|
| |
Esta
páxina está en construcción
|

|
Aquí a súa publicidade |
|

A SUBZONA DO ROSAL
Viticolamente, a Subzona do Rosal está
acollida á Denominación de Orixe Rías Baixas, denominación que ampara
ós viños Albariño, Condado e Rosal.
A Subzona do Rosal atópase no marco
xeográfico do último percorrido do río Miño, xa no súa desembocadura,
sobre terrazas fluviais e vales que posúen un microclima singular:
temperaturas suaves, precipitacións abundantes e suficientes horas de
insolación, desenvolvéndose nun solos franco-areosos, soltos e cun pH
entre 4.5 e 6.
Os viños brancos que se producen están
representados polas variedades albariño e rosal, caracterizado este último
por levar albariño, que segundo os entendidos lle dá robustez; loureiro,
que lle proporciona finura, e caíño branco, que lle asegura unha
personalidade propia. A proporción mínima das dúas primeiras variedades
de uva (albariño e loureiro) ha de ser en conxunto, como mínimo, do 70
por cento.
Un viño é monovarietal cando o 100 por cento
da súa elaboración procede dunha única variedade de uva. |
|
RÍAS BAIXAS
é a Denominación de Orixe de tres grandes viños
galegos: Albariño, Condado e Rosal, producidos no espacio xeográfico do
suroeste de Galicia, entre o Océano Atlántico e o río Miño cunha
superficie de 2.000 ha.
A zona de producción divídese en tres subzonas: Val do Salnés, entre as
rías de Arousa e Pontevedra, cruzada polo río Umia, concentrando a maior
parte dos viñedos da D.O.
Condado do Tea, Na parte sroriental da provincia de Pontevedra, comprende
o val do río Tea e a ribeira do río Miño, sendo unha comarca montañosa
con pendientes suaves.
Val do Rosal. No derradeiro tramo do río Miño. (Véxase Subzona do
Rosal, máis arriba). |
"Lagar
de Cervera" o primeiro en conseguir un premio nunha cata de viños
A primeira vez que un viño do
Rosal logrou un premio nunha cata de viños foi no ano 1990, concretamente
o 5 de agosto, na XXXIII edición da Festa do Albariño celebrada no
concello de Cambados.
Daquela, e sorprendendo ó
adegueiros do salnés, din as crónicas de hai 10 anos, "Lagar de
Cervera", de Fornelos, conseguiu o 1º Premio do sinalado concurso.
Esta adega rosaleira foi fundada no ano 1982 e, sete anos máis tarde
(1989) foi adquirida por Rioja Alta S.A. |
|
      
O ALBARIÑO
Segundo as crónicas, foron os monxes do Císter quen introduciron, no
século XII, as primeiras vides de albariño nestes vales.
Os racimos desta variedade son curtos, con uvas de gran tamaño, cor
verde-amarelo e carnosas.
Esta uva considérase xa hoxe autóctona, e ocupa a maior parte da
superficie vitícola da Subzona do Rosal.
Cando un viño se elabora no cen por cento con unva desta variedade dise
del que é un "albariño"; no caso que a porcentaxe sexa menor,
o viño denomínase polo topónimo da rexión na que se produce. E o caso
do "Rosal". |
|
O CONSELLO
REGULADOR RÍAS BAIXAS
O
Consello Regulador Rías Baixas foi creado en xullo de 1988. Entre as
súas funcións atópanase as de realizar exhaustivos controlesde calidade
para garantirós mercados consumidores que o albariño é un viño
elaborado de acordo cun patrón de esixencias moi alto e constante.
Como
máis arriba se indicou, a Denominación de Orixe Rías Baixas exerce as
súas funcións sobre tres subzonas vitivinícolas: Val do Salnés, na
marxe esquerda da Ría de Arousa; o Condado do Tea, na ribeira dereita do
río Miño, e O Rosal, na cunca máis baixa. Estas subzonas comprenden 13
concellos: Crecente, Portas, Meis Cambados, Sanxenxo, Vilanova, O Rosal,
Tomiño, Ribadumia, Meaño, Salvaterra, As Neves e Arbo. |
LAGAR DE
PEDREGALES
Lagar de
Pedregales (Figueiró- Tomiño)
Acio
de Prata da D.O Rías Baixas na XV Cata dos Viños de Galicia
|
|
¿QUE DIN AS REVISTAS ESPECIALIZADAS? |
|
LAGAR
DE CERVERA
Albariño delicado
e de gran personalidade. De cor marelo verdoso, ofrece un aroma fragante e
suave. O seu paso pola boca é alegre, presentando un lixeiro regusto a
manzáns.
"Hostelería
Galega&Turismo" |
QUINTA
DE COUSELO
É un Rosal típico, elaborado
coas tres variedades de uva máis representativas desta zona como son o
Albariño, do que leva un oitenta e cinco por cento e lle configura a súa
personalidade, o Loureiro, que lle aporta elegancia e finura, e o Caíño
Branco, que o realza e completa perfectamente.
Presenta unha cor marela palliza
con chispas verdosas. Aromas frutais, elegantes e agradables, que lle
confiren unha redondez de gran finura. Na boca resulta moi equilibrado,
fresco, vigoroso e moi saboroso.
"Hostelería
Galega&Turismo" |
|
SANTIAGO
RUIZ
Cor marelo
pallizo con reflexos dourados.
Limpo e brilante, de aspecto excelente. Moi aromático (finos olores
frutais e florais). Fresco na boca, armonioso e equilibrado de corpo e
acidez.Saboroso, moi persistente e con excelente vía retronasal de aromas
primarios.
"Hostelería
Galega&Turismo" |
|
LOUSADO
da CCCA Porta do Río Miño Sdad. Coop.Galega
Acio de
Bronce da D.O. Rías Baixas na XV Cata dos Viños de Galicia

Lousado
Albariño
Presenta
unha cor marela alimoada, de gran bilo. Aromas nidiamente frutais,
se ma´za madura e froitas óso (albaricoque e níspero), con suaves
recordos anisados. Amable e cun volume en boca, vigoroso,
desenvolvemento finalmente un aroma en
boca persistente e claramente varieta.
Lousado
Rosal
Mestura de
variedades Albariño, Loureiro, Caíño e Treixadura. Amarelo
pallizo con lixeiros tonos aceirados. Gran intensidade no nariz e
complexidade aromática, con predominio de aromas de froitas maduras
e suaves notas de flor branca. Equilibrado en sabores e cun final
agradable e amargo que lle aporta personalidade.
"Hostelería
Galega&Turismo" |
|
TURONIA
de Adega Quinta Couseo, especialmente floral e lixeiro no seu pase de boca
cunha sensación grácil e sutil. De porte legante, cobra peso a medida que
as súas saborosoas impresións permancen con largueza na boca.
"Hostelería
Galega&Turismo"
|
LA
VAL, de Bodegas La Val S.L., monovarietal
Albariño, un dos máis premiados nos últimos anos. Foi Medalla de Prata
en Burdeos, na Challenge Internacional du Vin 2003 e Prata en Londres no
concurso Wine Challenger nas edicións 2002 e 2003. Asemade, o seu Orujo
de Galicia foi distinguido coa medalla de Ouro no Challenge
Internacional du Vin, no 2003.
O
La Val presenta unha atractiva cor marela limón, con reflexos metálicos.
Intensos aromas de carácter verietal con elegantes matices de froitas
frescas; pel de mazá xunto a un deixe floral. En boca é amplio, vivo,
complexo e cun perfecto equilibrio de sbores. Longa persistencia na boca.
Complexa e limpa vía retronasal con predominio frutal. |
|
Lagar de Cervera:
42 ha de viñedo
No ano 1980 a "Rioja Alta
S.A." adquiriu esta adega. |
Lagar de Fornelos:
72 ha de viñedo, el mayor
viñedo de la D.O. Rías Baixas.
Produce también los orujos
"Viña Armenteira"
|
|
|
A Rosaleira
Fue
la primera fábrica de conservas vegetales de Galicia y pionera en el
envasado de productos típicos de la tierra como grelos, coubes, fritada
zaragallada, setas y otros productos que se convirtieron en algo propio:
mirabeles y dulce de feijoa.
|
|
|
Z
|