Iª FERIA  COMERCIAL, INDUSTRIAL E AGRÍCOLA DA GUARDA

Iº EXPOSICIÓN DO TRAXE REXIONAL (2)

-1- -2- -3-

por José Antonio Uris Guisantes

 

Festas do Monte de 1978. Carroza de “galeguiñas”. Fotografía de Luís Cadilla González.

 

Outro aspecto da Exposición. Fotografía de Luís Cadilla González

Baixada do Monte de compoñentes da Banda de OS PERDIDOS nas Festas do Monte de 1978. Fotografía de José A. Uris Guisantes

             A Banda Mariñeira de OS PERDIDOS sae do Auditorio de San Bento para o desfile do sábado, seu lema é “DE CANSANCIO MORREREMOS, PERO DE TOCAR NON PARAREMOS”, teñen uniforme branco, pañoleta verde e gorra negra [neste ano de 1978 era azul]. Son uns 170 membros que van renovándose constantemente ó longo dos anos.

           O de “perdidos” parece ser que é debido a cando algúns compoñentes desta banda formaban parte de outra, é no momento da “baixada” os dirixentes debían de buscalos “porque estaban perdidos....

Momento da Xura no Obelisco dedicado a don Manuel Lomba Peña, primeiro presidente da Sociedade Pro Monte Santa Tecla e CIT. Non son da Banda de Os Perdidos [parecen ser da Banda de OS DESPISTADOS que xuran neste Obelisco] Festas do Monte de 1978. Fotografía de Luís Cadilla González

Tres integrantes da Banda de OS PERDIDOS despois do Desfile Folclórico do sábado 9 de agosto de 1978. Fotografía de Luís Cadilla González

-1- -2- -3-