Iª FERIA  COMERCIAL, INDUSTRIAL E AGRÍCOLA DA GUARDA

Iº EXPOSICIÓN DO TRAXE REXIONAL (1)

-1- -2- -3-

por José Antonio Uris Guisantes

            Tivo lugar en 1978, estando organizada pola Comisión de Festas do Monte, sendo presidente don Francisco Ferreira González e Alcalde don Raimundo Lomba González.

            Iª Feira Comercial, Industrial e Agrícola de A Guarda en 1978. Na fotografía momento da inauguración, o presidente da Comisión, Francisco Ferreira González, o párroco de A Guarda, don Francisco Villa Martínez, e don Francisco Sobrino cómo representante do Grupo Filatélico Guardés, e á dereita, Jesús Pérez Castro “Chaval” presidente do Cabildo da Confraría Santa Tecla. Fotografía propiedade de Francisco Ferreira González.

              Entrada no recinto feiral que era o Centro Sanitario [hoxe Centro Cultural e Social] das autoridades locais, ca falta do Alcalde, don Raimundo Lomba, que se atopaba de viaxe oficial.  O garda civil de bigote é o sarxento  Cayetano Miniño Rodríguez, natural de Oia e irmán do ex Alcalde Alvaro Miniño Rodríguez. Fotografía propiedade  de Francisco Ferreira.

             Neste ano tamén tivo lugar a Iª Exposición do Traxe Rexional organizado pola Sociedade Pro Monte de Santa Tecla CIT e Comisión das Festas do Monte [ese ano foron dende o día 7 ó 10 de agosto].

            A Exposición tivo lugar no edificio onde está o Banco Pastor, e os traxes expostos eran propiedade de varias familias guardesas que os cederon provisionalmente para tal fin.

            Aspecto dos traxes rexionais dos máis pequenos/as  expostos en 1978 no edificio  Santo Domingo, onde está a sucursal do Banco Pastor. Fotografía de Luís Cadilla González

            Exposición de Traxes Rexionais en 1978 [Festas do Monte]. Traxe gañador do Iº Premio. Fotografía de Luís Cadilla González.

Festas do Monte de 1978. Damas de Honra das Festas. Fotografía de Luís Cadilla González

-1- -2- -3-