes, os axentes continuaron a persecución e, nunha acción perfectamente coordinada, lograron a detención das dúas persoas que atracaran a xoiería. Asemade o Goberno municipal agradece a colaboración dos comerciantes da zona que alertaron ás forzas de seguridade e iniciaron a persecución dos asaltantes. Na súa próxima comisión o goberno municipal manifestará por escrito e de maneira oficial este recoñecemento aos corpos de seguridade animándoos a continuar o seu importante labor en favor da seguridade de todos os tomiñeses coa mesma eficacia e dedicación.
A Concellería de Mocidade oferta diferentes cursos para febreiro e marzo Todos os mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e 30/35 anos poderán inscribirse de balde e disfrutar das oportunidades a nivel formativo e de lecer que organiza a Concellería de Mocidade a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) Onte, luns, abriuse o prazo de inscrición para os cursos que comezan neste mesmo mes de febreiro e para os que terán lugar en marzo, As inscrición poden realizarse na propia oficina (Campo da Feira s/n), chamando ao teléfono 986 623 304, enviando un correo electrónico a omix@concellotomino.com, a través da páxina do facebook que ten a OMIX ou mediante a páxina web do concello (www.concellotomino.com) Cursos Curso de Fotografía (requisito imprescindible traer cámara).Cunha duraciónde 10 horas, iniciarase o 22 de febreiro, celebrándose os martes e xoves de 17 a 19 horas. na OMIX. Curso de Photoshop, tamén de 10 horas de duración, iniciarase o 21de febreiro, de 20 a 22 horas, continuando os luns e mércores, na OMIX. Curso de Emancipación (Técnicas de búsqueda de emprego e axudas para a adquisición ou alugueiro dunha vivenda), cunha duración de 3 horas, impartirase o 8 de marzo, na OMIX, de 18 a 21 horas. Curso de Cociña, de 20 horas de duración, iniciarase en marzo, estando por confirmar o día e o lugar. Curso de Elaboración de Bombos, de 20 horas de duración, comeza o 26 de marzo, de 10 a 14 horas, no Centro de Formación Ocupacional San Benito. Curso de Radio (avanzado, só poden inscribirse as persoas que fixeran o de iniciación no 2010). Ademais de todo o exposto anteriormente, na OMIX existe un grupo de voluntariado que realiza diferentes actividades incluídas nun proxecto anual: voluntariado na canceira municipal, celebración de efemérides, sensibilización e outras actividades. E como novidade este ano a OMIX vai darse de alta como entidade de envío e recepción dentro do Servizo Europeo de Voluntariado, tendo xa en marcha un proxecto con mocidade de Eslovenia, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa e Portugal que terá lugar no mes de setembro. Actualmente a OMIX está a levar a cabo un obradoiro de educación afectivo sexual no IES de Tomiño. E, todos os mozos e mozas poden contactar co persoal da oficina para recibir información e asesoramento sobre todos aqueles aspectos que sexan do seu interese.
Venres, 4 de febreiro de 2011 O concello de Tomiño organiza obradoiros de cultivos nos centros educativos O Concello de Tomiño organizará ao longo da mañá de hoxe, venres, un obradoiro destinado a divulgar o traballo do cultivo das plantas entre escolares dos cinco colexios do municipio. Esta actividade celébrase con motivo da VIIIª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que terá lugar en Goián durante os días 9 e 10 de abril e encádrase dentro da orientación formativa que cada ano este evento ven desenvolvendo para os máis novos. Durante esta xornada divulgativa varios membros da directiva dos produtores de cultivos acompañados pola alcaldesa de Tomiño, visitarán cada un dos centros escolares e explicarán a grupos de 30 nenos e nenas de entre 6 e 7 anos, cales son as técnicas e os pasos a seguir no proceso de cultivo e de coidado dunha planta. Os aproximadamente 150 participantes no obradoiro levarán á práctica alí mesmo os coñecementos adquiridos. Cada escolar recibirá os materiais necesarios para realizar persoalmente o seu propio cultivo: unha maceta, terra, substrato e unha planta ornamental (que será dunha cor diferente para cada un dos cinco grupos). Pero esta actividade formativa non acaba aí, pois ao longo dos próximos dous meses os nenos e nenas deberán regar e coidar con atención cadansúa planta, e así con todas elas o Concello de Tomiño organizará unha exposición aberta ao público durante a vindeira Mostra de Cultivos. Os obxectivos destas actividades infantís organizadas no marco da Mostra de Cultivos do Baixo Miño son, por unha banda, que os máis novos coñezan e tomen contacto directo co mundo dos cultivos, tan importante para a economía tomiñesa, e por outra que os nenos e nenas desenvolvan a sensibilidade e sentido da responsabilidade necesarios para respectar e coidar da natureza e dos seres vivos que nos rodean.
Este domingo as doce no Campo da Mina Racing de Castrelos FC-Tomiño FC femenino Informa Rubén Casaleiro Pintos.- O domingo pasado disputouse a décimo terceira xornada na segunda autonómica grupo 2 entre os equipos do Tomiño FC femenino e Atlantida Matamá. O partido xogado no Campo do Alivio, en horario de tarde contou con escasa afluencia de público, cunha tarde cunha tarde soleada e un apto para a práctica do fútbol. Partido exento de fútbol no que as visitantes estiveron máis cerca da victoria pero que nos últimos minutos se lles escapou gracias a calidade individual das tomiñesas. A primeira parte iniciabase cun equipo visitante moi enchufado no partido que tiña claro que viña facer a Tomiño, pero sería o conxunto local quen se adiantaría no marcador mediante Miry aproveitando un centro na area pequena para empurrar a gol o primeiro tanto da tarde (1-0), pese a este contratempo as visitantes non lle perderon a cara o partido e seguiron insistindo asi chegaría o empate nun gol en propia meta de María que sorprende a sua propia porteira de cabeza (1-1), co empate chegamos o descanso. Na segunda metade adiantaríase o Matamá nunha falta de entendemento entre a porteira e a defensa que aproveita unha xogadora do matamá para empurrar o esférico a pracer e así por se por diante no marcador (1-2), as tomiñesas reaccionaron xa no ultimo cuarto de hora chegaría o empate nun saque de falta mal despexado pola defensa visitante e ben aproveitado por Sariña para batir a porteira e por as táboas no marcador (2-2), e xa case cumprindose o tempo chegaría a xogada do partido internada pola banda de Jessi que culmina elvando o balón por riba da porteira facendo un fermoso gol que serviría para darlle o tres puntos as tomiñesas. Asi chegamos o remate do partido, tres puntos que quedaron na casa suma e segue pero que perfectamente puderon escaparse polo visto no campo. O vindeiro domingo o Tomiño visita o R. Castrelos 3º clasificado a 5 puntos do Tomiño que está 4º na clasificación, as 12:00 Horas no campo Monte da Mina.
Xoves, 3 de febreiro de 2011 O PP impide que se constrúa a Escola Infantil de Tomiño, a pesar do informe urbanístico favorábel e crédito para as obras A portavoz de educación do BNG, Carme Adán defendeu onte, na sede do Parlamento, unha Proposición non de lei para instar ao Goberno galego a cumprir o convenio adquirido co Ministerio de Educación e construír unha Escola Infantil en Tomiño. Na súa intervención na Comisión de Educación a parlamentaria nacionalista acusou ao Partido Popular de manter “unha postura cínica” rexeitando unha iniciativa que o propio PP en Tomiño votou favorablemente e afirmou que esta é unha maneira de gobernar “sectaria”, “estamos”, dixo, “ante unha nova mostra de castigo á cidadanía naqueles concellos nos que o Partido Popular non goberna”. A deputada do BNG explicou que no ano 2008 fíxose efectivo un convenio entre o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte e o Goberno galego para a financiación de prazas públicas do primeiro ciclo de educación infantil en Tomiño, “unha zona que nos últimos anos experimentou o índice de crecemento máis alto de toda Galiza”, e lembroumque a propia Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato nunha recente visita a esta comarca, anunciou a construción de escolas nos concellos do Baixo Miño, incluído o de Tomiño. No ano 2010 os portavoces municipais do BNG e PSdG rexistran unha moción que foi debatida no pleno do concello na que reclamaban instar a Xunta á construción da escola infantil e de ser rexeitada esta moción, esixían unha resposta por escrito e motivada xa que non é de recibo que dispoñan dos terreos, a cualificación urbanística necesaria, un proxecto realizado e o financiamento do 50% por parte do Goberno central. Adán afirmou que esta moción foi aprobada por todos os grupos políticos, “incluídos os voceiros do Partido popular” que amosan o seu apoio á iniciativa” segundo figura na acta do pleno do Concello de Tomiño o 11 de xaneiro do 2011. Came Adán, amparándose no artigo 77.2 do regulamento do Parlamento galego , fixo entrega ao Partido popular e PSdG-PSOE da moción de referencia, votada por unanimidade no pleno de Tomiño e o informe urbanístico no que se explica como esta parcela cumpre con tódolos requisitos necesarios para a construción da escola infantil. Asemade, fixo referencia ao compromiso do Xerente do Consorcio coa alcaldesa de Tomiño, no ano 2009, no que todo indicaba que, tras estudada a documentación, a escola “iría para diante”. A parlamentaria negou, trala intervención da portavoz do PP, Marta Valcarcel, que existirá algún problema orzamentario para as obras xa que o 50% é aportado pola Xunta e o outro 5O% polo Ministerio. Neste sentido, Carme Adán reiterou que o Goberno de Feijoo no ano 2009 respondeu ao BNG que “no caso concreto de Tomiño hai un proxecto adxudicado, pero non existe nin crédito reservado nin dispoñible. A licitación farase a partir de outubro con cargo aos orzamentos do 2010. Está prevista o funcionamento para antes de decembro do 2010”.
O BNG rexeita instar á Xunta a estudar a viabilidade de construír unha escola infantil en Tomiño O BNG rexeitou onte, na Comisión parlamentaria de Educación, unha proposta do Grupo Popular destinada a instar á Xunta a estudar a viabilidade de construír unha escola infantil en Tomiño unha vez que o Concello poña a disposición os terreos necesarios. O Grupo Popular presentou esta proposta a través dunha emenda a unha iniciativa dos nacionalistas, xa que non existe constancia oficial de que a parcela ofrecida se adecúe ao planeamento municipal, o que fai inviable a pretensión do BNG de que se constrúa a gardería. Nese sentido, a deputada popular Marta Valcárcel salientou que a oficina técnica de obras do Consorcio de Servizos Sociais emitira un informe no que facía constar a necesidade dunha modificación do planeamento do concello, co fin de adecuar o proxecto á normativa urbanística vixente. Algo que contradi ao afirmado onte pola portavoz do BNG na comisión, quen achegou un suposto informe municipal que acreditaría a posibilidade de cambio de uso do solo elixido, informe ao que Valcárcel restou todo valor ao ser un documento sen rexistro de saída do Concello e sen sinatura. Doutra banda, Marta Valcárcel lembrou que a gardería prevista para Tomiño foi retirada da programación do Plan Educa “debido á nefasta xestión e planificación” do Goberno Bipartito, e salientou que o actual Goberno da Xunta “traballa con planificación e con rigor”.
O Claustro do CEIP Pedro Caselles acorda pechar as instalacións deficientes do centro pola seguridade e salubridade dos alumnos O Claustro do CEIP Pedro Caselles de Tomiño acordou onte por unanimidade pechar as instalacións que presentan serias deficiencias no centro, coma é o caso do ximnasio e dunha parte do patio. Tamén teñen roto o peche polo que é frecuente a entrada de animais no centro. Deste xeito tentan garantir a seguridade dos nenos e nenas que estudan neste centro educativo. Mónica Hermida da ANPA O Mosteiro do Pedro Caselles explicaba na emisora municipal de Tui que tres son os principais problemas que provocan falta de seguridade e insalubridade para os nenos. Trátase dun pozo negro que cando chove verte as augas residuais ao patio do colexio e arestora ante a rotura das tubaxe esta a verter a diario. A isto súmase o chan podre do ximnasio, e unhas pistas exteriores non aptas para o xogo de pelota. Os problemas sinalaba veñen dados porque nos 35 anos que ten o colexio fíxose moi pouco investimento, e os problemas non son novos, hai tempo que os expoñen tanto ao Concello coma a Consellería de Educación sen que se solucionases ate o de agora. Agora veñen de pór en coñecemento da Consellería de Sanidade e na de Medio Ambiente estes problemas e tamén presentaron unha denuncia ate o SEPRONA. Ao tratarse dun problema de infraestrutura opinaba Mónica Hermida que debe ser a Consellería de Educación quen se teña que facer cargo de solucionar o problema do pozo negro. Os pais amósanse indignados porque no terreo lindeiro estanse a facer unhas pistas de tenis de padel mentres se di que non hai cartos para arranxar o colexio. Onte coma diciamos o Consello escolar acordou o peche das instalacións deficientes co que os nenos só terán Educación Física na zona do patio en boas condicións os días que faga bo tempo. Para tentar solucionar isto están vendo de qué xeito poderían levar o tema ante o xuíz, xa que segundo lles informaron sería o único ente que pode obrigar a acometer obras, xa que a título privado é moi custoso e a ANPA carece dos fondos precisos.
O concello de Tomiño apoia as reivindicacións dos pais e nais do CEIP Pedro Caselles O Concello de Tomiño, a través dun comunicado feito público por Pablo Baquero Álvarez, concelleiro-delegado da entidade local no Consello Escolar do CEIP Pedro Caselles, apoia ás reivindicacións que veñen de poñer de manifesto os pais e nais do Colexio, a través da súa ANPA, no senso de que este centro educativo presenta importantes deficiencias estructurais nas súas instalacións e, concretamente, na evacuación de aguas fecais e residuais e nas instalacións deportivas. As peticións da ANPA do CEIP Pedro Caselles, que en diferentes ocasións xa lle foron trasladadas ás administracións públicas, son de natureza diversa pero as máis importantes, según o Concelleiro, teñen que ver con problemas estructurais como o do saneamento que dá servizo ao colexio, a reforma do ximnasio, a mellora do valado do perímetro ou a construcción de baños para os profesores. O Goberno Local entende a urxencia destas demandas e asume a responsabilidade que lle corresponde en materia de coidado e mantemento da rede educativa do municipio (5 colexios e 11 unitarias), tarefa que vén realizando de maneira constante e eficaz, o seu entender, nestes últimos anos, de feito as inversións do Concello durante os tres últimos anos duplicaron as feitas as feitas nos dez anos anteriores. Ao mesmo tempo pidelle á Xunta de Galicia que aporte as solucións pertinentes aos problemas e deixe de eludir aquelas que son da súa competencia. Pablo Baquero recoñece que “este non é o momento de botarse a culpa nen de pasarse a pelota entre as administracións senón de colaborar de maneira que cada unha delas se responsabilice da súa parte e cumpra coas súas obrigas polo que pide unha reunión urxente a tres bandas, de xeito que se concreten os compromisos e se lle poida dar solucións aos problemas e deficiencias detectadas, especialmente as de índole estructural”. O edil tamén recoñece que parte dos problemas estructurais actuais nacen nunha falta de mantemento durante longos períodos de tempo: “o abandono dos colexios por parte das administracións locais anteriores fixeron que ahora non sexa suficiente con obras de simple conservación, senón que sexa necesaria unha reposición dos elementos, como no caso das pistas polideportivas ou do ximnasio. Os problemas que padece o Pedro Caselles non veñen de hai dous ou tres anos, na meirande parte dos casos levan máis de 10 anos no mesmo estado lamentable que teñen hoxe en día e ahora a inversión que se esixe é considerable”. Pablo Baquero espera que a Consellería de Educación acceda a reunirse e negociar unha solución para este e outros problemas que afectan a comunidade educativa, feito que ata o de agora foi rechazado sistemáticamente pola administración autonómica, a pesar das reiteradas peticións do Concelleiro de Educación. Finalmente, Baquero recorda o esforzo que dende o goberno local se está facendo na rehabilitación das Escolas Unitarias, que eran as que a inicio de mandato, presentaban, según a propia Concellería, un maior deterioro, e que no último ano supuxo unha inversión superior os 250.000.-Euros, ademais do reforzo dos servizos de limpeza e mantemento mediante a contratación dunha empresa de servizos que se suma os cuatro operarios que o Concello ten asinados a xornada completa a estas tarefas.
Mércores, 2 de febreiro de 2011 Xestur investirá 9 millóns de euros este ano na urbanización do Parque Empresarial de Tomiño A pasada semana o Consello da Xunta autorizou o gasto de 13.458.062,86 euros por parte de Xestur Pontevedra para a urbanización do parque empresarial de Tomiño (Pontevedra), cuxo importe se distribuirá en dúas anualidades: serán 9 millóns de euros no 2011 e 4,45 millóns no 2012. Con esta autorización, segundo se sinala dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cúmprese a compromiso de realizar os trámites necesarios para as obras ao tempo que se tramita o expediente de expropiación dos terreos necesarios para a actuación. O pasado mes de decembro o Diario Oficial de Galicia publicaba a resolución pola que se reiniciaba o expediente de expropiación dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento do parque empresarial de Tomiño. A exposición pública do expediente expropiatorio rematou o pasado 17 de xaneiro e actualmente estanse recopiando as alegacións presentadas a el para a elaboración do preceptivo informe. O expediente de expropiación afecta un total de 447 predios, que suman 398.566 metros cadrados. Na actualidade xa están adquiridas por mutuo acordo preto do 20 por cento dos predios necesarios para este parque empresarial.
O futuro parque empresarial de Tomiño suporá un
investimento total estimado de 23.795.450,65 euros, dos cales xa se
executaron preto de dous millóns de euros en traballos técnicos e
adquisición de solo por mutuo acordo. Simultaneamente á tramitación do expediente expropiatorio realizaranse os trámites necesarios para a licitación das obras de urbanización do parque de conformidade co proxecto de obras xa aprobado.
Inauguración da exposición de pintura da artista Mª Carmen Cameselle O vindeiro sábado, 5 de febreiro, ás 12.00 horas inaugurarase a exposición de pintura da artista Mª Carmen Cameselle no Auditorio de Goián Esta mostra permanecerá aberta ata o 28 de febreiro.
O Cineclub Poleiro ofrece o bono de cinco películas por cinco euros grazas ao apoio da Federación de Cineclubes de Galicia A Asociación Cultural Eliseo Alonso programa un novo ciclo de cine no Auditorio de Goián, cun prezo especial. De febreiro a xuño, cinco películas por cinco euros. O ciclo comenza mañá, xoves, 3 de febreiro e remata o 2 de xuño. Os pases son ás 21.30 horas, os primeiros xoves de mes. O xoves 3 de febreiro empeza o ciclo coa comedia musical “O Concerto”, dirixida por Radu Mihaileanu. En tempos de Brézhnev, o mellor director de orquestra da Unión Soviética, Andrei Filipov, negouse a despedir aos músicos xudeos e foi despedido no cumio da súa carreira artística. Sigue traballando na orquestra pero degradado. Mentres limpaba o despacho do director descubre un fax no que convidan a orquestra a París. Tivo unha idea: reunir aos vellos amigos músicos e levalos a París como se foran os músicos da orquestra oficial do Bolshoi. A mellor das revanchas. Un final especial para disfrutar da música. O primeiro xoves de marzo, día 3, está programada “Tres días coa familia”, de Mar Coll. Unha directora catalana que acadou o Premio á mellor dirección Novel nos Goya 2010. Conta a historia de Lea, que descubre a súa familia no velorio do avó. Tres días en Girona para comprobar como se move un grupo de burgueses nun mundo hipócrita onde a verdade non se expresa. O xoves 7 de abril proxéctase “Despois do casamento”, un drama dirixido por Susanne Bier (Dinamarca) . A directora di que a fita fala de segredos, de como se pode vivir con alguén, querer a esa persoa, ser parte da familia... e seguir escondendo verdades importantes ás persoas que se ama sen sentir a máis mínima vergoña. O xoves 5 de maio chega “Cidade de vida e morte”, do chinés Lu Chuan. Concha de Ouro en San Sebastián (2009). A película está ambientada en 1937, na guerra entre China e Xapón. “Escalofriante,. (...) Se o arranque posúe o poder de conmoción do mellor cine bélico, o desenvolvimento da traxedia pon os pelos de punta.” (Carlos Boyero: Xornal El País) A tempada do cineclub Poleiro péchase o 2 de xuño coa película “Deixade de quererme”, dirixida por Jean Becker. Conta a historia dun home que nunha fin de semana destrúe todo o que construiu durante anos ¿a crise dos cuarenta? ¿un ataque de loucura? Os pases poden retirarse no Auditorio de Goián ás 21.30 horas. Os bonos, cinco películas, Cinco euros, poden mercarse antes do comenzo da película. Este prezo é posible porque o Consorcio do audiovisual de Galicia colabora económicamente coa Federación de Cineclubes de Galicia á que pertence o Cicneclub Poleiro, que tamén conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño.
Martes, 1 de febreiro de 2011 Os veciños de Vilameán recuperan os seus muíños O pasado sábado unha representación dos veciños de Vilameán visitaron as obras que a Confederación Hidrográfica está a realizar para a recuperación dos muíños do Porto. Membros da Comunidade de Montes acompañados polo Concelleiro de Medio Ambiente e a pedánea da parroquia puideron aportar ideas á empresa Laxes Ambiental SL, que leva a cabo os traballos, para recuperar os muíños tal e como aínda perviven na memoria de moitos veciños do lugar. Os nomes de cada muíño, os sendeiros polos que se accedía a eles e outros elementos serán recuperados grazas a colaboración veciñal. Ademais o concelleiro de Medio Ambiente e membros da directiva da Comunidade de Montes estudaron fórmulas de colaboración para mellor conservación do entorno unha vez que, no mes de marzo, finalicen as obras. Estas actuacións contan cun orzamento superior aos 70.000 € achegados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e permitirán dotar ao concello dun espazo cultural, turístico e de ocio, recuperando un enclave singular que estaba en estado de completo abandono. |
|
|